Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SLG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SLG. Mostrar todas las entradas

19 de septiembre de 2014

A XUNTA ENGANA AOS PEQUENOS VITICULTORES


Os representantes dos sindicatos Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego en nome dos produtores vitivinícolas das Rías Baixas séntense enganados pola Xunta de Galicia ao non ter convocado a mesa do viño para este ano a pesar de comprometerse a iso.
Os produtores esperan que a próxima semana, durante os últimos días de setembro, se leve a cabo a campaña forte de vendima e lamentan que non se acordase aínda un prezo. Denuncian que dende as adegas intentan meter medo aos viticultores de maneira que se rebaixen os prezos. Hai que ter en conta, segundo apuntan os sindicatos, que a presenza de chuvia e as enfermidades que están a afectar aos viñedos van afectar á produción deste ano ao considerar que se recollerán menos de 20 millóns de quilos de uva.

O pasado ano, as adegas pagaron entre 0,90 e 1 euro polo quilo de albariño e os produtores entenden que, este ano, o prezo debería situarse sobre 1,30 euros. Os sindicatos denuncian ademais o atraso nos pagamentos por parte das bodegas que, nalgúns casos, supera os 15 meses.  



31 de octubre de 2013

O S.L.G. DENUNCIA LISTAS DE ESPERA DE 3 ANOS NA TERRA CHÁ DE LUGO






A Secretaría das Mulleres do SLG denuncia listas de espera de até 3 anos para acceder a consultas xinecolóxicas na Terra Chá.

A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego denuncia o desmantelamento dos servizos de xinecoloxía no Punto de Atención Continuada (PAC) de Vilalba, que presta atención médica a case todos os concellos da Terra Chá. No PAC de Vilalba está pechada a axenda para poder ter revisións xinecolóxicas dende principios de 2013 e, segundo informaron verbalmente responsables do centro, non se volverán dar citas até o ano 2015. Isto implica que as mulleres da Terra Chá están a ser privadas do servizo de xinecoloxía a través da Seguridade Social, xa que non poden pedir cita para consulta no Hospital de Lugo porque se supón que xa teñen esa especialidade en Vilalba. Isto obrigará a aquelas chairegas que queiran acudir a unha revisión xinecolóxica antes de 2015 a recorrer á sanidade privada. Podemos ilustralo cun caso real: unha muller que se fixo unhas probas xinecolóxicas a mediados de 2012 e tivo en marzo de 2013 consulta para coñecer os resultados, non poderá ter unha revisión até 2015, tres anos despois das probas iniciais cando, neste caso concreto, a revisión tiña que facerse ao ano de realizar as probas (a mediados de 2013).

Este é un problema de vello na Terra Chá, onde o SLG xa ten denunciado a anulación de citas en outono do ano pasado por falla de especialistas; atrasos de varios meses nas revisións; ou as listas de espera de un ano para ter cita en xinecoloxía que xa se denunciaron en 2008. 

21 de enero de 2013

MOITOS VITICULTORES AÍNDA NON COBRARON A UVA DO 2011










Centos de viticultores de Rías Baixas están afrontando impagos pola uva vendida na vendima de 2011, ao descubrir que os pagarés que lles deron as adegas non teñen fondos.
Segundo denuncia o Sindicato Labrego Galego a escusa que poñen algunhas das adegas implicadas como Gran Bazán, Lagar da Condesa, Sucesores de Benito Santos ou Núñez Andión é que, por mor da crise, o viño non está tendo saída, polo que só poderán ir pagando a medida que vaian vendendo.
Sen embargo, este sindicato sostén que "isto é falso, pois as adegas están atendendo puntualmente as súas obrigas cos provedores, cousa que non fan cos viticultores".
Ademais, o gran problema coa vendima de 2011 foi que se permitiu unha gran sobreprodución de uva, mesmo autorizándose un aumento do cupo do 16% por parte do consello regulador, e entrando cantidades masivas para vinificar. O resultado foron un excedentes que, unido ao descenso do consumo por mor da crise, van ser case imposibles de vender.
Así o puxeron de manifesto varias persoas afectadas nunha asemblea organizada polo Sindicato Labrego Galego en Ribadumia, o pasado venres 18 de xaneiro.

Dende o Sindicato Labrego Galego iniciouse unha campaña que terá varias frontes abertas: por unha banda, prestaráselleasesoramento xurídico e administrativo ás persoas afectadas para a devolución dos cartos da vendima e sancións por ficar os pagarés sen fondos; por outra, xa se iniciaron contactos, e seguiranse facendo, coa administración, o consello regulador de Rías Baixas, entidades bancarias e adegas para acadar unha solución o máis rápida posible a este problema.

Para asegurar a liquidez das explotacións vitícolas, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) desenvolveu unha liña de axudas para adiantar os cartos que as adegas lle pagan a viticultores pola colleita. Así, na vendima de 2011, as adegas comprometéronse a pagar en nadal de 2012. Con estas axudas, o Igape adiantou eses cartos en forma de préstamo bancario, de maneira que a Xunta se fixo cargo dos xuros e o diñeiro anticipouse xa en febreiro.Como é costume na denominación de orixe Rías Baixas, as adegas pagan a ano vencido. Neste caso, a vendima de 2011 debería terse pagado en decembro de 2012.

A gran sorpresa veu cando os beneficiarios destas axudas se atoparon sen os fondos nas súas contas bancarias a finais de 2012, ao serlles descontados os cartos gañados coa vendima e as penalizacións por non ter feito as adegas os ingresos que debían na data de vencemento dos pagarés.

Desde o Sindicato Labrego Galego din que este "modus operandi" e semellante ao da estafa das preferentes, "as entidades bancarias non informaron da letra pequena destes pagarés, e o meirande das persoas afectadas que se acolleron ao adiantamento dos cartos descoñecían que nos documentos asinados se poñían elas como responsables e garantía do cobro, e non as adegas"."Mesmo houbo casos de persoas que, ao non ter fondos suficientes,quedaron en números vermellos e tiveron que pedir préstamos para afrontar esa débeda bancaria, mentres que as adegas seguen sen pagar de xeito impune, vivindo de prestado grazas a unha colleita de 2011 que aínda non pagaron".