Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de septiembre de 2020

SANXENXO E MEIS ENTRAN EN RESTRICIÓNS. EVOLUCIÓN DO COVID NAS AULAS


Sanxenxo e Meis uniranse esta medianoite ao mapa de restricións para tentar frear os contagios nunha localidade que ten 34 casos activos. As dúas poboacións do Salnés únense as medidas que xa teñen impostas outros municipios da zona como Pontevedra, Marín, Poio, Vilagarcía e Vilanova, e da que se sae Vilaboa tras a boa evolución dos datos no municipio.

Polo que se refire á actualización de escolas infantís e centros educativos, non hai ningún centro pechado como consecuencia do Covid. Por áreas, na Coruña hai cinco aulas pechadas, o que afecta a 52 alumnos; en Ferrol, son unha e sete; en Santiago, catro e 41; en Lugo, catro e 47; en Ourense, 10 e 74; en Pontevedra, cinco e 52; e en Vigo, 16 e 48. En total: 45 aulas pechadas, con 341 estudantes nos seus domicilios. Os centros con máis aulas pechadas, con dúas, son o CEIP Ramón da Sagra, na Coruña, o CEEPR Ilustre Mestre, en Ourense, o CEEPR Aceesca, no Porriño, e o CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo.  

CENTROS DE ENSINO

Polo que respecta á área Pontevedra-Salnés, na capital permanecen pechadas dúas aulas pertencentes á Escola Infantil da Parda (2 casos) e ao CEIP Praza de Barcelos (2 casos). Na escola infantil Casa do Mar de Marín (1 caso) permanece pechada unha clase por un positivo entre os seus alumnos. A mesma situación prodúcese na EI Cotobade Tenorio (1 caso) e no CPI Mosteiro Meis (4 casos). As aulas reabertas pertencen ao CEIP Cruceiro de Vilalonga en Sanxenxo e ao CEIP Praza de Barcelos.

O resto de casos corresponden aos seguintes centros educativos.

Pontevedra: CEIP Froébel (1), IES Luis Seoane (1), CPR Calasancio (2(, CPR Los Sauces (1), IES Montecelo (2), CPR Doroteas (2), IES Frei Martín Sarmiento (2), CEIP Santo André de Xeve (1), CEIP A Xunqueira nº2 (3), CEIP A Xunqueira nº1 (2), IES A Xunqueira nº1 (3), CEIPSAn Benito de Lérez (1) e CEIP Cabanas (1).

Marín: CPR La Inmaculada (1), CEP Sequelo (1) e IES Mestre Landín (1).

Sanxenxo: CEIP Noalla-Telleiro (1) y CEIP Nantes (1).

Poio: EI Sek Atlántico (1).

Cerdedo-Cotobade: CEIP de Tenorio (2).

Barro: CEIP Amor Ruibal (3).

Caldas: CPI Alfonso VII (1).

Ribadumia: CPI Julia Becerra Malvar (1).

Vilagarcía: CPR San Francisco (4).

Vilanova: IES A Basella (2) y CEIP Xulio Camba (1). 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.