Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de mayo de 2020

CAMBADOS PECHA AO TRÁFICO O PASEO MARÍTIMO NAS FINS DE SEMANA

Con esta decisión o Concello continúa adoptando medidas motivadas polo inicio das fases de desescalada do estado de alarma. O paseo marítimo está sendo unha das zonas máis utilizadas pola cidadanía cambadesa para pasear e facer deporte.

O corte ao paso de vehículos realizarase dende a Casa do Mar ata a Alameda de San Tomé. Comezará o sábado a mediodía e rematará o domingo ás 23 horas.

O goberno municipal de Cambados segue a implementar medidas para acadar unha circulación peonil máis segura contra a enfermidade COVID-19, producida polo coronavirus SARS-CoV-2. Así, dende o Concello de Cambados procederase a pechar ao tráfico o paseo marítimo na fin de semana. Concretamente, dende a casa do Mar ata a Alameda de San Tomé, dende o sábado ás 12 do mediodía até o domingo ás 23 horas.
O paseo marítimo está a ser unha das zonas máis transitadas pola poboación cambadesa para pasear e facer deporte, sobre todo na fin de semana. A decisión de comezar o peche a mediodía do sábado débese fundamentalmente a que a partir das 12 horas iníciase o horario para que os menores de 14 anos poidan saír a xogar coa súa nai ou co seu pai, en moitas ocasións utilizando bicicletas e patinetes. Se esa parte do paseo marítimo está pechada ao tráfico de vehículos motorizados, gáñase máis espazo para a seguridade e o goce de nenas e nenos. Ademais, poderase manter o distanciamento preciso entre as persoas que circulen polo paseo marítimo.
É posible que nos vindeiros días se decida a extensión deste tipo de medidas a outras zonas de Cambados, en función das necesidades que se aprecien tendo en conta a densidade da circulación peonil nos espazos utilizados para camiñar, correr ou montar en bicicleta. Dende o goberno municipal cambadés seguen a insistir na súa petición á poboación para que respecte as normas e os horarios establecidos para pasear ou facer deporte. O comportamento maioritario da cidadanía cambadesa está a ser respectuoso, cando menos ata o de agora, e confíamos en que siga a ser así.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.