Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de mayo de 2025

O “MELLOR” VECIÑO DE CAMBADOS ¿OU NON?


Hoxe quería falar dun dos veciños “ilustres” de Cambados, un veciño que, probablemente, todos coñecedes porque é un membro activo  da vida política, social  e relixiosa do noso amado pobo.

Este  ilustre veciño aínda que xa fai  tempo que é un “sesentón” sigue tendo unha percha e un atractivo que, mesmamente, podería pasar por un galán da época dourada de  Hollywood:  alto, con boa  presenza e, por si fora pouco,   membro dunha das  familias con mais pedigree e  avoengo  da nosa vila; incluso durante anos, cando era mais novo e mentres non se comprometeu foi considerado un deses “solteiros de ouro” e polo que, seguramente, suspiraba mais dunha moza en idade de merecer.

Como dicíamos  anteriormente  este ilustre veciño é un membro activo nos diferentes aspectos da vida cambadesa: no plano político non se perde ningún acto do partido  ao que vota, apoia e defende  a morte aínda que sexa o único partido da  historia da nosa democracia condenado como tal por un caso de corrupción; no plano relixioso non se queda atrás: fervente crente, non hai domingo ou festa de gardar que non acuda á misa onde, mais dunha ocasión, sube ao púlpito pra ler algún fragmento das sagradas escrituras baixo a atenta e orgullosa mirada do párroco José  Aldao (algo que tampouco debería sorprendernos  pois todos sabemos de que pé coxea e a quen lle “ fai a balixa” a cabeza visible da igrexa católica en Cambados); tamén é habitual ver ao noso ilustre veciño en tódolos  actos relixiosos e procesións  da vila onde, mesmamente, en mais dunha ocasión porta o pendón cunha faciana que reflexa un profundo sentimento e unha devoción moi sentida; incluso nunha ocasión que acudiu a romaría da Virxe dos Milagres de Amil i entrou na igrexa embargado pola emoción e chorando coma unha magdalena,en resumidas contas,  un espectáculo digno de ver. 

Despois de todo o exposto  poderiamos case afirmar sen temor a equivocarnos que, os cambadeses, tiñan motivos mais que suficientes pra sentirse afortunados de contar  no pobo coa presenza de tan “ilustre” veciño pero, por desgraza, sempre hai un pero (valga a redundancia)  porque si  hai un ámbito onde é especialmente activo o noso ilustre veciño son as redes sociais  i é aí onde, ao igual que o peixe,  “morre pola boca” xa que é no mundo virtual de Facebook onde o noso ilustre veciño amosa a súa peor faciana.

Podería facerse  unha tese  doutoral de psicoloxía que versara sobre ata que punto o noso ilustre veciño pode amosar tanto odio  a tanta  xente, algo impropio pra un católico tan practicante, vamos, que a expresión tan repetida polo seu mesías  Xesús “Amarás al prójimo como a ti mismo” dende logo non vai con el senón mais ben todo o contrario.

A lista de odios e fobias do noso ilustre veciño é  realmente longa chegando  a un extremo case enfermizo: non pode ver as feministas e  non digamos xa ao movemento LGTBI, o mesmo se pode dicir dos sindicatos i, en xeral, todo o que sexa de esquerdas; como bo patriota español, “mucho español y muy español” que diría o seu amado Rajoy odia a morte o nacionalismo e o independentismo e,  aínda que e votante declarado do partido da gaivota non ten reparo en defender posturas da ultradereita como cando, nun post,  xustificaba  os aranceis que o presidente Trump quere poñerlle aos produtos agrícolas do campo europeo e, por tanto,  español e galego.   

Tamén é, especialmente, significativa a súa obsesión coa administración pública  e cos funcionarios e  non se cansa de afirmar, iso si,  sen aportar ningún  dato obxectivo, que hai demasiados funcionarios,  polo visto o noso ilustre veciño esquecese que funcionarios son, tamén,  os policías, os médicos, os bombeiros, os mestres e, como non, tamén eses inspectores de traballo que se dedican a visitar negocios como  hamburgueserias onde os empregados traballaban  oito, nove e dez horas e polos que, oficialmente, só se cotizaba  (e cotiza) unhas catro horas.     

