Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta RAMON CABANILLAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RAMON CABANILLAS. Mostrar todas las entradas

1 de septiembre de 2020

CAMBADOS CONMEMORA O CENTENARIO DO INGRESO DE RAMÓN CABANILLAS NA REAL ACADEMIA GALEGA

O edil de Cultura, Tino Cordal, presentaou os actos que organiza o Concello de Cambados en conmemoración do centenario do Ingreso de Ramón Cabanillas na Real Academia Galega.
Mañán mércores ás 20:00 horas no monumento a Ramón Cabanillas (paseo da Calzada) o catedrático cambadés e membro da Real Academia Galega, Francisco Fernéndez Rei, e o escritor Emilio Xosé Ínsua, disertarán sobre o ingreso de Cabanillas na Real Academia Galega hai agora 100 anos. Previamente realizarase unha ofrenda floral no monumento adicado ao poeta cambadés.
A lectura do discurso de ingreso de Cabanillas, titulado “A saudade nos poetas galegos” tivo lugar no Balneario de Mondariz o 31 de agosto de 1920, sendo a primeira ocasión na que se celebraba un acto fóra da sede da Real Academia Galega, e que se enmarcaba nuns actos de reafirmación da cultura galega que duraron tres días e incluía, entre outras actividades, unha homenaxe ao historiador e escritor Manuel Murguía. Cabanillas, que tiña 44 anos, sucedía na cadeira da Real Academia a José Salgado Rodríguez.
O 13 de outubro de 1957 foi nomeado académico de honra a proposta de Luís Iglesias, Salustiano Portela Pazos, Aquilino Iglesia, Paulino Pedret Casado, Ramón Otero Pedrayo, Francisco V. Villamarín, Manuel Chamoso Lamas, Jesús Carro García e Fermín Bouza Brey. Antes, en 1929, ingresou na Real Academia Española cun ensaio sobre Eduardo Pondal.
A saudade nos poetas galegos
Na lectura do discurso de Cabanillas estivo presente a escirtora inglesa Annette M. B. Meakin, que publicaría a súa crónica en “The Times”, o xornal inglés de maior difusión nesa época, resaltando a calidade literaria do poeta cambadés.
O semanario La Temporada en Mondariz recollía, no seu número 14 do 5 de setembro de 1920, unha extensa reportaxe sobre a cerimonia de recepción na Academia do “poeta da raza”, Ramón Cabanillas.
Segundo a información da que nos fornece este xornal -promovido polo grande mecenas do galeguismo naquela altura, Enrique Peinador Lines- o día antes tivera lugar tamén, no salón de actos do balneario, o nomeamento como académico do poeta ourensán Antonio Rey Soto, mentres que ao día seguinte, mércores 1 de setembro de 1920, se celebrou unha homenaxe a Manuel Murguía. Foron, pois, tres xornadas consecutivas de exaltación da cultura galega no complexo turístico máis prestixioso da Galicia do seu tempo.
No seu discurso, contestado en nome da Academia polo lexicógrafo Eladio Rodríguez, o poeta cambadés analiza a presenza da temática da saudade na nosa tradición lírica.

