Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SEXO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SEXO. Mostrar todas las entradas

15 de mayo de 2020

O SACERDOTE INVESTIGADO POR ABUSOS SEXUAIS EN LIBERDADE

Segundo a información que publica hoxe o xornal La Opinión da Coruña o sacerdote salesiano investigado por presuntos abusos sexuais en xullo do ano pasado durante un campamento en Cambados quedará en liberdade á espera de xuicio.

Os feitos polo que está a ser investigado o sacerdote remóntanse a xullo do ano pasado e tiveron lugar durante un campamento da Orde Salesiana en Cambados.

Varios mozos puxeran en coñecemento da educadora supostas condutas anómalas por parte dun sacerdote salesiano. Tras a interposición da denuncia en Vigo, a Policía detivo ao sacerdote que posteriormente pasou a disposición xudicial. O xulgado de garda inhibiuse no de Cambados, onde permanecía prestando declaración.
Ás catro denuncias iniciais sumáronse outras tres, segundo confirmaron fontes policiais, dúas delas de dous menores que no primeiro atestado xa eran consideradas vítimas e ademais testemuñas e que interpuxeron a denuncia con posterioridade, prestando declaración en Comisaría. Finalmente so 6 foron as denuncias admitidas. O sacerdote foi detido e enviado a prisión provisional o pasado 22 de xullo despois de prestar declaración perante o xulgado de instrución 1 de Cambados en funcións de garda. O arresto produciuse despois de que a fin de semana anterior, durante un campamento de verán, varios dos mozos relatasen a unha das educadoras varios episodios nos que o denunciado someteulles a tocamentos, cando eles durmían.

A propia Dirección de Salesianos María Auxiliadora confirmaba a través dun comunicado que tras coñecer o relato dos menores tomáronse medidas de inmediato, apartando ao denunciado e poñendo marcha un protocolo no que se mantivo unha reunión coas familias ás que se lles informou do ocorrido e sobre o seu dereito para denunciar. Ademais a institución, que se mostrou consternada polo ocorrido e disposta a colaborar coas autoridades, iniciou de inmediato un expediente informativo.


23 de julio de 2019

UN CURA DECLAROU NOS XULGADOS DE CAMBADOS POR UNHA DENUNCIA DE PRESUNTOS ABUSOS SEXUAIS




Detido un salesiano en Vigo por supostos abusos sexuais a menores. Os feitos tiveron lugar durante un campamento en Cambados durante a pasada fin de semana. Varios mozos puxeron en coñecemento da educadora supostas condutas anómalas por parte dun sacerdote salesiano. Tras a interposición da denuncia en Vigo, a Policía detivo ao sacerdote o luns e onte pasou a disposición xudicial. O xulgado de garda inhibiuse no de Cambados, onde permanecía prestando declaración. A propia Dirección de Salesianos María Auxiliadora confirmou a través dun comunicado que tras coñecer o relato dos menores tomáronse medidas de inmediato, apartando ao denunciado e poñendo marcha un protocolo no que se mantivo unha reunión coas familias ás que se lles informou do ocorrido e sobre o seu dereito para denunciar. Ademais a institución, que se mostrou consternada polo ocorrido e disposta a colaborar coas autoridades, iniciou de inmediato un expediente informativo.


Comunicado dos Salesianos:
"Ante  la  denuncia  presentada  por  posibles  abusos  a  menores  contra  un salesiano  de  esta  casa  salesiana  durante  un  campamento,  la  Dirección Salesianos María Auxiliadora Vigo desea manifestar:
.- El pasado sábado 20 de julio por la mañana, varios chicos de Salesianos María Auxiliadora de Vigo, que participaban en un campamento, pusieron en conocimiento  de  una  educadora  algunos  comportamientos  inadecuados  por parte de un salesiano contrarios al Código de Conducta para la protección de menores y adultos vulnerables que se aplica en todos nuestros centros.
.-  Inmediatamente  se  apartó  de  su  trabajo  con  los  menores  al  salesiano implicado y se trató de aclarar lo denunciado por los jóvenes, en diálogo con ellos, y poder así, en su caso, poner en marcha las medidas correspondientes y se habló con las familias.
.- El domingo 21, el Provincial Salesiano y el Director salesiano de la casa se encontraron  con padres  de los menores  para presentarles  su consternación ante lo sucedido, ponerse a su disposición y ofrecerles el acompañamiento especializado  que  pudieran  necesitar  sus  hijos,  recordarles  su  derecho  a denunciar  los  hechos  e  informarles  de  que  la  institución  iniciaría inmediatamente el expediente informativo. Por su parte, el Provincial salesiano ha abierto la investigación previa prevista en el procedimiento canónico.
.- El lunes 22 se ha reunido la Comisión local de protección de menores para seguir el desarrollo de este caso.
.- Consternados porque hechos así se hayan podido dar entre nosotros, nos ponemos a disposición de la policía y las autoridades judiciales, que ya se han hecho cargo de la investigación, para colaborar con ellas en todo lo que sea preciso.
.- Por último, nos gustaría destacar que nuestra preocupación, es ofrecer un ambiente de confianza y seguridad a todos los alumnos, trabajando por su desarrollo integral como personas. Esta actitud se refleja en nuestro estilo educativo,  nuestras  normas  internas,  en  el  trabajo  de  cada  día  que  bien conocen los miembros de la comunidad educativa. Bajo ningún concepto toleramos  comportamientos  que  menoscaben  la  integridad  de  los  chicos  y chicas que las familias nos han confiado."



