Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de junio de 2018

A XUNTA INICIA A CONSTRUCIÓN DA SENDA PEONIL E CICLISTA ENTRE VILARIÑO E O POLÍGONO DO SALNÉS



O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o inicio dos traballos do novo itinerario peonil e ciclista na estrada PO-300, no treito entre Vilariño e o polígono do Salnés, que afecta aos concellos de Cambados e Ribadumia.
Na visita estivo acompañado do alcalde de Ribadumia, David Castro, así como do tenente alcalde de Cambados, Víctor Caamaño, do xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez e do xefe provincial da Axencia Galega de Infraestructuras, Fausto Núñez.
A execución deste itinerario forma parte do Plan de Sendas de Galicia na comarca do Salnés, co obxectivo fundamental de favorecer unha mobilidade segura e sustentable. Esta actuación, cun investimento que roldou os 265.000 euros, será cofinanciada polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Tal e como explicou Cores Tourís, a actuación consiste na execución dunha senda de algo máis dun quilómetro para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados, iniciándose no Pq. 9+310 da PO-300, onde se atopa a primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro (Pq. 10+270) e Vilariño. “Esta infraestrutura permitirá completar un itinerario peonil continuo cunha lonxitude de case 1.100 metros, desde o polígono industrial do Salnés ata Cambados, contando cunha sección tipo da senda de 3 metros de ancho, separada da calzada por medio dunha banda axardinada de 0,5 metros, e os correspondentes bordos de separación”, engadiu o delegado territorial.
A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.
Agárdase que os traballos teñan unha duración de oito meses. “Esta senda permitirá completar un itinerario peonil dende o polígono industrial do Salnés ata o centro de Cambados, pasando por Vilariño e utilizando as estradas autonómicas PO-300 e PO-550, o que facilitará a accesibilidade aos veciños deste entorno, aumentando a seguridade viaria”, rematou o delegado territorial.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.