8 de noviembre de 2019

CAMBADOS RENDE HOMENAXE A CABANILLAS POLO SEU LX CABODANO


O Concello de Cambados e o IES F.Asorey asinan un convenio de colaboración para no concurso de poesía e relato curto ‘Cambados Mar de Letras’
Mañán sábado, ás 12 do mediodía no Paseo da Calzada, terá lugar os actos de homenaxe propiamente ditos: a ofrenda floral, lectura dos seus poemas e o rematar haberá un concerto a cargo do grupo Bou de Bou de Cambados.
Cambados conmemorará, como xa é tradición, o Cabodano de Ramón Cabanillas. Os actos van ter lugar este venres e sábado e inclúe a entrega de premios do concurso ‘Cambados Mar de letras’. Ademais, farase unha lectura de poemas e a ofrenda floral o sábado no Paseo da Calzada.
O 9 de novembro do ano 1.959 faleceu Ramón Cabanillas. Este fin de semana, coincidindo co cabodano do ilustre escritor, o Concello de Cambados vaille render homenaxe, nun acto que xa se converteu en toda unha tradición.
A xornada vai arrancar este ano coa entrega de premios do concurso de poesía e relato curto ‘Cambados Mar de Letras’, creado polo instituto Francisco Asorey e o Concello, motivo polo que a Xunta de Goberno Local aprobou un convenio de colaboración entre o centro educativo e o Concello de Cambados.
A entrega de premios ttivo lugar ás 11:45 desta mañá de venres no salón de actos do IES Asorey. Xa o sábado pola maña, contra as 12 do mediodía, terá lugar a os actos de homenaxe propiamente ditos, organizados polo Tenente de Alcalde, Tino Cordal: a ofrenda floral da súa neta, Pitusa Cabanillas, lectura dos seus poemas, ante a súa figura no Paseo da Calzada a cargo de Maribel Iglesias, Manuel Nuñez, Domingo Tabuyo, Ramón Caride, o catedrático Francisco Fernández Rei e a gañadora do concurso de poesía de este ano no concurso ‘Cambados Mar de Letras’, Lucia Boullosa Alvarez e o premiado co accésit nesta categoría, o seu irmán Marcos Boullosa Alvarez, e o rematar haberá un concerto a cargo do grupo Bou de Bou de Cambados. A maiores, co fin de perpetuar a memoria do poeta, vanse instalar nos vindeiros días o “Roteiro Cabanillas” que a través de vinte catro puntos dispersos por Cambados pretende dar a coñecer a súa vida e traxectoria, a cargo da empresa adxudicataria Zona de Obra O Rosal cun investimento de 14.422,40 €.

18 de julio de 2019

PRESENTACIÓN DO LIBRO EN XAPONÉS A ROSA DE CEN FOLLAS, XVI PREMIO RAMÓN CABANILLAS


O vindeiro 26 de xullo ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal Luís Rei levarase a cabo á presentación do libro en xaponés  A ROSA DE CEN FOLLAS a cargo de Takekazu Asaka.

Posteriormente o día 27 de xullo as 20:30 horas no Auditorio Municipal A Xuventude Celebrarase a XVI edición do premio  RAMÓN CABANILLAS.

Takekazu Asaka (Tokio, 1952), é un lingüista e profesor xaponés de Filoloxía Románica na Universidade de Tsudajuku, Tokio. Traduciu ao xaponés as obras de escritores galegos como Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas e Uxío Novoneyra. Publicou a primeira gramática de galego en xaponés. Defínese como "embaixador da cultura galega en Xapón". Tamén é responsable de organizar, en Tokio e outras cidades, ciclos de música e poesía galega para celebrar o Día das Letras Galegas. Desde xuño de 2017, foi membro correspondente da Real Academia Galega (Real Academia Galega), en recoñecemento ao seu traballo.



8 de noviembre de 2018

CONMEMORACIÓN DO CABODANO DE RAMÓN CABANILLAS




Mañá venres 9 de novembro conmemórase o cabodano do poeta Ramón Cabanillas.
A xornada conmemorativa comezará ás 11:30 no IES Asorey coa entrega dos premios do I concurso de poesía “Cambados mar de letras”.
Ás 18:00, Exposalnés será o escenario da presentación do proxecto museístico do legado Cabanillas por Pepe Barro.
Ás 19:00, no paseo da Calzada realizarase a ofrenda floral e  lectura dos seus poemas, no cabodano de Ramón Cabanillas ante a súa estatua.
E ás 21:00, no auditorio da Xuventude haberá un concertó-homenaxe a Cabanillas a cargo do grupo Cantigas e Agarimos.
A maiores, co fin de perpetuar a memoria de Cabanillas. a Concellería de Cultura está preparando un “Roteiro Cabanillas” que a través de vintecatro puntos dispersos por Cambados pretende dar a coñecer a vida e traxectoria do poeta.