28 de marzo de 2017

I XORNADA DE GASTROSEXOLOXÍA














A I Xornada de Gastrosexoloxía do albariño terá lugar este sábado 1 de abril no Salón de Congresos e Exposicións José Peña as 20:00.
Cambados prosegue coas actividades da Cidade Europea do Viño, neste caso cunha xornada de gastrosexoloxía que impartirá a psicóloga e sexóloga Mónica Novas, e contará coa colaboración de Óscar de Toro e José Soto, que son destacados baristas e sumilleres. 
A actividade está dirixida a todo tipo de público, falarase da relación dos alimentos co pracer e dos mecanismos psicolóxicos que influen en este. 

A xornada é o 1 de abril (sábado), a partir das 20.00 horas, na que se terán en conta as preparacións relacionadas co albariño, xa sexa en forma de viño, de destilado ou de doce. As adegas colaboradoras Terras de Lantaño, Santiago Roma, Albamar, Lagar de Besada y Eidosela porán os Rías Baixas; a DO Augardentes e licores tradicionais de Galicia e a IXP Mel de Galicia.
Hai 50 prazas e a actividade é gratuita previa inscripción na Oficina de Turismo, teléfono 986 52 07 86 ou no mail turismo@cambados.es.










27 de junio de 2016

A BANDEIRA ARCO DA VELLA ONDEARÁ NO CONCELLO DE CAMBADOS





Numerosos concellos de Galicia,  España e resto do mundo farán ondear a bandeira gai na fachada do seu concello este 28 de xuño con motivo do Dia do Orgullo. O concello de Cambados será un dos moitos que farán gala do seu compromiso de loita contra a homofobia por segundo ano consecutivo facendo ondear a bandeira no balcon da casa consistorial. O acto contará coa lectura dun manifesto e realizarase ás 12:00.

O Concello de Cambados quere sumarse ao  Día Internacional do Orgullo LGBT que cada 28 de xuño lembra os disturbios que tiveron este día do ano en 1969 no bar Stonewall Inn de Nova York.






8 de julio de 2015

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE E DIVERSIDADE






Galiza Nova organiza un obradoiro de sexualidade e diversidade en Vilagarcía
As mocidades do BNG presentarán unha guía de sexualidade sobre identidades sexuais e diversidade de cara a derrubar estereotipos e gozar dunha sexualidade libre e segura.
A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, realizará un obradoiro de sexualidade e diversidade en Vilagarcía este venres ás 21 horas na cafetaría A Marina (Avda. da Mariña, a Alameda, Vilagarcía). O obradoiro consistirá nun coloquio “sobre a importancia de erguermos unha sexualidade libre, gozosa e segura, desterrando etiquetas, sen estereotipos nin opresións” e estará presentado pola Portavoz Municipal do BNG en Vilagarcía, María Villaronga, e conducido por AlfredoSaborido, sexólogo da Asociación Sexus
No acto entregarase a cada persoa que asista ao acto a guía de sexualidade e diversidade que Galiza Nova vén de editar, e que dará pé ao coloquio aberto sobre sexualidade e diversidade, dúbidas sobre relacións sexuais para desterrar tópicos, e coñecer métodos de barreira de infeccións de transmisión sexual e métodos anticonceptivos, con Lucía Veciño, corredactora da guía.

