Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta HOMENAXES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HOMENAXES. Mostrar todas las entradas

8 de noviembre de 2018

CONMEMORACIÓN DO CABODANO DE RAMÓN CABANILLAS




Mañá venres 9 de novembro conmemórase o cabodano do poeta Ramón Cabanillas.
A xornada conmemorativa comezará ás 11:30 no IES Asorey coa entrega dos premios do I concurso de poesía “Cambados mar de letras”.
Ás 18:00, Exposalnés será o escenario da presentación do proxecto museístico do legado Cabanillas por Pepe Barro.
Ás 19:00, no paseo da Calzada realizarase a ofrenda floral e  lectura dos seus poemas, no cabodano de Ramón Cabanillas ante a súa estatua.
E ás 21:00, no auditorio da Xuventude haberá un concertó-homenaxe a Cabanillas a cargo do grupo Cantigas e Agarimos.
A maiores, co fin de perpetuar a memoria de Cabanillas. a Concellería de Cultura está preparando un “Roteiro Cabanillas” que a través de vintecatro puntos dispersos por Cambados pretende dar a coñecer a vida e traxectoria do poeta.

Ademáis, coa intención de achegar o seu legado tamén ao ensino, o departamento de Cultura está elaborando un libro destinado aos máis pequenos do municipio.


8 de marzo de 2018

GALA DAS MULLERES O 11 DE MARZO NO SALÓN DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS JOSE PEÑA




Haberá agasallos para as mulleres viticultoras e para a máis lonxeva  e máis cativa do concello 
Desde a alcaldía gustarianos a máxima difusión para as diversas actividades polo Día Internacional das Mulleres entre o que cabe destacar a Gala da Muller que se celebrará o día 11 de marzo as 18:00h no Salón de Congresos e Exposicións Jose Peña.
O acto será presentado pola escritora e cantante Carmen Pením que acaba de publicar un dos seus últimos libros “Herdeiras”, tamén contarase coa presenza de Beatriz Piñeiro da Asociación da Igualdade de Pontevedra. Na gala premiarase a traxectoria das mulleres viticultoras pertencentes a Unións Agrarias que están xubiladas e ás mozas.
Do mesmo xeito  haberá un premio para a muller máis lonxeva de Cambados que ten 100 anos e outro premio para a última empadroada no concello. Todos estes premios estarán acompañados de unha proxección audiovisual.
E como acompañamento musical contarase coa Asociación Xironsa e Pandereteiras Maiores.
No salón Jose Peña permanece parte da II Mostra Internacional da Camelia. E como a camelia representa a igualdade da muller, no mesmo día da Gala da Muller faranse entrega de uns agasallos as premiadas coa  Camelia de Ouro e a Camelía Artística.
Fátima Abal  quere agradecer a Asociación Ibérica da Camelia a colaboración obtida coa decoración de este evento e recorda que  esta actividade é totalmente gratuita e anima a todas e a todos a participar da xornada.




3 de noviembre de 2017

LVIII CABODANO DE CABANILLAS, O POETA DA RAZA











O xoves 9 de novembro conmemórase o LVIII cabodano de Ramón Cabanillas, o poeta da raza. Por este motivo, ás 19:30 realizarase unha ofrenda floral no monumento a Cabanillas situado no Paseo da Calzada, e ás 20:00 será a presentación do especial AFONDO RAMÓN CABANILLAS, do xornal SERMOS GALIZA.





8 de noviembre de 2016

HOMENAXE A CABANILLAS NO 57 CABODANO DO SEU PASAMENTO









Mañá mércores 9 de novembro celébrase o 57 cabodano de Ramón Cabanillas, coincidindo co Centenario das Irmandades da Fala. Para conmemoralo, levarase a cabo ás 19:30 unha ofrenda floral no Monumento a Cabanillas do Paseo da Calzada, e ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Francisco Fernández Rei presentará "O legado Cabanillas, un tesouro para poñer en valor Cambados", seguido dun recital de poemas de Cabanillas e actuacións musicais. 