Ademáis, coa intención de achegar o seu legado tamén ao ensino, o departamento de Cultura está elaborando un libro destinado aos máis pequenos do municipio.


17 de septiembre de 2018

OBRAS NA CASA NATAL DE RAMÓN CABANILLAS



A Concellaría de Cultura do Concello de Cambados, informa que esta semana iniciouse a obra de arranxo da Casa Natal de Ramón Cabanillas que forma parte do proxecto xeral de musealización, realizado polo deseñador Pepe Barro, do legado do escritor que terá a súa principal actuación no edifico de  exposalnés. As obras correspondentes á Casa Natal, subvencionadas pola Deputación de Pontevedra cunha axuda para a conservación do patrimonio provincial de 10.000 euros,  consiten principalmente na eliminación da couza da madeira do mobiliario e estructuras da casa  así como da compra de novo mobiliario para, no futuro próximo, acoller o depósito do legado do escritor cambadés con total seguridade.
O Concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, agarda que esta obra estea rematada a finais deste mes de setembro e que en pouco tempo saia a licitación a obra do Plan Concellos 2018 aprobada, por valor de 50.000 euros, correpondentes á musealización  do Legado Cabanillas na primeira planta do edificio de exposalnés. Estás dúas obras complementaranse coa sinalización do roteiro Cabanillas (subvención Plan Concellos 2017, por valor de 14.000 euros) que agardamos sexa unha realidade antes do remate deste ano 2018.
Este conxunto de actuacións que tentan potenciar a figura de Ramón Cabanillas, gran referente da poesía galega xunto a Rosalía de Castro, teñen como obxectivo a proxección de Cambados coma unha vila de gran interese cultual, ademais doutros grandes atractivos e valores deste pobo como son a súa arquitectura, patrimonio, paisaxe, natureza ou a súa riqueza vinculada  aos importantes sectores produtivos do agro e do mar.


3 de noviembre de 2017

LVIII CABODANO DE CABANILLAS, O POETA DA RAZA











O xoves 9 de novembro conmemórase o LVIII cabodano de Ramón Cabanillas, o poeta da raza. Por este motivo, ás 19:30 realizarase unha ofrenda floral no monumento a Cabanillas situado no Paseo da Calzada, e ás 20:00 será a presentación do especial AFONDO RAMÓN CABANILLAS, do xornal SERMOS GALIZA.





26 de septiembre de 2017

ROTEIRO LITERARIO POLO CENTENARIO DE “DA TERRA ASOBALLADA”








O Servizo de Cultura e Lingua, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), organiza cinco percorridos literarios pola provincia.
O sábado 30 de setembro celébrase en Cambados un roteiro literario conmemorativo do centenario da obra de Ramón Cabanillas “da terra asoballada”.
O roteiro terá como punto de partida a estatua de Cabanillas sita na praza do Concello, e terá lugar entre as 11:30 e as 13:00 horas, guiado por Ramón Caride Ogando.
As inscricións faranse na Biblioteca Municipal Luis Rei (986 520 008). Ata un máximo de 50 prazas.

Trátase do penúltimo dos roteiros literarios cos que a área provincial de Cultura e Lingua, en colaboración coa AELG, dá a coñecer o patrimonio inmaterial da provincia a través dunha perspectiva literaria e cultural

O pasado martes presentouse no concello de Cambados o cuarto dos roteiros literarios que a Deputación pon en marcha, en colaboración coa AELG, no marco das actividades do Ano do Patrimonio, e que terá lugar o vindeiro sábado 30 de setembro co libro de poemas de Cabanillas ‘Da terra asoballada' como eixo central. O percorrido, que leva por título  ‘Roteiro do centenario Da terra asoballada', estará guiado polo profesor e escritor Ramón Caride Ogando. Na presentación estiveron presentes o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, o concelleiro do Cultura de Cambados, Víctor Caamaño, e o guía do roteiro, Ramón Caride.

