Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta INVERSIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INVERSIÓNS. Mostrar todas las entradas

1 de septiembre de 2018

A DEPUTACIÓN INVISTEU CERCA DE 30 Ms DE EUROS NO SALNÉS




O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, posto en marcha coa chegada de Carmela Silva ao goberno provincial, xa ten investido 154 millóns de euros nestes tres anos de lexislatura. O proxecto supón "o investimento máis importante da historia da institución nos concellos da provincia", segundo subliñou hoxe a presidenta da Deputación, en rolda de prensa. O investimento destinouse en conxunto a 1.400 obras e financiou máis de 3.300 empregos. "Conseguimos que todos os servizos dos concellos leven a rúbrica desta Deputación", engadiu.
En canto ao SALNÉS o Plan supuxo un investimento de case 30 millóns, e os 11 municipios recibiron financiamento para 276 obras. En concreto a institución provincial aportou preto de 22 millóns na liña 1 de investimentos, case tres millóns na liña 2 de amortización, pagamento de débedas e gastos correntes; e máis de cinco millóns na liña 3 de emprego.
En concreto, ao abeiro da liña 1 de investimentos, a Deputación de Pontevedra xa xestionou 276 actuacións por valor de máis de 16 millóns de euros. Máis polo miúdo, realizáronse achegas para levar a cabo 36 actuacións de saneamento por un total de preto de tres millóns de euros, 26 de pavimentación e renovacións de rúas por preto de dous millóns de euros, 83 de adquisición de bens e equipamentos por máis de dous millóns e medio de euros e 131 de novas infraestruturas e mellora de edificacións municipais por preto de 9 millóns de euros.

15 de febrero de 2018

A DEPUTACIÓN MODIFICARÁ O ORZAMENTO PARA INCLUÍR 31M.€ DE REMANENTES DE 2017











"Van ir directamente aos concellos da Provincia para que poidan xestionar os seus proxectos" 
"Nunca se lles dedicou tantos recursos respectando a súa autonomía”


O goberno bipartito levará ao próximo pleno da Deputación de Pontevedra unha proposta para aprobar un expediente de modificación do orzamento que permitirá incorporar ao orzamento provincial para o ano 2018 un total de 30,8 millóns de euros que quedaron de remanentes das contas do ano 2017. 
A presidenta e o vicepresidente da Deputación, Carmela Silva e César Mosquera, compareceron este xoves ante os medios de comunicación para anunciar esta propostas e destacar que é fiel reflexo da boa "saúde financieira" da institución provincial e da boa xestión do goberno bipartito, pois, segundo insiste Mosquera, é a primeira institución que a estas alturas do ano xa ten feita a liquidación das contas do ano 2017, xa sabe cantos remanentes ten e xa ten decidido onde vai investilos. 
A inversión vai ir destinada, nun 98%, aos concellos da provincia, cumprindo cun dos obxectivos que se marcaron o PSOE e o BNG cando asinaron o acordo de goberno no ano 2015, o apoio ás administracións locais. De feito, no seguinte pleno, do mes de marzo, xa teñen decidido que se aprobará un novo plan para os concellos dotado de once millóns de euros.   





12 de junio de 2017

CAMBADOS RECIBE DA DEPUTACIÓN PRETO DE 130.000€ DO PLAN CONCELLOS











A Deputación de Pontevedra destina preto de 130.000 euros a Cambados no marco do "Plan Concellos 2017"

A institución provincial leva entregado o 67% do total destinado a Cambados dentro do Plan, cun investimento situado en máis de 620.000 €
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, cinco novas achegas ao concello de Cambados no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará as seguintes cantidades: 35.000 € para o parque infantil de Beleco, 30.000 € para rematar as melloras das beirarrúas da avenida de Vilariño, 24.222,73 euros para dotar de infraestruturas aos núcleos de Veiga e Fonte do Couto, 20.000 € que permitirán dotar de mobiliario as oficinas municipais e, por último, outros 20.000 euros que permitirán facer un traslado do servidor do concello e a súa páxina web. En total, a suma destas cinco achegas supoñen un investimento de 129.222,73 euros.
Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara a Cambados outros 147.712,14 euros en liña 1 para a humanización das rúas Ourense e Pontevedra, 138.554,85 € en liña 2 para o pagamento de gastos correntes dos seus servizos municipais e para as actividades do Samaín, o Magosto, o Nadal, a Semana Santa, a Festa da Vieira, as Letras Galegas, a Festa dos Maios e o Entroido e, finalmente, 207.565,98 € cos que Cambados puido contratar a 30 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da vila.
Coa suma desta nova achega, Cambados xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 67,4% do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 623.055,70 euros dun total de preto de 925.000 €.






