Haberá agasallos para as mulleres viticultoras e para a máis lonxeva e máis cativa do concello
Desde a alcaldía gustarianos a máxima difusión para as diversas actividades polo Día Internacional das Mulleres entre o que cabe destacar a Gala da Muller que se celebrará o día 11 de marzo as 18:00h no Salón de Congresos e Exposicións Jose Peña.
O acto será presentado pola escritora e cantante Carmen Pením que acaba de publicar un dos seus últimos libros “Herdeiras”, tamén contarase coa presenza de Beatriz Piñeiro da Asociación da Igualdade de Pontevedra. Na gala premiarase a traxectoria das mulleres viticultoras pertencentes a Unións Agrarias que están xubiladas e ás mozas.
Do mesmo xeito haberá un premio para a muller máis lonxeva de Cambados que ten 100 anos e outro premio para a última empadroada no concello. Todos estes premios estarán acompañados de unha proxección audiovisual.
E como acompañamento musical contarase coa Asociación Xironsa e Pandereteiras Maiores.
No salón Jose Peña permanece parte da II Mostra Internacional da Camelia. E como a camelia representa a igualdade da muller, no mesmo día da Gala da Muller faranse entrega de uns agasallos as premiadas coa Camelia de Ouro e a Camelía Artística.
Fátima Abal quere agradecer a Asociación Ibérica da Camelia a colaboración obtida coa decoración de este evento e recorda que esta actividade é totalmente gratuita e anima a todas e a todos a participar da xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.