Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta LIXO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LIXO. Mostrar todas las entradas

30 de noviembre de 2019

XUNTA E CONFRARÍA DE CAMBADOS ORGANIZAN UNHA RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO NA RÍA DE AROUSA

A acción está promovida polo Centro Tecnolóxico do Mar en colaboración coa confraría de Cambados e desenvolverase entre o luns e o xoves da próxima semana coa participación da frota de rastro de vieira
A colaboración cos pescadores noutra iniciativa previa coa frota de bou de vara deu como resultado a comezos de mes a retirada de 3.000 quilos de residuos na zona interna desta mesma ría
O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar desenvolverá entre o luns e o xoves da próxima semana unha nova campaña de retirada de lixo mariño na ría de Arousa coa colaboración da frota de rastro de vieira da confraría de Cambados. Trátase dunha acción enmarcada no proxecto europeo CleanAtlantic, que está coordinado polo centro dependente da Consellería do Mar e financiado polo Programa Espazo Atlántico. O seu obxectivo é mellorar as capacidades para previr, monitorizar e reducir o lixo mariño a través da cooperación rexional.
No marco das actividades orientadas á redución do lixo no mar, esta iniciativa inclúe unha serie de accións piloto dirixidas a estudar as condicións operativas e loxísticas máis adecuadas para a retirada de lixo mariño coa colaboración do sector pesqueiro e a coñecer as capacidades dos diferentes aparellos para estas actuacións de limpeza.
A campaña que se levará a cabo nos vindeiros días coa colaboración da confraría de Cambados consistirá na localización e retirada de lixo do fondo mariño e de artes de pesca abandonadas ou perdidas mediante a participación dos pescadores, que depositarán eses residuos recuperados durante as faenas ordinarias de pesca en sacos específicos a bordo de cada embarcación. Para facilitar a operativa dos profesionais participantes, un barco bateeiro actuará como plataforma intermedia de depósito deses sacos, que serán pesados, caracterizados e posteriormente levados á terra para a súa correcta xestión.
Desta maneira dáse continuidade á campaña de retirada de residuos dos fondos mariños realizada pola frota de bou de vara desta confraría a comezos deste mes e na que se retiraron cerca de 3.000 quilos de residuos da zona interna da ría de Arousa.

Con estas actividades o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) avanza na colaboración co sector pesqueiro en proxectos centrados no estudo e retirada de lixo mariño unindo a limpeza do fondo mariño coa adquisición de datos sobre esta problemática que afecta ao conxunto dos océanos e poñendo de manifesto a forte implicación do sector pesqueiro galego na protección e conservación dos mares.
A información obtida permite coñecer con maior detalle as mellores condicións operativas para a recollida de residuos, a súa orixe e as cantidades así como os impactos no medio, o que aporta información fundamental para deseñar posteriormente medidas orientadas á redución do lixo que chega ao mar e a súa xestión.
proxecto CleanAtlantic no que se enmarcan estas accións de recollida de lixo no mar comezou en setembro de 2017 e finalizará en agosto de 2020. O consorcio está integrado por 19 organizacións de cinco países (España, Francia, Portugal, Irlanda e Reino Unido) e as entidades galegas participantes son o Cetmar, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) ademais de investigadores dos centros galegos do Instituto Español de Oceanografía (IEO).

