Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de octubre de 2013

A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS PON EN MARCHA O II PLAN DE EMPREGO






 A Mancomunidade do Salnés comeza o luns co proceso selectivo do seu segundo Plan Integral de Emprego, co que se intentará dar unha saída laboral a un cento de desempregados da contorna.

Un cento de desempregados da comarca do Salnés de diversos perfís poderán contar coa axuda da Mancomunidade do Salnés na procura de traballo, grazas ó Plan Integral de Emprego que se pon en marcha en cuestión de días grazas ó financiamento da Consellería de Traballo, que achega un orzamento máximo de 120.000 euros. O proceso selectivo comeza o vindeiro luns; nel procuraranse perfís do máis variado para darlles un pequeno empurrón á hora de buscar emprego. Aqueles que veñen de perder recentemente o seu emprego por un ERE ou acontecemento semellante non fará falla que procedan directamente do INEM. Este Plan prolongarase ata Xuño e o obxectivo é que os participantes consigan un contrato de alomenos seis meses. Esta é a segunda edición deste Plan Integral de Emprego. 

Na edición anterior conseguiuse que o 38 % dos participantes conseguise traballo e mesmo que varios deles optasen polo autoemprego. Para iso foi necesari crear  cursos de actualización en certas materias como os de formación para comerciais ou para conductores de carretillas elevadoras de carga lateral.






O S.L.G. DENUNCIA LISTAS DE ESPERA DE 3 ANOS NA TERRA CHÁ DE LUGO






A Secretaría das Mulleres do SLG denuncia listas de espera de até 3 anos para acceder a consultas xinecolóxicas na Terra Chá.

A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego denuncia o desmantelamento dos servizos de xinecoloxía no Punto de Atención Continuada (PAC) de Vilalba, que presta atención médica a case todos os concellos da Terra Chá. No PAC de Vilalba está pechada a axenda para poder ter revisións xinecolóxicas dende principios de 2013 e, segundo informaron verbalmente responsables do centro, non se volverán dar citas até o ano 2015. Isto implica que as mulleres da Terra Chá están a ser privadas do servizo de xinecoloxía a través da Seguridade Social, xa que non poden pedir cita para consulta no Hospital de Lugo porque se supón que xa teñen esa especialidade en Vilalba. Isto obrigará a aquelas chairegas que queiran acudir a unha revisión xinecolóxica antes de 2015 a recorrer á sanidade privada. Podemos ilustralo cun caso real: unha muller que se fixo unhas probas xinecolóxicas a mediados de 2012 e tivo en marzo de 2013 consulta para coñecer os resultados, non poderá ter unha revisión até 2015, tres anos despois das probas iniciais cando, neste caso concreto, a revisión tiña que facerse ao ano de realizar as probas (a mediados de 2013).

Este é un problema de vello na Terra Chá, onde o SLG xa ten denunciado a anulación de citas en outono do ano pasado por falla de especialistas; atrasos de varios meses nas revisións; ou as listas de espera de un ano para ter cita en xinecoloxía que xa se denunciaron en 2008. 

A DEPUTACIÓN FINANCIA 56 POSTOS DE TRABALLO EN 49 EMPRESAS DO SALNÉS




Dixo que o pioneiro e innovador Plan de prácticas laborais para mozos titulados sen experiencia laboral previa da Deputación de Pontevedra contribúe a loitar contra o paro, reactivar e economía, apoiar os emprendedores e evitar que os mozos teñan que emigrar
Tune Eureka
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou hoxe, no curso dunha visita á empresa Tune Eureka SA, de Vilagarcía, que esta firma «aporta un gran valor engadido ao Salnés e a Galicia». A Deputación correrá con todos os custos, salarios, etc. deste traballador por espazo dun ano.
Na comarca do Salnés son 49 as empresas que se beneficiarán, durante un ano, de 56 bolseiros, mozos titulados universitarios sen experiencia laboral previa, que traballarán nas citadas firmas financiados pola Deputación.
17 de Vilagarcía reciben 18 mozos licenciados, 5 empresas de Meaño, Sanxenxo, Ribadumia, reciben 5 bolseiros cada un, en Valga 4 empresas e 4 bolseiros, no Grove 2 bolseiros para unha empresa, Vilanova 2 empresas 1 bolseiro cada unha, A Illa 1 licenciado para 1 empresa ao igual que Meis
8 serán as empresas de Cambadosque reciban a 13 titulados: Terra de Asorei (ciclo superior Administración e Finanzas), Confecciones Trivi (2 : ídem e un licenciado ADE), AG Salnés (2: ciclo superior Industrias Gráficas e licenciado Belas Artes), Buján y Álvarez (Xestión Comercial e Marketing), Horsal (enxeneiro agrónomo), Martín Códax (3: ídem, un licenciado en Enoloxía e un licenciado en ADE), Hortumia (2 enxeneiros agrícolas), Mariscos Linamar (ADE).
 
