Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de agosto de 2014

GOLPE DE ESTADO Á DEMOCRACIA





 O Partido Popular reformará a Lei electoral aínda que sexa en solitario para que nas próximas eleccións municipais gobernen os alcaldes da lista máis votada. Sería sempre e cando obteñan unha ampla maioría, que podería ser como mínimo dun 40%, aínda que a fórmula non está pechada. Responsables do partido están concretando a proposta para presentala en setembro.
O PP presentará a súa proposta en canto se retome a actividade parlamentaria. Están dispostos a negociar pero non darán marcha atrás na elección directa dos alcaldes e sacarán a norma aínda que sexa en solitario, segundo confirman dende o propio partido. 


Os mesmos dirixentes do PP basean a sua reforma nos 11 millóns de votos que obtiveron nas xerais do 2011 e que tal reforma estaba no seu programa. O que non din é que no seu programa ía a non subida do IVE, non ían tampouco os recortes en sanidade i educación nin outras moitas cousas que si se fixeron.

Ademais pretenden avanzar para que xa se aplique nas eleccións municipais de maio e que goberne a lista máis votada, deixando sen efecto as posibles coalicións. O que non teñen aínda é unha fórmula pechada. Din que traballan en varias opcións, que poderían modificarse nas negociacións con outros partidos. Entre outras, citan a posibilidade de establecer unha segunda volta entre as dúas listas máis votadas sempre que ningunha delas teña unha porcentaxe clara de apoios que podería ser como mínimo dun 40%.

Anos e anos atacando a Chavez ou Fidel i eles van polo mesmo camiño.

Anuncian unha rolda de contactos con todos os grupos políticos, con especial atención ao PSOE, xa que nunca antes se modificou a Lei electoral sen acordo entre os dous grandes partidos. Pero esta vez o consenso non parece posible, como xa lle trasladou o líder socialista ao presidente do Goberno na reunión de xullo na Moncloa. O resto de formacións da oposición valoran tamén negativamente a proposta.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.