20 de enero de 2017

CAMBADOS RECIBIRÁ DO "PLAN CONCELLOS" DA DEPUTACIÓN CASE 1 MILLÓN DE EUROS














Cambados recibirá este ano preto do millón de euros do "Plan Concellos" da Deputación, un 2% máis de recursos que o ano pasado

Durante o pasado ano 2016, o Goberno provincial de Carmela Silva achegou en total á vila de Cambados investimentos por máis de 1.700.000 euros
A Deputación de Pontevedra achegará este ano 2017 un 2,1% máis de recursos ao concello de Cambados no marco do "Plan Concellos". Deste xeito, a vila da comarca do Salnés recibirá un total de 923.739,30 €, 18.625,83 euros máis que en 2016, o que se traduce nun incremento do 2,1% dos recursos que recibiu respecto ao ano pasado, no que xa tivera un 49,5% de incremento respecto a 2015 (isto é,299.856,41 € máis). Á marxe do "Plan Concellos", Cambados recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.
Investimentos totais durante 2016
Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Cambados un total de 1.746.651,56 euros, dos cales 905.113,47 € se corresponderon co "Plan Concellos 2016". Ademais, a institución provincial investiu 14.000 € en mobilidade, 75.000 € en cohesión social e xuventude, 35.000 € en cultura e lingua, 78.000€ para o fomento do emprego, 49.000 € para o impulso do deporte, 16.000 € en medio ambiente, 6.000 € en materia de turismo e outros 8.000 € para a igualdade entre mulleres e homes.
En concreto, a través da liña 1 do "Plan Concellos", investíronse 531.605,96€ para a realización da mellora da capa de rodadura, dotación de beirarrúas e asfaltado de Burgáns, o soterrado dos tendidos eléctricos na rúa Real, a adquisición de maquinaria para o servizo de limpeza municipal, a dotación de biosaudables a carón do parque infantil de Castrelo, a pavimentación de camiños, a mellora do alumeado público de diversas parroquias, o ensanche dun viario na rúa Cruceiro, a mellora dos servizos urbanísticos da rúa Bimbio, o acondicionamento de viarios en Vilariño, a estación de bombeo de augas residuais en Laxes (Corvillón), a mellora das pistas de tenis e da superficie da pista de atletismo do Pombal, a dotación de contedores soterrados na rúa Curros Enríquez, a mellora no alumeado público de varias parroquias, a dotación dunha caldeira de biomasa para o centro sociocultural da Merced, a dotación de beirarrúas e aparcadoiros no polígono industrial do Salnés e a adecuación do quiosco do Torrado. Ademais,135.767,02 € para sufragar gastos correntes a través da liña 2, 33.941,76 € en liña 3 destinados a diversas actividades de Nadal e do Entroido e,grazas á liña 4,creáronse 29 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 202.101,65 euros. Tamén en materia de cooperación, Cambados recibiu 499.343,98 € ao abeiro das obras da cuberta da piscina climatizada do complexo deportivo do Pombal.
Á marxe do "Plan Concellos 2016", Cambados recibiu 35.464,55 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con preto de 60 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, así como coas axudas á rehabilitación do patrimonio histórico-cultural e as dirixidas á dinamización lingüística. Tamén se destinaron 74.722,11€ para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociaiscomunitarios (entre eles o Servizo de Axuda no Fogar, SAF), as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (da que se benefician 20 persoas) ou ben mediante os programas"En Ruta coa Depo", "Depo en marcha", "Tecendo lazos", "DepoTermal" (coa participación de 15 persoas maiores) e "Depo Aventura A Lanzada", ao que asistiron 36 nenas e nenos do concello.
Do mesmo xeito, Cambados recibiu 48.909,74 € para o deporte federado de base, a Copa de fútbol Deputación de Pontevedra, axudas á participación en ligas e competicións oficiais, diversas actividades deportivas e a "DEPOrte Escola" de piragüismo, así como 77.783,04€ destinados ao fomento do emprego a través dos Plans de Práctica Laboral, que están a permitir que catro persoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no concello de Cambados e, outras catro, no tecido empresarial da vila.
Tamén se achegaron 8.173,75 € en Igualdade no marco do programa "Conectadas 2016" e das axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes parao fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homese prevención da violencia machista (co que Cambados elaborou un plan de igualdade de oportunidades para o CIM do Salnés), 6.052,44 € en turismo para a Asociación da Ruta do Viño, 16.156,50 € en medio ambiente co mantemento dos campos de fútbol e as subvencións ás cooperativas agrogandeiras para investimentos e, finalmente,outros14.138,81 € en materia de mobilidade, en concreto para as obras de sinalización horizontal nos viarios provinciais.