Todo o listado completo AQUÍ


ROSA QUINTANA NON SE ENTERA E FEIJÓO TAMPOUCO






A consellería do Medio Rural reserva 96 millóns de euros do orzamento co que contará o vindeiro ano para infraestruturas forestais e políticas de prevención de lumes. É un 12% máis que neste 2013. En total o departamento de Rosa Quinta xestionará 538 millóns, cos que se tratará de potenciar sobre todo a actividade no rural e a comercialización dos produtos no exterior.

A consellería do Medio Rural e do Mar contará no 2014 con 538 millóns de euros de presuposto. Son un sete por cento menos que neste ano, é dicir, 44 millóns menos, unha baixada que atribúen sobre todo ó remate de programas europeos dos que percibían subvencións, ó fin de aplicación de fondos da Política Agraria Común e a axustes nos cadros de persoal. Malia todo, desde o goberno galego asegura que estes recortes non impedirán potenciar o sector primario, dinamizar a economía do rural e impulsar a comercialización no exterior. Obxectivos todos eles que se marcan neste orzamento. Que van comercializar do monte...? As piñas, os fentos  ou a madeira queimada?
Rosa Quintana sabe que esto non é Castela, Galicia non ten pastoreo, non hai rebaños de ouvellas que poidan comer nos montes e de paso limpalos. 

 Á hora de priorizar de recursos, a conselleira Rosa Quintana apuntou no Parlamento que 96 millóns dese orzamento irán destinados a accións de prevención de incendios e infraestruturas forestais. Un doce por cento máis que neste 2013. Medio Rural apostará pola produción do monte, apoiando os traballos silvícolas, os sistemas silvopastorís e a apicultura, pero en especial, pretenden impulsar a comercialización dos seus produtos.
Todo moi ben pero non se ve unha política de limpeza e coidado dos montes para atallar o problema dos lumes, todo en políticas das que se derivan cursos e máis cursos para "ensinar" a xente a sacarlle rendemento? ao monte. Os únicos beneficiarios son os que van a impartir eses cursos e as empresas que os promoven.

 Cursos que por certo teñen un final coa entrega de diplomas e todo iso moitas veces acompañados dun viño e uns pinchos que tanto gustan a Conselleira

O CLÁSICO DO BASQUET PROVINCIAL QUENTA MOTORES






Si o sábado pasado xogouse o "clásico" nacional en fútbol, este sábado tócalle ao clásico provincial de baloncesto

É outra categoría, uns obxectivos diferentes aos dos últimos anos, pero a rivalidade sa entre Peixe Galego e Xuven Conservas de Cambados non decae ante o primeiro derbi provincial dende o ascenso de ambos os dous á liga Adecco Prata.
A expectación en Marín e Cambados é máxima horas antes dun encontro que se xogará no Pavillón da Raña (sábado 19:30 horas).
Espérase un grande ambiente nas bancadas para un partido no que está en xogo a supremacía galega na
categoría, despois de arrancar os dous equipos a competición con dous triunfos en catro xornadas, aínda que os amarelos contan cun partido menos tras descansar na primeira semana de liga.
As sensacións do Conservas de Cambados foron tremendamente positivas ata o momento, cunha derrota axustada ante o poderoso Palma Air Europa e dous triunfos folgados ante o Grupo Eulen e o CB Prat, unidos a unha notable pretempada.
Pola contra o Peixe Galego comezou a liga con maior sufrimento pero aproveitando as súas oportunidades para vencer, de xeito axustado, na primeira xornada ao Zornotza e na cuarta a domicilio ao Askatuak. No medio dúas derrotas na casa ante Fuenlabrada e Cáceres que non enmascaran que os de Javi Llorente protagonizaron unha clara evolución co paso das semanas.

Partido do ano pasado en Cambados
Non obstante todo isto pouco contará nun derbi que fraguou a súa lenda durante as intensas tempadas de ambos os dous conxuntos na liga EBA.
Tanto Javi Llorente coma Yago Casal poderán dispoñer dos seus mellores xogadores para o encontro.


SAMAÍN E MAGOSTO NO SALON PEÑA DE CAMBADOS HOXE








Dentro do programa Cambados Cooltural 


O Samaín de Cambados empeza ás seis da tarde e é no salón de Peña. Non no Parque de Torrado como informan algúns medios. A decisión tomouse onte ante a previsión de baixas temparaturas como para facelo ao aire libre. Celébrase conxuntamente cun magosto popular. A festa arrinca coa actuación da actriz Raquel
Queizás, co espectáculo “O cabaliño de pedra”   e posteriormente haberá degustación de castañas asadas e doces típicos destas datas, elaborados pola asociación de amas de casa "Albariño" de Cambados
Tamén haberá música.