Non o perdades e achegádevos a participar nesta merecida homenaxe.








12 de marzo de 2016

GALA DO DIA DA MULLER TRABALLADORA







Cinco mulleres serán homenaxeadas hoxe sábado no transcurso da gala anual que premia as mulleres que destacan por algo especial.

Merchi Alvarez en Igualdade sen barreiras pola sua liota contra o AME, Laura Vieites recibirá o premio de "Igualdade no Agro", Maria Luisa Perez de "Igualdade no Mar", Araceli Oubiña pola " Igualdade no Deporte", Dolores Blanco de "Igualdade Empresarial" e Maria del Carmen Torres polos "Dereitos da Muller".

Durante a Gala da Muller, que comezará as 20:00 horas no 
Auditorio da Xuventude, tamén se nomeará a Avelina Figueroa como a " Avoa de Cambados" e premiaranse os rapaces ganadores do lema para o 8M de este ano.
Todo elo amenizado pola actuación musical de arpa e voz a cargo de Beatríz Martínez e Olalla Vidal, e coa poxección do corto "Bata por fóra, Muller por dentro" de Claudia Brenlla.




7 de marzo de 2016

HOMENAXEADAS POLO DIA DA MULLER TRABALLADORA EN CAMBADOS






Cinco mulleres serán homenaxeadas o vindeiro sábado no transcurso da gala anual que premia as mulleres que destacan por algo especial.

Merchi Alvarez en Igualdade sen barreiras pola sua liota contra o AME, Laura Vieites recibirá o premio de "Igualdade no Agro", Maria Luisa Perez de "Igualdade no Mar", Araceli Oubiña pola " Igualdade no Deporte", Dolores Blanco de "Igualdade Empresarial" e Maria del Carmen Torres polos "Dereitos da Muller".

Durante a Gala da Muller, que comezará as 20:00 horas no 
Auditorio da Xuventude, tamén se nomeará a Avelina Figueroa como a " Avoa de Cambados" e premiaranse os rapaces ganadores do lema para o 8M de este ano.
Todo elo amenizado pola actuación musical de arpa e voz a cargo de Beatríz Martínez e Olalla Vidal, e coa poxección do corto "Bata por fóra, Muller por dentro" de Claudia Brenlla.


Como avanzamos dias atrás o Concello de Cambados ten preparada unha extensa programación para conmemorar este día da Muller durante todo o mes de marzo, e dos que daremos cumprida información.

Será mañá o inicio cun almorzo onde participarán 27 emprendedoras que contarán as súas experiencias laborales.

"Bata por fóra, Muller por dentro" 
A lectura do manifesto será as 12 do mediodía na Praza do Concello e posteriormente inauguraráse a exposición fotográfica "Muller Traballadora" no Paseo da Calzada.
Xa pola tarde, as 20:30 horas, o auditorio da Xuventude acollerá a conferencia "Memoria dunha Bandida".




5 de noviembre de 2015

ACTOS CULTURAIS EN CAMBADOS DESTA SEMANA







A Concellería de Cultura do Concello de Cambados informa dos diferentes actos culturais a celebrar os vindeiros día en Cambados:

  • Xoves 5, ás 20:00 no Auditorio Municipal: presentación do libro “Ramón Cabanillas, Cambados e  Mar de Arousa”, de Francisco Fernández Rei.
  • Venres 6, ás 20:00 no Pazo Torrado: inauguración da exposición benéfica a favor de Cáritas, de Miguel A. Martínez Suárez, “Chiño”.
  • Sábado 7, ás 11:00 na Casa Museo Ramón Cabanillas: Roteiro Cabanillas guiado por Cambados (Manuel Núñez E Xoán Antonio Pillado). Ás 20:30 no Auditorio Municipal: proxección da longametraxe “O fillo de Manuel”, dirixida e producida por José Rodríguez Carro.
  • Domingo 8, ás 16:30 na Bodega Condes de Albarei, XXIII Festival de Bandas Populares organizado pola Asociación Manuel Padín Sotelo e a Banda de Música de Castrelo. Ás 19:00 no Auditorio: ciclo de Teatro Adulto, “Express Arte” da compañía BocAberta.