25 de noviembre de 2015

NOVO PLAN DE CONCELLOS´16 DA DEPUTACIÓN










Por vez primeira a Deputación de Pontevedra deulles información aos 60 concellos da provincia de Pontevedra e aos seus cidadáns de cada un dos proxectos en marcha e, en consecuencia, da posta en funcionamento do Plan Concellos 2016, o novo plan que incrementa en 16 millóns de euros os fondos que recibirán todos os municipios da provincia de Pontevedra con respecto ao pasado ano.
Co obxectivo de transmitir esa información desde a Deputación envióuselles a todos os concellos información dos criterios de repartición do Plan Concellos 2016 coa finalidade de que analizasen as cifras e indicasen, de ser así o caso, alternativas ou modificacións a este. Ningún concello, nin sequera os gobernados polo Partido Popular e que agora cuestionan o plan, enviaron modificacións ou queixas relativas aos criterios antes da súa aprobación.
Novamente, e unha vez aprobado, desde a institución provincial informouse a todos os concellos do investimento que recibirán, en concorrencia, a través do Plan Concellos 2016, sendo, nos 62 municipios da provincia de Pontevedra, superior ao do ano 2015. Todos os concellos da provincia, independentemente da súa cor política, recibirán maiores recursos económicos. Así, o Plan Concellos representa para os municipios da provincia un investimento de 16 millóns de euros máis que no ano 2015, xa que, a maiores de incrementar en 10 millóns de euros os fondos de concorrencia, incorpora os 6 millóns de euros de libre disposición que o anterior presidente tiña como instrumento para unha repartición arbitraria, clientelar e caciquil na que os municipios non gobernados polo PP non recibían nin un euro mentres que o diñeiro chegaba unicamente aos "amigos", aos concellos gobernados polo Partido Popular. 
Recordamos casos vergoñentos coma Agolada, con 2.651 habitantes, que recibía de libre disposición 648.753 euros, o dobre do que lle correspondía por concorrencia; Meis, con 5.033 habitantes, que recibía 380.000 euros por concorrencia e un 103 % a maiores, é dicir 389.982 euros, de libre disposición; Ribadumia, cunha poboación de 5.103, que recibía de concorrencia 373.838 euros e de libre disposición un 60 % máis de fondos, é dicir, 224.657 euros; ou Vilagarcía de Arousa, con 37.712 habitantes, que recibía por concorrencia competitiva 1.169.397 euros e un 36 % a maiores de libre disposición, é dicir, 416.657 euros. No ano 2015 ningún concello da provincia de Pontevedra que non gobernase o PP recibiu un só euro do diñeiro de libre disposición que o ex-presidente Louzán tiña para os seus amigos.
Con esta nova Deputación cómpre destacar que se eliminan os fondos de libre disposición para incorporalos aos que se dan por concorrencia, coa finalidade de beneficiar a todos os concellos da provincia de Pontevedra independentemente do partido político que os goberne.
Ademais do Plan Concellos, deses 16 millóns de euros máis con respecto ao 2015 que a Deputación de Pontevedra repartirá de forma equitativa entre os 60 concellos da provincia, todos os municipios tamén se verán beneficiados de novos plans que, como xa coñecen os alcaldes e todos os grupos políticos provinciais, incrementarán os investimentos da institución provincial nos concellos. Así, os municipios recibirán fondos a través do Plan de Infraestruturas, do Plan de Turismo, así como de máis liñas de subvencións por concorrencia destinadas a clubs deportivos federados, deportistas de elite, federacións, asociación culturais, asociacións de medio ambiente, entidades sociais, etc. Todos eses investimentos non forman parte do Plan Concellos e os alcaldes coñecen esta información de maneira directa desde a Deputación. E, aínda máis, tamén por vez primeira haberá novas axudas mediante a asistencia técnica a todos os concellos da provincia a través da posta en marcha dun departamento propio na Deputación de Pontevedra que existe en todas as deputacións españolas e, ata o momento, non se creara na nosa provincia.
En resumo, a maiores dos investimentos que os concellos percibirán en 2016 correspondentes ao Plan Concellos, moi superiores aos do ano pasado, os municipios tamén incrementarán notablemente as cantidades que ingresarán por parte da Deputación a través dos novos plans e liñas de subvencións, así como do servizo de asistencia técnica municipal que a institución porá en marcha durante 2016, unha información que lles foi comunicada a todos os alcaldes desde o primeiro momento.












