Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta RICARDO DOMÍNGUEZ REY. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RICARDO DOMÍNGUEZ REY. Mostrar todas las entradas

21 de abril de 2020

A RESPOSTA DUNHA CUCARACHA A UNHA PARASITA DA POLITICA

Imaxinade por un momento, queridos amigos, que ides paseando por Cambados, por exemplo polo paseo marítimo, nisto que chegades a Santo Tomé e dirixides a vista á Torre de San Saturniño e, de repente, no alto da mesma, observades sorprendidos que hai unha vaca facendo equilibrios para non caerse; sen lugar a dúbidas a primeira pregunta que vos viría á mente sería  ¿como carallo puido chegar aí arriba esa vaca? Pois ben, eu non podo evitar lembrarme desa vaca subida na Torre cada vez que  vexo a Rosa Oubiña no Parlamento de Galicia porque, polo menos  para min, tan incrible é unha cousa coma outra. 
Os que me coñecedes de fai tempo xa sabedes que penso do meu “amor platónico” a deputada Rosa Oubiña, sen lugar a dubidas unha das maiores parasitas da política galega, unha incompetente tan grande que  hasta un político tan mediocre como o ex alcalde Luís Aragunde, ao seu carón, parece Winston Churchill (e non só polo “voluminoso” da súa figura). Rosa Oubiña é unha aproveitada, unha “trepa” que, dende o ano 1998, leva vivindo da política, xa fora cobrando das arcas do Concello de Cambados, da Deputación de Pontevedra e, nos últimos tempos, do Parlamento de Galicia; en definitiva, unha miserable que, no ano 2012, tivo os  “santos ovarios”de colgar no seu muro de Facebook unha cita de Cicerón (como si ela soubera quen foi Cicerón) e na que, entre outras cousas, dicía: “(...) la gente debe aprender nuevamente a trabajar en lugar de vivir a costa del Estado” algo  no  que, obviamente, ela non predica co exemplo senón mais ben todo o contrario.  

Quizais moitos vos preguntaredes a que ven falar hoxe desta “eminencia” e a razón é sinxela: fai uns días a miña “amiga” Rosiña colgou un post en Facebook criticando a Renda Mínima Vital onde dicía textualmente: “Los subsidios no sacan a la gente de la pobreza, les mantiene en ella. Es el trabajo quien saca a la gente de la pobreza”; non sei que pensaredes os demais pero eu creo que hai que ser unha  verdadeira desgraciada pra estar cobrando das arcas públicas mais de 5.000 euros ao mes por,  basicamente, quentar co seu elegante cu o asento do Parlamento galego e criticar unha axuda indispensable para salvar aos que se atopan nunha  situación moi precaria  a causa das consecuencias económicas da pandemia do coronavirus.   Eu, obviamente, cando vin dito post non puiden conterme e contesteille e a súa reacción foi borrar a miña resposta e, a continuación, poñer o seguinte comentario: “veo que empieza el tiempo de cucarachas ... lo mejor ya sabeis que es fumigar”; ademais colgou o enlace á canción “La cucaracha”  coa seguinte dedicatoria: “te lo dedico a TI RD”...... Como sei que vas ler isto, Rosiña, déixame que che diga que cando sexa así poñas o meu nome completo e non soamente as  iniciais, comprenderás que para min é todo  un orgullo que unha das deputadas mais sexis do Parlamento galego (e tamén a que menos miolos ten de todo o hemiciclo) me dedique unha canción; confésoche que  non puiden evitar lembrar o noso último encontro fugaz, fai dous veráns,  no Eroski da Cabana, cando eu ia detrás túa na cola da caixa, admirando a  envexable  figura dunha muller que se aproxima, inexorablemente,  á  súa  sexta década cando, de repente,  xirácheste e as nosas miradas cruzáronse furtivamente i eu  non puiden evitar  guinarche un ollo.   
Fai uns anos, en “ A ti meu Cambados” lembro ter feito unha comparativa entre as dúas deputadas cambadesas presentes no Parlamento de Galicia, Rosa Oubiña e Montse Prado (do BNG), obviamente, a comparación en si xa era insultante porque poder pensar que ambas puideran estar facendo o mesmo traballo resulta moi difícil de  imaxinar; deixando a un lado as ideoloxías, Montse Prado é unha política dos pes á cabeza  que representa ao seu electorado e ao seu partido; Rosa Oubiña dificilmente se pode representar a si mesma; a Montse Prado podes atopala continuamente en rodas de prensa ou   ante os medios cun discurso claro e concreto; a Rosiña, en fin, supoño que está onde está porque no seu dia algún asesor do Partido Popular tivo a brillante idea de que sempre quedaría ben poñer unha cara bonita nos carteis e nos panfletos electorais para conseguir algún voto. 
Seguiremos atentos para ver con que novas reflexións nos sorprende esta  “mente brillante”, claro exemplo  da dereita mais “culta e instruída”. 
   


