Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ENCE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENCE. Mostrar todas las entradas
15 de marzo de 2019
EN MAREA URXE DERROGACIÓN DA PRÓRROGA A ENCE POR "NULIDADE DE PLENO DEREITO"
O portavoz de En Marea, Luís Villares, pediu este venres ao Goberno que faga unha revisión de oficio da prórroga a Ence na ría de Pontevedra e proceda a derrogala mediante unha declaración de "nulidade de pleno dereito". En declaracións aos medios en Cambados, Villares celebrou que "en vésperas de eleccións" o Goberno variase a súa posición respecto a os preitos xudiciais abertos, pero pediulle "que non se escude en mecanismos xudiciais" e proceda á derrogación "inmediata" da prórroga á pasteira. Abundou en que o Executivo ten esta posibilidade ao seu alcance ao ser a administración que aprobou esta prórroga por 60 anos a Ence, en xaneiro de 2016, co goberno en funcións de Mariano Rajoy.
4 de marzo de 2016
PRESENTADO O RECURSO CONTRA A PRÓRROGA DE ENCE
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra recorre contra o Ministerio de Medio Ambiente
![]() |
| Imaxe dunha manifestación anterior |
O recurso é contra a resolución en que se lle denega á asociación ecoloxista a condición de parte interesada no procedemento. Unha decisión que consideran "arbitraria" e "carente de xustificación", e que para a súa idea debería conlevar á nulidade do proceso.
Onte pola tarde, a Plataforma Ence Fóra convocou unha unha concentración en Pontevedra, diante da sede do PP. Din que é o máximo responsable dunha decisión que consideran desproporcionada.
29 de febrero de 2016
COUSAS QUE A DEREITA NON CONTA DE ENCE (I)
A renovación do permiso a Ence por sesenta anos chega cando estaban a piques de esgotarse os dous anteriores, concedido un en 2008 polo bipartito cando o conselleiro era Pachi Vázquez. O período de validez estableceuse entón en tres anos e oito meses, polos catro do concedido pola Xunta gobernada polo PP no ano 2011.
Sinalaba entonces o concelleiro Hernández que este novo permiso establecía "condicións similares" ao previo.
O goberno local de Pontevedra alegara en contra da renovación, en liña con varios colectivos ecoloxistas, que opoñían razóns de plan urbanístico e ambientais ás que a Xunta non atendeu en ningunha das ocasións.
Consciente diso, Hernández insistiu con máis vehemencia que nunca en que o PP non apoiará en ningún caso que a pasteira siga en Lourizán máis aló do prazo tope de 2018, segundo fixa a Lei de Costas. A data, dixo é "irrenunciable, incuestionable e improrrogable". "Non contemplamos outro escenario". "A data de 2018 non é negociable", repetiu aos xornalistas que atendían á súa comparecencia Pontevedra.
Porque se nomea a Rajoy "persoa non grata" en Pontevedra?
Pois tres son sobre todo as causas máis importantes.
A primeira é claramente a de ampliar o permiso para que a pasteira continúe na sua actual ubicación, algo co que unha maioría de pontevedreses non está de acordo amén de grupos ecoloxistas e mariscadores.
A segunda é a cantidade de tempo polo que se concede esta prórroga, 60 anos, hipotecando o futuro de esta e outras xeracións futuras.
E a terceira é que se ampliase ese permiso por parte dun goberno en funcións. Un mes despois das pasadas eleccións xerais, o PP decidiu ampliar ese prazo noutros 60 anos con argumentos como a importancia económica do complexo, no que traballan 370 persoas, de forma directa e non 1000 como se chegou a decir.
Diferencias provocadas polo PP
Sectores da dereita acusan a B.N.G. e P.S.O.E de facer demagoxia pois eles deran no seu momento o permiso para que ENCE continuase case 4 anos máis como indicamos máis arriba pero tal e como estaba nese momento a lei non poderían ampliar ese permiso unha vez rematado o prazo de 3 anos e 8 meses. Pero o novo permiso, ata o ano 2073, deuse grazas ao cambio impulsado polo PP na Lei de Costas e ao visto e prace ambiental que outorgou hai uns meses a Xunta de Galicia, presidida polo popular Alberto Núñez Feijóo. Antes da reforma, a lei obrigaba á multinacional para abandonar o seu actual emprazamento en 2018.
De esto na dereita ou ninguén sabe ou non queren saber