30 de octubre de 2015

PROGRAMA DE ACTOS DO MES CABANILLAS EN CAMBADOS







Actos do Centenario de "Vento Mareiro" e Cabodano de Ramón Cabanillas en Cambados. 

Xoves 5 de novembro:
20:00h: Presentación do libro "Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa" de Francisco Fernández Rei, no Auditorio da Xuventude.
Participan no acto, Víctor Caamaño, Concelleiro de Cultura; Emilio Insua, profesor e investigador; Xoán Silva e Blas, cantautores; Anaír Rodríguez, editora do libro; e Francisco Fernández Rei, autor.

Sábado 7 de novembro:
11:00h: Roteiro Cabanillas, guiado por Manuel Núñez e Xoan Antonio Pillado.

Luns 9 de novembro, Cabodano Cabanillas:
18:30h: Colocación dunha placa na casa da rúa do Hospital, onde Cabanillas pasou os derradeiros días.
20:00h: Acto do Centenario de Vento Mareiro, no Auditorio da Xuventude.
- Mantedor do Acto: Francisco Fernández Rei.
- Conferencia de Miguel Anxo Seixas "O vestido do verso: Cabanillas ilustrado por Castelao".
- Recital Poético de "Vento Mareiro" (1915):
- Aloia Insua, "Meus irmáns"
- Manolo Núñez, "Galicia"
- Isabel González Avión, "Á sombra do pinal"
- Xosé Mª Vila Ribadomar, "A fouce esquecida"
- Maribel Iglesias, "Costa Arriba"
- Manolo Pillado, "Camiño Longo"
- Adela Leiro, "A Basilio Álvarez"
- Xoán Antonio Pillado, "O paxariño namorado. Madrigal"
- Pitusa Vidal Cabanillas, "Sono dourado"
- Actuación musical (textos de Cabanillas)
Iria Cuevas, mezzosoprano, e Alejo Amoedo, piano.
"No máis fondo" Música de José Jané Baqués.
"Ceiño da miña aldea" Música de Manuel Blancafort de Roselló
"Camiño Longo" Música de Antón García Abril
"Quen no seu corazón" Música de Rogelio Groba Groba, Estrea Absoluta
- Nenos e nenas do Conservatorio de Cambados cantan a Cabanillas.
- Pecha o acto Víctor Caamaño, concelleiro de Cultura de Cambados.

Xoves 12 de novembro:
20:00h: Conferencia de Esperanza Mariño: "A visiñon da muller na poesía de Ramón Cabanillas", en Exposalnés.


Venres 13 de novembro:
20:00h: Inauguración da exposición fotográfica sobre "Vento Mareiro", en Exposalnés.
Sábado 14 de novembro:
19:30h: Acto da Real Academia Galega, no Auditorio da Xuventude de Cambados.
Copresiden o acto, Fátima Abal, alcaldesa de Cambados, e Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega.
- Mantedor: Henrique Monteagudo (secretario da RAG)
- Relatorios:
Emilio Insua, "Cabanillas e as Irmandades da Fala"
Francisco Fernández Rei, "Cambados e Vento Mareiro"
Xesús Alonso Montero
- Recitan:
Fina Casalderrey
Margarita Ledo
Salvador García-Bodaño
- Actuación musical: Xaquín Xesteira






28 de octubre de 2015

HOMENAXE DE MERCHI A "CHON" NO CONCERTO DO PASADO DOMINGO








Reproducimos íntegramente o discurso de Merchi Álvarez do pasado domingo ao comezo do concerto solidario en Ribadumia a prol a loita contra a enfermidade do AME. Paralelamente mentras Merchi facía a sua alocución proxectábanse as imaxes que adxuntamos.

