Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
31 de agosto de 2019
TRALO PARÓN DO VERÁN VOLVE SMARTPEME
Tralo parón do verán, a provincia de Pontevedra acollerá durante todo o mes de setembro, os obradoiros do programa "SmartPeme" que se desenvolverán nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo cunha programación de actividades de diversa índole. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e de mozos e mozas autónomas.
En Cambados e para todo o Salnés, se realizarán 6 obradoiros no Centro ExpoSalnés.
- O teu plan de márketing dixital paso a paso
- Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing
- Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics
- Copywriting para a promoción de tours, experiencias e actividades
- Experiencias SmartPeme: A Quinta de San Amaro
- Vende os teus produtos en Facebook e Instragram
Lembramos que o novo proxecto SmartPeme é un modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos. Para isto, nas oficinas de SmartPeme se porán en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.