30 de octubre de 2013

EXITO DE PÚBLICO NA PRESENTACION DO PROXECTO C3






O Teatro Principal acolleu este martes a estrea dos tres audiovisuais que compoñen o Proxecto C3.
Trátase da videocreación Camina: A Bella Otero, o documental ficcionado Cimenta: Maruja Mallo e a curtametraxe Crea: María Casaresademais dos traballos fotográficos de cada unha delas.
As responsables deste Proxecto C3, Mayka Braña e Baia Fernández, explicaron esta iniciativa que nace da man da Film Commision de Pontevedra, cuxa responsable, a concelleira Carlota Román, dirixiu aos presentes unhas palabras de benvida. As cambadesas  Beatriz Moares, Noelia Toledano forman parte do proxecto.

O evento tamén contou coas actuacións musicais da cantante Arancha Rodríguez, que interpretou Quen poidera namorala acompañada polo guitarrista Juan Pablo Charlo. Ademais o grupo "De buena tinta" rapeó a ritmo de hip hop textos de Mallo, Casares e a Bella Otero.
Fonte: PontevedraViva

OS EMIGRANTES RETORNADOS BUSCAN EN CAMBADOS O QUE LLE NEGARON EN VILAGARCÍA







A Plataforma Emigrantes Retornados do Salnés estará mañán presente no pleno municipal que se vai celebrar como cada último xoves de mes en Cambados.


Un dos puntos a debatir será si o Concello deCambados  apoiará a esta Plataforma nas suas reivindicacións. Cabe recordar que en Vilagarcía non foi apoiada a sua demanda pero si no pleno da Mancomunidade do Salnés si foi apoiada, coa extrana e cobarde ausencia do alcalde vilagarcián.

Desexamos que Aragunde non se dobregue ante o sr. Montoro e vote a favor da moción.


CAMBADOS E PONTEVEDRA SEDES DOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA INFANTIL DE BALONCESTO





A Federación Española de Baloncesto adxudicou a Cambados e Pontevedra a organización doscampionatos de España do clubs en categoría infantil, segundo adiantou Diario de Pontevedra e confirmou a propia federación na súa páxina web.
Ambos os dous torneos disputaranse do 15 ao 21 de xuño, sendo Cambados a sede da competición masculina e Pontevedra da feminina.
Cada un dos campionatos contará coa presenza de 32 equipos e preto de 400 xogadores cun movemento total, segundo a estimación da Federación Galega, de 3.000 persoas.

A pesar de existir confirmación oficial, os clubs que organizarían a competición en Pontevedra, Arxil e Estudantes, explicaron que ata o momento aínda que se mostraron interesados non teñen comunicación da súa designación como sede.
Segundo aseguran, os campionatos adxudicáronse á Federación Galega de Baloncesto, sendo eles os que teñen que decidir finalmente o lugar de celebración.
Por ese motivo o ente federativo convocou os clubs a unha reunión que se celebrará en Santiago de Compostela o próximo martes 12 de novembro.


A REVISTA HOLA DESTACA A CAMBADOS COMO DESTINO NESTA PONTE DE DEFUNTOS





A revista Hola.comviajes publica hoxe un artigo sobre Cambados e outras catro poboacións cuxo nexo de unión aparte da beleza é o viño. Destaca todo o que se pode ver e visitar nestas vilas.

Cinco pobos con "bouquet" para esta ponte. En que se parecen Cambados, Peñafiel, Olite, Laguardia, Briones? Pois que son bonitos, teñen moito arte e a súa vida vira en torno ao viño, con museos, adegas e unha paisaxe de viñedos que os envolve. Cinco plans completitos para este longo fin de semana. 

De Cambados di.............

Visitas guiadas, talleres sensoriais, cursos de cata, percorridos guiados pola Ruta do Viño Rias Baixas. O Museo do Viño de Cambados é unha homenaxe ao viño Albariño, ao que a vila sempre estivo ligada. Está situado xunto á beira das ruínas de Santa Mariña Dozo e mostra un percorrido pola historia, a arte, a cultura popular, así como todos os aspectos vitivinícolas desta denominación de orixe. Ademais do museo, en Cambados tamén resulta obrigada unha ruta polas súas adegas, algunhas no centro histórico desta localidade onde a nobreza galega habitou no seu día algunhas dos casaróns señoriales desta antiga parroquia mariñeira que é conxunto histórico-monumental, salpicado de pazos como o de Montesacro e o de Fefiñáns, igrexas, torres e capelas.

