Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta OMIX. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OMIX. Mostrar todas las entradas

14 de octubre de 2019

INFORMACIÓN DE VARIOS CERTAMES PARA XÓVENES CREADORES


-  O Concello de Paradela convoca o XXV Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López.
Categorías: Narrativa, poesía y especial Camiño de Santiago:
O prazo de entrega stará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
http://www.paradela.es/sites/default/files/Bases_Certame_Literario-castelan.pdf

Poderán concorrer anualmente ao Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, admitíndose unha soa obra por categoría e autor.
Categorías e requisitos das obras.
Narrativa:
Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo, mecanografadas (ou a ordenador) e a dobre espazo.

Poesía:
As obras de poesía terán unha extensión máxima de 100 versos.

En ambas categorías, deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou en castelán, debendo estar rematadas con carácter previo á convocatoria.

Especial Camiño de Santiago:
Cos mesmos requisitos sinalados nos parágrafos anteriores, tendo en conta a celebración da XXV Edición do Certame, o paso do Camiño Francés por Paradela e a celebración no Ano 2021 do Ano Xacobeo, créase para esta Edición unha modalidade relativa ao Camiño de Santiago, en especial referida ao Camiño Francés ao seu paso por Paradela.

Presentación das obras.
O prazo de entrega estará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
Enviarase un único exemplar, sen sinatura e cun lema, ao seguinte enderezo:
CONCELLO DE PARADELA
Certame literario
(Modalidade Poesía/Narrativa/Especial Camiño de Santiago)
Rúa Cabaleiros de Santiago, nº 15
27611 Paradela. Lugo

Os arquivos PDF referenciaranse do seguinte xeito:
- Datos persoais ou plica, co título da obra.
- O título da obra.
Premios.
Modalidade narrativa:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade poesía:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade especial Camiño de Santiago:
1º Premio: 1.000 €


Concello de Betanzos convoca V Certame de Monólogos Cómicos
Os/as interesados/as en participar deberán realizar a súa inscrición enviando un email ao enderezo: omix@betanzos.gal
prazo estará aberto ata o 21 de outubro de 2019.
Para a valoración desta interpretación os actores ou actrices deberán presentar o seu monólogo no transcurso dun espectáculo ou gala de carácter público que se celebrará en Betanzos o 25 de outubro de 2019.
Poderán concorrer a este certame tódolos actores e actrices que o desexen, se ben a organización reservase o dereito de facer no seu caso unha selección previa. En todo caso o número de participantes non poderá ser superior a seis.
O tema do monólogo é libre e a duración da súa representación non poderá ser superior a 12 minutos.
Premios:
1º Premio: 500 €
2º Premio: 380 €
3º Premio: 350 € (outorgado polo público das galas)
Os/as interesados/as en participar deberán realizar a súa inscrición enviando un email ao
enderezo: omix@betanzos.gal
O prazo estará aberto ata o 21 de outubro de 2019.
Máis información no BOP da Coruña do 11 de outubre de 2019

-  A Fundación Ibercaja convoca o concurso Reporteiros na Rede para fomentar a investigación e o uso da tecnoloxía.
O concurso Reporteiros na Rede é unha proposta de ámbito nacional para fomentar a investigación e o uso da tecnoloxía. Os alumnos interesados poderán optar por participar nunha ou varias das temáticas, podendo usar
unha das modalidades ou ambas.
Dirixido a:  profesores e alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos Básico e Medio. A idade máxima do alumnado será de 20 anos.
Os traballos pódense presentar en dúas modalidades: artigo escrito e vídeo.
Áreas temáticas:
Ciencia e tecnoloxía.  O contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado co desenvolvemento do pensamento cinetífico e aboradar os saberes ou coñecementos científicos relativos á física, a química, a bioloxía, a xeoloxía, as matemáticas e a tecnoloxía.
Mobilidade.  O contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado coa mobilidade do futuro: intelixente, conectada e sustentable.
Educación financieira.  Traballos relacionados con coñecementos, habilidades, comportamentos, valores e aptitudes que permitan ás persoas tomar decisións financeiras na súa vida diaria.

Os obxectivos deste concurso son:
- Complementar a formación e a educación dos alumnos participantes a través do uso e manexo das Tecnoloxías
da Información e Comunicación (TIC).
- Incentivar e adestrar aos estudantes no labor de investigación e na procura da información, dos coñecementos e conceptos necesarios para levar a cabo un traballo divulgativo aplicando a metodoloxía colaborativa e por proxectos.
- Mellorar a destreza do alumno no bo uso da internet como fonte de información útil para os seus estudos curriculares e outros coñecementos que complementen a súa formación.
Inscrición:  ata o 17 de xaneiro de 2020.
www.fundacionibercaja.es/reporterosenlared
Inscrición:  ata o 17 de xaneiro de 2020.