Hola boas tardes a tod@s:
En primer quero darvos as gracias unha vez máis por acompañarnos neste acto como en todos os anteriores e poñer o voso gran de area para encontrar unha cura para a AME.

C:\Users\usuario\Desktop\fotos de chon\1.jpgEste concerto pra min é agridulce, estou moi contenta porque se realiza este concerto e é un pasiño  máis para encontrar unha cura pero o mismo tempo moi triste a vez porque esta semana foisenos Chon.
C:\Users\usuario\AppData\Local\Microsoft\Windows\INetCache\Content.Word\2.jpgUn home que nunca dudou en sacar a lingua fóra por min, por nós, por tódolos afectados de AME, por encontrar unha cura, a primeira  persoa que se sumou dándome o seu apoio incondicional,  aparte dos meus familiares.

Nunca dudou en botar unha man, en aportar ideas, en animarme cando tiña dudas en crear o que hoxe é un feito, GaliciAME, asociación galega de AME, sempre estaba listo para apuntarse e botar unha man o que fixese falta.   

Foi a primeira  persoa en escribir  a primeira crónica sobre min, as palabras máis bonitas hacia min sairon das súas mans.

Por isto e moitas cousas máis, quero que iste concerto non só sea por nós senon tamén por ti Chon.
Queróvos pedir unha cousa antes de comezar o concerto, normalmente pídese un minuto de silencio, pois no non volo vou pedir, a Chon o silecio non lle gustaba máis ben era home de ruido, de alegría, de troula así que vouvos pedir un minuto de aplausos para él.
C:\Users\usuario\AppData\Local\Microsoft\Windows\INetCache\Content.Word\8.jpgC:\Users\usuario\AppData\Local\Microsoft\Windows\INetCache\Content.Word\9.jpg  C:\Users\usuario\AppData\Local\Microsoft\Windows\INetCache\Content.Word\10.jpg
ESTE CONCERTO TAMÉN E PRA TI CHON.

C:\Users\usuario\AppData\Local\Microsoft\Windows\INetCache\Content.Word\11.jpg
Gracias

Entorno a 5 minutos estivo o público alí congregado aplaudindo a o noso querido "Chon" o primeiro en dar cobertura a loita de Merchi e de tanta xente, sobre todo rapaces, que padecen esta enfermidade.







27 de octubre de 2015

¿POR QUE TIVECHES QUE PARTIR TAN CEDO “BENDITO CABRÓN”?








¿POR QUE TIVECHES QUE PARTIR TAN CEDO  “BENDITO CABRÓN”?
 (A MIÑA DESPEDIDA A CHON,  UN GRANDÍSIMO TIPO)

POR RICARDO DOMÍNGUEZ REY




Sinceiramente, nunca pensei que tería que escribir un artigo coma este e agora entendo mellor  o que debeu sentir, no seu dia, o propio Xaquín Charlín “CHON” tras o falecemento do seu, entón,  compañeiro na oposición, o socialista Rafael Blanco ou, máis recentemente, na morte do noso amigo común, Luís Rei, cando decidiu dedicarlles, a ambos,  unhas palabras a modo de homenaxe.
Non vou facer un resumo de todo o que supuxo e aportou  CHON á nosa vila e aos seus veciños  por que, nestes días, e por si alguén non o sabia aínda, quedou máis que exposto e aclarado;  máis ben, prefiro centrarme, sinxelamente, na súa faceta humana, na persoa que coñecín e da que me sinto, realmente, orgulloso de ter sido o seu amigo, e non se me ocorre mellor maneira que relatar unha anécdota, totalmente verídica, que lle aconteceu a unha amiga miña e que me contou ela no seu dia e que reflexa, a perfección, como era CHON.
Resulta que a miña amiga estaba casada e, por circunstancias da vida, como outros moitos matrimonios, acabou separándose; pois ben, nese momento, comezaron a circular polo pobo rumores de todo tipo, amplificados polo que hoxe en dia, supón esa “ágora” virtual que son as redes sociais e que, básicamente, dicían  que esta moza se separara por que o seu marido a atopara na cama cun amigo común do matrimonio, (amigo, que por certo,  tamén estaba casado)   cousa que, sexa dito,  era totalmente falsa; pois ben, como dicía, a miña amiga foi “crucificada” con tales rumores  ata que un dia explotou e soltou a súa ira en Facebook, intentando  desmentir tales calumnias; o seu comentario chegoulle a oídos de CHON e, a pesar de que non a coñecía persoalmente, mandoulle un privado non que lle dicía, básicamente,  que era unha muller libre, e unha vez separada non tiña por que darlle contas nin explicacións a ninguén, que debía pasar do que dixera a xente e, que en todo caso, o problema o tería o home casado co que, supostamente, tivera tal relación e non ela.  A miña amiga díxome que, naqueles momentos que o estaba pasando tan mal, aquelas palabras de alento foi o mellor que lle pasou e sentenciou: “Dende ese dia vou con CHON  a morte”.