Toda a reportaxe.  AQUÍ



SOCIOS DA CONFRARÍA DE CAMBADOS PIDEN MÁIS PROBAS NA QUERELA CONTRA O PATRÓN MAIOR






OS SOCIOS DA CONFRARIA PIDEN A PRÁCTICA DE MAIS PROBAS NA QUERELA CONTRA BENITO GONZALEZ EN SANTIAGO Ata 24 socios da Confraria de Cambados están recoñecidos como parte acusadora no procedimento DPA 5722/12 que se está a tramitar no Xulgado de Instrucción Nº 1 de Santiago de Compostela por mor dunha querela presentada polo Ministerio Fiscal contra Benito Gonzalez por distintos delitos, e a un requerimento da Xuiz de Instrucción para que interesaran a práctica de novas dilixencias, estes, por medio da súa representación precesual fixeron unha valoración de proba practicada ate o de agora e solicitaron a práctica de novas provas. Preto da valoración efectuada sacan as seguintes conclusións: 1º.- Que o patrón maior ven cobrando percepcións salariais tanto como Patrón Maior, como presidente da Federación Galega de Confrarias pese a gratuidade dos cargos que rexe nestas corporacións. O manifestado polo Patrón Maior que era porque “deixaba de traballar no meu traballo” é unha escusa vanal do patrón maior cambadés. O decreto 261/02 da Xunta de Galicia impón EXPRESAMENTE a gratuidade dos cargos desempeñados polo querellado Benito González. A parte querelante acreditou tamén que o Patrón Maior que a maiores das retribucións percibidas eran compatibilizadas ademais con percibo de prestacións públicas da seguridade social en materia de incapacidade temporal. 2º.- Que o Secretario da Federación Galega de Confrarias recoñece en sede xudicial que “o quie percibe mensualmente o patrón maior procede dos fondos públicos que derivan de entregas anuais da Conselleria do Mar.” 3º.- Preto dos tickes de pesaxe do marisco atribuidos ao Patrón Maior, pese a estar acreditado documentalmente a Secretaria da Confraria dixo que a que se encargaba de realizar as facturas era a contable da entidade. 4º.- Preto dos cobros por vixiancia os bateiros, está acreditado que existian mediante as cintas aportadas a causa e que non foron declaradas ilicitas pola xuiz, ademais da proba testemuñal dun dos vixiantes e un membro do cabildo recoñendo en sede xudicial eses pagos. 5º.- Preto da existencia dunha conta corriente na confraria a nome de tres persoas en Caixagalicia consta a súa existencia documental e que na mesma exstiron movementos dinerarios que non se poideron xustificar e tamén se demostrou documental e testificalmente. Vindeiras Probas solicitadas perante o Xulgado: Documental: Solicitar da Confraria facturas físicas das ventas realizadas pola Confraria as empresas propiedade do Patrón maior ou de outras calquera nas que sexa socio, accionista, apodera etc como pode ser Porto de Cambados S.L. Solicitar a Federación nascional de Confrarias relación detallada das compensacións e indemnización económicas perbididas polo querellado. Testemuñal: Declaración da Contable da Confraria como responsable da facturación das retribucións, dietas e ventas realizadas polo Patrón Maior de Cambados.
Pericial: Que Inspectoras de facenda emitan un informe no que se faga constar:
A) Relación detallada , natureza xurídica e consideración tributaria das compensacións ou indemnizacións percibidas por Benito González. 
B) Relación de gastos de representación atribuidos como Presidente da Federación Galega dende o 2008 ata a actualidade. 
C) Relación detallada indicando natureza xurídica e consideración tributaria como Patrón Maior de Cambados das compensacións recibidas dende o ano 2008, e si algunahs de esas retribución se facian con cargo as súas empresas. 
D) Examen de todas as facturas expedidas a nombra das empresas de Benito González. E) Informe da todalidade dos “donativos” recibidos pola confraria de Pescadores dende o ano 2008, incluindo os nome dos donantes. 
F)Analise e informe sobre os movementos realizados pola citada conta aberta en Caixa Galicia con indicación dos seus titulares.  
G) Relación completa dos abonos realizados por entidades privadas, propietarios de bateas, depuradoras etc, tamén dende o 2008 ata actualidade.



29 de octubre de 2013

AUMENTAN AS EXPORTACIONDS DE ALBARIÑO RIAS BAIXAS





O volume das exportacións dos viños de Denominación de Orixe Rías Baixas creceu durante a campaña 2012-2013 un 25,2 por cento con respecto á anterior.

Este martes compareceron en rolda de prensa na sede desta Denominación de Orixe, en Pontevedra, o presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araújo, xunto ao secretario xeral da D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro, para ofrecer estes datos que "pon de manifesto que o esforzo realizado polo sector para incrementar a súa presenza nos mercados internacionais está sendo acompañado por excelentes resultados".


Con máis de cinco millóns de litros exportados a case 60 países, as cifras da recente campaña reflicten o "salto de xigante", segundo resaltaron, realizado na última década, durante a cal triplicouse o volume da exportacións.