MÁIS

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
Requisitos:  persoas maiores de 16 anos.
As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal.
prazo estará aberto ata o 21 de outubro.
Máis información no DOG do 14 de outubro de 2019.
-  A Concellería de Normalización Lingüística, a través do CIOV,  continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral.
                Os curso son gratuítos
Para inscribirse: a través da páxina web https://snl.vigo.org/inscricion

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento PR471A.
O prazo estará aberto ata o 6 de novembro de 2019.
Máis información no DOG do 8 de outubro de 2019 e na Academia Galega de Seguridade Pública:
formacion.agasp@xunta.gal

Teléfono: 886 206 110

VOLUNTARIADO

-  A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca accións formativas de carácter presencial dirixidas ás persoas profesionais do tempo libre, en materia de ocio inclusivo e en materia de violencia de xénero.
Cambio de datas en Ourense:  do 14 ao 17 de outubro, cambia a súa data para o 18 ao 21 de novembro.
Máis información en xuventude.net


-  A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca un campo de voluntariado transfronteirizo no marco do proxecto europeo Eurocidade_2020.
Destinatarios/as:  mozos e mozas galegos/as e portugueses/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, ambas inclusive.

Prazo de inscrición:  do 9 ao 23 outubro de 2019, ambos inclusive.

4 de octubre de 2019

EMPREGO, PREMIOS, CONCURSOS, BOLSAS DE ESTUDOS....


-  O Congreso dos Deputados convoca 6 bolsas individuais para realizar traballos ou estudos sobre comunicación institucional relacionados coa actividade parlamentaria.
Requisitos: Título universitario de licenciado en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual ou Graduado en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual.
Nacer con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1991.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de outubro de 2019.
Máis información: BOE do 3 de outubro de 2019 e en www.congreso.es

A Fundación SEPI e o Consorcio de Compensación de Seguros convocan 22 bolsas.
Requisitos:
Titulación universitaria.
Nivel medio-alto de inglés.
Nivel de usuario en informática.
prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2019

-  Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a XVI edición do concurso de poesía ANOMAR,
O prazo para participar estará aberto ata o 12 de novembro de 2019.

-  Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca os premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT899A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de outubro de 2019.
Máis información: DOG do 25 de setembro de 2019 e en http://www.cidadedacultura.gal

-  A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño, correspondentes ao curso 2018/19.
Requisitos:
a) Ter finalizado as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de Artes Plásticas e Deseño no curso 2018/19 en centros públicos ou privados autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 8,75.
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de novembro de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311F
Máis información: DOG do 2 de outubro de 2019 e en www.edu.xunta.es

-  A Casa de Galicia en Guipúscoa convoca o VII Certame de poesía en lingua galega "Manuel María".
O prazo de entrega antes do día 16 de outubro de 2019.
Máis información:  https://casagalicia.org/


-         11º EMAX: “Encontro mostra asociativa xuvenil Galicia-Norte de Portugal”, un espazo de formación, creatividade, emprendemento, cultura e lecer
Destinatarios: mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos de idade.
Prazas ofertadas: 400.
Prazo de inscrición: do 30 de setembro ao 17 de outubro de 2019.
Inscrición: será a través de formulario electrónico.
Para máis información: subactividades-xuventude.ctb@xunta. gal

-        Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da axudas ás empresas fonográficas para o lanzamento de novos/as artistas musicais,
Ás empresas teñen de prazo ata o 28 de outubro para solicitar as axudas.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código CT402F
Máis información no DOG do 27 de setembro de 2019 e en http://www.agadic.gal/

-        Asociación Rede Araña oferta programas de busqueda de emprego.
Programas dirixidos á mocidade:
O Programa "Brújula" é un proxecto de inserción sociolaboral para persoas con problemas de adicción.
O Programa "Red Labora" está dirixido a menores e mozas/os entre 16 a 30 anos que se atopen en situación de desemprego.
Máis información: Programas http://www.empleoenred.org/index.php   

-  Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca seis bolsas para persoas tituladas en grao de estudos de Arquitectura e en grado de Arquitectura técnica.
Prazo aberto ata o 4 de novembro de 2019.
Máis información no DOG do 3 de outubro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca Formación para educadores no tempo de lecer e persoas voluntarias.
Máis información www.voluntariadogalego.org

Banco Mundial ofrece prácticas aos estudantes de posgrado.
Os candidatos deben posuír unha licenciatura e estar xa matriculados nun programa de posgrao de tempo completo.
Requírese fluidez en inglés.
A maioría dos postos atópanse en Washington,  DC, cunha duración mínima de catro semanas.
Prazos:
- Verán (xuño-setembro): o período de solicitude para o Programa de verán é do 1 de decembro ao 31 de xaneiro de cada ano.
- Inverno (decembro-marzo): o período de solicitude para o Programa de inverno é do 1 ao 31 de outubro de cada ano.
Todas as solicitudes deben ser enviadas en liña.