                     Un  saúdo a todas e a todos.

      RICARDO DOMINGUEZ REY 







29 de mayo de 2019

¿E AGORA QUE VAS FACER, LUISIÑO? (CARTA ABERTA AO CANDIDATO ARAGUNDE)






“Apreciado” Luís:
Como sei que estes días non deben ser doados para ti escríboche esta misiva para que vexas que  moitos non te esquecemos nin nos teus peores momentos e para ver si así te animas algo e, tamén, para que fagas  un acto de reflexión e de conciencia que, sen dúbida, virache ben para ordenar ideas e sentimentos si, finalmente, consigo algo diso dareime por satisfeito.
     Quizais a pregunta que te debes estar a facer ou, polo menos,  moitos estamos a facernos por ti é ¿Qué vas a facer agora?; dende logo esta cuestión daría para unha boa porra na que se podía sortear, entre os que acertaran,  un xamón, unha caixa de viño ou, mellor aínda, uns bancos para o xardín como os que lle regalaches as mariscadoras, da igual que foran de segunda man ou, neste caso, mais ben de segundo cu.
Eu non teño vocación de pitonisa nin de botador de cartas pero, dende o meu humilde  punto de vista, penso que hai tres posibles opcións que semellan as mais viables por non dicir as únicas.
A primeira e que eu,  persoalmente, penso que é a mais  improbable pasa porque sigas de xefe da oposición outros catro anos e que volvas a presentarte como o candidato nas seguintes municipais; como dixen, considero que esta posibilidade é improbable porque o responsable do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, cando se reúna co partido   para analizar os resultados electorais terá que buscar un responsable e ti, meu querido, tes todas as papeletas para ser o elixido: xa perdiches dúas eleccións e con un descenso, na segunda con respecto a primeira, do numero de votos e de concelleiros; probablemente o partido pense que xa estás moi “quemado” i é o momento de buscar unha cara nova que teñas mais discurso e recursos  que facerse eco de “bulos” da alcaldesa ou que se presente no concello, transformado nunha sorte de ridículo inspector de traballo, co móbil na man, i esixindo explicacións de porque non están no seu posto os concelleiros, precisamente ti que traballabas un dia ao mes pero, iso si, cobrabas, case tanto, coma un ministro.
Como dicía anteriormente a posibilidade de que sigas de xefe da oposición e sexas o candidato dentro de catro anos, non parece a mais probable o que nos leva a pensar nas outras dúas posibilidades.
Unha desas posibilidades  sería que volveras ao teu antigo posto de encargado da lonxa, un posto que, todo sexa dito, mais de un daría un brazo por ocupar e que ti, obviamente, no seu dia non ocupaches polos teus  inexistentes méritos; como digo isto sería o que faría unha persoa que tivera un mínimo de dignidade, algo do que ti levas tempo demostrando carecer; e podería poñerche exemplos dabondo comezando polo que, persoalmente, considero o mellor alcalde que tivo Cambados, Don Xoán Antonio Pillado Silvoso; o bo de Xoán Antonio puido ter feito coma ti e acollerse a dedicación exclusiva, pero non fixo tal cosa: compaxinou o seu cargo de alcalde coa súa profesión de mestre, o que, en mais dunha ocasión, levouno a saír ao mediodía do colexio, meterse no concello e volver as tres da tarde ao colexio sen ni sequera comer. Cando deixou a alcaldía, coa conciencia tranquila de ter servido aos seus veciños,  non lle caeron os aneis de volver a centrarse na súa profesión; obviamente pedirche que ti fagas o mesmo é unha utopía: fai catro anos cando perdiches a alcaldía podías ter compaxinado perfectamente o teu cargo como xefe da oposición coa teu posto na lonxa, pero nada mais lonxe de realidade, buscáronche un posto no que che consolidaches como o “vago político” e non é porque o diga eu; afortunadamente, hoxe en dia, con un simple “click” de ordenador, pódese acceder á paxina web da Deputación onde, entre outras cousas, constan as actas das sesións e o grado de participación dos seus membros e ti non destacas, precisamente, por ter unha participación activa senón, mais ben, todo o contrario.  
Si descartamos, por tanto, que sexas o candidato dentro de catro anos e volvas ao teu traballo na lonxa, iso lévanos a terceira posibilidade que é que o partido che busque un cargo onde podas seguir vivindo a conta do erario público e dos contribuíntes; non serías o primeiro: un antecesor teu na alcaldía acabaron colocándoo de xefe dos  bombeiros da Mancomunidade; sinceramente eu non te vexo apagando incendios aínda que, nunha ocasión, déraslle de man a mangueira coa que o presidente Feijoo fixo o “paripe” nun conato de incendio de cara os periodistas.
Non sei que futuro te depara, si me pides a miña opinión, gustaríame que foras o candidato dentro de catro anos porque iso seria sinónimo  de que a dereita non volvería a gañar porque por moito que queiras negalo xa eres un “ bulto” sospeitoso para o teu partido e, por moito que digas, como dixeches nesta pasada campaña que o Partido Popular de Cambados era o único partido que se presentaba con opción de gañar e gobernar; disto último poderiamos falar “largo e tendido” porque en Cambados o Partido Popular presentase sempre  cun vantaxe de votos sobre os demáis; un saco de votos que lle dan un bo número de estómagos agradecidos; estómagos agradecidos como , por exemplo, Fulares que non soamente foi que o colocaran a el senón tamén a súa moza e hasta ao seu irmán (neste caso na Deputación), obviamente iso produce un efecto dominó porque xente como os pais de Fulares, a nai da moza de Fulares, e demais familia votará en consonancia (aínda que algúns “te fueran de izquierdas de toda la vida”).
Seguiremos apaixonadamente  o desenlace desta historia como seguiremos, do mesmo xeito, o desenlace deses votos nulos que impugnaches ;  lémbrasme a eses nefastos presidentes de fútbol que queren gañar nos despachos o que non foron capaces de gañar no campo.        