Ao igual que ocorrera cos catro roteiros anteriores, as 50 prazas dispoñibles para participar no percorrido do vindeiro sábado xa están cubertas. Un aspecto que Ramón Caride valorou moi positivamente ao tempo que indicou que o roteiro se enfocará nesta ocasión como altamente participativo, posto que as persoas que asistan serán as encargadas de ler os poemas elixidos en cada unha das paradas programadas. Este enfoque responde, en palabras de Caride Ogando a que "o roteiro está centrado nun libro ligado ao agrarismo e ao nacemento do nacionalismo e das Irmandades da Fala, cun contido cívico de loita política, o que o converte nun libro de poemas moi singular porque non hai moitos deste tipo". O escritor explicou que este poemario fora editado en 1917 cando Cabanillas estaba practicamente na metade da súa vida, -contaba 41 anos-, e supuxo o primeiro libro que publicou na Galiza, posto que os anteriores os publicara en Cuba. ‘Da terra asoballada' non sería reeditado ata o ano 1976, da man de Alonso Montero.

A circunstancia do centenario da publicación da obra escollida como protagonista do roteiro de Cambados foi aproveitada por Xosé Leal para lembrar que "no deseño dos roteiros incluíronse diversas modalidades, uns para poñer en valor un lugar concreto en relación a unha serie de temas literarios, outros para poñer en valor escritores e escritoras en relación aos lugares sobre os que escribiron ou nos que viviron, e outros que relacionan unha obra concreta cun percorrido, como neste caso". Leal insistiu en que "o que queremos é potenciar a riqueza que temos na provincia,  dando a coñecer o noso patrimonio inmaterial a través da literatura, da cultura e, mesmo, da historia e da memoria". Por último, o deputado nacionalista tamén valorou moi positivamente esta iniciativa que "poñemos en marcha por primeira vez desde a Deputación e que está sendo un verdadeiro éxito de público, esgotándose as prazas sempre con moita antelación, e mesmo con persoas que se van desprazando pola provincia e que xa participaron en todos os que tiveron lugar anteriormente, e que esperamos que participen tamén neste".

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, agradeceu á Deputación que incluíse Cambados dentro do circuíto de roteiros literarios que se están levando a cabo na provincia. Sobre a figura de Cabanillas manifestou que " diferentes persoas de Cambados levan traballando anos nun roteiro turístico que resulta perfecto para dar a coñecer a nosa historia e o noso patrimonio". Neste sentido, Caamaño aproveitou para lembrar que precisamente desde o Concello se está traballando para acometer a sinalización física de dito roteiro, nunha acción que se enmarca no Plan Concellos do ente provincial. Así, de 24 puntos que contén dito roteiro vanse sinalizar os primeiros 9 neste exercicio, e completarase a acción cun folleto que funcione como plano guía do roteiro completo.

O roteiro

O punto de partida será a Praza do Concello e completará un percorrido que inclúe lugares vencellados ao nacemento, infancia, vida e morte do poeta, así como a coetáneos seus tales como Asorei, Valle-Inclán e Plácido Castro. En total contémplanse 10 paradas, nas que Ramón Caride explicará a importancia de cada enclave en relación á obra ou á traxectoria vital de Cabanillas. Os espazos escollidos pasan polo Monumento da Calzada, a Casa Natal do poeta, a Praza do Mercado de Fefiñáns, a Praza de Asorei, a Igrexa do Convento, a Biblioteca Luis Rei, as Ruínas de Santa Mariña no Monte da Pastora -onde ademais está soterado Plácido Castro, de cuxa morte se cumpre o 50 aniversario-, o Pazo de Montesacro, e a casa derradeira do poeta na Rúa do Hospital. Tras este paseo, o remate terá lugar na Confraría de Pescadores, que tamén suma a circunstancia de que está celebrando o seu centenario.