Por comarcas...



10 de noviembre de 2015

O PLAN CONCELLOS´16 DA DEPUTACIÓN TERÁ 4 LIÑAS DE ACTUACIÓN







A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comunícalles a todos os alcaldes e alcaldesas os criterios para a repartición dos fondos económicos

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, remitiulle hoxe un escrito á totalidade dos alcaldes e alcaldesas da provincia dos criterios para a repartición das partidas económicas do Plan Concellos 2016, tal e como se comprometera na súa primeira xuntanza cos máximos rexedores.

O Plan Concellos terá catro liñas de actuación que darán prioridade aos investimentos, á amortización e ao pagamento de débeda, ás actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e ambientais municipais e ao emprego.
Destas cantidades o 40 % será un fixo para cada un dos concellos e o 60 % restante será en función da súa poboación. Así, nos concellos de ata 10.000 habitantes será do 30 %; nos de entre 10.000 e 20.000 habitantes do 40%; e naqueles de 20.000 a 50.000 habitantes será do 30 %.

Ademais para esta porcentaxe variable e para cada un dos tres grupos de poboación  aplicaranse tres criterios baseados non só na poboación e na superficie, como ata o de agora,  senón que se incluirá a variable dos núcleos de poboación. En concreto, será do 60 % por poboación, o 20 % por núcleos e o 20 % restante por superficie.
Con estes novos criterios a repartición vai supoñer un incremento das subvencións que recibirá cada concello, cun importe fixo moi superior aos anteriores e, sobre todo, elimínase a libre disposición do 20 % da totalidade do plan para o presidente.





25 de octubre de 2015

O PSOE ACUSA AO PP DE DEIXAR DE LADO A CAMBADOS NOS PGE








O PSOE critica que o goberno de Rajoy impida importantes inversións para Cambados ao rexeitar as enmendas presentadas aos Presupostos do Estado


No trámite parlamentario dos Presupostos Xerais do Estado para o ano 2016, o Partido Popular rexeitou tódalas enmendas presentadas polos grupos da oposición, entre as cales figuran unha serie de inversións que os socialistas de Cambados reclaman para a nosa vila.

Medidas para a rexeneración da ría, tan necesaria para os nosos mariñeiros, ou o saneamento da rede de sumidoiros, non serán levadas a cabo durante o vindeiro ano pola negativa do PP a dialogar. Tamén se impide a construcción dun novo cuartel para a Garda Civil, algo que dende o PSOE local levan reclamando dende fai moitos anos, ou a continuación e a rehabilitación da senda fluvial do Umia.

Tamén foron rexeitadas medidas de ámbito maior e que tamén afectan a Cambados, como a reclamación dunha aportación financieira para un Plan Integral de Emprego de Galicia, ou un Plan de Reindustrialización e Apoio á Competitividade Industrial de Galicia.

Dende o PSOE cambadés lamentan que as presas por querer ter listo o orzamento antes do remate da lexislatura, leven ao goberno a aplicar o rodillo e non dialogar con ninguén, algo impropio cando faltan tan só dous meses para as eleccións xerais.

A alcaldesa de Cambados, a socialista Fátima Abal, sinala que “lamentablemente, esta é a forma de facer política á cal nos ten acostumados o Partido Popular, usando as maiorías absolutas para impoñer, para evitar dialogar. Fixeron o mesmo en Cambados, e a sociedade fartouse, e o mesmo vai pasar co goberno central o próximo 20 de decembro. Por eso teñen tanta presa por aprobar estes orzamentos antes do final da lexislatura”

“É un completo despropósito –sinala Fátima Abal- que un goberno impoña uns presupostos desta forma, sen dialogar e sen aceptar ningunha das enmendas da oposición, sobre todo coas eleccións xerais á volta da esquina. A actitude autoritaria do Partido Popular pretende que o goberno resultante das eleccións teña as mans atadas durante o seu primeiro ano por culpa destes orzamentos. Fronte á imposición, os socialistas apostaremos sempre polo diálogo e polo acordo, xa que é a forma de favorecer os intereses de tódolos cidadáns.”