Cóidate moito Luisiño e faite bo      
              RICARDO DOMINGUEZ REY








21 de mayo de 2019

MOTIVOS PARA NON VOTAR AO VAGO POLITICO (EVITAR OS CARGOS PARASITOS)

Si me puxese a enumerar tódolos motivos  porque non é bo que volva a gobernar a dereita   en Cambados este relato, probablemente, seria mais longo que o Quixote;  así e con todo hoxe vou centrarme nun deses moitos motivos e , como introdución ao mesmo , quería destacar como, mentres gobernou o PP, si a algo se asemellou o consistorio cambades  foi a unha oficina de colocación, iso si, unicamente para familiares, amigos e coñecidos.
De todos eses cargos, algúns  totalmente inútiles e prescindibles,  voume quedar con dous, que son o paradigma  da alegría con que gastaban os cartos das arcas municipais, primeiro Tourís e, posteriormente, o noso  vago político, Luís Aragunde.
Ditos cargos son  o de xefe de prensa, na persoa de Benito Leiro e o de “asesor –asistente” do alcalde , que ocupaba  Manuel Galiñanes “Mane”.

Do cargo de xefe de prensa, Benito Leiro, xa falei, longo e tendido, neste mesmo blog nun artigo, con data 4 de marzo do 2015,  titulado DA SERIE “ESTOMAGOS AGRADECIDOS Ó PP CAMBADES” BENITO LEIRO: DE INSIGNE “PLUMILLA” A PATÉTICO E HIPÓCRITA VOCEIRO DO ALCALDE ARAGUNDE onde, entre outras cousas, sinalaba a inutilidade absoluta que supoñía que o concello de Cambados tivera en nómina   un asesor de comunicación, vamos, que daba o mesmo que tivera contratado a un domador de elefantes porque o servizo seria o mesmo.
Lembro que daquela tiven unha conversa moi interesante  con certa xornalista local que me defendía a necesidade de dito  posto; obviamente a opinión de dita xornalista non era de todo obxectiva pois únelle unha relación  persoal con Benito Leiro pero o tempo acaboume dando a razón e, para iso, baséome en dous motivos fundamentais: o primeiro é que, nestes catro anos de Cuatripartito, no que non existiu asesor de comunicación, o fluxo de información non decreceu en absoluto e,  a prensa local, puido informar perfectamente de todo o referente ao Concello de Cambados; incluso a xornalista, anteriormente mencionada, escribindo sobre o consistorio ten realizado, nestes derradeiros catros anos, algunhas das súas mellores crónicas. Obviamente alguén podería dicirme  con toda a razón do mundo (e con isto paso ao segundo motivo) que Aragunde é mais cortiño que Víctor Caamaño, Fátima Abal, Tino Cordal ou Xurxo Trigo e, por tanto, necesitaba de alguén que lle axudara no tema da comunicación; obviamente este razoamento cae polo seu propio peso, pois nestes catros anos que Aragunde exerceu tarefas de oposición, non contou con xefe de prensa e   a súa presenza nos medios de comunicación foi, practicamente, a mesma que cando era alcalde e cando lle interesaba ben que sabia expoñer a mensaxe que quería dar . Por todo o anteriormente exposto coido que quedou ben as claras que o cargo de asesor de comunicación foi un gasto inútil, un mais dos moitos que provocou a “brillante” xestión do PP cambadés.
Pero si o cargo de asesor de comunicación foi un gasto inútil e totalmente prescindible   o cargo de asesor – asistente que ostentaba Manuel Galiñanes non se quedaba atrás; a que se dedicaba Mané Galiñanes, mais hala de acompañar ao alcalde aos concertos,  colocar os asentos no Xantar do Albariño ou pasearse por Cambados coa axenda na man e lucindo uns mais que elegantes fulares, é un dos grandes enigmas da historia, a altura de onde se  atopa o continente perdido da Atlántida ou si existen ou non os extraterrestres; por certo hai unha anécdota que non me resisto a contar e que é tan real como a vida mesma. Resulta que cando o sr. Galiñanes comezou a “traballar” para Aragunde (iso si a costa das arcas municipais ) alguén moi do PP dixo unha frase solemne que era o sentir de moitos do partido conservador: “¿que carallo fai ese tipo aquí si era do Bloque  de toda a vida?”, supoño que ese carácter camaleónico é unha virtude que algúns saben utilizar á perfección en beneficio propio, vistos os resultados .