No marco do Ano do Patrimonio, aínda está previsto que se celebre un roteiro máis. Terá lugar o sábado 7 de outubro na parroquia estradense de Berres, baixo o título ‘Roteiro Avelina Valladares, unha muller do tempo dos Precursores', a cargo do autor Xosé Luna Sanmartín. Hai que lembrar que o primeiro percorrido, que levaba por título ‘Roteiro da memoria na Illa de San Simón. De Mendiño a O lapis do carpinteiro', tivera lugar o sábado 2 de setembro e estivera guiado polo crítico e escritor Xosé María Álvarez Cáccamo. Continuaran en Tui, o sábado 16 de setembro, baixo o título ‘Monte Aloia. Roteiro Aloia máxico, mítico e lendario' e estivera guiado por Vítor Vaqueiro; e en Cangas o sábado 23 de setembro co ‘Roteiro do patrimonio da cultura mariñeira na literatura de Bernardino Graña', con Héitor Mera como guía.





24 de julio de 2017

CONCERTO HOMENAXE A CABANILLAS












Mañán venres 28 de xullo ás 21:00, o Auditorio Municipal da Xuventude acolle este concertó coa soprano Miho Haga e a pianista Yukiko Yamagami.
Intervirán: Victor Caamaño (concelleiro de cultura), Francisco Fernandes Rei (académico e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela) e Takesazu Asaka (profesor da Universidade Tsudajuku, Xapón)
O programa será o seguinte:
1 Cando vos oyo tocar Rosalía de Castro / Antón García Abril
2 Todo é silencio Rosalía de Castro / Antón García Abril
3 As de cantar, meniña gaiteira Rosalía de Castro / Antón García Abril
4 Coita Álvaro de las Casas / Antón García Abril
5 Canzón pra Virxe que aba Antón Tovar / Manuel Castillo
6 As froliñas dos toxos Antón Noriega Varela / Eduard Toldrá
7 María Soliña Celso Emilio Ferreira / Antón García Abril
8 Aureana do Sil Ramón Cabanillas / Frederic Mompou
9 Chove Ramón Cabanillas / Antón García Abril
10 Camiño longo Ramón Cabanillas / Antón García Abril
[Pausa]
Piano só Preludio, la bemol mayor, OFERTA / Hiroshi Hara Catro estacións do Xapón
1 Sakura Sakura (As ores de cerdeira) Tradicional / Kôsaku Yamada
2 Kono michi (Este camiño) Hakushu Kitahara / Kôsaku Yamada
3 Aka tombo (Cabaliño do demo vermello) Rofu Miki / Kôsaku Yamada
4 Yuki no shiro (Castelo da neve) Shoji Miyazawa / Harue Kondo.









2 de junio de 2017

ENTREGA DO PREMIO RAMÓN CABANILLAS











O betanceiro Xosé Ramón Pena, escritor, historiador da Literatura Galega e catedrático da Universidade de Vigo, será o galardoado este ano co premio Ramón Cabanillas que entregan o Concello de Cambados e os libreiros da vila. 

Mañán sábado 3 de xuño, data na que se conmemora o nacemento de Ramón Cabanillas seralle entregado, no auditorio municipal  da Xuventude de Cambados, o premio que leva o seu nome. 

O Acto de entrega do premio  iniciarase coa intervención de "Xoan Silva e Blas" , gañadores da pasada edición, e rematará coa actuación  musical de Xaquín, Anxo e Roi Xesteira. Así mesmo, durante o desenvolvemento do mesmo, Manuel Núñez lerá algúns poemas de Cabanillas.







