Grazas á colaboración veciñal, axentes da Policía Autonómica atoparon nunha leira privada do concello pontevedrés de Meis un cabalo en avanzado estado de desnutrición e outros dous xa mortos.
A Protectora de Animais de Cambados fíxose cargo do cabalo sobrevivente e anuncia que denunciará o seu propietario.
A Policía Autonómica e membros do Refuxio de Animais de Cambados atoparon o pasado venres, nunha leira da parroquia de San Vicente de Nogueira, en Meis (Pontevedra), dous cabalos mortos e un terceiro desnutrido. Segundo informan os animalistas de Libera e Fundación Franz Weber, o achado produciuse durante unha inspección por parte dos axentes. Había dous animais "mortos á intemperie, en condicións avanzadas de descomposición", e outro "con signos de malnutrición" que "seguramente sexa comisado para o seu traslado a un espazo seguro".
De acordo co relato de ambos os colectivos, todo partiu das queixas dos veciños, que desde "facía un mes" denunciaban un cheiro "moi desagradable" nesta zona rural. Unha vez destapada a morte, será un informe pericial dun veterinario o que dilucide a responsabilidade administrativa "e mesmo penal" do gandeiro.
Ademais, os animalistas insisten en que "non é a primeira vez que se pon o foco neste lugar, xa que fai catro anos o refuxio de Cambados xa tivera coñecemento dunha manda de cabalos en mal estado, presuntamente propiedade do mesmo individuo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.