Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SOGAMA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOGAMA. Mostrar todas las entradas

16 de octubre de 2017

CHARLA DE COMPOSTAXE E REPARTO DE COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS










A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por María José Cacabelos, está organizando unha charla informativa sobre a compostaxe doméstica, que terá lugar en Exposalnés, o vindeiro martes, 17 de outubro ás 19.00h.
Tras a charla, que contará con persoal técnico especializado, farase entrega dos novos composteiros individuais que cedeu a empresa pública Sogama. Esta charla será aberta a toda a veciñanza interesada en coñecer esta práctica, co obxecto de extender a autocompostaxe á distintas vivendas unifamiliares do noso municipio, e de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.
Coas accións que se levan implantando ata o momento no noso municipio; entre os centros de compostaxe comunitaria, os composteiros individuais, as áreas de reciclaxe selectivas de RAEE, etc.. tense avanzado na concienciación e na información sobre a reciclaxe e a reutilización. Dende a Concellaría de Medio Ambiente, queremos remarcar que é moi importante a redución  dos residuos, xa que só así se logrará unha adecuada xestión do lixo.
Serán xa, con estes composteiros, 105 composteiros individuais entregados á veciñanza das parroquias dende que chegamos ao Goberno. Neste senso, a Concellaría de Medio Ambiente, seguirá  realizando revisións nos composteiros xa instalados para solventar as posibles dúbidas que se puidesen presentar.




3 de febrero de 2015

O BNG DI NON A CHANTAXE SE SOGAMA





O BNG presentou hai días, para que se trate no próximo pleno ordinario, unha moción para implantar o modelo de compostaxe en Cambados polas súas vantaxes ambientais pero tamén económicas. Esa podería ser  unha primeira opción para reducir a factura anual que o noso concello ten que pagar a Sogama. Unha factura que o pasado ano subiu, de xeito unilateral e sen ningún tipo de consulta cos concellos, un 34 % e semella, que de seguir apostando por este sistema, os pagos polo lixo seguirán incrementándose no futuro.
O próximo 19 de febreiro é a data límite para aceptar o ultimatum de Sogama, é dicir, da Xunta de Galiza e, polo tanto, seguir apostando por este modelo nos próximos 5 anos; seguir apostando por un modelo caro e contaminante. Non se entende como o noso alcalde e os outros do PP do Salnés prefiren aceptar un modelo que non lles gusta (por certo, por caro, non por contaminante) e aceptan o que lle ven imposto desde Santiago sen barallar outras opcións. Isto demostra moi poucas miras e ningunhas gañas de contradicir aos “xefes”. Non son capaces de ollar máis aló dos límites do seu concello, pois  poderían  apostar por mellores modelos como o que se utiliza na comarca do Barbanza. Un modelo máis barato, máis ecolóxico e que, claramente, crea máis postos de traballo, cuestión que tamén debe ser un obxectivo prioritario a valorar. Pois, sen ter en conta os empregos destinados directamente á recollida de lixo, o modelo do Barbanza utiliza 1 traballador por cada 380 toneladas tratadas, mentres ca o de Sogama utiliza 1 traballador  por cada 2.496 toneladas (isto demostra claramente unha das vantaxes máis importantes a ter en conta na actualidade e no futuro). E a esta vantaxe debe sumárselle outras como  a utilidade do compost producido neste tipo de plantas (terras de cultivo do Salnés), o seu prezo á venta por tonelada (45-37 €) e o mínimo impacto sobre o medio ambiente á diferenza do que ocorre con Sogama.

As cousas, neste asunto, están moi claras e buscar solucións pasa por ter vontade política, sobre todo cando se goberna en Cambados, na Mancomunidade do Salnés, na Xunta de Galiza e no Goberno Central. Se neste asunto o PP non toma as decisións adecuadas é por incapacidade, por falta de vontade política ou polas dúas cousas.


UN ARTIGO DE VÍCTOR CAAMAÑO, VOCEIRO DO BNG EN CAMBADOS
   




30 de septiembre de 2014

FERIDO UN TRABALLADOR NA EMPACADORA DE RIBADUMIA





Un traballador resultou ferido esta mañá tras caer nun depósito duns seis metros de profundidade. Por fortuna, a moega estaba chea de lixo, o que lle axudou a amortecer o golpe. Igualmente, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao ferido ao Hospital do Salnés para ser sometido a unha revisión. O accidente se produciu nunha empacadora situada no Polígono Sete Pías, en Ribadumia. Dende o CAE 112 Galicia, nada mais recibir a alerta dun particular ás 11:23 horas de hoxe, se pasou aviso a Urxencias Médicas, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.