Para  finalizar quero destacar  que estes dous postos, con datos na man, tiveron un cargo total para as arcas cambadesas superior  aos 720.000 euros (para os que pensedes aínda coma min na antiga moeda do imperio: mais de 120 millóns de pesetas).
Todo o anteriormente exposto ven a deixar claro unha cousa: que o Partido Popular de Tourís e o seu “mozo de los recados”  Aragunde consideraban que o concello de Cambados era o seu “cortijo” particular; espero que mais de un cando o próximo domingo vaia votar pense si esta é a forma de gobernar que queren para todos  os cambadeses e cambadesas.
Un saúdo a todas e a todos     
RICARDO DOMINGUEZ REY


20 de mayo de 2019

AS PPROMESAS, OS PPRESENTES E AS PPARIDAS DO PP CAMBADES EN CAMPAÑA ELECTORAL




Si algo  bo teñen as campañas electorais é  comprobar hasta que punto poden chegar a pintar o ridículo algúns partidos políticos á hora de querer gañarse o voto do  electorado; como non podía ser doutro xeito Cambados non escapa a esa tendencia e, sen dubida, si hai un partido que destaca  neste particular ranking é o Partido Popular encabezado polo vago político por antonomasia o ínclito Luís Aragunde.
Podería  enumerar moitas  promesas, xestos ou feitos  do partido da gaivota, durante as campañas electorais,  para respaldar a miña afirmación pero voume quedar, sinxelamente, con dous detalles, dous claros exemplos, un das anteriores eleccións municipais do ano 2015  e outro da actual campaña que amosan, hasta que punto, tratan de parvos os membros do PP aos cambadeses e as cambadesas.
Durante a campaña electoral das municipais do 2015 o PP realizou, como xa ven sendo habitual, o seu mitin central  na Sociedade Cultural de Cambados, entidade que, aínda sendo privada, contou, no seu dia, para a súa rehabilitación cunha partida mais que xenerosa da Deputación de Pontevedra presidida daquela polo “honrado” Rafael Louzán; pois ben, entre os políticos invitados naquel acto, estaba a,  entonces, ministra de Fomento, Ana Pastor que dixo unha das parvadas mais grandes que se recordan en boca dun personaxe público; en concreto, a política pontevedresa comprometeuse, en dito acto, a traer o AVE para Cambados, obvia dicir que, cando fixo tan absurda promesa, mais de catro pobres “ignorantiños” presentes na Cultural arrancaron en aplausos iso, en si, xa amosa a escasa capacidade  de análise e de espírito crítico de algúns dos que votan ao PP; non vou entrar a valorar tan absurda proposta porque non fai falta : un pobo coma Cambados que non ten nin estación, nin apeadeiro, vamos, que por ter non ten nin unha triste vía férrea e chega esta “iluminada” e promete o AVE…… menos mal que esta “mulleriña” non naceu home porque senón tería uns collóns que lle chegarían ao chan.      
O outro exemplo corresponde a actual campaña electoral  e, aparte de ser outra mostra de onde chega a estupidez, reflexa ás claras o grado superlativo de hipocrisía a que Aragunde nos ten acostumados.
Como todos sabedes fai unhas semanas, Luisiño  destapábase cun xesto de aparente xenerosidade, en concreto, saia na prensa para anunciar que agasallaba ás mariscadoras que vixiaban na zona de Castrelo cuns bancos para que se sentaran, pero non pensedes, queridos amigos, que Luisiño, a pesar de gañar mais de 60.000 euros anuais, os pagou do seu peto, a súa  xenerosidade non chega a tanto: os bancos estaban “aparcados” nun galpón, e tras darlle unha man de verniz, presentáronse ante a prensa, facendo pura pantomima porque, despois das fotos e as poses ante a prensa, dos bancos non se soubo mais pois os cargaron no mesmo camión que os trouxeron e leváronos de volta; a escusa que deron non podía ser mais patética: os bancos non podían quedar porque, aparentemente,  tiñan que xestionar co Concello os permisos pertinentes; esta escusa ridícula amosa que, unha de dúas: ou que son uns mentireiros ou uns verdadeiros incompetentes porque co Concello non teñen que xestionar nada pois os terreos onde pretendían poñelos pertencen a Costas.
Así e todo o  mais penoso desta anécdota e  que demostra hasta que punto Aragunde e a súa cuadrilla son uns verdadeiros hipócritas  é o feito de que queiran quedar ben cun sector como o marisqueiro que realmente impórtalle ben pouco porque, a hora da verdade, o PP o que fixo foi poñerse do lado dos que mais dano fanlle ás mulleres e aos homes que viven do mundo do mar ……….. ¿onde estaba Aragunde e o seu partido cando toda a xente mariñeira e marisqueira  manifestáronse en contra da mina do Pino Touro que supoñía un grave risco para a pesca, o marisqueo, a fauna e a flora das nosas rias? ¿Onde estaba Luisiño cando fai uns meses os barcos do cerco manifestáronse en Compostela reclamando unhas cotas xustas? Pero, tranquilos, que non pasa nada, que o que importa é que as mariscadoras teñan uns bancos, e aínda había algún  (e algunha) que lle aplaudía semellante xesto mais falso que Xudas.
Estaremos atentos para ver con que parida nos sorprende nos días que queda de campaña electoral o vago PPolítico, unhas eleccións nas que Luisiño xógase moito, en concreto,  poder seguir vivindo do conto da política porque iso de traballar xa nos demostrou, sobradamente, que non vai con el.

