Onte celebrouse un pleno municipal, no que saiu a colación a cuestión do peche da praza. O ex-alcalde e actual xefe da oposición manifestou que a nivel persoal está a favor do peche ao tráfico, pero que non podía defendelo porque é malo para os comerciantes e hosteleiros. Vale a pena deterse nesto.

O argumento que se usa para opoñerse á peonalización é que, cando a praza se pecha, supostamente hai hosteleiros e comerciantes que facturan menos. En primeiro lugar, a praza non pertence a este ou aquel empresario, senón a todos. Son os particulares quenes se teñen que adaptar aos cambios, e non quedarnos os demáis estancados para privilexialos. Por exemplo; cando peonalizaron a zona de Huertas, en Madrid, pasou de ser un lugar de pubs e ocio nocturno a outra de restaurante e sitios de tapeo, preferentemente de ambiente diurno. Segundo varie a situación, pode que pechen uns negocios e abran outros máis adaptados á nova situación, é o normal.
Sen embargo, aquel prantexamenteo é unha falacia lóxica. Ningún empresario pode saber canto factura coa praza peonil, porque nunca o viveu. O único que coñecemos son cortes esporádicos que perturban o normal funcionamento. A peonalización non son os peches aleatorios que hai agora, senón unha nova normalidade, unha rutina diferente.
Non podemos sabelo, pero si supoñelo en base a outras peonalizacións; en todas partes vemos que hostelería e comercio xusto son os sectores que saen reforzados. Non fai falla ir máis lonxe que Vilagarcía. Haberá que preguntarse como é que a cadena Inditex instalou as súas tendas na peonil Rúa Rey Daviña, puidendo poñerse en calquera outra. Se vemos que tal, inda vai ter que ir algún dono de bar de Cambados a explicarlle a Amancio Ortega cómo facer negocios.
Peonalización da Praza de Fefiñáns
Por outra banda ofrecemos o resultado da enquisa que durante 3 semanas estivo exposta no noso blog.
Os resultados foron os seguintes:
A favor do peche total: 71%
En contra do peche total: 23%
Peches puntuais: 6%
Como dixemos desde un principio non é unha enquisa científica pero pode servir para aportar claridade sobre que pensa a xente sobre a proposta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.