10 de julio de 2019

CAMBADOS, RIBADUMIA E SANXENXO CONTARÁN PROXIMAMENTE CON PUNTOS LIMPOS MÓBILES


Unha trintena de entidades locais galegas, entre elas o Concello de Cambados, recibirán este ano 824.195 euros en axudas para a instalación de puntos limpos móbiles nos seus municipios e promover medidas destinadas á implantación da recollida selectiva da fracción orgánica dos residuos urbanos. 
Con esta liña de axudas, a primeira que contempla expresamente entre os seus obxectivos a implantación de puntos limpos móbiles, búscase favorecer e apoiar aos concellos e entidades supramunicipais no desenvolvemento das súas competencias en materia de xestión de residuos.
Neste sentido, as entidades beneficiarias solicitaron acollerse a unha das dúas liñas de actuación subvencionables: a adopción de medidas para implantar a recollida separada da fracción orgánica que forma parte dos residuos domésticos ou a implantación de puntos limpos móbiles dotados de diferentes compartimentos.
En canto á primeira, grazas a estas axudas, as entidades beneficiarias poderán dotarse de contedores de proximidade de cor marrón (o chamado quinto contedor) e dos equipamentos necesarios para a súa instalación. 
Polo que respecta á implantación de puntos limpos móbiles, 24 administracións de carácter municipal e supramunicipal beneficiaranse das axudas para levar a cabo este tipo de proxectos, cun investimento neste capítulo de 647.000 euros. Grazas a este tipo de instalacións propiciarase a mellora e a ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos de Galicia (composta actualmente por 147 infraestruturas fixas) para a xestión de residuos especiais de competencia municipal, co fin de favorecer a súa adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización.
En ambas liñas, os beneficiarios deberán acompañar a implantación de medidas prácticas con campañas de difusión e sensibilización que incentiven a participación cidadá e a súa concienciación en materia de separación de residuos e reciclaxe.

A Xunta brindará apoio económico ás Administracións locais interesadas para que poidan dotarse de ferramentas efectivas coas que alcanzar un modelo de xestión dos residuos urbanos adaptados ás esixencias europeas e estatais.

A directiva comunitaria que regula esta materia, a recollida separada da fracción orgánica do lixo doméstico deberá estar implantada desde o 31 de decembro do próximo ano, no caso dos concellos de máis de 5.000 habitantes, e para todos, antes do 31 de decembro de 2023.
Reducir o peso que ten na actualidade a fracción orgánica sobre o conxunto dos residuos que se xeran en Galicia –aproximadamente un 42% do total- é un dos grandes obxectivos que se marca a Xunta para poder cumprir cos mandatos europeos e estatais en materia de xestión de residuos.
Neste contexto enmárcanse todas as iniciativas e campañas impulsadas nos últimos anos co fin de colaborar cos concellos e apoialos na implantación progresiva de sistemas para a recollida selectiva e o posterior tratamento da fracción orgánica dos residuos domésticos.
Na seguinte táboa indícanse os beneficiarios das axudas, tanto para a implantación de puntos limpos móbiles, así como para proxectos de nova implantación da recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais.
Implantación de puntos limpos móbiles
Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro (Servizo aos concellos de Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro)
Concello de Carballeda de Avia
Concello de Vilaboa
Mancomunidade Terra de Celanova (Servizo aos concellos de Celanova, a Merca, Verea, Quintela de Leirado, Gomesende, Pontevedra, Ramirás e Cartelle)
Deputación Provincial de Ourense
Agrupación Voluntaria de Monterrei Cualedro
Concello de Barreiros
Concello de Pobra do Broullón
Concello de Portomarín
Concello de Santa Comba
Concello de Vimianzo
Concello de Vilardevós
Concello de Cambados
Concello de Soutomaior
Consorcio das Mariñas (Servizo aos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada)
Concello de Tomiño
Agrupación Voluntaria de Vilasantar- Boimorto
Concello de Vilar de Santos
Concello da Mezquita
Concello de Rianxo
Concello de Porto do Son
Concello de Mondariz Balneario
Concello de Sanxenxo
Concello de Ribadumia

Nova implantación da recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais
Concello de Vimianzo
Deputación Provincial de Ourense
Concello de Xermade
Concello de Outeiro de Rei
Concello da Laracha
Concello de Carballo