   UN SAUDO A TODOS
  
RICARDO DOMINGUEZ REY


9 de abril de 2019

QUERO DISCULPARME CON ROSIÑA OUBIÑA

Hoxe quero comezar cunha coñecida  cita do poeta inglés Alexander Pope (1688 – 1744) en concreto aquel pensamento que viña dicir  algo así: “Errar é humano, perdoar é divino, rectificar é de sabios”; eu non son divino nin sabio pero si humano e, por tanto, ás veces equivócome e por iso hoxe quero pedirlle desculpas á Rosiña Oubiña.
¿“Por qué tes que pedirlle desculpas a Rosiña”? Podería preguntarme alguén   ¿quizais por ter afirmado que é unha política que ten un corpo de infarto que esperta os desexos mais escuros, pecaminosos e inconfesables? Pois non, queridos amigos, sigo a pensar que a política do PP é unha das deputadas mais guapas e sexys de todo o hemiciclo galego , algo polo que algúns (e algunhas) tacháronme, erróneamente,  de machista, e remarco o de “erróneamente” por que, está claro, que descoñecen a definición de “machismo”…… intentar negar que Rosiña ten un inmenso atractivo e un sex apple innato é unha falacia mais grande que a Torre de San Saturniño, xa lle gustaría a moitas mulleres de trinta anos ter a percha e o atractivo  desta veciña da Cabana que, en apenas dous anos, entrará no club das sesentonas.
Entón ¿por qué debo pedirlle desculpas a Rosiña? ¿Quizais por que,  en mais dunha ocasión, téñoa calificado como unha “perfecta incompetente”? Outra vez, queridos amigos, teño que negar a maior:  dicir que Rosiña como política é un autentico “bulto sospeitoso” é quedarse, sinxelamente, curto; na súa anterior etapa como deputada no Parlamento de Galicia (e pola que cobrou a nada desprezable cantidade duns 60.000 euros anuais), apenas subiu ao estrado, e cando o fixo foi con todo escrito nun folio por que , iso si, non lle pidades que improvise un discurso por que iso xa é demasiado para o súa cabeciña;  pensar que esta mulleriña poida, de lonxe, realizar o mesmo traballo que desempeña a outra deputada cambadesa, Montse Prado é, simplemente, unha vergoña.
En definitiva ¿Por qué debo desculparme con Rosiña? A resposta é ben sinxela, debo desculparme por que acuseina, inxustamente, de “tocarse os ovarios” no Parlamento, en definitiva de “non rascar bola” e iso è totalmente inxusto pois Rosiña leva a cabo unha intensa actividade.
¿Qué actividade? Me preguntaredes moitos e a resposta volve a ser ben sinxela: a actividade de “joder” ben á cidadanía; si amigos, Rosiña, tanto nas súas anteriores etapas parlamentarias como na actual leva “dándolle polo cu” aos galegos (metafóricamente falando) e para elo poñerei , simplemente, dous exemplos.
Na súa anterior  etapa como deputada e a pesar de proceder dun pobo como Cambados, onde sabe da importancia económica  que ten a pesca e o marisqueo, non lle importou defender e votar a favor da Lei de Acuicultura que tanto criticaron e rexeitaron  a nobre xente que vive do mar en Galicia, despois de aquilo non sei como podía ter o morro de mirarlle á cara aos mariñeiros e mariscadores do seu pobo; afortunadamente aquela Lei non foi adiante pero como se acostuma nestes casos, “a intención é o que importa”.    
A segunda puñalada desta especie de Judas con faldas aconteceu fai apenas unha semana cando, Rosiña, xunto co seu partido votou en contra da petición presentada no Parlamento galego para dotar ao Val do Salnés dunha ambulancia medicalizada; non vou agora a marearvos con cifras e datos que avalan o feito de que tal medida  é xusta e necesaria para unha comarca que supera os 100.000 habitantes pero, unicamente, dígoche Rosiña que non te desexo, en absoluto, ningún mal pero oxalá nunca a túa vida ou a da túa señora nai dependa de que, nun momento dado, necesitaras dos servizos de tal vehículo i espero que nunca ninguén che teña que lembrar  o teu voto en contra, e iso a pesar que o PP de Vilagarcía de Arousa nun pleno municipal votara a favor de tal petición, algo que xa é normal no partido da gaivota que é capaz de defender unha cousa e a contraria.
Seguiremos atentos a esta nova etapa como deputada de Rosiña, labor pola que cobrará a nada desprezable cantidade duns 5.000 euros mensuais; cando penso isto non podo evitar lembrarme da canción que servía de introdución á serie televisiva “Fariña” cando dicía aquilo de:   “O que teño que facer pra non ter que ir ao mar” aínda que no caso desta “ilustre” cambadesa cambiaríase a letra por: “ O que teño que facer para non ter que poñerme a apañar patacas ou dar sulfato”.
Un saúdo a todas e a todos