Cecáis ese era un dos rangos máis destacados da personalidade de CHON, a súa predisposición en axudar aos demais: cando Merche pediulle axuda para  dar a coñecer  a enfermidade terrible que padecía, o AME, CHON implicouse a fondo como o que mais; tamén fíxose eco das demandas do Armenteira Club de Futbol reclamando unhas instalacións dignas ou das protestas de SOS PANADEIRA;  do mesmo xeito,  denunciou as presións “cuasi” mafiosas que  sufría un veciño por parte do   goberno local que, daquela,  mandaba nun pequeno municipio do Salnés e, tamén, non dubidou, en prestarlle axuda e asesoramento a unha muller que estaba recibindo ameazas  a través das redes sociais; así era CHON, unha persoa dunha inmensa nobreza que non lle importaba enfrontarse aos mais poderosos e denunciar  as inxustizas que se cometían cos máis  débiles.
Si tivera que definir a CHON cunha soa palabra, esa, sen dúbida, seria “paixón” , CHON era un home, sobre todo, apaixoado que, si ben, acostumaba a ser racional, en  ocasións, guiábase máis polo corazón que pola cabeza; con paixón falaba sempre da súa muller Tere e dos seus fillos, Xaquín  e Mariña; sentía paixón polos seus amigos e por eles daba a a cara e, paixón, tamén,   poñía en todo o que facía,  xa fora preparando o Entroido coa inesquecible UNHA GRANDE CHEA,  como membro activo  da asociación CORVILLON XIRONSA ou ao fronte do seu blog “A TI MEU CAMBADOS”, pódese dicir que CHON foi  un home  que soubo sacar o mellor da vida e vivila apaixoadamente.
Como xa dixen, CHON era un home moi familiar en toda a extensión da palabra, non so era un gran esposo, un gran pai ou un gran fillo senón que era algo tan difícil de ser, como  un gran cuñado e diso poden dar fe Luís Martinez e Manuel Leiroski.
Moitas veces tiñamos discutido  CHON e máis eu da influencia e a importancia  do seu blog no devir e sentir  do pobo e CHON acostumaba a dicirme: “mira, Ricardo, eu xa sei que para moita xente son un cabrón pero a estas alturas non vou cambiar” cousa que, obviamente, rebatíalle: como xa contei nunha ocasión, lembro as palabras que nunha ocasión díxome alguén: “CHON expresa o que a moitos nos gustaría poder  expresar  pero non podemos ou non nos atrevemos a dicir”;  CHON, pode ser que se gañara algunha enemizade, probablemente;  creo que foi Martin Luther King   o que dixo nunha ocasión: “Para ter inimigos non fai falta declarar unha guerra, soamente basta con dicir o que se pensa” e CHON acostumaba a dicir o que pensaba asumindo as consecuencias pero, dende logo, o seu número de amigos era infinitamente superior aos seus inimigos i, estas derradeiras semanas, desgraciadamente  foron unha boa proba de tal cousa: cando se soubo que estaba enfermo, a campaña #ANIMOCHON demostrou que moitos queriámolo e o preocupados que estábamos  polo seu estado de saúde e, sobre todo, o dia do seu multitudinario funeral quedou ben as claras todo o que representaba para Cambados a persoa de CHON.     
Lamentei moito non poder estar no último adeus do meu amigo, cando vives tan lonxe de Cambados e o repentino do seu falecemento fíxome imposible estar presente aínda que, por outro lado, mellor que fora así , prefiro que a última imaxe que teña de CHON sexa cando o vin na Festa do Albariño: alegre e festeiro coma sempre, sen dúbida  a súa particular  “marca da casa” e como, sen dúbida, moitos o lembraremos  eternamente.
Confesarei que non son crente senón mais ben todo o contrario pero, dende logo, si existe o ceo non teño a menor dúbida de que alí estará CHON,  “jodéndolle” a cabeza a San Pedro e dicíndolle algo do estilo: “Mira, Pedriño,  aquí non se está mal pero estarás dacordo  conmigo  que como en Cambados en ningún sitio” e, o pobre gardián das portas do ceo,  pensará, seriamente,  que para que se calara  se non habería forma de reencarnalo o, directamente mandalo de volta a terra dunha patada no cu.
    