A pesar do rexeitamento do PP ás enmendas, Fátima Abal afirma que “seguiremos loitando pola defensa de Cambados en tódalas institucións, polo que varias das enmendas voltarán a reclamarse na tramitación dos presupostos xerais da Xunta de Galicia” e agarda que un próximo cambio no Goberno Central “veña acompañado dunha forma de facer política aberta e de cara aos cidadáns, e non de costas a estes como sucedeu nos últimos anos”.




14 de septiembre de 2015

MODIFICACIÓN DA BASE XVIII DE EXECUCIÓN ORZAMENTARIA PARA O INCREMENTO DAS PORCENTAXES DE DUBIDOSO COBRO






PUBLICA HOXE O BOP A MODIFICACIÓN DA BASE XVIII DE EXECUCIÓN ORZAMENTARIA PARA O INCREMENTO DAS PORCENTAXES DE DUBIDOSO COBRO
En sesión celebrada o 28.07.2015, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente o expediente de modificación da base XVIII de execución orzamentaria para o incremento das porcentaxes de dubidoso cobro, sendo publicado dito acordo de aprobación inicial no BOP nº 152, de data 10 de agosto de 2015.
Elevado a definitivo dito acordo, ó non terse producido reclamacións contra o mesmo, de conformidade co disposto polo artigo 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, faise público que a base XVIII de execución orzamentaria dos orzamentos do 2015, no que atinxe ó apartado B, queda redactada nos seguintes termos:
“B) Normas para a cuantificación do remanente de tesourería.
Para a cuantificación do remanente de Tesourería, as contías dos dereitos recoñecidos e liquidados se minorarán de acordo coas seguintes regras (artigo 193 bis do TRLRFL):
a) Os dereitos pendentes de cobro liquidados dentro dos orzamentos dos dous exercicios anteriores ó que corresponde a liquidación, minoraranse como mínimo, nun 25%.
b) Os dereitos pendentes de cobro liquidados dentro dos orzamentos do exercicio terceiro anterior ó que corresponde a liquidación, minoraranse, como mínimo, nun 50%.
c) Os dereitos pendentes de cobro liquidados dentro dos orzamentos do exercicio cuarto a quinto anteriores ó que corresponde a liquidación, minoraranse, como mínimo, nun 75%.
d) Os dereitos pendentes de cobro liquidados dentro dos orzamentos dos restantes exercicios anteriores ó que corresponde a liquidación, minoraranse, como mínimo, nun 100%.
Isto é:
• Ano n-1 , nun 25 %
• Ano n-2 , nun 25 %
• Ano n-3, nun 50 %
• Ano n-4, nun 75%
• Ano n-5, nun 75%
• Anos anteriores: 100%

Ademais, depreciaranse na súa totalidade (100%) os importes liquidados como canón da plataforma loxística inversa e os procedentes das reservas de espacio da Nave Loxística do Salnés que se encontran pendentes ó peche de cada exercicio orzamentario”.
Contra a aprobación definitiva de dito acordo, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos que establecen as normas de dita xurisdición, de acordo co previsto polo artigo 171 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o que non suspenderá por si só a súa aplicación.



3 de agosto de 2015

CONTA XERAL DO CONCELLO DE CAMBADOS DO EXERCICIO 2014







Formulada e rendida a Conta Xeral deste Concello, correspondente ó exercicio 2014, e ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o 17 de xullo de 2015, dando cumprimento ó disposto polo artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ó público, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, durante os cales, e oito máis, os interesados poderán presenta-las reclamacións, reparos e observacións que coiden oportunas, mediante escritos dirixidos á Sra. Alcaldesa-Presidenta.















22 de abril de 2015

LOUZÁN VOLVE QUITAR AS CASTAÑAS DO LUME A ARAGUNDE






324.000 euros para os concellos de Agolada, Cambados, A Cañiza, Catoira, Fornelos de Montes, A Guarda, Meis e Poio para o pagamento de gasto corrente e investimentos


Estas axudas financiaranse cos fondos do PPOS 2015 despois de que o organismo provincial ampliase o seu orzamento ata 30 millóns de euros
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o venres pasado unha liña de axudas para oito concellos da provincia para colaborar no investimento en diversas actuacións: destinaranse 323.345,90 euros á amortización de préstamos, ó pagamento de débedas e ó financiamento de gasto corrente destes municipios.