18 de septiembre de 2014

A XUNTA CÓMPLICE DA ESTAFA DE SOGAMA





O Goberno da Xunta xustificou o incremento do 34% no canon de Sogama para compensar as perdas de 4 millóns de euros da empresa, números roxos que finalmente quedaron reducidos a 600.000 €, o que leva aos alcaldes e alcaldesas alleos ao PP (onte así o fixeron varios rexidores/as do BNG) a solicitar a inmediata retirada do taxazo e a devolución dun diñeiro “roubado” en base a unha contabilidade “falsa”.
quen se equivoca nun 85% na previsión orzamentaria ou é un incapaz ou minte”, argumentou, “pero o que non pode ser e que se engane a xente e non pase nada, que se falsifiquen as contas e non pase nada”.
En consecuencia, a retirada   do incremento do canon  debe ser de forma inmediata e a devolución do diñeiro “roubado ilegalmente aos veciños e veciñas”, que cifran en 80.000 euros anuais de sobrecuste por cada 10.000 habitantes. Para Cambados esto suporía uns 120.000 euros. 

18 de marzo de 2014

CONCENTRACIÓN CONTRA O "TASAZO" DE SOGAMA





Alcaldes socialistas e do BNG volveron concentrarse en Santiago contra a suba do canon de Sogama. Unha semana despois de protestar diante do Parlamento, os rexedores concentráronse ás portas de San Caetano. Rexeitan a suba do 34 por cento no canon do tratamento de residuos sólidos urbanos de Sogama. Cren que é inxusta, e pídenlle á Xunta diálogo e alternativas.

"Defendemos e poñemos enriba da mesa unha proposta que pasa por facer copartícipes equitativamente do canon de Sogama a Xunta de Galicia, os concellos e a propia Sogama", explicou un dos concentrados.


Para outro rexidor, "a vía do diálogo, a negociación e o consenso vai ser fundamental para arranxar este problema."



 

12 de marzo de 2014

DESMESURADA ACTUACIÓN DA POLICIA ONTE EN COMPOSTELA





Onte Compostela, máis en concreto as inmediacións do Parlamento galego convertéronse nun campo de batalla grazas as desmesuradas actuacións da policía, obedecendo ordes do Subdelegado.

Claro está que entre os grupos de manifestantes había algún un pouco exaltado pero non así a maior parte deles.
Duas protestas converxeron nas inmediacións do Parlamento, por unha banda alcaldes en contra da suba do canon de Sogama e por outra os mariñeiros do cerco.
A protesta contra a suba do canon de Sogama provocou momentos  de tensión, e mesmo enfrontamentos directos, entre os alcaldes de numerosas localidades galegas --socialistas, do BNG, de Anova, de CxG e independentes-- e a Policía despregada diante da Cámara. 
Os rexedores concentraronse diante do Parlamento para protestar por unha medida que consideran inxusta. Pero, nun momento da protesta, producironse momentos de tensión e aPolicía, segundo fontes da oposición, "arremeteu" contra os concentrados. Algúns deles, como os rexedores socialistas de Becerreá e A Fonsagrada mesmo foron identificados e zarandeados por efectivos policiais. Tamén a deputada do BNG, Tareixa Paz, foi empurrada de xeito violento.

 O outro grupo "violento" que estivo onte amosando o seu malestar foi o dos mariñeiros do cerco. 
Apoiando a estes etopábanse os deputados do BNG, Montse Prado, e Francisco Jorquera, que foron empurrados pola Policía ante a presenza de numerosos xornalistas. O portavoz parlamentario nacionalista interviu para evitar a detención de Prado que era retida pola Policía. 
Nese momento tamén el é empurrado. "Cálmense, home, que así non se resolven os problemas", bérralle Jorquera aos policias. "Le estoy diciendo que no se meta ahí", dille un policía de malas ganas. 
Outros manifestantes tiveron peor sorte. Algúns foron detidos de xeito violento a pesares de suplicar que lle rompían unha boneca. "Que me rompedes a muñeca, tío, que me rompedes a muñeca", berraba un mariñeiro inmovilizado no chan.
Agardemos que estes feitos sexan feitos illados e Compostela non se converta no Gamonal galego. Ogallá todo quede en protestas pacíficas que leven á solución dos problemas xerados moitas veces polos governantes.

 
Imaxes: Galicia Confidencial

10 de diciembre de 2013

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O MODELO SOGAMA




O BNG do Salnés exporá nunha Charla Informativa as 

alternativas do BNG ao modelo de Sogama. O acto terá 

lugar o xoves 12 de decembro, ás 20.30 h.,no Salón de 

actos de Exposalnés en Cambados e nel intervirán Xoán 

Allegue, responsábel comarcal e Marta Domíguez, técnica 

da Planta de Compostaxe doBarbanza.