30 de diciembre de 2018

PORTOS DE GALICIA RECOLLEU 63.000 QUILOS DE RESIDUOS DOS FONDOS MARIÑOS DOS PEIRAOS AUTONÓMICOS



A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, recolleu ao longo dos últimos meses un total de 63.000 quilos de residuos dos fondos mariños de 15 peiraos autonómicos . Así o comunicou presidente do ente público, José Juan Durán, nunha rolda de prensa na sede do organismo portuario en Santiago para facer balance das actuacións de limpeza desenvolvidas nos últimos exercicios.
Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano tivo lugar en 5 peiraos de cada unha das 3 zonas administrativas de Portos de Galicia, a saber: Morás (Xove), O Barqueiro, Cedeira, Celeiro (Viveiro) e Cariño, na Costa Cantábrica; Aguiño (Ribeira), O Freixo (Outes), Pontedeume, Sada e Camariñas, na provincia da Coruña e Moaña, Aldán (Cangas), Tragove (Cambados), Vilanova de Arousa e Vilaxoán (Vilagarcía), na provincia de Pontevedra. Dito plan desenvólvese de xeito periódico co obxecto de acadar peiraos máis sustentables dende o punto de vista ambiental.
Durán Hermida destacou na rolda de prensa que “a experiencia acumulada nos anos anteriores indicábanos a necesidade de continuar con esta iniciativa que permite retirar dos fondos mariños residuos materiais que nunca deberon chegar ao mar”. Así mesmo recalcou que esta actuación “mellora a seguridade nas augas interiores e impulsa a protección da fauna mariña, que pode ser afectada seriamente pola acumulación de residuos nos fondos mariños”.
A limpeza das dársenas implica a recollida selectiva de obxectos do fondo mariño dentro das augas interiores do porto, ben entendido que non se trata dunha dragaxe, senón da recollida de residuos, que se atopan no leito mariño producidos pola caída accidental dos mesmos ou por outras razóns. Con esta acción preténdese sumar á limpeza en terra a limpeza no fondo do mar e mellorar ademais a imaxe das instalacións.
O equipo de traballo que se encarga da limpeza nas dársenas está formado por entre 3 e 5 mergulladores e como medios mecánicos contan cun barco con grúa. Ademais a empresa está coordinada en terra coa encargada da limpeza de Portos de Galicia, que ten preparados os contedores para o depósito dos residuos en terra e realiza a súa xestión selectiva.
Nas limpezas realizadas este ano recolléronse diversos obxectos de medianas e grandes dimensións, como rodas das defensas dos peiraos, cadeas, cabos, e ata un contedor de lixo, unha moto, electrodomésticos e unha embarcación enteira, ademais de restos de varios barcos afundidos.

230.000 quilos en 5 anos

Durante a rolda de prensa, o presidente de Portos de Galicia fixo tamén balance plurianual das 5 edicións do plan que se teñen desenvolvido ata o momento. Así Durán Hermida explicou que en conxunto nas campañas de 2013, 2014, 2016, 2017 e 2018 retiráronse en total 230.000 quilos de residuos dos fondos mariños portuarios autonómicos.


15 de junio de 2018

5.000 KILOS DE RESIDUOS RECOLLIDOS EN TRAGOVE



A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, recolleu ao longo das últimas semanas máis de 22.000 quilos de residuos dos fondos mariños da provincia de Pontevedra. Así o comunicou presidente do ente público, José Juan Durán, nunha rolda de prensa na sede do organismo portuario en Pontevedra para facer balance das actuacións de limpeza desenvolvidas.
Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano na provincia de Pontevedra tivo lugar nos portos de Moaña, Aldán (Cangas), Tragove (Cambados), Vilanova de Arousa e Vilaxoán (Vilagarcía). Este plan desenvólvese de xeito periódico co obxecto de acadar peiraos máis sustentables desde o punto de vista ambiental.
Durán Hermida destacou na rolda de prensa que a experiencia acumulada nos anos anteriores indicaba a necesidade de continuar con esta iniciativa que permite retirar dos fondos mariños residuos materiais que nunca deberon chegar ao mar. Así mesmo recalcou que esta actuación mellora a seguridade nas augas interiores e impulsa a protección da fauna mariña, que pode ser afectada seriamente pola acumulación de residuos nos fondos mariños.
A limpeza das dársenas implica a recollida selectiva de obxectos do fondo mariño dentro das augas interiores do porto. Non se trata dunha dragaxe, senón da recollida de residuos, que se atopan no leito mariño producidos pola caída accidental dos mesmos ou por outras razóns. Con esta acción preténdese sumar á limpeza en terra a limpeza no fondo do mar e mellorar ademais a imaxe das instalacións.
O equipo de traballo que se encarga da limpeza nas dársenas está formado por entre tres e cinco mergulladores e como medios mecánicos contan cun barco con grúa. Ademais a empresa está coordinada en terra coa encargada da limpeza de Portos de Galicia, que ten preparados os contedores para o depósito dos residuos en terra e realiza a súa xestión selectiva.
Nas limpezas realizadas este ano na provincia de Pontevedra recolléronse diversos obxectos de medianas e grandes dimensións, como rodas das defensas dos peiraos, cadeas, cabos, e ata un contedor de lixo e unha radio. Por peiraos, en Moaña recolléronse 4.000 quilos de lixo; en Aldán, 7.000; en Tragove, 5.000; en Vilanova de Arousa, 2.500; e en Vilaxoán, 6.000.