29 de mayo de 2017

XOSÉ RAMÓN PENA PREMIO RAMÓN CABANILLAS 2017












O betanceiro Xosé Ramón Pena, escritor, historiador da Literatura Galega e catedrático da Universidade de Vigo, será o galardoado este ano co premio Ramón Cabanillas que entregan o Concello de Cambados e os libreiros da vila. 
Esta mañá o concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, e os responsables das librerías cambadesas Ramón Cabanillas e Contos anunciaron o galardón nunha conferencia de prensa no Concello.
O vindeiro 3 de xuño próximo, data na que se conmemora o nacemento de Ramón Cabanillas seralle entregado  no auditorio municipal de Cambados o premio.


Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) Pasou a infancia e mocidade na Coruña. Licenciado en filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, pola que é doutor en Filoloxía. Foi membro do colectivo Alén. Profesor na Universidade de Vigo e mais na de California (Santa Barbara), na actualidade traballa como catedrático de lingua e literatura galega en Vigo. Asemade imparte aulas na UNED. 
É un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como Literatura galega medieval (1992), Manuel Antonio e a vangarda (1996), Xograres do mar de Vigo (Xerais, 1998) ou Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción –O reverso do espello (Xerais, 1984), Para despois do adeus (Premio Xerais, 1987), Paixóns privadas (Xerais, 1991), A era de Acuario (Xerais, 1997), Fado de princesa (2005), A batalla do paraíso triste (Xerais, 2008) ou Como en Alxeria (Xerais, 2012)–. Director do suplemento “Faro da Cultura” e columnista do Faro de Vigo, son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida (Xerais, 1988), Da terra asoballada (Xerais, 1989), No desterro (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, de Ramón Cabanillas. Poesía galega completa (Xerais, 2009).









8 de mayo de 2017

CONFERENCIA SOBRE CABANILLAS













O especialista en literatura galega, Xosé Manuel Millán Otero, ofrecerá o mércores dia 10 de maio unha conferencia sobre o escritor Ramón Cabanillas no centenario da publicación "Da Terra Asoballada".  A actividade está aberta a todos os públicos e terá lugar, a partir das oito e media da tarde, no Salón de actos de Exposalnés.

Xosé M. Millán Otero (Beluso, O Morrazo-1964) é profesor de Lingua e Literatura Galega en Moaña. É autor de diversos estudios e edicións críticas de escritores de preguerra (Ramón Cabanillas, Vicente Risco, etc.) e actuais (Bernardino Graña). Participou tamén en obras colectivas como a Historia da Literatura Galega (1996), editada por A Nosa Terra/A.S.-P.G. e Literatura galega. Século XX (A Nosa Terra, 2001).

Como poeta deu á imprenta até o día de hoxe dúas obras, Este é o tempo do sal (Accésit do Premio Esquío, 1991) e As palabras no espello (Ed. Do Castro, 1995), esta última galardoada co VII Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. A esta hora está a pórlle as últimas letras a un novo libro, Ritual da vixía, do que aquí se adiantan algúns poemas.






6 de diciembre de 2016

PRESENTACIÓN DO ROTEIRO RAMÓN CABANILLAS











O pasado sábado tivo lugar a presentación no Culturgal do Roteiro Ramón Cabanillas en Cambados e o proxecto de Musealización do Legado Cabanillas. Os encargados de dar a coñecelo foron o filólogo Francisco Fernández Rei, a neta do escritor cambadés Pitusa Vidal Cabanillas, e o Concelleiro de Cultura Víctor Caamaño.






30 de noviembre de 2016

CAMBADOS PRESENTA A MUSEALIZACIÓN DO LEGADO CABANILLAS












No Culturgal que comezará o vindeiro venres, a Deputación volverá colocar un posto no que participan os concellos da provincia - este ano un total de 35 concellos- con material e iniciativas relacionadas co Patrimonio, tanto material como inmaterial. En esencia repetirase o esquema do ano pasado, cunha zona do posto para material impreso - folletos e dípticos-; dúas pantallas para visionado de vídeos; e un espazo para consulta de publicacións. Este ano engadíronse dous apartados máis: un espazo para que rapaces e rapazas poidan usar a app educativa 'As viaxes de Castelao', e un programa de micropresentacións no que os concellos terán a oportunidade de amosar a súa riqueza patrimonial.

