Nun escrito de 14 páxinas da toda clase de explicacións en favor desta medida e que levaban algúns dos grupos políticos do goberno de Cambados no seu programa.
O obxetivo desta proposta é instar ao Ilustrísimo Concello de Cambados a peonalizar a Praza de Fefiñáns e a adxacente Rúa Real, na actualidade abertas ao tráfico. A anterior corporación municipal desaproveitou a declaración do Pazo de Fefiñáns como Ben de Interese cultural en 2012 para levar a cabo esta medida necesaria.
Ningúen se imaxina que a Praza do Obradoiro, a de María Pita ou a da Ferrería estivesen atravesadas por unha estrada, nin que servisen de aparcamento, en vez de preservar os seus valores históricos, artísticos e turísticos. Pola contra, en Cambados levamos atraso no proceso de recuperación do casco vello para os peóns, que hai décadas que se ven producindo en vilas e cidades de toda Galicia, promovidas por gobernos de todas as cores políticas.No presente escrito expoño brevemente os motivos polos que considero útil e viable
acometer esa medida, así como sinalar posibles medidas para levar a cabo a adaptación.
Todo o escrito presentado no Concello-AQUÍ


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.