23 de abril de 2018

LICÍTASE O SERVIZO DE RECOLLIDA DE BASURAS DE CAMBADOS E VILANOVA


A Mancomunidade do Salnés ven de publicar o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, varios criterios de adxudicación, da prestación do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos nos concellos de Cambados e Vilanova de Arousa, pertencentes á Mancomunidade do Salnés.


29 de septiembre de 2016

REGULAMENTO DO FUNCIONAMENTO DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE CAMBADOS











O Pleno do Concello de Cambados, en sesión ordinaria celebrada o 31 de marzo de 2016 acordou aprobar inicialmente o Regulamento do Funcionamento do Punto Limpo do Concello de Cambados. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1885, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, abriuse un período de información pública por espacio de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias. Transcurrido o prazo sen haberse presentado reclamación enténdese definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.
A presente Ordenanza entrará en vigor no prazo de quince días dende hoxe coa publicación no BOPP e contra a mesma únicamente cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (artigos 10.1.b e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-administrativa)









26 de abril de 2016

APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO PUNTO LIMPO









O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 31 de marzo de 2016, acordou aprobar inicialmente o Regulamento de Funcionamento do Punto Limpo do Concello de Cambados. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL), ábrese un período de información pública por espazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias.
No caso de que non se presentase ningunha reclamación ou suxerencia, entenderáse definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, entrando en vigor unha vez se publique íntegramente o seu texto, e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da LRBRL .


5 de diciembre de 2015

PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA EN CAMBADOS










O Concello de Cambados presentou hoxe o programa de compostaxe doméstica apostando así por un modelo alternativo á incineración e facendo á cidadanía partícipe directa da experiencia.
As persoas interesadas en recibir un composteiro teñen que anotarse no Rexistro do Concello. O prazo de inscripción comeza o próximo mércores día 9 e remata o día 16 de decembro. Os composteiros serán adxudicados por orde de inscripción. Os requisitos para participar inclúen: figurar estar empadroados no concello de Cambados, comprometerse a acudir a unhas xornadas formativas para aprender a técnica da compostaxe, e habitar nunha vivenda unifamiliar do municipio con horta ou xardín.
O obxectivo principal é o de reducir os residuos orgánicos producidos nos fogares, obter un abono de calidade e concienciar á cidadanía da problemática e da necesidade de cambiar o modelo de xestión do lixo. Para iso repartiranse de maneira gratuita 20 composteiros cedidos por SOGAMA.
Unha vez se inicie o proceso, realizaranse tres visitas nos domicilios dos participantes para facer un seguimento, resolver dúbidas e recoller datos relativos á evolución do proxecto. Finalizarase coa extracción do compost e unha avaliación da experiencia, que servirá para poñer en marcha outra remesa de composteiros.
Cada fogar cambadés produce unha media de 5 Kg de residuos ó día, dos cales a metade é materia orgánica, un producto que se transformará en abono por procesos naturais para fertilizar e nutrir os solos da contorna, reducindo tamén a pegada de Carbono derivada do transporte e xestión de residuos.
A cidadanía é a protagonista deste proxecto, pasa de ser parte de un problema, o dos residuos, a formar parte da solución a través da compostaxe. 