24 de septiembre de 2019

DESCONTOS CO CARNÉ XOVE EN LIBROS E MATERIAL ESCOLAR, CONCURSOS DE DESEÑO, VÍDEOS OU CAMISETAS E MOITAS NOVIDADES PARA XÓVENES


-  Fundación Zis está a convidar a mozas e mozos de todas as nacionalidade a ter a oportunidade de recibir unha bolsa de 600 euros para unha viaxe de estudo autoorganizado a un país estranxeiro..
Destinatarios:  mozos entre 16 e 20 anos que aínda non asistan á universidade.
Prazo:  15 de febreiro de 2020


Concello de Camariñas convoca o XXVII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda de Camariñas, que terá lugar durante a XXX Mostra do Encaixe.
Destinatarios: alumnos e alumnas que estean cursando estudios en centros, escolas e academias que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección.
Prazo:  estará aberto ata o 2 de decembro de 2019.

-  A ONG Ecos do Sur organiza o Concurso de videos ‘CIBERESPECT’: ‘Respecto en Rede’
Destinatarios: poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas residentes en Galicia, de 14 anos en diante,
Prazo: ata as 14:00 horas do xoves, 14 de novembro.
Consulta as BASES DO CONCURSO.

ü  Volve o concurso de deseño de camisetas Time to Move!
Destinatarios: Se tes polo menos 13 anos e non máis de 30 anos.
Prazo: ata o 31 de outubro de 2019.
Máis información: https://contest.eurodesk.eu/

Información por se queredes participar como voluntari@s.

o    Corpo de Solidariedade Europea é unha iniciativa da Unión Europea que ofrece á mocidade oportunidades para ser voluntario/a ou traballar en proxectos no seu propio país ou no estranxeiro, Recibirás capacitación relevante antes de comezar e despois de chegar ao sitio.

Destinatarios:  Os mozos e mozas de 18 anos de idade debes completar o proxecto do Corpo Solidario Europeo antes de cumprir 31 anos.
Os proxectos apoiados poden durar de dous a doce meses.


o    Forma parte da historia da Eurocopa celebrando o seu 60 aniversario,Voluntariado UEFA EURO 2020-Bilbao
Período de inscricións: ata o 31 de outubro de 2019.
Ser maior de 18 anos antes do día 1 de maio de 2020


 A Federación de Libreiros de Galicia adhirese ao programa Carné Xove ofrecendo “Descontos co Carné Xove en libros e material escolar”.

·         A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición de “Xuventur 2019”, programa de educación non formal
Destinatarios: xente nova empadroada en Galicia que teña entre 18 e 35 anos no momento da solicitude.
Prazo: aberto o 23/09/2019
Máis información:   xuventude.net
·         A Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca Axudas á mocidade para o alugamento vivenda habitual e permanente.
Requisitos específicos: Ser titular dun contrato de alugamento de vivenda e ter menos de 35 anos.
Prazo: estará aberto ata o 11 de outubro de 2019
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal

·         A Xunta de Galicia, organiza o I Torneo primeiro Autonómico do coñecido xogo LOL (League of Legends).
Destinatarios: mozos e mozas de entre 18 a 30 anos, ambos inclusive, que se organizarán en equipos de 5 persoas
Prazo: aberto o 21 de setembro ás 16.00 horas.
As inscricións, realizaranse a través do formulario  correspondente na web xuventude.net.



O horario da OMIX no centro Sociocultural “A Mercé”:  10:00 a 14:00 h, de luns a venres.
                                            Tel 986542663 / 673533331





23 de septiembre de 2019

ENQUISA DA GAIN SOBRE INNOVACIÓN PARA XÓVENES


Desde a Axencia Galega de Innovación solicitan a colaboración na difusión dun cuestionario realcionado con innovación entre a xente nova.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), que é responsable de fomentar e vertebrar as políticas de innovación en Galiciaestá levando a cabo o proceso de avaliación intermedia da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia para o período 2014-2020 (RIS3). Esta estratexia utiliza a innovación como o piar a través do cal responder aos retos aos que Galicia se enfronta como sociedade e como economía.

