Así empeza o "sermón" semanal do escribidor por antonomasia de Cambados no Diario de Arousa, José Pepe.
"No sé si me meteré en un avispero, pero es que me repatea la celebración de la Banderita Multicolor, que por primera vez colgó del balcón de la Consistorial cambadesa con motivo del “día del orgullo gay”; y es que a mí, y a millones de ciudadanos, nos importa un pimiento que unos individuos arreglen su sexualidad como quieran, pero sin que nos la restrieguen por las narices porque no es para eso".
O mesmo podemos pensar de que no mes de novembro en moitas igrexas e monumentos que aínda se conservas se fagan funerais ou homenaxes por dictadores e asasinos. Ou promovendo estatuas a ministros franquistas, cómplices de asasinatos.

O importante non é nome senón que nos exista diferenciación nin desigualdade, nin rexeitamento a unha opción sexual tan lícita como calquer outra e que o noso inefable José PePe non parece aceptar de bo grado.

Parece entender o noso ex-secretario que as parellas homosexuais non poden procrear, nin adoptar. E as razóns que esgrime e que estas parellas non son parellas normais ou tradicionais. As parellas tradicionais son esas en que un dos seus membros mata a outro? As parellas tradicionais, nalgunhas, moi poucas, un dos membros mata aos fillos para vengarse do outro?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.