Investimentos e gasto corrente

Con cargo ós fondos ampliados do PPOS 2015, o pagamento das subvencións farase de maneira anticipada unha vez aprobada esta concesión, se ben as axudas dirixidas ó financiamento do gasto corrente terán que se previamente xustificadas para ser recibidas.

Os concellos poderán destinar a cantidade que lles corresponda a investimentos de calquera obra que figure dentro da súas competencias, incluso cofinanciada por outra Administración. Poderán destinar tamén o 30 % do que se lles asigne a gasto corrente, é dicir, a amortización de débedas con entidades ou acredores, pagamento de débedas e gasto corrente ou gasto corrente novo.

Ampliación dos fondos PPOS 2015

O pasado mes de febreiro a Deputación de Pontevedra aprobou a ampliación do orzamento do Plan Provincial de Obras e Servizos (PPOS) 2015 ata os 30 millóns de euros.

Inicialmente a institución provincial dotou este plan con 12 millóns de euros, que foron incrementados con outros 18 despois de recibir a liquidación dos orzamentos do ano pasado e decidir destinar esta cantidade ó PPOS 2015.





12 de diciembre de 2014

O GOBERNO DE RAJOY DEIXA A CAMBADOS SEN INVERSIÓNS






O Grupo Socialista, a través da senadora pontevedresa, Ángeles Marra, insistiu en denunciar o "abandono" do Goberno á localidade de Cambados tras a aprobación na Cámara Alta do proxecto de Lei de Presupostos Xerais de 2015.

Marra subliñou que os socialistas presentaron na Cámara Alta ao redor de 100 emendas para a provincia de Pontevedra, cun investimento global de 72,07 millóns de euros.

A parlamentaria do PSOE criticou que o Partido Popular rexeitase todas as emendas socialistas nas contas xerais de 2015 para Cambados. Neste sentido, puntualizou que o Goberno de Mariano Rajoy rexeitou investir un total de 1,7 millóns de euros na localidade de Cambados nas que, ao seu xuízo, son "unhas actuacións prioritarias e urxentes para este municipio".
Ángeles Marra lamentou que os senadores do PP por Pontevedra perdesen unha grande oportunidade para apostar por Cambados, ao rexeitar as emendas socialistas abandonando este municipio e os seus cidadáns nos Presupostos Xerais de 2015.

Marra referiuse a este "abandono" da Administración Central e centrouno, concretamente, en tres cuestións prioritarias para Cambados como a construción do cuartel da Garda Civil, a necesidade de substituír a cuberta da Piscina Municipal e de acometer o saneamento da parroquia de Castrelo.

En primeiro lugar, a senadora pontevedresa reprochou ao PP que rexeitase a emenda socialista de 500.000 euros para a construción do novo cuartel da Garda Civil de Cambados, "unha actuación prioritaria ante o estado de deterioración no que se encontra o actual cuartel con graves

problemas de construción e espazos que impiden o bo desenvolvemento da súa actividade".



Igualmente, recriminou ao Grupo Popular no Senado que rexeitara o investimento de 200.000 euros para a substitución da cuberta da piscina municipal nun estado ruinoso ante o nulo compromiso do Concello, Xunta de Galicia e do Goberno Central de achegar fondos para a súa reparación. Así mesmo, reprobou ao PP que non aceptase a emenda socialista para dotar de saneamento á parroquia de Castrelo cun investimento de 300.000 euros, "un servizo básico que permite mellorar a calidade de vida das parroquias, equiparando os servizos dos que dispón o medio rural cos das zonas urbanas".

Pola súa banda, a voceira do PSOE no Concello de Cambados, Fátima Abal, tamén denunciou a situación de marxinación á que o Goberno de Rajoy somete ao municipio, unha situación da que o alcalde, Luis Aragunde, é o responsable directo.
Neste sentido, Abal criticou a falta de compromiso real e efectiva do actual alcalde coa construción dun novo cuartel da Garda Civil en Cambados, un investimento que segundo Fátima Abal, " ou Partido Popular non a quere facer, pois non quixo cando ou anterior goberno ou orzamentou e non quere agora ao non aceptar ás emendas presentadas ano tras ano polo PSOE».

