Malia ao fracaso da incineración, o PP teima en mantelo para garantir as plusvalías de GN-Fenosa
A SOGAMA non lle saen as contas: Rajoy eliminou as primas das renovábeis e afundíu o negocio da biomasa. Mais GN-Fenosa non renuncia aos réditos da incineración, polo que o PP subirá un 34% o lixo para compensala. As eléctricas sempre gañan!
Ademáis, a outra "parte contratante" de SOGAMA, GN-Fenosa (49% da sociedade) non quere aceptar unha baixada nos réditos da incineración. A solución da Xunta é ben doada: Aumentar a factura do lixo un 34% para 2,3 millóns de galegos/as. Outra volta, é a cidadanía a que ademais de ter que aturar a contaminación de SOGAMA, vai tapar os seus buracos financeiros pagando do seu peto as "perdas" da eléctrica.
A estratexia da Xunta-SOGAMA nestes anos foi a de fixar un prezo político para o tratamento do lixo e poder así competir artificialmente cos sistemas alternativos baseados na compostaxe. Estes sistemas, como o da Mancomunidade do Barbanza baseados na redución e na compostaxe, ademáis de ser máis ecolóxicos, supoñen un maior aforro para os cidadáns e os concellos.
Por moito que a propaganda intoxicadora da Xunta apresente a SOGAMA como a opción máis "barata", a realidade é que nunca o foi... e agora moito menos. Porén, como se pode valorar as consecuencias sobre o ambiente e a saúde da poboación galega da contaminación xerada por SOGAMA durante décadas?
Moita xente de Cambados estanse a plantexar ademáis o tema do reciclado. varias son as razóns que dan.
A primeira é que como os camións da basura cando fan a recollida mezclan o contido dos contedores verdes e amarelos?, outra é que de que serve o reciclar si non se obteñen os aforros prometido pero si que obtén beneficios Sogama e por riba suben a factura do lixo e a última é o pouco espazo que hai nos pisos para almacenar varios cubos cos residuos e o lexos que se sitúan as veces os contedores sobre todo os de vidro e papel.
En resumo o recibo da basura vai subir entre 8,2€ e 12,2€ anuais para os galegos e galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.