UN SAUDO A TODOS E A TI, CHON, 
GRAZAS POR TODO O QUE NOS APORTACHES. 

 RICARDO DOMINGUEZ REY





25 de octubre de 2015

A XAQUÍN CHARLÍN "CHON" *IN MEMORIAM*








A Ti Meu Chon




Quedou manifestamente claro na súa emocionante despedida do pasado xoves que somos moitos os cambadeses e cambadesas que nos sentimos tristes nestes días polo prematuro pasamento dun grande veciño, unha excelente persoa que tiña sempre na mente ao seu amado pobo. Chon desenvolveu un papel fundamental na difusión e denuncia das inxustizas e problemas da nosa vila, dende as súas ideas e dende o compromiso co seu querido Cambados. Tamén nos transmitiu moita alegría e regalounos numerosas festas a toda a veciñanza cambadesa.

Chon naceu e criouse no seo dunha familia humilde e traballadora do barrio de Triana, en Fefiñáns, pero tiña un carácter nobre; parecía un fidalgo cargado de utopías e tamén de soños alcanzables. Era un loitador incansable e un activista-defensor de todas as causas xustas.

Entre os seus méritos podemos destacar os seguintes: a recuperación e revitalización do Entroido cambadés, coa comparsa Unha Grande Chea, da cal foi fundador, en tempos nos que o goberno municipal se esforzaba por facer desaparecer a súa celebración; a dinamización lúdico-cultural, a través da organización de eventos e o impulso de festivais como o de Xironsa, asociación cultural que fai un importante labor pola música tradicional galega no noso pobo; o apoio aos clubs deportivos cambadeses, chegando a presidir o principal equipo de fútbol, o Juventud de Cambados; o compromiso político, que o levou a ser concelleiro e a pelexar por democratizar, denunciar e resolver os problemas da nosa localidade; a defensa dos dereitos de traballadores e traballadoras, exercendo como delegado sindical durante tres décadas e sendo artífice da consecución para Cambados dos terceiro e cuarto xulgado; a defensa da lingua e da cultura galega en todos os ámbitos, tanto na súa contorna profesional, no mundo da xustiza, coma fóra dela; e, finamente, a creación dun dos primeiros e mellores blogs cambadeses, A Ti Meu Cambados, seguido diariamente por centos de persoas, que se informaron de moitos dos feitos e acontecementos locais grazas a incansable actividade do autor de numerosas crónicas, imprescindibles para unha boa parte da poboación cambadesa.


