Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de enero de 2016

ACORDO DE GOBERNO DO CONCELLO DE CAMBADOS







A Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local veu a reformar a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, poñendo en xaque a base do municipalismo e o modelo que garantiu a cohesión social do noso país nos últimos 30 anos.
A reforma plantexada priva ás entidades locais das competencias en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social, así como en outras competencias: sanidade, consumo, igualdade, políticas de emprego, etc.
A nova lei consagra unha visión exclusivamente economicista das funcións mesmas do estado, e en especial das Entidades Locais, ao citar a estabilidade orzamentaria como principio reitor que debe presidir todas as Administracións Públicas no canto de situar a atención aos cidadáns e a calidade na prestación de servizos no centro da reforma.
O equipo de goberno do Concello de Cambados oponse frontalmente a esta reforma porque ataca e dana a raíz mesma do goberno municipal, recorta as competencias aos Concellos e abre o camiño á desaparición ou á privatización dos servizos sociais que prestan os Concellos. O texto é ademáis, un ataque á Carta Europea de Autonomía Local. Por todo iso, os Grupos Parlamentarios Socialista, Esquerda Plural, Unión Progreso e Democracia, e Mixto (BNG, CC-NC-PNC e Compromís-Q) presentaron un recurso de inconstitucionalidade contra esta Lei. O mesmo fixeron algunhas Comunidades Autónomas. Igualmente máis de 3000 Concellos de España que representan a máis de 16 millóns de cidadáns e cidadás plantexaron un conflicto ante o Tribunal Constitucional en defensa da autonomía local constitucionalmente garantizada. Tanto os recursos admitidos coma o conflicto plantexado foron admitidos a trámite polo Tribunal Constitucional e están pendentes de tramitación e sentenza.
A crise económica plantexa novos retos para as entidades locais, retos que, unidos á necesaria derogación da Lei para a Reforma Local, abren un escenario que debe estar protagonizado polas propostas, o diálogo e o consenso político para resolver eficazmente os problemas que veñen acarrexando as entidades locais nos que os primeiros afectados son os cidadáns e cidadás.
O principal obxectivo debe ser aplicar o principio de subsidiariedade. As entidades locais son as administracións máis próxiams á cidadanía, por este motivo, reforzar o carácter democrático e mellorar a súa capacidade para prestar servizos deben ser prioritarios. É fundamental a participación da cidadanía nas decisións máis importantes dos Concellos, mediante mecanismos efectivos de participación.
A segunda característica ha de ser a transparencia. A cidadanía necesita saber de xeito claro qué fai a administración que ten máis próxima. Só así se poderá xulgar e controlar aos gobernos locais e aos seus representantes con responsabilidade.
O terceiro rasgo é a suficiencia orzamentaria. Dende hai moito tempo os nosos Concellos precisan unhas competencias claras e uns ingresos suficientes para levalas a cabo. Só unha administración que atende aos seus cidadáns e cidadás é unha administración útil.
Por todo o exposto, é polo que o equipo de goberno do Concello de Cambados, presenta o seguinte acordo para ser sometido ao Pleno:
1. Instar ao Goberno para derogar a Lei 27/2013, de 27 de decembro de racionalización e sustentabilidade da administración Local.
2. Aprobar unha Lei de Réxime Local que reforce a autonomía local, que garantice un sistema de financiación estable e proporcional a unhas competencias ben definidas dos entes locais e aquelas que non sendo propias, previo convenio, poidan desenrolarse sen comprometer  a estabilidade orzamentaria con garantías de control e transparencia da xestión pública.
3. Impulsar desde o consenso, unha nova Lei de Facendas Locais que dote de estabilidade, rigor e recursos as competencias asumidas polas entidades locais, de xeito coordinado coa financiación económica, defendendo con claridade a participación das facendas locais nos tributos do Estado (PIE) e nos das Comunidades Autónomas (PICAs).




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.