RICARDO DOMINGUEZ REY




2 de abril de 2019

CARTA ABERTA A SABELA FOLE, Nº 2 DO PP ÁS ELECCIONS MUNICIPAIS

Imaxe: Faro de Vigo
Apreciada Sabela:
Mentiríache  si che dixera que non me sorprendeu a túa candidatura como nº 2 nas listas municipais do Partido Popular ao Concello de Cambados, non por que non sexas unha muller lista e  sobradamente preparada para ocupar tal posto senón, mais ben, por que hai que ter moitos collóns (no teu caso, mais ben, ovarios) para decidir ir de nº 2 dun tipo tan mediocre, inútil e incompetente como é (e como non deixa de  demostrarnos cada dia ) Luís Aragunde; supoño que, a mellor expresión, que se pode aplicar e que me ven a cabeza neste caso é aquela famosa frase que aparece no Cantar do Mio Cid: “Que buen vasallo sería si tuviera un buen señor”  pero como estamos en democracia e cada quen é libre de presentarse onde e con queira, non serei eu quen che quite a túa  ilusión nesta nova e apaixonante experiencia.
En calquera caso e se mo permites vouche dar uns sinxelos consellos para que o teu salto á política local da man do partido da gaivota sexa o mais frutífero posible.
Para empezar debes saber que   sendo muller e ocupando un posto tan alto nas listas peperas cambadesas hai dous formas de proceder totalmente opostas, eu vouchas a describir ámbalas dúas   para que escollas a que consideres mais axeitada e para elo vounas a nomear como o Método “ANABEL CARRO” e o Método “ROSIÑA OUBIÑA”.