9 de septiembre de 2015

XORNADAS SOBRE TRATAMENTO DE RESIDUOS IMPARTIDAS POLA UNIVERSIDADE PÚBLICA DE NAVARRA









A alcaldesa de Cambados Fátima Abal e o tenente alcalde Víctor Caamaño, estan participando esta semana en Navarra nunhas xornadas sobre tratamento de residuos, co fin de coñecer e analizar de primeira man diversos modelos de xestión das basuras.
Nestas xornadas, impartidas pola Universidade Pública de Navarra, asisten 47 representantes de Concellos da nosa provincia, convidados pola Deputación de Pontevedra, os cales poderán coñecer o funcionamento de oito estacións en Navarra e no País Vasco con visitas guiadas ás plantas de compostaxe de Lapatx e Epele e ás de Larrabetzu, Sakana, Leitza ou Ursurbil.





6 de septiembre de 2015

ARAGUNDE VAI A UNIVERSIDADE DE NAVARRA







A Deputación leva a Navarra a un grupo de 47 persoas, entre alcaldes, 

concelleiros e técnicos da provincia, para coñecer novos sistemas de 

xestión do lixo


Instalación de compostaxe de Berritz
A invitación da Deputación de Pontevedra ós concellos da provincia para asistir a unhas xornadas sobre sistemas de tratamento do lixo, organizadas pola Universidade Pública de Navarra, e visitar varias plantas de tratamento de lixo na contorna (Navarra e País Vasco) tivo unha gran ACEPTACIÓN por parte dos gobernos locais. Serán 47 persoas (catro alcaldes, dous tenentes de alcalde, 17 concelleiros e demais técnicos) as que encherán o autobús da expedición pontevedresa, o que proba o éxito da convocatoria e o interese mostrado polo tema.
A Deputación, a través do seu vicepresidente, César Mosquera, estivo explicando a todos os rexedores da provincia (a través de encontros comarcais) que o tratamento de residuos será un dos eixos da actividade da institución neste mandato. De feito, unha das primeiras decisións do novo goberno provincial foi a CONTRATACIÓN dun experto na materia, Carlos Pérez, que está á disposición dos gobernos locais para guialos cara a un sistema de tratamento de lixo que lles beneficie tanto económica como ecoloxicamente.
Ademais da posta a disposición do asesor, a Deputación remitiulles unha carta ós concellos para informalos de que os días 8 e 9 de setembro se celebrará en Alsasua un CURSO sobre economía circular e xestión de residuos, organizado pola Universidade Pública de Navarra e a Mancomunidade de Sakana. Nese encontro debaterase sobre as OPORTUNIDADES e beneficios que unha axeitada xestión do lixo provoca nos ámbitos sociais, económicos e ambientais. O curso contará coa presenza de relatores de recoñecido prestixio coma Francesc Giró, da Axencia Catalana de Residuos; Michele Giavini, de Composting Association; ou Alfonso del Val, consultor ambiental.

