Mariano Rajoy será hoxe declarado 'persona non grata' polo pleno do Concello de Pontevedra, cidade onde viviu e onde desenvolveu unha gran parte da súa carreira política.A iniciativa debátese no pleno municipal esta mañá e foi impulsada polo PSOE e a Marea e apoiada polo BNG. O motivo desta declaración é a prórroga concedida polo Goberno en funcións para que Ence siga na súa localización actual durante sesenta anos máis.
Nestes intres o Pleno está suspendido momentaneamente e por segunda vez, pois un grupo que si apoia a Rajoy non permite, cos seus gritos e apupos, o normal desenrolo do Pleno.
Minutos antes do arranque do pleno no que se declarará a Mariano Rajoy, presidente do Goberno en funcións como "persoa non grata" na súa cidade de adopción, Pontevedra rexistra unha gran expectación. Os apupos son os grandes protagonistas nunha sesión que tivo que ser paralizada durante uns minutos polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, debido ás constantes recriminacións en canto o PSOE comezou a defender a moción. Despois dunha pausa momentánea, a corporación volve ao debate nun ambiente moi tenso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.