O Método “ANABEL CARRO”  
A priori, querida Sabela, este método semella ser o que mellor se che podería  aplicar por que contas con todas as condicións necesarias: unha muller nova , con estudos, capacidade e con gañas de aportar ideas propias, en resumidas contas, un sopro de aire fresco para o partido que ten a  súa sede na rúa Castelao e (aínda) a nome dun histórico contrabandista.
En calquera lugar do mundo recomendaríache, cos ollos pechados,  este método pero Cambados e, sobre todo, o PP cambadés sonche moi “particulares”:  si optas por destacar, por demostrar a túa valía, os que están por riba túa xerarquicamente poden entender que lles poderías “mover o asento” e deixar, ben ás claras, a súa  mais que evidente incompetencia, co que acabarían buscándoche un posto, un cargo sen ningunha relevancia para que non lle resultes “incomoda” ao bulto sospeitoso que está ao fronte; por todo  elo, véxome na necesidade de explicarche o segundo método, que optei en denominar como: o Método “Rosiña Oubiña”
O Método “ROSIÑA OUBIÑA”
Para este método, Sabela,  non necesitas reunir ningunha condición especial, si cadra ter un corpo de infarto que esperte os desexos mais escuros, pecaminosos e inconfesables  e, sobre todo, aparentar ser unha perfecta incompetente, canto mais burra aparentes ser moito mellor; poderías pensar que estou esaxerando pero podo  asegurarche que, mesmamente, poderías chegar a tenente de alcalde ou, incluso, a deputada no Parlamento de Galicia. Como xa sinalei anteriormente, para este método non necesitas de ningún don especial, limítate a sorrir coma unha parva, non levarlle a contraria ao teu líder supremo   e a repetir o que el diga.
Vista a  presentación da túa candidatura a semana pasada e vista a primeira parida que soltaches por esa boquiña de piñón no referente a que “los partidos gobernantes estuvieron más preocupados por sus problemas internos que por las necesidades del pueblo” podo afirmar, sen temor a equivocarme, que apostaches decididamente por este último método: repites coma un papagaio  as mesmas “chorradas” que ven dicindo Luisiño dende fai tempo.
Gustaríame que tiveras un pouco de criterio propio e me dixeras cales consideras   que son, para ti, “las necesidades del pueblo” por que para min son, por poñerte, soamente,   algún exemplo que o Centro Médico non peche polas tardes no verán ou en Semana Santa; que o pobo de Cambados  e, por extensión, a comarca do Salnés conte cunha ambulancia medicalizada ou que o Concello amose o seu apoio incondicional a un sector tan importante para o pobo de Cambados  como é o sector pesqueiro; en calquera dos tres casos mencionados ¿onde estaba o teu amado partido? ¿e Luisiño? ¿Quizais mirando que muros estaban tirados aínda que non foran competencia do Concello?     
O de que os membros do cuatripartito se leven ben ou mal entre eles é unha “soplapollez” impropia dunha persoa da túa intelixencia;   por poñerte un exemplo ao teu “nivel” intelectual para que o entendas: cando eu levo o meu coche ao taller impórtame ben pouco que o mecánico a noite anterior discutira coa súa muller ou que botaran o mellor “polvo” da súa vida,  mentres a min me repare ben o meu auto. ¿ou acaso ti como avogada vas dicirme que todos os teus clientes cáenche estupendamente? Permíteme que o poña en dúbida.


En calquera caso e polo ben da túa recen iniciada carreira política espero que teñas presente os meus consellos e sei, a ciencia certa, que haberá días en que te desesperes e queiras deixalo todo  por que ter a Aragunde de superior é un reto certamente complicado, vamos, que é (e perdoa a comparación) como ter un fillo parvo, coa diferenza de que o fillo polo menos amósate un certo afecto e Luisiño, egoísta onde os haxa,  soamente pensa en si mesmo.


UN SAUDO E NON DESESPERES


RICARDO DOMINGUEZ REY

    


16 de enero de 2019

¿PRAZA DE FEFIÑANS PECHADA OU PRAZA DE FEFIÑANS PROSTITUIDA?