"Esta edición do Culturgal é para nós como un paso intermedio entre o Ano Castelao que estamos a piques de rematar e o Ano do Patrimonio" asegurou Xosé Leal durante a presentación das actividades propias da Deputación na Feira das Industrias Culturais.

Programa micropresentacións
Trátase de tres bloques de presentacións, de 5 minutos cada unha, nos que quince concellos amosarán iniciativas e propostas culturais relacionadas co seu patrimonio. "O que quixemos é dar un espazo diferente aos concellos dentro do posto pero con dinamismo para o público" afirmou Xosé Leal. Os bloques inclúen cinco micropresentacións, e terán lugar o sábado pola mañá entre as 13 e as 13:25 horas; o mesmo día pola tarde entre as 18:30 e as 18:5 horas; e o domingo pola mañá entre as 13 e as 13:25 horas. E todas se realizarán no espazo do posto da Deputación.
A primeira destas  micropresentacións será a correspondente ao Concello de A Illa de Arousa, que elixiu para presentar o programa 'Cultura nos Cons' ao actor e contador Carlos Blanco. No mesmo día continuarán os concellos de Poio e Bueu con iniciativas relativas ás embarcacións tradicionais e á salga, e os dous últimos concellos serán Cambados, coa musealización do legado de Cabanillas, e Covelo co Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera. Nos seguintes bloques participarán Ponteareas, Barro, Marín, A Guarda, Cuntis, Vilaboa, Rodeiro, Ribadumia, Nigrán e As Neves.




8 de noviembre de 2016

HOMENAXE A CABANILLAS NO 57 CABODANO DO SEU PASAMENTO









Mañá mércores 9 de novembro celébrase o 57 cabodano de Ramón Cabanillas, coincidindo co Centenario das Irmandades da Fala. Para conmemoralo, levarase a cabo ás 19:30 unha ofrenda floral no Monumento a Cabanillas do Paseo da Calzada, e ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Francisco Fernández Rei presentará "O legado Cabanillas, un tesouro para poñer en valor Cambados", seguido dun recital de poemas de Cabanillas e actuacións musicais. 

Non o perdades e achegádevos a participar nesta merecida homenaxe.








7 de noviembre de 2016

CHARLA SOBRE CABANILLAS NO 57 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO










Os salóns de ExpoSalnés acollen esta tarde unha charla sobre Ramón Cabanillas no 57 aniversario do seu pasamento. A charla será a cargo de Emilio José Insua e leva por título "Cabanillas, poeta das Irmandades da Fala".
A Partir das 20:00 horas.








1 de junio de 2016

ENTREGA DO PREMIO RAMÓN CABANILLAS










A XIII Edición do Premio Ramón Cabanillas galardoa este ano a Xoán Silva e Blas, e será entregado este venres 3 de xuño ás 20:00 h no Auditorio da Xuventude de Cambados.


Os galardoados foron os cantautores Xoán Silva e Blas serán agasallados o 3 de xuño co Premio Cabanillas deste ano e por primeira vez conceden as librerías duas librarías cambadesas e  o Concello de Cambados i é tamén a primeira vez que non recae o premio en escritores, pola divulgación e popularización da obra do poeta cambadés.

O xurado optou por Xoán Silva e Blas porque moitas das súas cancións son versións de poemas de Cabanillas, co que divulgaron enormemente a figura do escritor.









13 de noviembre de 2015

A FIGURA DE FONTENLA LEAL NA OBRA DE CABANILLAS CERRA O CENTENARIO DE " VENTO MAREIRO"







A Real Academia Galega (RAG) clausurará este sábado en Cambados (Pontevedra) o programa de actos celebrado polo centenario da publicación de 'Vento Mareiro', obra de Ramón Cabanillas, no que se analizarán, entre outras cuestións, a presenza da figura de Xosé Fontenla Leal na obra do autor.  

