Mañá venres 9 de novembro conmemórase o cabodano do poeta Ramón Cabanillas.
A xornada conmemorativa comezará ás 11:30 no IES Asorey coa entrega dos premios do I concurso de poesía “Cambados mar de letras”.

Ás 19:00, no paseo da Calzada realizarase a ofrenda floral e lectura dos seus poemas, no cabodano de Ramón Cabanillas ante a súa estatua.
E ás 21:00, no auditorio da Xuventude haberá un concertó-homenaxe a Cabanillas a cargo do grupo Cantigas e Agarimos.
A maiores, co fin de perpetuar a memoria de Cabanillas. a Concellería de Cultura está preparando un “Roteiro Cabanillas” que a través de vintecatro puntos dispersos por Cambados pretende dar a coñecer a vida e traxectoria do poeta.
Ademáis, coa intención de achegar o seu legado tamén ao ensino, o departamento de Cultura está elaborando un libro destinado aos máis pequenos do municipio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.