O noso ilustre veciño como bo liberal, é un férreo defensor da empresa privada co cal poderiamos pensar que esa sería a súa primeira opción en eidos como a sanidade ou a educación pero, non,queridas  amigas e amigos, o noso ilustre veciño, por exemplo,  levou á súa filla a estudar a unha  universidade  pública e, cando se pon enfermo,  (algo que non lle desexamos), acude, tamén,  á sanidade pública, por certo unha das mellores sanidades públicas do mundo a pesar dos intentos do seu partido por afundila en aquelas comunidades autónomas onde goberna.       

Chegados a este punto algún pode preguntarse  a que veu este repaso á  vida e obra do noso ilustre veciño e a resposta é sinxela...

Fai uns días o noso ilustre veciño colgou en Facebook un  post realmente  miserable e noxento e que, numerosas persoas  criticáronlle , comezando por este humilde servidor.

Como ben sabedes os que seguedes a actualidade e as noticias, Israel (por certo  o pais do mundo que mais inverte  por habitante na   súa industria militar) está levando  a cabo un auténtico xenocidio na franxa de Gaza no que xa leva asasinados mais de 61.000 persoas moitas delas nenos; nos últimos días coñeciamos  unha historia terrible que dou a volta ao mundo e que expresaba a extrema crueldade do exercito hebreo: unha muller, habitante de Gaza e pediatra de profesión acudía a axudar a feridos cando os israelitas bombardearon a súa casa o que provocou que nove dos seus fillos morreran carbonizados, o mais pequeno de apenas uns meses de vida, esa noticia provocou o rexeitamento e as críticas   de moitos países contra o Estado de  Israel ¿e  cal foi a resposta do noso veciño ilustre, pro israelí declarado, a esas críticas? Pois colgar un post que, simplemente, dicía: “ Palestina tiene un cancer que se puede extender, la mejor cura amputar”...... non fai falta que vos diga que efecto provocou tal publicación, non foron poucos os que entraron a recriminarlle  tal actitude, sen ir mais lonxe eu pregunteille si  consideraba cancro aos mais de 60.000 mortos ou a muller que perdera a nove  fillos e as respostas que dou o noso ilustre veciño me levaron a pensar si realmente falaba con alguén con un mínimo de humanidade: “é o demo o cancro, onde está o cancro?”, “defenderse do cancro, o cancro mata”, “a prevención é o mais importante para que non te colla... nunca baixar a garda” ; confeso que chegado ese punto custoume manter a calma pero aínda así contesteille: “ ¿pero que tolería estás a dicir? De que carallo de prevención me falas? É prevención matar recen nacidos ou nenos de poucos meses? ¿pero en serio ti te estás a escoitar?” ¿queredes saber cal foi a sua resposta?: “o cancro as veces agóchase dunha forma que é difícil detectalo  e as veces chégase tarde, vaise estendendo!”  xulgade vos mesmos, xustificar  morte de  recen nacidos e de nenos de corta idade coma un cancro que hai que erradicar xa te da unha idea de con que  tipo de persoa  estás a falar así que cortei a conversa mentres outros que entraron na publicación criticaban as súas contestacións e declarábanlle que desde ese momento o borraban da lista de amigos.    

Así é o noso ilustre veciño quen,  o próximo domingo, non teñades a menor  dúbida que acudirá á misa todo orgulloso pensando de  si mesmo que é unha boa persoa mentres  que a min me leva a  pensar que si realmente existe ese  Deus  terá que ser el o que me pida perdón a min  por facerme compartir xénero, especie ou raza con semellante espécime, carente de toda humanidade.

       

UN SAUDO A TODAS E TODOS  RICARDO DOMINGUEZ REY

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.