Consciente da importancia do evento a Deputación quixo impulsar a participación dos equipos de goberno dos concellos da provincia neste curso e decidiu subvencionar os gastos de desprazamento (autobús), os de aloxamento durante tres días (dous en Pamplona e un en San Sebastián), e os derivados da matrícula do curso.
A planta de Epele, a de maior tamaño das incluídas no PROGRAMA, foi presentada o pasado día 24 polo Consorcio de Residuos de Guipuzkoa-GHK . É moi similar á que se prevé para Pontevedra polo volume de tratamento de residuos orgánicos (9.000 toneladas ano de FORM) e pola utilización de túneis estáticos para a súa descomposición e maduración en mestas volteadas.
Entre outras instalacións de tratamento de menor tamaño, que tamén forman parte da viaxe, está a de Larrabetzu, que combina o residuo agrícola co doméstico dunhas 160 familias e dous restaurantes. Algo moi similar ocorre coas plantas de Sakana (na que combinan compostaxe comunitaria con recollida porta a porta) e a de Leitza. Xa preto de Donosti a expedición pontevedresa visitará a planta de Ursurbil, na que se realiza compostaxe doméstica e comunitaria, cunha captación de preto do 80 % do total do residuo orgánico xerado.
Á viaxe organizada pola Deputación están apuntados os alcaldes de Cambados, Cuntis, Silleda e Soutomaior; así como os primeiros tenentes de alcalde de Barro e Cambados; e os concelleiros de Medio Ambiente e Servizos de Bueu, Cangas, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Moaña, As Neves, Oia, Ribadumia, O Rosal, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa. Tamén acudirán técnicos de Caldas de Reis, Cuntis, O Grove, Lalín, Mondariz, Pontevedra, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, entre outros. Ademais estarán PRESENTES deputados do grupo de goberno e asesores provinciais, así como membros do grupo provincial do PP (Luis Aragunde e Julio Alén). 
Por certo Aragunde votou no seu momento en contra dunha moción para desenrolar programas de impulso do COMPOST, agora amosa un interese especial en coñecelo.

ÚLTIMA HORA!!! ARAGUNDE NON VIAXOU. Alo menos non subeu no autobús.


12 de marzo de 2015

DESPOIS DE 4 MESES UN VERTEDOIRO DE CORVILLÓN SEGUE ALÍ






O 13 de novembro do pasado ano, o BNG denunciou un vertedoiro incontrolado en Corvillón e solicitou ao concello a súa eliminación afirmando, nesa data, que “veciños/as de Corvillón puxéranse  en contacto co noso grupo municipal para trasladarlle información relativa a que en terreos da súa parroquia, concretamente na pista  que vai por detrás da Adega “Don Olegario”, nas proximidades da canceira municipal, existía  un vertedoiro de lixo que estaba  sendo  utilizado, desde había algo máis dun mes,  para verter ilegalmente diferente tipo de residuos e que día a día a acumulación do mesmo ía crecendo”. Ademais naquel momento, o BNG apuntaba que o  concello de Cambados tiña, tristemente, a experiencia de  comprobar como cando o lixo leva xa un tempo depositado nun lugar sen ser eliminado, córrese un maior risco de que outras persoas utilicen igualmente este punto de vertido para seguir depositando lixo nel. 
A día de hoxe esta afirmación queda demostrada pois, ante a desidia e desinterese do concello, o volume de residuos neste vertedoiro incrementouse
considerablemente e semella que non parará de crecer, a non ser que se actúe con celeridade. Ao BNG lle parece lamentable a falta de interese mostrada polo concello por solucionar esta situación e, polo tanto, solicita de novo que sexa, inmediatamente, eliminado o lixo deste vertedoiro ilegal de Corvillón e insiste en que, no futuro, sexan realizados controis periódicos con finalidade preventiva polas zonas máis afastadas das vivendas para tentar evitar que  este tipo de feitos se fagan tan habituais. Igualmente, volve a solicitar, como fixo no pasado e sen que o concello fixera ningún caso, que se realice unha campaña de promoción do Punto Limpo de Cambados (ubicación, horarios de atención ao público, tipos de residuos que almacena) xa que a práctica totalidade dos residuos depositados nos vertedoiros ilegais poderían ser almacenados no Punto Limpo do  Concello de sabelo as persoas que cometen este tipo de infraccións.



