Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta RECICLAXE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECICLAXE. Mostrar todas las entradas

27 de julio de 2019

CAMPAÑA SEPARAR CON XEITO

O Concello de Cambados  invitou a cidadanía a participar na campaña ”Separar con Xeito” promovida por Ecoembes e a Concellería de Medio Ambiente mediante a colocación dunha carpa no mercado o pasado mércores.
A Concellería de Medioambiente quere promover esta iniciativa para mobilizar, concienciar e informar á cidadanía na importancia da separación selectiva dos residuos que se depositan nos contenedores azuis e amarelos.
Esta campaña, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

En concreto, Separar con Xeito acudirá a ferias, feiróns e eventos gastroculturais co obxectivo de orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán en cada evento.


10 de julio de 2019

CAMBADOS, RIBADUMIA E SANXENXO CONTARÁN PROXIMAMENTE CON PUNTOS LIMPOS MÓBILES


Unha trintena de entidades locais galegas, entre elas o Concello de Cambados, recibirán este ano 824.195 euros en axudas para a instalación de puntos limpos móbiles nos seus municipios e promover medidas destinadas á implantación da recollida selectiva da fracción orgánica dos residuos urbanos. 
Con esta liña de axudas, a primeira que contempla expresamente entre os seus obxectivos a implantación de puntos limpos móbiles, búscase favorecer e apoiar aos concellos e entidades supramunicipais no desenvolvemento das súas competencias en materia de xestión de residuos.
Neste sentido, as entidades beneficiarias solicitaron acollerse a unha das dúas liñas de actuación subvencionables: a adopción de medidas para implantar a recollida separada da fracción orgánica que forma parte dos residuos domésticos ou a implantación de puntos limpos móbiles dotados de diferentes compartimentos.
En canto á primeira, grazas a estas axudas, as entidades beneficiarias poderán dotarse de contedores de proximidade de cor marrón (o chamado quinto contedor) e dos equipamentos necesarios para a súa instalación. 
Polo que respecta á implantación de puntos limpos móbiles, 24 administracións de carácter municipal e supramunicipal beneficiaranse das axudas para levar a cabo este tipo de proxectos, cun investimento neste capítulo de 647.000 euros. Grazas a este tipo de instalacións propiciarase a mellora e a ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos de Galicia (composta actualmente por 147 infraestruturas fixas) para a xestión de residuos especiais de competencia municipal, co fin de favorecer a súa adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización.
En ambas liñas, os beneficiarios deberán acompañar a implantación de medidas prácticas con campañas de difusión e sensibilización que incentiven a participación cidadá e a súa concienciación en materia de separación de residuos e reciclaxe.

A Xunta brindará apoio económico ás Administracións locais interesadas para que poidan dotarse de ferramentas efectivas coas que alcanzar un modelo de xestión dos residuos urbanos adaptados ás esixencias europeas e estatais.

A directiva comunitaria que regula esta materia, a recollida separada da fracción orgánica do lixo doméstico deberá estar implantada desde o 31 de decembro do próximo ano, no caso dos concellos de máis de 5.000 habitantes, e para todos, antes do 31 de decembro de 2023.
Reducir o peso que ten na actualidade a fracción orgánica sobre o conxunto dos residuos que se xeran en Galicia –aproximadamente un 42% do total- é un dos grandes obxectivos que se marca a Xunta para poder cumprir cos mandatos europeos e estatais en materia de xestión de residuos.
Neste contexto enmárcanse todas as iniciativas e campañas impulsadas nos últimos anos co fin de colaborar cos concellos e apoialos na implantación progresiva de sistemas para a recollida selectiva e o posterior tratamento da fracción orgánica dos residuos domésticos.
Na seguinte táboa indícanse os beneficiarios das axudas, tanto para a implantación de puntos limpos móbiles, así como para proxectos de nova implantación da recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais.
Implantación de puntos limpos móbiles
Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro (Servizo aos concellos de Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro)
Concello de Carballeda de Avia
Concello de Vilaboa
Mancomunidade Terra de Celanova (Servizo aos concellos de Celanova, a Merca, Verea, Quintela de Leirado, Gomesende, Pontevedra, Ramirás e Cartelle)
Deputación Provincial de Ourense
Agrupación Voluntaria de Monterrei Cualedro
Concello de Barreiros
Concello de Pobra do Broullón
Concello de Portomarín
Concello de Santa Comba
Concello de Vimianzo
Concello de Vilardevós
Concello de Cambados
Concello de Soutomaior
Consorcio das Mariñas (Servizo aos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada)
Concello de Tomiño
Agrupación Voluntaria de Vilasantar- Boimorto
Concello de Vilar de Santos
Concello da Mezquita
Concello de Rianxo
Concello de Porto do Son
Concello de Mondariz Balneario
Concello de Sanxenxo
Concello de Ribadumia