A cerimonia, dará comezo ás 19,30 horas no Auditorio dá Xuventude, onde a música, o recitado de versos e tres exposicións detalladas sobre o poeta, a súa obra e a súa vila natal, á que dedicou o poemario, conformarán o evento. Así mesmo, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, será o encargado de inaugurar o evento cultural cun relatorio sobre a presenza de Fontenla Leal en 'Vento mareiro' e 'Non desterro', este último, o primeiro poemario do autor. A cerimonia continuará con máis exposicións sobre a vida e obra de Cabanillas, incluída a súa relación coas Irmandades dá Fala (que farán o seu centenario en 2016), así como co recitado dos seus versos, a cargo dos académicos Final Casalderrey, Margarita Ledo e Salvador García-Bodaño; e a actuación musical do gaiteiro Xaquín Xesteira. 

Ramón Cabanillas, nacido en Cambados no ano 1876, é un poeta galego que forma parte da xeración que conforma a ligazón o 'Rexurdimento' e a literatura do século XX, a 'Xeración Antre Dous Séculos'. Faleceu na súa localidade natal en 1959 e no 1976 dedicóuselle o 'Día dás Letras Galegas'.





11 de noviembre de 2015

ACTOS CULTURAIS SOBRE CABANILLAS










Continúan os actos culturais sobre Ramón Cabanillas e nos vindeiros dias terán lugar tres máis para celebrar o mes adicado ao autor cambadés Polo centenario da publicación de "Vento Mareiro".

Xoves 12 en Exposalnés ás 20:00 horas: Conferencia sobre “A visión da muller na poesía de Ramón Cabanillas” (por Esperanza Mariño Dávila).

Venres 13 en Exposalnés ás 20:00 horas: Inauguración da exposición fotográfica inspirada en  Vento Mareiro.

Sábado 14 no Auditorio da Xuventude ás 19:30 horas: Acto da Real Academia Galega, con motivo do centenario da publicación de “Vento Mareiro”.


Copresiden o acto Fátima Abal, alcaldesa de Cambados, e Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega
-Mantedor: Henrique Monteagudo (secretario da RAG)
-Relatorios:
Emilio Insua, Cabanillas e as Irmandades da Fala
Francisco Fernández Rei, Cambados e Vento Mareiro
Xesús Alonso Montero
-Recitan:
Fina Casalderrey
Margarita Ledo
Salvador Garcia-Bodaño
-Actuación musical:
Xaquín Xesteira

            



5 de noviembre de 2015

ACTOS CULTURAIS EN CAMBADOS DESTA SEMANA







A Concellería de Cultura do Concello de Cambados informa dos diferentes actos culturais a celebrar os vindeiros día en Cambados:

  • Xoves 5, ás 20:00 no Auditorio Municipal: presentación do libro “Ramón Cabanillas, Cambados e  Mar de Arousa”, de Francisco Fernández Rei.
  • Venres 6, ás 20:00 no Pazo Torrado: inauguración da exposición benéfica a favor de Cáritas, de Miguel A. Martínez Suárez, “Chiño”.
  • Sábado 7, ás 11:00 na Casa Museo Ramón Cabanillas: Roteiro Cabanillas guiado por Cambados (Manuel Núñez E Xoán Antonio Pillado). Ás 20:30 no Auditorio Municipal: proxección da longametraxe “O fillo de Manuel”, dirixida e producida por José Rodríguez Carro.
  • Domingo 8, ás 16:30 na Bodega Condes de Albarei, XXIII Festival de Bandas Populares organizado pola Asociación Manuel Padín Sotelo e a Banda de Música de Castrelo. Ás 19:00 no Auditorio: ciclo de Teatro Adulto, “Express Arte” da compañía BocAberta.