Por todo iso, e por moito máis, Chon non desaparecerá nunca da memoria dos seus veciños e veciñas. Porque os bos e xenerosos permanecen eternamente

nas mentes e nas historias dos seus pobos. Chon tiña un gran corazón que o levaba a preocuparse e a procurar o benestar da súa veciñanza, e tamén a intentar alegrarlles moitas datas. Non esqueceremos nunca a súa simpatía e o seu sentido do humor, a súa retranca e o seu espírito festeiro. Ademais, lembraremos a nobreza do seu carácter e a xustiza das súas accións. 

Á súa familia, á súa dona Teresa, ao seu fillo Xaquín e á súa filla Mariña debemos facerlles saber que para moitos cambadeses e moitas cambadesas, Chon sempre será un dos grandes homes de Cambados. Apertas eternas, amigo. Segues entre nós.


Tino Cordal.
Amigo e veciño de Chon.







21 de octubre de 2015

CHON DEIXANOS ORFOS





 Hai escasas duas horas enterábamonos do pasamento de Xaquín    Charlín   "CHON".  

A os 58 anos a enfermidade pudo con el, a pesares das ganas e a valentía coa que se enfrontou a ela.
Funcionario de Xusticia sempre colaborou e participou nos proxectos que se lle propoñían.
Na política como concelleiro do BNG, sindicalista da CIG, no C.J. Cambados, no Xuven, na mellor comparsa da historia de Cambados, "Unha Grande Chea", no proxecto "Xironsa", en calquer causa solidaria, a última a loita contra a "AME", por suposto a sua faceta como blogger e moitas máis iniciativas. 
Por todo esto "CHON" gañouse o aprecio e admiración de moitos cambadeses e de moita xente de fora de Cambados.

Agora o mundo "blogger" queda sin un dos seus máximos expoñentes.

Pero sobre todo un esposo, un pai e un amigo que se vai deixando un oco irremplazabel.

Desde aquí un abrazo para a familia e amigos máis íntimos.




3 de octubre de 2015

ANDRÉS DO BARRO, PIONERO DA FUSIÓN DO POP COA MÚSICA GALEGA PROTAGONIZA O CICLO "EN PARALELO"







O pioneiro da fusión da música tradicional galega co pop, Andrés do Barro, protagoniza o ciclo "En paralelo"
Fernando Fernández Rego presentou a primeira biografía oficial do cantautor e fixo un repaso á súa traxectoria con proxeccións de actuacións musicais e cinematográficas.


O ciclo "En paralelo. Noites de literatura e cine", organizado pola Deputación de Pontevedra, deu comezo onte pola tarde a unha nova edición protagonizada pola figura do cantautor Andrés do Barro. O autor da súa primeira biografía oficial, Fernando Fernández Rego, presentou o libro sobre a súa vida ó tempo que fixo un repaso á súa traxectoria a través de diverso material orixinal, clips de audio e de vídeo.

No evento, que tivo lugar no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, o autor estivo acompañado polo deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, quen salientou "a relevancia de Andrés do Barro para dignificar e normalizar o galego no ámbito musical máis aló das fronteiras de Galicia". Andrés do Barro foi pioneiro, a comezos da década dos 70, en fusionar a música tradicional co pop e conseguir colocar catro cancións en galego no "número un" do panorama musical do Estado español. Ó longo da súa carreira, durante as décadas dos 70 e 80, acadou tres discos de ouro, e entre as súas pezas máis coñecidas cóntanse cancións coma O tren e San Antón, á que corresponde a coñecida letra "iste é o camiño que me leva a San Antón, un camiño cheo de pedras e de amor".

O libro presentado esta tarde leva por título Andrés do Barro. Saudade e está prologado polo fillo do cantante, Andrés Lapique López. Abrangue desde os inicios de Andrés do Barro en Ferrol, o seu periplo por México e o seu regreso a España ata a súa morte en 1989. Tamén aborda a relación do músico coa censura da época ou o seu polémico paso polo Festival da Canción de Benidorm, e inclúe un caderno central con documentación gráfica cedida pola familia, debuxos, apuntamentos e fotografías de álbum familiar que amosan tanto a súa faceta pública coma os momentos íntimos da súa vida cotiá.