10 de febrero de 2015

ATENCIÓN CAMBADESES QUE CHEGA UN NOVO IMPOSTO (2ª PARTE)



Tralos artigos publicados por CORES DE CAMBADOS, ATENCIÓN CAMBADESES!!!! CHEGA UN NOVO IMPOSTO?,  PEQUENO ALTERCADO NO CONCELLO POLO DOBRE IMPOSTO DO LIXO,  AS EXPLICACIÓNS DESDE O CONCELLO SOBRE AS TAXAS DO LIXO NON CONVENCEN e a intención dos Socialistas de Cambados de levar a pleno o tema do imposto do lixo a locais comerciais, OS SOCIALISTAS LEVAN A PLENO O ROUBO DO IMPOSTO DO LIXO, varios empresarios en conversas con este blog manifestaron as suas dúbidas respeto a que é o quere facer o concello, pois as explicacións dadas non calman os nervos destes empresarios senón que os aumentan. Posto que as declaracións á prensa da Interventora municipal xeran incertidume.
Vai sendo hora tamén que Cambados CCA tome cartas no asunto.

Todo esto leva a pensar en que un local de hostelería con venta de viños e despacho de loterías tería que pagar tres conceptos diferentes de lixo?
Ou kioskos de chucherías, que son ademáis bar, terían que pagar duas veces?
Estancos que teñen tenda, zapaterías con venta e arranxo? 
Pazos que ofrecen banquetes e tamén moitos outras actividades empresariais.
Vai sendo hora de que desde o concello movan ficha e deixen ben as claras que é o que vai pasar e non vale decir que o fan noutras poboacións, porque noutras poboaciós teñen uns servizos dos que carece Cambados e neso non queren igualarse.



3 de febrero de 2015

O BNG DI NON A CHANTAXE SE SOGAMA





O BNG presentou hai días, para que se trate no próximo pleno ordinario, unha moción para implantar o modelo de compostaxe en Cambados polas súas vantaxes ambientais pero tamén económicas. Esa podería ser  unha primeira opción para reducir a factura anual que o noso concello ten que pagar a Sogama. Unha factura que o pasado ano subiu, de xeito unilateral e sen ningún tipo de consulta cos concellos, un 34 % e semella, que de seguir apostando por este sistema, os pagos polo lixo seguirán incrementándose no futuro.
O próximo 19 de febreiro é a data límite para aceptar o ultimatum de Sogama, é dicir, da Xunta de Galiza e, polo tanto, seguir apostando por este modelo nos próximos 5 anos; seguir apostando por un modelo caro e contaminante. Non se entende como o noso alcalde e os outros do PP do Salnés prefiren aceptar un modelo que non lles gusta (por certo, por caro, non por contaminante) e aceptan o que lle ven imposto desde Santiago sen barallar outras opcións. Isto demostra moi poucas miras e ningunhas gañas de contradicir aos “xefes”. Non son capaces de ollar máis aló dos límites do seu concello, pois  poderían  apostar por mellores modelos como o que se utiliza na comarca do Barbanza. Un modelo máis barato, máis ecolóxico e que, claramente, crea máis postos de traballo, cuestión que tamén debe ser un obxectivo prioritario a valorar. Pois, sen ter en conta os empregos destinados directamente á recollida de lixo, o modelo do Barbanza utiliza 1 traballador por cada 380 toneladas tratadas, mentres ca o de Sogama utiliza 1 traballador  por cada 2.496 toneladas (isto demostra claramente unha das vantaxes máis importantes a ter en conta na actualidade e no futuro). E a esta vantaxe debe sumárselle outras como  a utilidade do compost producido neste tipo de plantas (terras de cultivo do Salnés), o seu prezo á venta por tonelada (45-37 €) e o mínimo impacto sobre o medio ambiente á diferenza do que ocorre con Sogama.

As cousas, neste asunto, están moi claras e buscar solucións pasa por ter vontade política, sobre todo cando se goberna en Cambados, na Mancomunidade do Salnés, na Xunta de Galiza e no Goberno Central. Se neste asunto o PP non toma as decisións adecuadas é por incapacidade, por falta de vontade política ou polas dúas cousas.


