Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta Youtube. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Youtube. Mostrar todas las entradas

14 de enero de 2016

ACLARACIÓNS AS GRABACIÓNS DA NO SALÓN DE PLENOS







Falamos onte cun técnico instalador e como tal coñece a maneira en que actúan cando teñen que reparar ou instalar cámaras. As primeiras verbas foron ........... "temos sempre a empresa "pegada ao cu" esixíndonos montar a maior cantidade de instalacións posibles".



"Non perdemos o tempo con bobadas, nós chegamos, montamos, probamos e ímonos. Dános igual o que suceda ao redor, coma se caese o mundo ás nosas costas, o único que nos importa é, terminar a instalación".
Engade ademáis "....Se temos que facer un streaming non imos crear unha sesión nova chamada "Proba" nin cousas polo estilo, imos usar unha sesión existente para perder o menor tempo posible".
Criticar que se emitiu á señora da limpeza é algo absurdo, emitiuse á señora da limpeza como podía emitirse o salón baleiro ou a calquera concelleiro revisando a instalación, a señora da limpeza estaba a facer o seu traballo e non ía deixalo por estar o técnico traballando, como é lóxico".
Temos que decir que no vídeo escoitase como os técnicos falan coa empregada e lle comentan que vai sair nas imaxes, ao qie a limpadora contesta que non lle importa pois está a traballar.


Moitos temos internet en casa e a todos veunos a casa un instalador, todo o mundo sabe como actúan pois o seu tempo é mínimo.
Non se queixaron do mal son do primeiro pleno emitido? Pois precisamente era o que estaba a solucionar eses técnicos e cando estás solucionando algún problema tes que probar.

Ninguén deixa marchar aos técnicos sen probar a instalación. Parece completamente absurdo que se queixen por unha emisión de probas.
Buscan calquera excusa para atacar ao cuatripartito e tentan usar o descoñecemento da xente ao seu beneficio.
Xa de paso repetimos, que a limpadora era consciente de que se estaba probando o streaming.





9 de mayo de 2015

DOCUMENTO INÉDITO QUE VAI TRAER MOITOS RECORDOS A OS VETERANOS DA "JUVENTUD"




Antonio Trusky (Toño Cacabelos) ven de publicar no grupo de Facebook REPÚBLICA INDEPENDIENTE DE BELECO o que creemos un documento sonoro histórico dos míticos SKARFER. E dí así......


Queridos veciños de Beleco, ainda que nesta ocasión tamén me dirixo os de Triana, Santo Tomé, Fefiñans e os do concello de abaixo. Non tomedes a broma esto porque o que aquí vos estou a deixar forma parte da historia. Durante 40 anos tuven, primeiro olvidada e logo gardada, unha cinta cassette na que se conserva as únicas duas grabacións de audio que existen do grupo SKARFER. Os tempos cambiaron e a tecnoloxia tamén así que despios de moitas limpiezas de audio, de moitas técnicas dixitales usadas e duns toques posteriores como añadir un teclado de fondo deixo para disfrute de aqueles que queiran oila a canción que abría todas as actuacións de SKARFER. Unha canción que eles chamaban “O himno da Juventud”
Penso que ta só os que teñades de 50 para arriba acordaredes algo do arriba comentado ainda que xa me estou imaginando a cara de Luis o “muxe” cando vexa e escoite esta canción, mais dun sorriso virá a sua cara.
Nada mais veciños, aquí o video de Youtube para que poidades escoitar (casi todos vos por primeira vez) a SKARFER.
Saudos.





28 de enero de 2015

O ABOMINABLE E INFANTILOIDE VÍDEO DE RAJOY





Píldoras de Comunicación Blog publica hoxe a sua visión dos famosos vídeos de Rajoy, aquí podes leelo.

"Non sei quen asesora a Rajoy en temas de comunicación, posiblemente sexa Heidi, unha princesa Disney ou o propio Pablo Iglesias mentres se pon a goma na coleta. Porque facer máis o ridículo é prácticamente imposible. Como profesional da comunicación cando vín o vídeo orixinal deume auténtica vergonza allea. E parece que non son o único, porque os memes que provocou este vídeo (estou falando a nivel de comunicación, de política prefiro non falar) son realmente mellores que o orixinal. E si non comprobádeo vós mesmos. Déixovos o orixinal e 5 memes dos tantos que hai, con unha mensaxe infinitamente máis creíble que a do PP".


ESTE PRIMEIRO É O ORIXINAL
VERSIÓN PELI DE MEDO
VERSIÓN PORTAZO
VERSIÓN BARDEM
VERSIÓN TELAPIZZA
VERSIÓN HANNIBAL LECTER

 

17 de diciembre de 2014

O HISTÓRICO PARTIDO BARCELONA -XUVEN ÍNTEGRO EN VIDEO





 Xa podes ver a histórica victoria do Xuven contra o F.C. Barcelona.


 


O FC Barcelona empezou con intensidade con Dedovic dominando o partido cun gran acerto desde o triplo e os pívots blaugranas asegurando o rebote en ambas canastras. No segundo cuarto os galegos comezaron a reacción que se completou cun terceiro cuarto no que os cataláns sufriron un bloqueo ofensivo.
Charles Nkaloulou e Tim Withworth foron os artífices dunha reacción que lles deu unha vitoria importante que coloca ao Xuven Cambados na parte media da táboa.