29 de noviembre de 2013

O CANON DE SOGAMA APRAZADO ATA XULLO




Ante as protstas dos cidadáns e alcaldes sexan ou non do Partido Popular o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e a directiva da Fegamp acordaron este venres aprazar o incremento do canon de tratamento de residuos que aplica a empresa Sogama ata o 1 de xullo de 2014.



A Xunta anticipa á Fegamp que non só habra "tasazo" de Sogama, senón que ademais haberá que incrementar a factura do tratamento do lixo
Tras unha reunión que se prolongou en torno a unha hora en San Caetano, en declaracións aos medios, o presidente da Fegamp, José Manuel Rei Varela, valorou que esta medida supón "un avance" para os municipios galegos, que non terán que asumir a subida durante os primeiros seis meses do ano que vén.

4 de noviembre de 2013

A DEMAGOXIA NON TEN COR POLÍTICO





Estamos a leer estes dias que alcaldes galegos, de calquer partido político, non van repercutir a subida que propón SOGAMA nos veciños e veciñas deses povos e cidades galegas. DEMAGOXIA.


Porqué demagoxia. Pois si son os Concellos quenes se fan cargo desta diferenza, os cartos saen dos impostos municipais i que eu sepa quenes pagan eses impostos somos os habitantes destes Concellos. 

Esa diferenza que hai que pagar vai sair doutras partidas coma inversións, becas, arranxo de rúas ou de outro tipo, subvencións a entidades etc etc. Polo tanto suxiro a os alcaldes que se impoñan a SOGAMA e fagan unha auditoría a empresa para saber que parte de culpa ten SOGAMA, que parte ten Feijóo e que parte ten o desgoverno Rajoy. Segundo indica a empresa encargada do tratamento de basuras todo se debe a que a prima das renovables xa non os beneficia e todo porque o iluminado clon de Aznar, o sr. Soria retirou esa prima. 



23 de octubre de 2013

A SUBIDA DO RECIBO DA BASURA POR CULPA DE RAJOY E N. FEIJÓO






Malia ao fracaso da incineración, o PP teima en mantelo para garantir as plusvalías de GN-Fenosa 

A SOGAMA non lle saen as contas: Rajoy eliminou as primas das renovábeis e afundíu o negocio da biomasa. Mais GN-Fenosa non renuncia aos réditos da incineración, polo que o PP subirá un 34% o lixo para compensala. As eléctricas sempre gañan!


SOGAMA, que xestiona 82% da basura urbán do país mediante a incineración e o vertido, veu reducidos os ingresos que obtén pola venda da electricidade nuns 13 millóns de € cada ano logo de que Rajoy subira o gravame e eliminara as primas ás renovábeis. 

Ademáis, a outra "parte contratante" de SOGAMA, GN-Fenosa (49% da sociedade) non quere aceptar unha baixada nos réditos da incineración. A solución da Xunta é ben doada: Aumentar a factura do lixo un 34% para 2,3 millóns de galegos/as. Outra volta, é a cidadanía a que ademais de ter que aturar a contaminación de SOGAMA, vai tapar os seus buracos financeiros pagando do seu peto as "perdas" da eléctrica.

A estratexia da Xunta-SOGAMA nestes anos foi a de fixar un prezo político para o tratamento do lixo e poder así competir artificialmente cos sistemas alternativos baseados na compostaxe. Estes sistemas, como o da Mancomunidade do Barbanza baseados na redución e na compostaxe,  ademáis de  ser máis ecolóxicos, supoñen un maior aforro para os cidadáns e os concellos. 

Por moito que a propaganda intoxicadora da Xunta apresente a SOGAMA como a opción máis "barata", a realidade é que nunca o foi... e agora moito menos. Porén, como se pode valorar as consecuencias sobre o ambiente e a saúde da poboación galega da contaminación xerada por SOGAMA durante décadas?


Moita xente de Cambados estanse a plantexar ademáis o tema do reciclado. varias son as razóns que dan.
 A primeira é que como os camións da basura cando fan a recollida mezclan o contido dos contedores verdes e amarelos?, outra é que de que serve o reciclar si non se obteñen os aforros prometido pero si que  obtén beneficios Sogama e por riba suben a factura do lixo e a última é o pouco espazo que hai nos pisos para almacenar varios cubos cos residuos e o lexos que se sitúan as veces os contedores sobre todo os de vidro e papel. 

En resumo o recibo da basura vai subir entre 8,2€ e 12,2€ anuais para os galegos e galegas.