UN ARTIGO DE VÍCTOR CAAMAÑO, VOCEIRO DO BNG EN CAMBADOS
   




OS SOCIALISTAS LEVAN A PLENO O ROUBO DO IMPOSTO DO LIXO






A formación que lidera Fátima Abal preguntará no concello cal é o motivo polo que aos hostaleiros lles está a chegar un novo recibo do lixo polas cafeterías dos hoteis, coma se estas fosen un negocio aparte e non formasen un conxunto con ditos hoteis. Un recibo, ademáis, que se está a cobrar con carácter retroactivo, algo a todas luces inxusto.
Segundo a voceira socialista: “unha vez máis, é indignante a forma que ten de facer as cousas este concello, actúa cun despotismo inaudito, estamos escoitando cada día casos de hostaleiros aos que lles chegan recibos do lixo por duplicado, e incluso en forma de atrasos. Por eso, preguntaremos cal é o motivo destes recibos, os cales ademáis son emitidos polo propio Concello en lugar de pola ORAL que é quen ten esa potestade”.

Os socialistas esixen que o concello dea a cara e se explique, en lugar de agocharse como fai habitualmente. “Os veciños e veciñas están xa cansos deste escurantismo, temos un alcalde que por un lado presume públicamente de transparencia, unha transparencia que na realidade non existe, e por outro lado sube impostos de forma completamente irregular, xa que os hostaleiros xa estaban pagando ata o de agora o que lles correspondía. Ademáis, cando algún afectado pide que lle expliquen que é o que acontece, négaselle esa información. Parece que o Concello anda unha vez máis a dar bandazos, como se pensaran que a xente non se ía enterar desta duplicidade impositiva”.


Fátima Abal afirma que “non se entende a que ven este contínuo maltrato aos sectores que moven a economía local, cando o que precisa o noso pobo é xustamente o contrario, necesítase potenciar a nosa economía en lugar de asfixiar con impostos e con incertidume aos sectores productivos, os cales necesitan unha claridade que este goberno municipal é incapaz de garantizar”.

2 de febrero de 2015

PEQUENO ALTERCADO NO CONCELLO POLO DOBRE IMPOSTO DO LIXO




Esta mañán no consistorio de Cambados prodúxose unha discusión entre o hosteleiro que denunciou o asunto do dobre imposto do lixo que está a aplicar o concello por un lado e a ORAL, que é o organismo competente para a recadación de impostos.
Tras pedir explicacións, ninguén desde o concello tivo a amabilidade de dar detalle deste novo abuso.
Un funcionario amenazou con chamar a Policía Local si o veciño, seguía insistindo de modo vehemente, na esixencia de explicacións.
Segundo testigos presenciais, ninguén do Concello foi quen de explicar o tema.
Recordemos que  CORES DE CAMBADOS sacou a luz o venres a nova sobre este atropelo do que onte se fixo eco A TI MEU CAMBADOS e que relatamos a continuación por boca do afectado, que nos consta que non é o único e xa se están a preparar varias reclamacións. 
O relato que sigue foi a contestación ao publicado por este blog.

O que escribes pasoume a min. Resulta que me chega unha carta de pago por 

parte do Concello decíndome que lle teño que pagar a basura porque según me 

din, desde o Concello, teño unha cafeteria que produce basura e me reclaman 

1251,11 euros por liquidacion de atrasos de taxas de recollida de lixo dos anos 

2011 e 2012 pola cafeteria.... Resulta que vou a ORAL e me din que a basura 

eses anos xa a teño paga (polo que me dan un justificante donde di que pago 

407,66 cada catro meses de basura polo Hotel ), e que este novo pago xa non 

depende de min e din que non son o unico negocio que ten este problema.E 

ahora me vexo fasendo unha reclamacion..........Cando a mañán acudín o 

Concello díxenlle ao funcionario que leva este papeleo -inventades estes novos 

impostos porque non tendes un peso no Concello? ...E a respuesta do 

funcionario foi mover a cabeza. O que pasa e que hay mis xente fora que 

dentro do Concello, e selles paga un soldo e máis un seguro e están mais 

tempo nos bares, supermercados e de tiendas que no Concello e despois veñen 

estes inventos de impostos que o que traen e moito malestar entre os veciños--

--Quixera saber quen e o que manda no Concello!!...