Ademais o valor das exportacións incrementouse en máis dun 220 por cento en relación coa campaña do ano 2003-2004 e un 14,6% con respecto á última campaña, alcanzando un total de 26,3 millóns de euros. Na actualidade, as adegas da D.O. Rías Baixas destinan aos mercados exteriores o 29% do viño que comercializan.

 

Estados Unidos, que representa o 49% do total de exportacións tanto en volume como en valor, volve ser o mercado exterior onde os viños da D.O Rías Baixas reciben mellor acollida. Alí destináronse 2,5 millóns de litros, case o dobre do ano anterior. Noutros países do continente americano tamén van consolidando a súa presenza, especialmente en Porto Rico e México, con aumentos do 22,56% e o 10,46%, respectivamente.
Dentro da Unión Europea, Reino Unido segue sendo o maior consumidor para esta denominación. Na última campaña importou preto de 659.746 litros, o que supón un 15,8% de incremento con respecto á campaña anterior. Séguenlle a distancia Alemaña, con 341.038 litros, e Holanda, con 165.033 litros. Fóra do ámbito da Unión Europea destacan as exportacións a Rusia, onde as cifras achéganse ao cuarto de millón de litros.




O PSOE DE CAMBADOS PROPÓN APRAZAR A SUBA DE IMPOSTOS E TAXAS QUE QUERE ARAGUNDE





Os socialistas de Cambados veñen de enviar unha nota de prensa na que amosan o seu malestar pola suba xeral de impostos e taxas no Concello de Cambados.


Os Socialistas pensamos que os cidadáns xa teñen demasiados gastos como para poder afrontar unha nova suba. Recordamos que o Goberno subíu o IBI un 50% nos últimos dous anos e que Feijoo subíu a auga  e ademáis instaurou un canon de saneamento.
Neste Pleno  quere facerse unha suba en case tódalas taxas e prodúcese unha rebaixa de cara á galería en taxas que apenas teñen uso como a tarifa de auga de obra ou a de instalación de anuncios sobre soportes. Sen embargo, subirá auga de uso doméstico, a prestación de servizos de axuda no fogar,  subirá o recibo do lixo, a instalación de postos e casetas de venda, cobraráse pola utilización das casas de cultura, pola expedición  de documentos…
Consideramos que esta suba indica unha clara falta de sensibilidade por parte do goberno local ante a difícil situación da mayoría das familias, e que hai outras formas mellores de cadrar as contas municipais, por exemplo sendo máis eficientes, aforrando en gastos inútiles como as comilonas e as viaxes que se fan con cargo ó contribuínte.

       Tendo en contar a perda de valor adquisitivo de moitas familias, a situación que nos encontramos de crise, o número tan alto de desempregados do noso pobo e outros novos pagos que se deben afrontar, como o dos medicamentos,  e xa que o ministro Montoro fala da tan próxima recuperación de España para o 2014, os Socialistas de Cambados propoñemos o aprazamento da suba das taxas para cando esta recuperación sexa efectiva e as familias poidan afrontar máis desafogadamente os pagos.                                                                                  

A DIRECTIVA DO XUVEN PLANTEXA A POSIBILIDADE DE ACOMPAÑAR AO EQUIPO NOS DESPRAZAMENTOS





A directiva do Xuven Conservas de Cambados está consultando as posibilidades para posibles viaxes en grupo para os partidos que o primeiro equipo xogue fóra de casa.
A continuación detallamos os partidos, a hora do mesmo e os lugares onde o Xuven xogará de visitante. Agradecemos que quen estea interesado en ir a algún desprazamento, mencióneo no muro deste evento, indicando o partido ou partidos que estaría disposto a ir e cantas persoas serían.
Desde xa agradecen a participación e o esforzo dos afeccionados para acompañar e alentar ao Xuven alá onde vaia.


Fundación Baloncesto Fuenlabrada - Conservas de Cambados
17/11/2013 19:30 hs. Fuenlabrada (Madrid)

Askatuak - Conservas de Cambados
30/11/2013 20:15 hs. San Sebastián (Guipúzcoa)

Azpeitia Azcoitia ISB - Conservas de Cambados
22/12/2013 18:00 hs. Azpeitia (Guipúzcoa)

Palma Air Europa - Conservas de Cambados
18/01/2014 20:30 hs. S'Arenal (Islas Baleares)

G. Eulen Carrefour "El Bulevar" - Conservas de Cambados
08/02/2014 19:00 hs. Ávila (Ávila)

Zornotza Saskibaloi Taldea - Conservas de Cambados
23/02/2014 12:00 hs. Amorebieta-Echano (Vizcaya)

Cáceres Patrimonio de la Humanidad - Conservas de Cambados
09/03/2014 12:30 hs. Cáceres (Cáceres)