Nova implantación da recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais
Concello de Vimianzo
Deputación Provincial de Ourense
Concello de Xermade
Concello de Outeiro de Rei
Concello da Laracha
Concello de Carballo




O CONCELLO DE CAMBADOS PARTICIPA NO PROGRAMA TERRACYCLE


O Concello de Cambados participa no programa de recollida de instrumentos de escritura ( bolígrafos, rotuladores, portaminas, borradores, marcadores, rotuladores fluorescentes, correctores líquidos) en diferentes puntos públicos a través de Terracycle.
Este tipo de material será depositado nunhas caixas de cartón perfectamente identificadas nos puntos de entrada dos edificios públicos, que posteriormente serán enviadas a empresa de reciclaxe onde fabricarán novos materiais.
TerraCycle está a eliminar a idea de lixo, reciclando o non reciclable. Xa sexan cápsulas de café da casa, bolígrafos da escola, ou luvas de plástico dun laboratorio, TerraCycle pode recoller e reciclar prácticamente calquera tipo de residuo. Asocianse con recolectores individuais, así como compañías produtoras, tendas, fabricantes, administracións, e pequenos negocios en 20 países. Coa túa axuda, serán capaces de evitar que millóns de residuos acaben na entulleira ou na incineradora cada mes.


10 de junio de 2019

ENTREGA DE COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS

A Concellaría de Medio Ambiente, fará unha nova entrega de composteiros  individuais.
Tras a charla, que contará con persoal técnico especializado, farase entrega dos novos composteiros individuais que cedeu a empresa pública Sogama. Esta entrega será aberta a toda a veciñanza interesada en coñecer esta práctica, co obxecto de extender a autocompostaxe á distintas vivendas unifamiliares do noso municipio, e de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.
Coas accións que se levan implantando ata o momento no noso municipio; entre os centros de compostaxe comunitaria, os composteiros individuais, as áreas de reciclaxe selectivas de RAEE, etc.. tense avanzado na concienciación e na información sobre a reciclaxe e a reutilización. Dende a Concellaría de Medio Ambiente, queremos remarcar que é moi importante a redución  dos residuos, xa que só así se logrará unha adecuada xestión do lixo.
Serán xa, con estes composteiros, 105 composteiros individuais entregados á veciñanza das parroquias dende que chegamos ao Goberno. Neste senso, a Concellaría de Medio Ambiente, seguirá  realizando revisións nos composteiros xa instalados para solventar as posibles dúbidas que se puidesen presentar.




23 de abril de 2019

“TERRACICLE”: COMPROMISO COA PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE


A recollida selectiva é a chave para rematar cos residuos e camiñar cara a unha economía circular que se identifique cunha cantidade de residuos cero. Nesa liña está a traballar o Concello de Cambados, tentando concienciar a veciños e veciñas de que a súa implicación nunha mellor reciclaxe  é imprescindible para conservar o bo estado do planeta, empezando polo máis próximo. Por esta razón o  concello de Cambados participará no programa de recollida de instrumentos de escritura (bolígrafos, rotuladores, portaminas, borradores, marcadores, rotuladores fluorescentes, correctores líquidos) en diferentes puntos públicos a través do programa “Terracicle”.


Este tipo de material será depositado nunhas caixas de cartón, perfectamente identificadas (logotipo do Concello de Cambados e o do Refuxio de Animais de Cambados) nos puntos de entrada dos edificios públicos para ser enviados a empresa de reciclaxe onde fabricarán novos materiais e produtos. En próximos días os/as técnicos/as municipais da Concellaría de Medioambiente repartirán nos edificios públicos os correspondentes contedores para iniciar este proxecto.