A clave: Tralo descanso os galegos romperon o partido cunha defensa que impediu que os blaugranas anotasen con facilidade.






4 de noviembre de 2014

UN LIPDUB CON ALUMNOS DO MAGARIÑOS








Este video é un lipdub no que participaron os nenos de 3 ºB do C.E.P. Antonio Magariños de Cambados (Pontevedra), dirixido por Laura Daporta Hermida.
O tema titúlase "El Tiempo Futuro" do disco "Están Ustedes Unidos" do grupo Indie-Pop "Eladio y Los Seres Queridos".

Futuras estrelas as que xa se lles ven maneiras.





7 de octubre de 2014

CAMBADOS TIERRA DEL ALBARIÑO



Un novo vídeo sobre Cambados foi subido hai escasas horas a Youtube por Javier Fuentes e está producido polo Concello de Cambados.
Un vídeo que non está na web do concello a pesare de telo producido.  O vídeo foi editado en castelán.





19 de marzo de 2012

O REI TEN ARDOR DE ESTÓMAGO

        TEN A LIBERDADE DE EXPRESION UN LIMITE ?                                                                                                                                                
Audiencia Nacional xulga o vindeiro xoves aos tres membros do grupo musical Ardor de estómago, a quen a Fiscalía acusa dun delito de calumnias e inxurias contra a Coroa e para os que pide unha multa de 1.800 euros pola letra dunha canción sobre don Juan Carlos na que o insultaron.

No xuízo, que celebrará o titular do Xulgado Central do Penal, José María Vázquez Honrubia, a fiscal Ana Noe sosterá que Miguel García Granda, Ibai Rivas Arbinaga e Endika Berecibar Lacalle compuxeron unha canción, titulada Unha historia real, que en xuño de 2010 editouse nun CD con ocasión da IV Mostra de Música Jóven patrocinada polo Concello de Segovia.

Segundo o escrito de conclusións provisionais do Ministerio Público, na letra desa canción recollíanse expresións como "quen matou ao seu propio irmán cunha escopeta de caza, quen disparou en circunstancias raras, raras", "quen foi nomeado sucesor por un asqueroso ditador" ou "quen está por encima da lei e dáseas de campechano".

INSULTOS
A fiscal detalla que na canción chámase "fillo de puta" ao Rei en reiteradas ocasións e que os acusados tamén incluíron as seguintes frases: "A quen lle cobren as costas cos segredos de Estado" e "quen ten lamecús pegados como lapas seguíndolle por todos lados".

A representante do Ministerio Fiscal sinala no seu escrito que un mes logo de editar o disco, o alcalde de Segovia, Pedro Arahuetes, ditou un decreto o 11 de xuño no que acordaba, entre outras cousas, "retirar o uso público" do CD -do que se editaron 1.000 exemplares- e pediu desculpas á Casa do Rei.

Posteriormente, o alcalde aceptou a renuncia do concelleiro de Educación e Mocidade e do coordinador municipal da área pola edición do disco cos sete grupos de rock participantes na IV Mostra de Música Jóven celebrada en 2009.

Arahuetes envío unha copia do CD ao fiscal xefe da Audiencia Provincial de Segovia para que analizase o contido da letra da canción, e este remitiuno á Fiscalía da Audiencia Nacional, que é o tribunal competente para investigar os delitos de inxurias contra a Coroa, castigado ata con dous anos de prisión.
ENLACE DO VIDEO EN YOUTUBE   http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=hUf24HMe9qI  

10 de febrero de 2012

BALTASAR GARZÓN CONDENADO

O XUÍZ GARZÓN INHABILITADO 
                                                                                                                                                                 O Tribunal Supremo condenou este xoves o xuíz Baltasar Garzón a 11 anos de inhabilitación polas escoitas en prisión aos cabecillas da trama Gürtel, o que significa a súa expulsión da carreira xudicial. A condena, durísima, engade o pagamento dunha multa e as costas do proceso e sinala que o maxistrado da Audiencia Nacional vulnerou de forma "drástica e inxustificada" o dereito de defensa de Francisco Correa, Pablo Crespo e Antoine Sánchez, o que lle suporá a "perda definitiva" do cargo.
O tribunal di que non se podía gravar “sen dispor de ningún dato que puidese indicar minimamente, nunha valoración razoable, que a condición de letrado e o exercicio do dereito de defensa estaban a utilizarse como coartada para facilitar a comisión de novos delitos”. Hai dúas semanas o ex presidente da Comunidade Valenciá, Francisco Camps, foi absolto por un xurado popular dun delito continuado de suborno por aceptar agasallos da trama Gürtel.
Despois de repasar os editoriais da prensa saco duas conclusión moi claras. Dunha banda os xornais progresistas denuncian unha persecución implacable  contra o "superjuez" e amosan o seu estupor pola sentenza.  Doutra banda os xornais conservadores e ultraconservadores nos que se ven a decir que Garzón ten ben merecida a condena por, máis ou menos, meterse donde non debía, en clara referencia a o segundo dos xuicios os que se enfrontóu o xuíz, que non é outro que o caso da investigación polos desaparecidos do Franquismo. Eso sí, non comparan esta condena coa doutro xuíz condenado polo mesmo delito(prevaricación) na que foi castigado potan só dous anos.                       Podedes ver as duas caras da nova nos videos que se engaden .