Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de diciembre de 2018

OS BOLECHAS VISITAN CAMBADOS O MÉRCORES 26



Os Bolechas. Nadal no Polo Norte
A Corporación Radio e Televisión de Galicia e Gadis colaboran un ano máis coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para que Os Bolechas percorran a nosa xeografía cunha proposta de Nadal dirixida aos máis pequenos da casa. Desta volta, fano baixo o título Nadal no Polo Norte.
Chega o Nadal e Sonia quere facer un boneco de neve, pero non un calquera: quere un boneco de neve que non se derreta! Iso non parece posible. A non ser que se faga no Polo Norte, porque alí sempre vai frío... E como vai chegar ao Polo Norte? Alguén ten unha idea xenial e Os Bolechas comezan a construír un vehículo que os leve ata o destino soñado por Sonia...
Nadal no Polo Norte chegará nas seguintes datas a nove concellos galegos:
  • Sábado 22 de decembro, no Pavillón Municipal dos Deportes do Porriño, ás 18:00 horas
  • Domingo 23 de decembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 18:30 horas
  • Mércores 26 de decembro, no Salón José Peña de Cambados, ás 18:00 horas
  • Xoves 27 de decembro, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, ás 18:00 horas
  • Sábado 29 de decembro, no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, ás 18:30 horas
  • Xoves 3 de xaneiro, no Auditorio Municipal de Ourense, ás 19:00 horas
  • Venres 4 de xaneiro, no Centro Cultural de Muros, ás 18:00 horas
  • Domingo 6 de xaneiro, no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas, ás 17:00 horas
  • Luns 7 de xaneiro, no Auditorio Municipal de Rianxo, ás 18:00 horas
E, cando remate a representación, a actividade continuará no web dos Bolechas, onde os nenos e nenas teñen á súa disposición divertidos vídeos e xogos en liña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.