Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de junio de 2018

RAJOY: O OCASO DO SAMURAI



Resultado de imagen de FOTOS DE ALBERTO NUÑEZ FEIJOO

O Director de Cine Yôji Yamada estremeceu ao mundo no ano 2.002 con motivo da estrea do filme que leva coma título este artigo, encumbrouno fóra do Xapón,  e se colou entre as cinco candidatas ao millor filme estranxeiro na 76 Edición dos Premios Óscar. Poucas veces tiven a oportunidade de ollar unha disertación tan fonda e chea de acenos entre o que é a vida e a morte, e unha palabra que cada vez ten menos significado nesta sociedade nosa: o Honor entendido coma dignidade,  honestidade e un estilo de vida encol dunhas serie de valores e principios, o que se ven en denominar a “integridade”. E todo isto ven a conto pola caída en desgraza do ExPresidente do Goberno de España Mariano Rajoy Brey, e a loita sen cuartel a que se enfronta o Partido Popular (máis coñecido agora coma o Partido Procesado).
Esa é a cuestión e non outra que fixo que a Moción de Censura que propiciou a chegada de Pedro Sánchez Castejón á Presidencia do Goberno,  a traveso da fórmula estabelecida na tan controvertida hoxe en día Constitución Española, en concreto no seu artigo 113. Por vez primeira na Historia da Democracia en España ese instrumento onde se enxuíza a tarefa política dun Goberno triunfou, e non sería posível sen a Sentencia demoledora do Caso Gürtel e o baile de encausados, imputados e condenados entre as ringleiras do PP que segundo din os expertos afúndese en España agás en Galiza, onde o máis que probable sucesor por prevalencia e  ascendente entre os seus (o Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoó) apartouse onte da carreira a sucedelo.
Así coma en México Distrito Federal  houbo un movimiento sísmico na Escala de Richter co galo do gol ca súa  selección infrinxiu no Mundial de Rusia a Alemaña, algo así aconteceu aquí en sentido literario ante o anuncio de Alberto de  que “Non haberá paz entre os malvados” (Enrique Urbizu), que non hai candidato vencedor antes de principiala contenda á sucesión onde se non perdín a  conta xa son seis os que se postulan a dirixir un partido que que entrou nunha espiral de autodestrucción coma a antiga UCD. Un amigo meu onte preso do ”paroxismo”  (teño bós amigos no PP, aqueles que éstes días e fai meses que se avergonzan das súas siglas por éste sen parar de casos de corrupción que o asedian) díxome se teño un fillo varón ñe poño de nome  ALBERTO …
pontearnelas leyendaTremendo, esto é moito. Houbo na Historia un Alberto Magno que antes de ser Santo se lle atribuían dotes máxicas e considerado hoxe en día Santo Patrón dos Científicos. Foi chamado o “Bispo Botas”  porén a súa grande humildade facíalle andar a pe e non a cabalo (o que a súa dignidade lle daba dereito …). Pero non se vaian todavía, unha e máis, na Galiza non é un nome calquera, tamén está relacionado coas lendas, a tradición e a Historia. Algunhas pontes teñen un significado máxico coma a de Ponte Sampaio e máis preto de nós a de Ponte Arnelas coñecida coma a “Ponte dos Padriños” e está relacionada coa fertilidade. Segundo conta a lenda, unha muller en estado de xestación que ten un posible risco de aborto ou dificultade para ter fillos debe achegarse a ponte dos padriños acompañada por unha comitiva. Esta ten a función de axudar a que a ponte non seña cruzada por nengunha muller ou animal,  e en silenzo esperar a que pase a pe un home ao que se ñe debe pedir que o bautice ou bendiga no seu ventre co auga do Río Umia. A continuación a muller e a comitiva que a acompaña ñe deben ofrecer e compartir unha cea alí mesmo, e todos eles deben arroxar desde a ponte e por riba das súas cabezas a vaixela empregada para a cea. Se o embarazo  chega a bó término ese home deberá ser o Padriño do neno ou nena que naza e levará o nome de ALBERTO OU ALBERTA en HONOR  ao Santo que se atopa entre o cruceiro situado na ponte.
Foto: Alberto Núñez Feijóo y Eva Cárdenas en una imagen de archivo (EFE)CREPUSCULAR, non se me ocorre nada máis, e que dicir da homenaxe da Voz de Galicia de  hoxe en OFRENDA a D. Alberto Núñez Feijoó … unha serie de loas e alabanzas en artigos de Fernando Ónega, Roberto Blanco Valdés, Xosé Luís Barreiro, César Casal, María Xosé Porteiro, Fernando Hidalgo, Fernando Salgado, Ernesto S. Pombo e Laureano López, e nin unha soa voz discordante, todos debuxando coma no seu día o seu biógrafo Xosé Carlos Caneiro a Alberto coma nunha especie de Ulises ao que as sereas desde MADRID chaman e el coas orellas tapadas e batindo o mar contra él as ignora. Non é un tema para unha Epopeia ? “Petronio, o meu vaso das bágoas” (Quo Vadis, Henryk Sienkiewicz). A verdade é que eu quero ter unha foto con este home, penso que está chamado a ser alguén cunha iconografía e unha imaxe que atravesen o umbral do tempo e do destino (Fátima Abal xa sabes …  gárdame un oco). Vai lanzado a ser coma o defunto Manuel Fraga un mito, un símbolo, e ten nada máis que 56 anos !! … que proezas máis, que lendas, conxuros, e fazañas nos esperan amigos e amigas. “All the Man That I Need” …

Un artigo de Óscar Manuel  Núñez.-

Cinéfilo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.