Reproducimos íntegramente o discurso de Merchi Álvarez do pasado domingo ao comezo do concerto solidario en Ribadumia a prol a loita contra a enfermidade do AME. Paralelamente mentras Merchi facía a sua alocución proxectábanse as imaxes que adxuntamos.
Hola boas tardes a tod@s:
En primer quero darvos as gracias unha vez máis por acompañarnos neste acto como en todos os anteriores e poñer o voso gran de area para encontrar unha cura para a AME.
Este concerto pra min é agridulce, estou moi contenta porque se realiza este concerto e é un pasiño máis para encontrar unha cura pero o mismo tempo moi triste a vez porque esta semana foisenos Chon.
Un home que nunca dudou en sacar a lingua fóra por min, por nós, por tódolos afectados de AME, por encontrar unha cura, a primeira persoa que se sumou dándome o seu apoio incondicional, aparte dos meus familiares.
Nunca dudou en botar unha man, en aportar ideas, en animarme cando tiña dudas en crear o que hoxe é un feito, GaliciAME, asociación galega de AME, sempre estaba listo para apuntarse e botar unha man o que fixese falta.
Foi a primeira persoa en escribir a primeira crónica sobre min, as palabras máis bonitas hacia min sairon das súas mans.
Por isto e moitas cousas máis, quero que iste concerto non só sea por nós senon tamén por ti Chon.
Queróvos pedir unha cousa antes de comezar o concerto, normalmente pídese un minuto de silencio, pois no non volo vou pedir, a Chon o silecio non lle gustaba máis ben era home de ruido, de alegría, de troula así que vouvos pedir un minuto de aplausos para él.
ESTE CONCERTO TAMÉN E PRA TI CHON.
Gracias
Entorno a 5 minutos estivo o público alí congregado aplaudindo a o noso querido "Chon" o primeiro en dar cobertura a loita de Merchi e de tanta xente, sobre todo rapaces, que padecen esta enfermidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.