Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
23 de enero de 2016
O PARLAMENTO GALEGO PARA QUE ESTÁ? PARA QUE SIRVE?
Suponse que o Parlamento de Galicia é unha institución neutral ou debería selo a pesar de que esté presidida normalmente por alguén do Partido que sustenta o Goberno de Galicia.
Pero hoxe demostrouse que nin é así nin o disimula o PP, actual poseedor da Presidencia.
O xoves pola tarde tiveron a ben publicar un Twit que explica que a nosa afirmación é real.
Como vedes na imaxe o Parlamento Galego faise eco dunhas declaracións de Mariano Rajoy nas que decía que "Tengo fuerzas y voy a presentar mi candidatura. Los españoles quieren que nos entendamos, el @PPopular dará la talla"
Varias horas despois de dar a rolda de prensa na que o sr. Rajoy anunciaba que non se presentaría como candidato a presidente do goberno o twit seguía posto.
Hai unhas horas eliminouse o twit e publicaron outro (foto no lateral) no que non queda claro cantas persoas administran a conta ou non saben nin o que fan.
O de " que a túa man dereita non sepa o que fai a esquerda", da Bibla aplícano ben.
Unha mágoa que esta institución "neutral" non corrixa esta situación.
Desde logo a súa función non é esta senon informar a todos os galegos do que se fai na Cámara galega e non ser partidistas nin partidarios.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.