O autor da biografía, Fernando Fernández Rego, é colaborador de publicacións musicais especializadas, coma Mondosonoro, e publicou ensaios relacionados coa música, 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega e Galicia en clips, así como biografías, Cuando ríes. Los Contentos: unos malditos pioneros del garage.






Información: Deputación de Pontevedra





11 de agosto de 2015

EMOTIVO HOMENAXE A LUÍS REI







Emotivo e sinxelo acto de homenaxe a Luís Rei este mediodia ás portas do Concello de Cambados. Representantes das 5 forzas políticas representadas na corporación, representantes sindicais, xente das artes e veciños reuníronse para amosar o seu cariño a Luís que faleceu onte tras loitar contra a enfermidade á que finalmente tivo que rendirse. Tras unha verbas da alcaldesa Fátima Abal, Tino Cordal de Somos leeu un poema de Cabanillas, como ben sabedes o poeta que marcou  a vida e traxectoria de Luís Rei.


Resumo das verbas de Fátima Abal.
A Corporación do Concello de Cambados quere facerlles chegar a familiares e amigos, as máis sinceiras condolencias polo sentido falecemento de Don Luís Rei, Técnico de Cultura deste concello; persoa entrañable e cunha grande e brillante traxectoria profesional durante os anos que desenvolveu o seu traballo no noso concello.

Despois fíxose o silencio para acompañados da versión de Negra Sombra de Luz Casal, os centos de cambadeses presentes, varios non puideron conter as bágoas, recordasen a Luís Rei.






3 de julio de 2015

SERMÓN NO DIARIO DE AROUSA





Así empeza o "sermón" semanal do escribidor por antonomasia de Cambados no Diario de Arousa, José Pepe.
 "No sé si me meteré en un avispero, pero es que me repatea la celebración de la Banderita Multicolor, que por primera vez colgó del balcón de la Consistorial cambadesa con motivo del “día del orgullo gay”; y es que a mí, y a millones de ciudadanos, nos importa un pimiento que unos individuos arreglen su sexualidad como quieran, pero sin que nos la restrieguen por las narices porque no es para eso".
O mesmo podemos pensar de que no mes de novembro en moitas igrexas e monumentos que aínda se conservas se fagan funerais  ou homenaxes  por dictadores e asasinos. Ou promovendo estatuas a ministros franquistas, cómplices de asasinatos.

Continúa o escribidor co seu alegato anti festa do orgullo Gai...."Y si por tal igualdad se entiende el “matrimonio” entre dos personas del mismo sexo, diremos alto y claro que no, porque matrimonio solo es la unión entre un hombre y una mujer, como lo dice reiteradamente la Sagrada Biblia y se define con meridiana claridad en el diccionario de la Real Academia Española. Así pues, que se busquen otra palabra que intelectuales hay en abundancia para ello".
O importante non é nome senón que nos exista diferenciación nin desigualdade, nin rexeitamento a unha opción sexual tan lícita como calquer outra e que o noso inefable José PePe non parece aceptar de bo grado.

"Otro aspecto de la reivindicación, es la posibilidad legal de adoptar hijos, lo cual nos parece, a mí y a millones de ciudadanos, una barbaridad por lo que supone para un  niño o niña criarse y convivir con dos papás o dos mamás, creando una diferenciación en los menores respecto de los hijos de las parejas tradicionales, que necesariamente supondrá un trauma en esos niños que no llegarán a comprender su situación y teniendo en cuenta, además, que no son hijos de tales adultos, sencillamente porque, biológicamente, no es posible". 
Parece entender o noso ex-secretario que as parellas homosexuais non poden procrear, nin adoptar. E as razóns que esgrime e que estas parellas non son parellas normais ou tradicionais. As parellas tradicionais son esas en que un dos seus membros mata a outro? As parellas tradicionais, nalgunhas, moi poucas, un dos membros mata aos fillos para vengarse do outro?