As mocidades do BNG sinalan que “son múltiples as barreiras no camiño cara a unha sexualidade que sexa, por riba de todo, libre e gozosa, mais urxe derrubalas para erguer unha sociedade diversa e tolerante”





28 de junio de 2015

CAMBADOS SÚMASE A IGUALDADE SEXUAL E A NON DISCRIMINACIÓN





Esta mañán tivo lugar o acto de posta no balcón principal do Concello de Cambados da Bandeira Gai. O acto contou coa presenza de 7 dos 9 concelleiros do grupo de goberno.
Tra poñer a bandeira a alcaldesa, Fátima Abal respaldada polos compañeiros de corporación, leeu o seguinte manifesto:

"O 28 de xuño conmemóranse en todo o mundo as revoltas de Stonewall en 1969 no Greenwich Village de Nova York, acontecemento do que este ano se conmemora o 45 aniversario, e que supuxo o nacemento do movemento de liberación gai, lésbico, transexual e bisexual (LGTB), e que se celebra en todo o mundo como o Día do Orgullo LGTB. Unha conmemoración nada da rebelión cidadá contra a inxustiza, a discriminación, a fustigación e a constante persecución social e policial,  e que deu orixe a un movemento polos dereitos civís e os dereitos sexuais en todo o mundo
Hoxe é un día histórico para Cambados, por primeira vez a bandeira do arco da vella  presidirá o balcón del Concello e ademáis, no día do Orgullo Gai.
Unha data especial xa que agora se cumplen 10 anos da aprobación da lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Fai tan só uns días  coñecíase a noticia de que se aprobaba o matrimonio en todos os estados dos Estados Unidos.
Pero queda moito por avanzar a nivel mundial, por eso estamos aquí todos os integrantes deste novo gobernó, para demostrar que realmente estamos ante un tempo novo, e que para nós todos somos iguais, que non facemos ningún tipo de distinción e que todos os veciños e veciñas de Cambados contan co noso apoio.

Hoxe demostramos que as sociedades poden facerse mellores a sí mesmas e que poden ensanchar as fronteiras da tolerancia e facer retroceder o espazo da humillación e a infelicidade.

Gracias a todos os que estades aquí presentes, por respaldar e  apoiar ó colectivo LGTB".






10 de enero de 2015

O VÍDEO SEXUAL CENSURADO DE RAJOY





Para desprestixiar a Rajoy non fan falla vídeos sexuais, nin inventos. Xa él só co que fai, ou mellor dito o que non fai polos españois, chégase e bástase. As suas mentiras e o incumprimento do programa electoral xa o di todo.

Así presentan o vídeo na web.... http://www.heavyr.com

O vídeo censurado cunha prostituta en 1997. No vídeo, Mariano Rajoy mama un vibrador entre outras cousas. Mariano Rajoy Brey (tamén coñecido como Trotona de Pontevedra) é o primeiro ministro de España, elixido en 20 de novembro de 2011. É o líder do Partido Popular de España desde 2004, e membro orgulloso do Partido Popular Europeo con membros como Jean-Claude Juncker, Angela Merkel, Joseph Daul, José Manuel Durao Barroso ou Herman Van Rompuy. Noutro vídeo fai un trío con Alberto Ruiz Gallardón Jiménez e un scort masculino.

Despois de ver o vídeo so podemos decir que todo é falso. Máis de 13 minutos de calidade pésima, e os persoaxes que aparecen non son os que queren dar a entender.
De todos son coñecidos os rumores que rodean ao presidente Rajoy, pero esto non é máis que unha burda patraña.
Aparte desto nada que obxetar a vida sexual de cada quen sempre que non moleste a ninguén.
Preguntarédesvos porque non poño o enlace do video, pois sinceramente despois de velo varias veces non merece a pena perder o tempo.
Despois de 17 anos si fora relevante xa tiña sido borrado do mapa.



Artigo relacionado: RAJOY "A TROTONA" DE PONTEVEDRA SEGUNDO A WIKIPEDIA EN INGLÉS



29 de agosto de 2014

MÁIS SEXO NAS RÚAS A PLENA LUZ DO DIA




Tras as fotos agora chega o vídeo.
Hai un par de semanas saltaba a polémica en Vilagarcía  polas fotos de duas parellas practicando sexo a plena luz do dia i en plena rúa o dia da "Fiesta del Agua". Estes dias empezou a circular polas redes sociais un vídeo no que se ve a unha parella na postura da tortuga entre dous coches e a plena luz do dia.
A gravación parece consentida toda vez que ao remate da "faena" quedan tan panchos e miran incluso para a cámara sen amosar preocupación algunha. As imaxes non deixan claro si é Vilagarcía pero todo parace indicar que si o é. Pero sexa ou non Vilagarcía esta non é maneira de atraer turismo de calidade.
Non emitimos o vídeo por razóns obvias.