Cada recollida de 20 quilos deste tipo de residuos será trocable nunha doazón para o Refuxio de animais de Cambados.


O obxectivo deste programa é fomentar a reciclaxe de diferentes instrumentos de escritura por non ter cabida no contedor amarelo, promover a participación cidadá na reciclaxe e fomentar unha política medioambiental de reciclaxe nas actuacións municipais.


18 de enero de 2019

O PORTO DE TRAGOVE É O QUE RECICLA MÁIS CANTIDADE DE ACEITES DE PONTEVEDRA

Portos de Galicia recolleu durante o pasado exercicio 850.000 quilos de aceites residuais a través do programa Marpol de recollida de hidrocarburos usados nos peiraos de titularidade autonómica. Así se recolle no informe presentado polos responsables deste servizo a través do que se recuperan e reciclan os aceites residuais que se verten nos portos para a súa reutilización.
Portos de Galicia atribúe o éxito da medida á colaboración e concienciación do sector profesional, ao que o ente público agradece a súa participación nesta iniciativa para a mellora colectiva. Nunha análise porto a porto, os peiraos nos que se recuperaron maiores cantidades de hidrocarburos foron A Pobra, con 230.000 quilos; Ribeira, con 140.000 quilos, e Burela, con 77.000 quilos. No caso da provincia de Lugo, o segundo porto con máis aceites recollidos foi o de Celeiro, con 74.000 quilos. En canto á provincia de Pontevedra, os peiraos con mellores resultados neste programa foron os de Tragove, con 14.000 quilos e Bueu, con 12.000.
Desde o ano 2012, Portos de Galicia ten renovado o servizo de recollida e tratamento de hidrocarburos, aceites usados e residuais, co que dá cumprimento ao convenio internacional Marpol, para o tratamento axeitado destes residuos. O servizo implica, por unha banda, a recollida directa nos buques dos produtos e, por outra, a instalación de contedores para recollida e almacenaxe temporal nos portos, baleirado dos mesmos, transporte á planta autorizada e preferentemente reciclaxe e valorización dos medios. Cando isto último non é posible procédese á súa eliminación. Este servizo reforza a prevención ambiental, ao tempo que se melloran as condicións dos usuarios do porto no uso das instalacións.
Ademais dos residuos líquidos, realízase tamén a recollida e tratamento do material relacionado, como filtros, envases, trapos, roupa, aparellos ou neumáticos. Finalmente, a empresa adxudicataria do servizo é tamén a encargada de realizar, a requerimento de Portos de Galicia, a limpeza da lámina de auga dos portos nos casos de vertidos de produtos contaminantes, calquera que sexa a causa.


31 de julio de 2018

CAMBADOS POR RIBA DA MEDIA GALEGA NA RECICLAXE DE VIDRO



Medio Ambiente chama á cidadanía e ás adegas a colaborar para reciclar o 100% do vidro na Festa do Albariño de Cambados


A directora xeral Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, participou esta mañá na presentación dunha campaña especial para fomentar a recollida deste tipo de envases durante a LXVI Festa do Albariño 2018
No marco desta iniciativa, que se desenvolve xunto con Ecovidrio e na que colabora tamén o Concello de Cambados, instalaranse 15 colectores adicionais no municipio, dotarase ás adegas dun cubo adaptado para almacenar as botellas e habilitarase un posto informativo para concienciar ao público asistente
A Consellería de Medio Ambiente aposta por este tipo de campañas co obxectivo de fomentar a sustentabilidade dos eventos festivos en Galicia


A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, presentou hoxe unha nova campaña especial de recollida de vidro durante a LXVI Festa do Albariño en Cambados co obxectivo de tentar reciclar o 100% das botellas e doutros envases de vidro que se consuman neste evento.
A iniciativa, desenvolvida da man de Ecovidrio e en colaboración co Concello de Cambados, inclúe o dotación adicional de 15 novos contedores especiais, a entrega ás adegas dun cubo adaptado para almacenar o vidro que se vaia xerando e que será retirado a diario por un equipo de ecopatrullas, e a colocación dun posto informativo atendido por monitores especializados para concienciar aos asistentes. Por este motivo, María Cruz Ferreira apelou á sensibilización cidadá e ao apoio das adegas á campaña, confiando en que grazas a esta colaboración se poida acadar o obxectivo.
Coa campaña especial que se levará a cabo en Cambados estes días, a Consellería de Medio Ambiente e Ecovidrio aspiran a recuperar para o seu reciclado unhas 90.000 botellas, o que representa máis de 30 toneladas de vidro, e co que se contribúe á loita contra o cambio climático ao evitar as emisións de GEI na súa fabricación, aforrando tamén enerxía, evitando a extracción de materias primas da natureza e minimizando a erosión e a deforestación da nosa contorna.

