Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
11 de noviembre de 2015
O CATERING QUE SIRVE A COMIDA NO MAGARIÑOS EN ENTREDITO
Un caldo en mal estado, con escuma e que houbo que tirar. Este era o primeiro prato que debían comer o luns os nenos dos comedores escolares dos colexios de Carril, Vilaxoán e Rubiáns, en Vilagarcía.
As ANPAS destes centros denuncian que a empresa concesionaria do servizo, a malagueña Perea Rojas, ven realizando unha xestión pésima desde o inicio do curso. Reclaman á consellería de Educación que actúe, porque o de onte, din, non foi un feito illado. Días nos que non serven a auga ós cativos, menús escasos... son só algúns dos problemas que se veñen acumulando. Esta empresa é a mesma que ten a concesión para servir a comida no comedor escolar do C.E.P. Antonio Magariños de Cambados e ao parecer xa varios crios se queixaron aos seus pais pola calidade da comida. Varios pais postos en contacto con CORES DE CAMBADOS, descoñecen si a AMPA do centro cambadés fixo algo neste sentido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.