A Deputación leva a Navarra a un grupo de 47 persoas, entre alcaldes,
concelleiros e técnicos da provincia, para coñecer novos sistemas de
xestión do lixo
A invitación da Deputación de Pontevedra ós concellos da provincia para asistir a unhas xornadas sobre sistemas de tratamento do lixo, organizadas pola Universidade Pública de Navarra, e visitar varias plantas de tratamento de lixo na contorna (Navarra e País Vasco) tivo unha gran ACEPTACIÓN por parte dos gobernos locais. Serán 47 persoas (catro alcaldes, dous tenentes de alcalde, 17 concelleiros e demais técnicos) as que encherán o autobús da expedición pontevedresa, o que proba o éxito da convocatoria e o interese mostrado polo tema.
A Deputación, a través do seu vicepresidente, César Mosquera, estivo explicando a todos os rexedores da provincia (a través de encontros comarcais) que o tratamento de residuos será un dos eixos da actividade da institución neste mandato. De feito, unha das primeiras decisións do novo goberno provincial foi a CONTRATACIÓN dun experto na materia, Carlos Pérez, que está á disposición dos gobernos locais para guialos cara a un sistema de tratamento de lixo que lles beneficie tanto económica como ecoloxicamente.
Ademais da posta a disposición do asesor, a Deputación remitiulles unha carta ós concellos para informalos de que os días 8 e 9 de setembro se celebrará en Alsasua un CURSO sobre economía circular e xestión de residuos, organizado pola Universidade Pública de Navarra e a Mancomunidade de Sakana. Nese encontro debaterase sobre as OPORTUNIDADES e beneficios que unha axeitada xestión do lixo provoca nos ámbitos sociais, económicos e ambientais. O curso contará coa presenza de relatores de recoñecido prestixio coma Francesc Giró, da Axencia Catalana de Residuos; Michele Giavini, de Composting Association; ou Alfonso del Val, consultor ambiental.
Consciente da importancia do evento a Deputación quixo impulsar a participación dos equipos de goberno dos concellos da provincia neste curso e decidiu subvencionar os gastos de desprazamento (autobús), os de aloxamento durante tres días (dous en Pamplona e un en San Sebastián), e os derivados da matrícula do curso.
A planta de Epele, a de maior tamaño das incluídas no PROGRAMA, foi presentada o pasado día 24 polo Consorcio de Residuos de Guipuzkoa-GHK . É moi similar á que se prevé para Pontevedra polo volume de tratamento de residuos orgánicos (9.000 toneladas ano de FORM) e pola utilización de túneis estáticos para a súa descomposición e maduración en mestas volteadas.
Entre outras instalacións de tratamento de menor tamaño, que tamén forman parte da viaxe, está a de Larrabetzu, que combina o residuo agrícola co doméstico dunhas 160 familias e dous restaurantes. Algo moi similar ocorre coas plantas de Sakana (na que combinan compostaxe comunitaria con recollida porta a porta) e a de Leitza. Xa preto de Donosti a expedición pontevedresa visitará a planta de Ursurbil, na que se realiza compostaxe doméstica e comunitaria, cunha captación de preto do 80 % do total do residuo orgánico xerado.
Á viaxe organizada pola Deputación están apuntados os alcaldes de Cambados, Cuntis, Silleda e Soutomaior; así como os primeiros tenentes de alcalde de Barro e Cambados; e os concelleiros de Medio Ambiente e Servizos de Bueu, Cangas, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Moaña, As Neves, Oia, Ribadumia, O Rosal, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa. Tamén acudirán técnicos de Caldas de Reis, Cuntis, O Grove, Lalín, Mondariz, Pontevedra, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, entre outros. Ademais estarán PRESENTES deputados do grupo de goberno e asesores provinciais, así como membros do grupo provincial do PP (Luis Aragunde e Julio Alén).
Por certo Aragunde votou no seu momento en contra dunha moción para desenrolar programas de impulso do COMPOST, agora amosa un interese especial en coñecelo.
ÚLTIMA HORA!!! ARAGUNDE NON VIAXOU. Alo menos non subeu no autobús.
ÚLTIMA HORA!!! ARAGUNDE NON VIAXOU. Alo menos non subeu no autobús.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.