CEBA Guadalajara - Conservas de Cambados
22/03/2014 18:30 hs. Guadalajara (Guadalajara)

Araberri Basket Club - Conservas de Cambados
29/03/2014 19:30 hs. Vitoria-Gasteiz (Álava)

Amics Castelló - Conservas de Cambados
12/04/2014 20:00 hs. Castellón de la Plana (Castellón)




A FEDERACION DE BALONCESTO ELOXIA AO CONSERVAS DE CAMBADOS





Na sua crónica semanal a F.E.B. na sua web destaca o bo facer do Xuven e dos veciños de Marín neste tramo inicial de liga. O vindeiro fin de semán veranse as caras en Marín
A inesperada derrota do líder, Cáceres Patrimonio da Humanidade, deixou a zona nobre da clasificación da Adecco Prata na súa cuarta xornada sen ningún equipo invicto. Cinco equipos arrastran só unha derrota: o novo líder Palma Air Europa, o mencionado Cáceres, un ambicioso e intenso Guadalaxara, Amics Castelló e o sorprendente debutante Cambados. Pola zona baixa, dous equipos seguen sen coñecer aínda a vitoria: Azpeitia e Askatuak.
Marín Peixe Galego e Conservas de Cambados seguen sorprendendo como debutantes a toda a Liga. Este fin de semana protagonizaron un sonoro dobrete. Os de Javier Llorente superaron a domicilio ao Askatuak por 68-70, con canastra "in extremis" de DiRugeris, que evitou a prórroga. Problemas para os donostiarras, que aínda non gañaron e que seguen acusando en demasía a ausencia de Jon Santamaría e as lesións. Pola súa banda, Cambados repetiu triunfo avultado (83-57) ante un Grupo Eulen desbordado e segue dando pasos firmes na competición. En Vitoria, O Prat fixo propósito de emenda e recuperou a boa senda cun gran Caven e á conta de Araberri (74-79).   



PuntoGAL PREMIO CULTURA GALEGA 2013. ESTE BLOG APOIOU A INICIATIVA







 O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, determinou na reunión celebrada hoxe na Cidade da Cultura de Galicia os oito premiados que recibirán os galardóns en recoñecemento do seu labor nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Patrimonio Cultural, Proxección Exterior, Música, Audiovisual e Lingua, modalidade esta última que se incorpora por vez primeira na edición de 2013.

Os gañadores deste ano foron Luz Pozo Garza na categoría das Letras; a Fundación Granell na modalidade das Artes Plásticas; a Asociación Culutral Abrente-Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia na Artes Escénicas; o Castro de Viladonga en Patrimonio Cultural; o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires en Proxección Exterior; Juan Durán en Música; Bambú Producciones no apartado de Creación Audiovisual; e a Asociación PuntoGal en Lingua.
O xurado dos premios
A Xunta de Galicia convoca estes premios anuais co fin de recoñecer o labor de persoas e institucións que traballan nos distintos ámbitos da creación, da conservación e da posta en valor do patrimonio cultural, así como da actualización e difusión do noso capital creativo galego. Os galardoados recibirán como premio unha serigrafía do pintor Alejandro González Cruz ‘Alexandro’.


Nova modalidade
Este ano incorporouse unha nova categoría, o Premio da Cultura Galega de Lingua, que na súa primeira edición recaeu na Asociación PuntoGal, constituída en 2006 co obxectivo de crear un espazo en internet no que agrupar todos os webs con contidos en galego, ou noutras linguas con contidos vinculados coa cultura e sociedade galegas. Un dos seus logros foi conseguir que se aprobase o dominio que permita identificar en internet as páxinas escritas en galego, o .gal. 

ONDE HAI COMEDELA, ALÍ ESTÁ ROSA QUINTANA





Como é habitual en Rosa Quintana ..........
Barro (Pontevedra), 28 de outubro de 2013.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, participou na presentación da III edición de Barro de Tapas.
 Así presenta as novas a Xunta de Galicia. Nesta ocasón vai acompañada de Cores Tourís.

Coas imaxes xa é suficiente non imos a decir nada máis.


COMUNICADO DAS PLATAFORMAS DE EMIGRANTES RETORNADOS





“Milleiros de galegos e galegas ficamos atónitos ao ler ou escoitar o proceso emprendido dende a Axencia Tributaria contra os Emigrantes Retornados, que percibimos parte da nosa pensión de países estranxeiros. En esencia, logo de anos e décadas de vir recibindo pensións dende os Países nos que estivemos traballando, sen que esas rendas figurasen como ingresos a tributar, agora Facenda esíxenos o pagamento atrasado (2008/2012) do imposto sobre a renda correspondente, incrementado con xuros de demora e máis sancións.
                                                                                           
 
Propoñemos facilitar a regularización da situación do período 2008/2012, sen fixar para as persoas que se atopen nesta situación nin recargo, nin intereses de demora. Iniciar unha campaña de información a todas as persoas afectadas das súas obrigas tributarias futuras, anulando o requirimentos relativos aos exercicios comprendidos entre os anos 2008/2012. E a revisión dos convenio marco con outros Países, para evitar que situacións deste tipo, poidan volverse a producir, e tamén, unha modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF, con independencia de se estas proceden dun Estado ou de varios Estados.