Aposta polos eventos sustentables


Iniciativas como a que se desenvolverá a partir de mañá en Cambados, enmárcanse dentro da aposta da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pola sustentabilidade dos festexos que se celebran durante todo o verán en Galicia, unha boa ocasión para concienciar aos galegos sobre a necesidade de reciclar e manter condutas respectuosas co medio ambiente.
A intención, como explicou a directora xeral de Calidade Ambiental, é transformar estas festas en “eventos de baixo impacto ambiental”, na liña dos obxectivos e criterios de Nacións Unidas tales como reducir ao mínimo ás emisións de gases de efecto invernadoiro, minimizar o consumo de recursos naturais, protexer a biodiversidade e os recursos hídricos, evitar a produción de residuos e reciclar os que se xeren e sensibilizar á cidadanía dos beneficios da sustentabilidade desde os puntos de vista social, ambiental e económico.

Neste sentido, a Festa do Albariño de Cambados é un importante escaparate enoturístico, gastronómico e lúdico a nivel nacional, polo que cobra aínda máis importancia a imaxe que se proxecta cara ao exterior. Así mesmo, este tipo de festas multitudinarias representan unha gran oportunidade para a concienciación dos asistentes, promotores, hostaleiros, veciños e visitantes, reforzada ademais polo feito de que moitas das persoas que asisten son xente moza.

A reciclaxe de vidro en 2017

Os datos de reciclaxe de vidro en Galicia no ano 2017 constatan un incremento do 5,5 por cento na recollida selectiva de envases de vidro respecto ao ano anterior. Este dato supón o maior aumento da recollida a través do contedor verde dos últimos cinco anos e sitúa a Galicia xa na media española e nunha boa posición respecto á ratio europea.
Cada galego reciclou 16,1 kg de residuos de envases de vidro, un quilo más que no ano anterior. Boa parte deste incremento débese á maior concienciación cidadá sobre os beneficios que reporta ao medio ambiente reciclar.
Así mesmo, tamén tivo unha repercusión considerable nas cifras de reciclaxe o incremento dun 4% ao longo do 2017 do parque de colectores. Isto sitúa a Galicia como a terceira comunidade cun maior incremento na media de contedores respecto ás cifras de 2016 (só por detrás de Baleares e de Madrid) e contribúe en gran medida a facilitar aos cidadáns a achega destes envases de vidro para a súa reciclaxe posterior.
No caso concreto do Concello de Cambados, a progresión da recollida de envases de vidro tamén é moi positiva, incrementándose desde o ano 2014 en máis dun 17% e acadando en 2017 os 18,4 kg por habitante e ano, superior á media da provincia de Pontevedra (15,8 kg/hab) e tamén por riba da media galega (16,1 kg/hab).


30 de noviembre de 2017

REMATAN AS CHARLAS SOBRE A SEPARACIÓN E A RECICLAXE NO CEIP ANTONIO MAGARIÑOS











Rematan as charlas sobre a separación e a reciclaxe no CEIP Antonio Magariños coa presenza da Concelleira de Medio Ambiente, Mª José Cacabelos.
Esta campaña de sensibilización levouse a cabo en tódolos colexios de educación infantil e primaria do Concello. Foron impartidas por persoal especializado da empresa URBASER, encargada da recollida do lixo.
Continuaremos con esta actividade formativa nos centros de educación secundaria ó longo do seguinte trimestre.
Estas accións forman parte da campaña de sensibilización en materia de separación, reciclaxe e compostaxe que se está a realizar dende esta Concellaría, coa fin de informar á cidadanía da importancia da redución dos residuos e da axeitada separación na orixe para a súa posterior reciclaxe.