Quería comezar este relato cunha anécdota que me contou no seu dia un bo amigo que,  por desgraza, xa non está entre nos: o sempre recordado Luís Rei e que ven á perfección  para ilustrar o asunto do que quería falar hoxe.
Resulta que o grovense recibiu un dia a visita duns amigos italianos, mais concretamente, da cidade de Roma; os seus amigos, que estaban de vacacións na nosa comarca, querían coñecer un pouco a  cultura e arquitectura do lugar e preguntáronlle, ao entonces encargado da Casa da Cultura cambadesa, lugares que podían visitar, Luís Rei pensou ao onde carallo podería mandar aos habitantes dunha das cidades, probablemente, mais ricas en arquitectura e urbanismo do mundo e dándolle voltas ocorréuselle a Praza de Fefiñáns, así que doulle as indicacións precisas e para ala foron os veciños da Cidade Eterna; como me contaba o propio Luís, cando regresaron  preguntoulles a súa impresión e confesoume que non puido sentir mais vergoña allea: os seus amigos dixéronlle que si ben a praza non estaba mal, non puideron contemplala tanto como quixeran porque estaban mais pendentes de que non lles atropelara ningún coche e preguntábanlle ao grovense como era posible que un conxunto arquitectónico como aquel estivera aberto ao tráfico rodado.
Cando, periódicamente, salta en Cambados a polémica, alentada polos medios rancios,  de que a Praza de Fefiñáns debería estar aberta aos automóbiles non puido evitar lembrarme desta anécdota e pensar no grado de ignorancia ou manipulación no que caen algúns que seguen a defender esa idea tan desacertada.
Sexamos realistas e preguntémonos ¿alguén pode realmente  imaxinarse a Praza do Obradoiro en Compostela, a Praza de María Pita en  A Coruña ou a Praza Maior de Madrid, por poñer soamente tres casos, abertas ao tráfico?.
 Ocórrenseme moitos motivos i exemplos para defender que non se abra a Praza de Fefiñáns pero, soamente,  vou a expoñer dous casos moi clarificadores e levados a cabo, moi preto de Cambados, concretamente, en Pontevedra i en  Vilagarcía de Arousa.
No caso da capital da provincia xa fai tempo que apostaron por un modelo de cidade que,  a vista dos resultados, confirman que non puideron estar mais acertados; Pontevedra nestes últimos anos leva recibindo premios i eloxios pola  súa decidida aposta por facer unha cidade pensada sobre todo para as persoas e non para os coches; sen ir mais lonxe, fai pouco mais de dous meses,  en Barcelona, tivo lugar unha serie de charlas, nas que estiveron presentes unha nutrida representación da nosa comarca (incluída a alcaldesa de Cambados) e onde se puxo como exemplo a seguir  á cidade do Lerez.
No caso de Vilagarcía, aínda que mais recentemente, tamén veñen apostando, quizais, vistos os resultados de Pontevedra, por humanizar as súas rúas; eu vou a pararme nun lugar en concreto que coñezo moi ben porque vivín case catro anos alí: a rúa Alcalde Rei Daviña.
Para o que non se sitúe, a rúa Alcalde Rei Daviña de Vilagarcía é a que vai paralela, polo interior, a avenida da Mariña e onde se atopa, entre outras, a Casa da Cultura e a oficina de  correos; pois ben, como contaba, eu vivín nesa rúa, fai uns vinte anos, a finais dos noventa, cando xa se barallaba a posibilidade de peatonalizala e lembro que moitos comerciantes, por entonces,  daban as mesmas escusas que están dar agora os comerciantes de Cambados que se opoñen a que a praza de Fefiñáns siga a ser peatonal: que si pechaban a rúa ao tráfico seria a súa ruína, que baixarían as ventas etc…. Pois ben,  todos coñecedes a historia: O concello de Vilagarcía acabou pechando a rúa Alcalde Rei Daviña totalmente i eses malos augurios dos que falaban, entonces, os comerciantes non soamente non se cumpriron senón que, hoxe en dia, a rúa  Alcalde Rei Daviña é unha das rúas con mais actividade comercial da vila, chea de comercios e lugares de restauración.
Persoalmente penso que os comerciantes da rúa Real que se opoñen a que a praza de Fefiñáns siga pechada equivócanse e dígollo con todo o cariño; ademais si o seu razoamento fora certo, xente como Yayo Daporta xa se tería plantado lume fronte ao concello reclamando o mesmo, pois,  o recoñecido cociñeiro cambades, ten probablemente, o seu negocio no peor sitio do pobo: nunha rúa peatonal, con problemas para aparcar e sen ningún tipo de indicacións, seguro que se cambiaba gustosamente por mais de algún dos negocios que tanto se queixan.
Precisamente entre eses negocios hai un no que quería determe especialmente por que  o seu encargado é un dos que mais se está manifestando para pedir que se reabra a praza; pois ben fai uns días un amigo meu, que leva feito campaña publicamente   a favor de que a Praza de Fefiñáns permaneza pechada comentábame que, este individuo, sabedor de elo, cada vez que o atopa pola rúa bótalle unha mirada de “chulo de putas” como si o meu amigo non estivera no seu lexítimo dereito a expresar a súa opinión que para iso estamos en democracia; deste encargado non me resisto a contar una anécdota real como a vida mesma e que exemplifica  a súa catadura moral; resulta que fai un tempo este suxeito presentouse nunha depuradora para coller marisco para o seu negocio e un dos traballadores de alí, preguntoulle se non iria a manifestación que, por entonces, tería lugar en Compostela por parte dos mariñeiros do cerco para protestar polos acordos desastrosos acadados por parte da Xunta para os mariñeiros desta arte de pesca, a súa resposta xa o retrataba a perfección porque o que lle contestou textualmente foi: “bueno carallo, que vaian a tomar polo cú, por min como se afunden todos os barcos do cerco”; cando escoitas isto e, despois ves  a dito fulano falar, buscando o apoio para súa causa ¿Qué queres que vos diga? A este “tipiño” mellor iríalle en preocuparse polo seu negocio para non ter outra inspección de Sanidade como a que tivo e que, grazas as súas amizades con certos políticos locais, sacáronlle as castañas do lume e tal denuncia non chegou a mais.
Por certo outro dato interesante: neste local era onde o entonces  encargado de certa institución de Cambados, que a min, particularmente, dáme serta pena,  se presentaba, cando necesitaba xustificar facturas para cobrar as dietas que se metía no peto, quizais, por iso dito ex encargado ten alí unha parada obrigada  para tomar os viños (descoñezo se tamén segue tendo debilidade polos gin tonics).
Veremos como acaba a cousa pero, dende aquí, eu quero animar ao goberno do Concello de Cambados para que manteña a Praza de Fefiñáns pechada para disfrute de tódolos cambadeses e de tódolos foráneos que se decidan achegarse ao mellor pobo do mundo.
   
UN SAUDO A TODOS

RICARDO DOMINGUEZ REY
   Imaxes da Plaza:  Peonalización da Praza de Fefiñáns