Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de octubre de 2013

O S.L.G. DENUNCIA LISTAS DE ESPERA DE 3 ANOS NA TERRA CHÁ DE LUGO






A Secretaría das Mulleres do SLG denuncia listas de espera de até 3 anos para acceder a consultas xinecolóxicas na Terra Chá.

A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego denuncia o desmantelamento dos servizos de xinecoloxía no Punto de Atención Continuada (PAC) de Vilalba, que presta atención médica a case todos os concellos da Terra Chá. No PAC de Vilalba está pechada a axenda para poder ter revisións xinecolóxicas dende principios de 2013 e, segundo informaron verbalmente responsables do centro, non se volverán dar citas até o ano 2015. Isto implica que as mulleres da Terra Chá están a ser privadas do servizo de xinecoloxía a través da Seguridade Social, xa que non poden pedir cita para consulta no Hospital de Lugo porque se supón que xa teñen esa especialidade en Vilalba. Isto obrigará a aquelas chairegas que queiran acudir a unha revisión xinecolóxica antes de 2015 a recorrer á sanidade privada. Podemos ilustralo cun caso real: unha muller que se fixo unhas probas xinecolóxicas a mediados de 2012 e tivo en marzo de 2013 consulta para coñecer os resultados, non poderá ter unha revisión até 2015, tres anos despois das probas iniciais cando, neste caso concreto, a revisión tiña que facerse ao ano de realizar as probas (a mediados de 2013).

Este é un problema de vello na Terra Chá, onde o SLG xa ten denunciado a anulación de citas en outono do ano pasado por falla de especialistas; atrasos de varios meses nas revisións; ou as listas de espera de un ano para ter cita en xinecoloxía que xa se denunciaron en 2008. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.