Namentres non se amañe o problema, tanto as Plataformas das distintas localidades e comarcas, como a Coordinadora Nacional que aglutina ás mesmas, inicia unha campaña de visualización e actos de protesta para resolver o mesmo.                                                                                                    
    

28 de octubre de 2013

OUTRO VENRES MÁIS, OUTRO CAMPO DE HERBA SINTÉTICA MÁIS



Como non podía ser doutra maneira a Deputación de Pontevedra aprobou o venres pasado, na súa Xunta de Goberno, un convenio co Concello de Vilaboa, por  un importe de 442.474 €, para dotar o campo de fútbol da Merced, ó lado da reitoral de Santa Cristina de Cobres, de herba sintética, bancadas e accesos. A Deputación achegará 303.452 € e o Concello 139.023 €.
Este campo é unha infraestrutura moi utilizada e en bastante mal estado; o propio Louzán visitou repetidas veces a instalación para propulsar a súa mellora.

O campo é utilizado pola UDC Vilaboa. Trátase dun club con máis de 40 anos de historia que leva traballando moito nos últimos anos por favorecer a base. Ademais, as instalacións poderán ser utilizadas por outros equipos do concello, coma o San Adrián ou o Figueirido, así como pola Escola de Fútbol de Cobres, que nestes momentos conta con preto de 100 fichas federativas. Tamén poderá ser usado polo Bértola feminino e polos dous equipos de veteranos do municipio, o Cobres e o San Adrián.
O actual terreo de xogo é de 100 x 65 metros e, na actualidade, só dispón  dunha bancada moi deteriorada e mal situada. O campo conta con moita afluencia de público e deportistas.


CAMBADOS SOLICITA QUE SANTA MARIÑA ENTRE NA RUTA DOS CEMITERIOS SINGULARES DE EUROPA





O Concello ven de publicar na sua web a nova da solicitude presentada para ser incluída na ASCE unha asociación que aposta pola posta en valor de importantes cemiterios de Europa

O Concello de Cambados ven de formalizar a súa solicitude para que as Ruínas de Santa Mariña pasen a formar parte dá Association of Significant Cementeries in Europe (ASCE), unha rede de organizacións públicas e privadas que velan pola preservación e a posta de valor dos cemiterios para que sexan considerados como se merecen dada a súa importancia histórica e artística.
Ao unirse a esta asociación, Cambados pretende incorporarse á ruta europea de cemiterios singulares, para dar a coñecer e preservar este fermoso conxunto das Ruínas de Santa Mariña Dozo, monumento nacional desde 1943 un dos máis belos camposantos do mundo tal e como o describiu o escritor Álvaro Cunqueiro. 
 

Este ano cúmprense 70 desde esta declaración, polo que dita conmemoración reforza sen dúbida a inclusión nesta rede de verdadeiras xoias do patrimonio europeo, pasando a formar parte deste grupo excepcional ao que pertencen por exemplo cemiterios tan impresionantes como o das Catacumbas de Roma, o Père-Lachaise en Paris, ou o Zentralfriedhof de Viena.
 
Coa adhesión a esta ruta europea preténdese conectar a investigadores, historiadores e profesionais deste tipo de patrimonio, difundindo estudos e artigos sobre o mesmo; contribuír á súa posta en valor e coñecemento, así como participar en congresos e feiras relacionadas.
 
A asociación esta integrada por vintedous paises e 179 cemiterios. En España están adheridos un total de vintecatro, tres dos cales pertencen á comunidade galega. Cambados, converteríase no primeiro municipio da provincia de Pontevedra en adherirse.




 

734.000 € A 21 CONCELLOS PARA FINANCIAR GASTO CORRENTE E PAGAR DÉBEDA






A Deputación de Pontevedra destinará 733.908 euros a 21 concellos da provincia para o financiamento de gasto corrente, o pagamento a acredores e a amortización de débeda. Estes concellos acolléronse á posibilidade ofertada pola Administración provincial de destinar un máximo do 30% da cantidade concedida dentro do Plan de Investimentos da Deputación para esta finalidade.

Todas as solicitudes presentadas foron aceptadas pola institución provincial, que na Xunta de Goberno do venres acordou conceder as achegas solicitadas; estas axudas van desde os preto de 7.000 euros que solicita O Grove ata os case 67.000 euros do concello de Bueu.
A maior parte dos concellos que se acolleu a esta posibilidade destinará os fondos ó pagamento de gasto corrente (14 concellos), mentres que 4 solicitan a axuda para a amortización de débeda e os restantes para o pagamento a acredores.