Neste sentido, a participación da sociedade no proceso é clave, dado o impacto que a innovación ten na sociedade e o seu potencial para axudar a afrontar os seus retos. A información recibida servirá para definir as prioridades das futuras políticas públicas de innovación.

Para iso, GAIN solicita a colaboración da cidadanía a través da resposta ao seguinte cuestionario online e a súa difusión a través da ligazón.

A duración do cuestionario é de 3-4 minutos, e estará aberto ata o 27 de setembro.

Moitas grazas pola vosa contribución.

Ligazón ao cuestionario:



13 de septiembre de 2019

AXUDAS A VIVENDA PARA XÓVENES, AXUDAS UNIVERSITARIAS E CURSOS CELGA


A Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente.
Requisitos específicos:
a) Ser titular dun contrato de alugamento de vivenda, en condición de persoa arrendataria, con mención expresa da súa referencia catastral.
b) Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda.
As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.gal co formulario VI432A.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de outubro de 2019
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal

-  A Consellería de Educación convoca Axudas para máster universitario oficial, en Galicia.



Axudas para máster universitario en Galicia

A Consellería de Educación convoca axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2019/20.
Requisitos:
a) Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
b) Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2017.
c) Estar matriculado no curso académico 2019/20 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
d) Non estar incluídas nos casos de exención total de matrícula.
e) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.
Contía da axuda:
A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de outubro de 2019
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2019 e en orientacion.sug@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de outubro de 2019
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2019 e en orientacion.sug@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es

Ø  A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis  Celga 1, 2, 3 e 4.

Persoas destinatarias:  As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria,
nacionais ou estranxeiras.
Datas:  As probas terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019.
Lugares:  As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Os formularios de solicitude, segundo o modelo PL500C, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de
Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 1 de outubro de 2019
Máis información no DOG do 10 de setembro de 2019 e en www.lingua.gal


Ø  A Asociación Cultural Outra Vaca no Millo pon en marcha o II Certame literario Valórate sobre a importancia da autoestima. Financiado pola Dirección Xeral de Xuventude.
Poderá paricipar calqueira persoa física con idade comprendida entre 16 a 30 anos
            O prazo de presentación estará aberto ata o 1 de outubro de 2019.
II Certame Literario VALÓRATE
11 Set 2019
Publicado enPremios e concursos
A Asociación Cultural Outra Vaca no Millo pon en marcha o II Certame literario Valórate sobre a importancia da autoestima. Financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado dentro do programa de axudas Iniciativa Xove, pretende sensibilizar a mocidade galega sobre a importancia da prevención en conductas de risco ou violentas entre a pobación.
Na primeira fase do proxecto convócase un CERTAME DE MICRORRELATOS coas seguintes bases:

Poderá paricipar no certame calqueira persoa física con idade comprendida entre 16 a 30 anos (ambos incluídos).
O tema será “a autoestima”
A extensión das obras será de cincocentas (500) palabras como máximo -incluído o título-.
As obras estarán escritas en galego.             
Os textos deberán ser orixinais e non ser publicados en ningún medio ou soporte. Non poderán recibir previamente ningún premio ou accésit noutro certame ou concurso.
Os orixinais das obras presentaranse unicamente en formato dixital.
Os traballos deberán ser enviados á dirección electrónica: certamevalorate@gmail.com
No asunto do mail especificarase: II certame de relato Valórate e acompañarano dous arquivos adxuntos (en formato .doc ou .pdf).
O nome dos arquivos adxuntos terá a seguinte composición:
1- Para o relato: título do relato
2- Para a plica: título do relato_plica
Exemplo: Se o título do relato é “Atardeceres”,
Para o relato: Atardeceres
Para a plica: Atardeceres_plica
Os relatos irán asinados baixo pseudónimo.
O arquivo coa plica incluirá: título, pseudónimo, nome e apelidos, domicilio completo, fotocopia do DNI ou do pasaporte, teléfono e dirección de correo electrónico.
A organización non manterá correspondencia cos participantes no certame.
Premios:
Primeiro Premio: Tablet
Segundo Premio: Drone
Terceiro Premio: Altofalante
prazo de presentación estará aberto ata o 1 de outubro de 2019.



O horario da OMIX no centro sociocultural “A Mercé”: de 10:00 a 14:00 h, de luns a venres.
                                            Tel 986542663 / 673533331