Un accidente entre tres turismos no que tres persoas resultaron feridas mobilizou, sobre as 20:30 horas, aos servizos de emerxencia. Foron varios usuarios da vía os que, a esa hora, alertaban ao 112 Galicia do sucedido. O suceso prodúxose na denominada Recta da Goulla dous coches e unha furgoneta que ocupaban os dous carrís de circulación polo que foi necesario desviar o tráfico polas beiravías.
Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico con tres vehículos implicados rexistrado na noite deste martes no termo municipal de Meis (Pontevedra).
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 20,30 horas deste martes e foron varios usuarios da vía os que alertaron ao 112 Galicia do sucedido.
Tras o aviso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ( CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención dos servizos sanitarios de urxencia, dos Bombeiros do Salnés, da Garda Civil de Tráfico e de voluntarios de Protección Civil.
O 061 desprazou ao lugar dúas ambulancias para atender a tres persoas, dúas das cales, unha muller de 30 anos e un home de 29, foron levados ao Hospital do Salnés, mentres que unha terceira, un home de 40 anos, recibiu a alta voluntaria no punto, confirmaron fontes sanitarias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.