AXUDAS DA DEPUTACIÓN PARA CONSERVATORIOS I ESCOLAS DE MÚSICA





A Deputación aprobou o venres pasado, na súa Xunta de Goberno, a concesión das axudas para conservatorios e escolas de música, públicas e dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, que suporán unha contía de 350.000 euros.
A conservatorios non dependentes da Consellería de Educación a Deputación destina 150.000 euros, dos que se benefician 10 entidades; 24 escolas de música públicas benefícianse doutros 150.000 e, finalmente, 12 escolas de música dependentes de asociacións ou entidades sen ánimo de lucro reciben 50.000 euros.
Rafael Louzán fixo fincapé na aposta do organismo provincial pola música, apoiando eventos coma este, co mantemento das escolas de gaitas e percusión da Deputación ou coa subvención ás escolas e conservatorios de música da provincia.

Ademais, o presidente da Deputación destacou que xa se mantiveron xuntanzas cos concellos que teñen conservatorios e que cada un deles ten  uns prezos diferentes ou un déficit económico importante. Por este motivo, a colaboración do organismo provincial é moi importante e, de feito, multiplica por catro as axudas da Xunta.
"Somos a provincia con máis bandas de música de España, despois de Valencia", asegurou Ana Isabel Vázquez, para recalcar que esta é unha provincia que ama a música e na que hai unha enorme demanda de formación e apoio a este arte, á que está respondendo a Deputación.










Arousa

Destinatario                                                    Concepto                                 Cantidade
Concello de Cambados -            Gastos de funcionamento                               10.796 €
                                                 do Conservatorio de Música
                                                   Gastos de funcionamento                             5.956 €
                                                       da Escola de Música



Concello de Meaño -                 Gastos de funcionamento                              6.714 euros
                                                  da Escola de música

Sanxenxo.                                    
 Organismo autónomo Terra de          - Gastos de funcionamento                       5.956 euros
                                                         da Escola de Música  Sanxenxo


Concello de Vilagarcía de
Arousa -                                           Gastos de funcionamento do -                 17.228 euros          
                                                         Conservatorio de Música-
                                                              Gastos de funcionamento                   8.664 euros
                                                            da Escola de música



Vilanova de Arousa.
  Asociación Pro-escola de                           Gastos de funcionamento                3.863 euros          
                                                                    da Escola de Música

Resto de comarcas pica AQUÍ

Total 7 axudas 59.177 euros




O B.N.G.AMOSA O SEU MALESTAR CO PP CAMBADÉS NO TEMA DA LUDOTECA NO DIA DA FOLGA





O penúltimo capítulo que demostra que PP só hai un, independentemente de onde goberne, é o do caso da negativa de Aragunde ás ANPAS, de cederlle o Salón de Peña para organizar unha ludoteca o pasado día da folga contra a LOMCE. Así mesmo, cando  o alcalde suxire que, ante a negativa, poderían haber usado o pavillón do colexio ou as dependencias da biblioteca municipal é, simplemente, porque el non podería impedir a utilización deses dous espazos públicos, o que non significa que estea colaborando na petición das ANPAS.

O que debe quedar claro, en todo momento, é que o alcalde en ningún caso apoiaría unha folga contra a nova lei de educación do PP, aínda que claramente sexa unha lei lesiva contra os intereses da maioría dos veciños e veciñas de Cambados. Trátase, ademais, dunha lei que non se pode xustificar, como adoitan a facer, por motivos económicos, senón que tratan de impoñela por motivos puramente ideolóxicos. Unha lei clasista e elitista que nos leva ao pasado: as oportunidades para os que teñen poder económico e os demais como  man de obra barata. O triste, neste caso, é ver como desde Cambados, xente que non forma parte dese poder económico, apoia a imposición dunha normativa que vai en cotra da maioría social e, tamén, en contra deles mesmos.

O alcalde do PP de Cambados  en ningún caso está disposto a apoiar unha protesta contra a política educativa nin económica do PP; política da cal  tamén é responsable. Pois é directamente responsable de  levar a cabo e, sobre todo, apoiar a política de recortes de servizos públicos (redución de profesorado nos centros de ensino, redución de persoal sanitario no centro de saúde) e de subida de impostos (taxas sumidoiros, auga, lixo..).  Cambados non é a excepción e os veciños e veciñas non deben ser inxenuos: en Cambados goberna o PP, o único que existe.

E o seguinte capítulo, deste historia, será a suba de impostos que propón o PP para o seguinte pleno municipal no que anuncian un considerable incremento das taxas por recollida de lixo. A xente debe saber que Cambados non é diferente aos demais concellos do PP.