Ademais, Fátima Abal, lamentou que os populares non aceptasen a emenda socialista para reparar a cuberta municipal da piscina que está a caer "a anacos" e asegurou que se trata dunha obra "fundamental" para evitar que ou Concello asuma unhas facturas de enerxía elevadas, ademais de garantir a viablidade do complexo do Pombal para ou futuro".

Por último, Abal recriminou ao alcalde Aragunde que é "incapaz" de defender ao Concello de Cambados ante o seu propio partido e reafírmase en que debe dar explicacións de por que non quere que Cambados conte cun novo Cuartel da Garda Civil, que se invista medio millón de euros no saneamento do municipio e que o Estado asuma a reparación da cuberta da piscina municipal, obra que se encontra paralizada ante a negativa do Goberno de Xunta de Feijoo de achegar fondos.



29 de noviembre de 2013

PRESENTADO O PROXECTO PARA O POMBAL NA WEB DO CONCELLO





A páxina web do Concello de Cambados ven de confirmar as declaracións do Alcalde Luis Aragunde sobre a "remodelación" do campo de fútbol do Pombal.
Entrecomillamos remodelación pois no escrito como veredes no escrito non hai datas nin o custe das inversións polo que polo de agora queda nun proxecto.

Do mantemento e limpeza das instalacións non se di nada.
Tras unha xuntanza do alcalde, Luis Aragunde, co presidente da Deputación, Rafael Louzán, técnicos da institución provincial e do Concello están concretando as fórmulas de actuación que se van implementar para a renovación do céspede artificial no primeiro campo de fútbol de O Pombal.

Esta instalación deportiva de herba sintética leva máis de unha década sendo utilizada polos equipos de fútbol base do Club Juventud Cambados, así como por outros planteis de afeccionados e veteranos, e xa sufriu un notable deterioro que aconsella a súa sustitución por outro material de última xeración.  
Ademáis da renovación da deteriorada superficie, no proxecto incluirase o reforzamento e ampliación do valado perimetral metálico deste campo de fútbol, que foi o primeiro construido en Cambados con céspede artificial (2002), onde adestran e compiten benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís do Juventud. Posteriormente, en 2007, construiuse o segundo campo no mesmo complexo deportivo rodeado da pista de atletismo. 

Outra das actuacións inminentes en materia de infraestruturas deportivas vai ser a renovación do pavillón do Instituto Ramón Cabanillas que utiliza actualmente o club de voleibol feminino. 

31 de diciembre de 2012

O SECTARISMO DE LOUZÁN




A Deputación de Pontevedra celebrou o venres Xunta de Goberno. Nesta última sesión por este ano 2012 destacamos a aprobación de dez proxectos incluídos dentro do Plan de Investimentos da Deputación que suporán unha achega total de case un millón setecentos mil euros. Estes cartos beneficiaran a varios Concellos da Provincia, entre eles varios das Rías Baixas, como son Poio, Meaño, Ribadumia e Caldas.

No caso de Poio, os algo máis de setenta e tres mil euros que achega o Ente Provincial serán empregados na execución da rede de saneamento da Puntada. Nos Concellos de Meaño e Ribadumia a partida sumará preto de 169.000 euros.

No tocante a Caldas o orzamento que aporta a Deputación ascende a 192.300 euros destinados a construír unha pista de tenis e unhas piscinas na zona da Tafona; unha actuación da que o Presidente Provincial cuestionou a súa prioridade nestes tempos. Dende eiqui queremos decirlle a Louzán que si lle parecen excesivas estas peticións do Concello de Caldas, para que lle-las conceden?. Acaso non é excesivo o gasto nas pousadas e sen embargo presume delas?. Acaso se o PP governase en Caldas e fixeran a mesma petición non estaría fachendoso por colaborar co Concello de Caldas?.

"Amigo Rafael Louzán contra o vicio de pedir a virtude de non dar". Si o Alcalde de Caldas considera necesaria a piscina, pero os seu conveciños non, xa llo dirán cando toque e deixese de sarcasmos e ironías que non é vostede o máis indicado para falar de gastos innecesarios
Nesta xunta de goberno provincial aprobáronse tamén as bases que regulamentarán as subvencións á cultura durante o vindeiro exercicio 2013.
Outros asuntos aprobados nesta Xunta de Goberno, entre outras cousas, foron a achega provincial destinada á reforma da Confraría do Grove ou os últimos acordos para mellorar o acceso o pontevedrés Hospital de Montecelo pola estrada de Ourense, desde o cruce do Marco.