Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2018

7 NOVOS OBRADOIROS SMARTPEME EN CAMBADOS EN MAIO



Novos obradoiros do programa "SmartPeme" para axudar a modernizar a actividade económica da provincia

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia.
As oficinas do programa "SmartPeme" da Deputación de Pontevedra acollerán durante o mes de maio novas accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
As quendas para o mes de maio na oficina de Cambados son as seguintes: o mércores 2 de maio ás 19:00 horas, "Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest". O luns 7 de maio, tamén ás 19:00 horas, "Edición de fotografía para plataformas e-commerce". O xoves 10, á mesma hora, "Prestashop I: Comeza a crear a túa propia tenda online", ao que lle seguirá a segunda parte, "Prestashop II: Xestión dunha tenda online", o luns 21 ás 19:00 horas. O xoves desa mesma semana, o día 24, será a quenda de "Seguridade informática: conceptos básicos", pero esta vez ás 17:00 horas, ao igual que "Márketing dixital: clave para competir nun mercado turístico global" o luns 28. Por último, "Crea un servizo privado de almacenamento na nube" chegará o xoves 31 de maio, nesta quenda á hora habitual, as 19:00 horas. A oficina "SmartPeme" de Cambados no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.
As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web   http://www.smartpeme.depo.gal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.