Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ORDENAZAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ORDENAZAS. Mostrar todas las entradas

9 de marzo de 2018

EXPOSICIÓN PÚBLICA DA APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DE DISTINTAS ORDENANZAS FISCAIS








APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DE DIVERSAS ORDENANZAS FISCAIS DO CONCELLO DE CAMBADOS
En sesión ordinaria de Pleno do Concello de Cambados, celebrada en data 25 de xaneiro de 2018, adoptouse o acordo de aprobación provisional de modificación das seguintes ordenanzas fiscais:
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles.
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas.
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.
En sesión ordinaria de Pleno do Concello de Cambados, celebrada en data 28 de decembro de 2017, adoptouse o acordo de aprobación provisional de modificación da seguinte ordenanza fiscal:
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
En sesión ordinaria de Pleno do Concello de Cambados, celebrada en data 28 de abril de 2017, adoptouse o acordo de aprobación provisional de modificación da seguinte ordenanza fiscal:
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos.
En sesión ordinaria de Pleno do Concello de Cambados, celebrada en data 24 de febreiro de 2017, adoptouse o acordo de aprobación provisional de modificación da seguinte ordenanza fiscal:
• Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e terreos de uso público cando dean acceso a establecementos industriais ou comerciais, reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
Anúnciase a exposición ó público dos expedientes de modificación das devanditas ordenanzas fiscais, por un prazo de 30 días hábiles, de conformidade có disposto no artigo 17 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, ó obxecto de que os interesados que o estimen oportuno podan presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas.
Esta exposición terá lugar na oficina da Concellería de Facenda do Concello e a través do seu Portal de Transparencia na dirección:
www.transparenciacambados.gal/taboleiro-de-anuncios-virtual/
Os efectos de exame do expediente e presentación das reclamacións que estimen oportunas.
Finalizado o período de exposición pública o Concello resolverá, no seu caso, as reclamacións que se presentaran e aprobará a redacción definitiva da modificación da ordenanza fiscal. En caso de que non se presentaran reclamacións, entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional, sen necesidade dun novo acordo plenario.
O acordo definitivo có texto íntegro da modificación da ordenanza deberá publicarse no Boletín Oficial da Provincia como requisito previo a súa entrada en vigor.


24 de enero de 2018

PUBLICACIÓNS DO CONCELLO DE CAMBADOS NO BOPPO












Publicadas unha ordenanza, dous regulamentos e o inventario de Camiños do Concello de Cambados no BOPPO de hoxe. 
-Ordenanza Municipal da venda ambulante ou non sedentaria do Concello de Cambados. 
-Regulamento Interno da Acción Voluntaria do Concello de Cambados.
-Regulamento Orgánico Municipal
-Inventario de camiños do Concello de Cambados
De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, ábrese un período de información pública por espacio de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias.
No caso de que non se presentase ningunha reclamación ou suxerencia, entenderáse definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, entrando en vigor no prazo de 15 días hábiles a contar dende a publicación da modificación.



APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO DO RÉXIME XURÍDICO, XESTIÓN, USO E UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓN DEPORTIVAS









Aparece publicado no BOPPO de hoxe o Regulamento do réxime xurídico, xestión, uso e utilización das instalación deportivas de titularidade do Concello de Cambados.


O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 27 de xullo de 2017, acordou aprobar inicialmente o Regulamento do réxime xurídico, xestión, uso e utilización das instalación deportivas de titularidade do Concello de Cambados. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1885, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, ábrese un período de información pública por espacio de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias.
No caso de que non se presentase ningunha reclamación ou suxerencia, entenderáse definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, entrando en vigor no prazo de 15 días hábiles a contar dende a publicación do texto íntegro.
Este regulamento foi moi contestado nun principio polos usuarios, sobre todo pais, por ser demasiado restrictivo.



29 de diciembre de 2017

PUBLICADAS NOVAS ORDENANZAS FISCAIS DE CAMBADOS







Rematado o período de exposición pública dos anuncios publicado no Boletín Oficial da Provincia, referinte aos acordos adoptados polo Pleno do Concellos, sobre modificación de varias Ordenanzas Fiscais Reguladoras, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse os textos íntegros das modificacións aprobadas definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:

-APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN DE ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

-APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS

-APROBACIÓN DEFINITIVA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA

-APROBACIÓN DEFINITIVA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIROS

-APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TASA POR RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBÁNS

-APROBACIÓN DEFINITVA MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABLADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS


A modificación das presentes Ordenanzas Fiscais, unha vez publicadas integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2018, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.





23 de enero de 2017

APROBACIÓN DEFINITIVA DA ORDENANZA REGULADORA DA INSTALACIÓN DE TERRAZAS









O Pleno do Concello de Cambados, en sesión extraordinaria celebrada o 31 de maio do 2016, acordou aprobar inicialmente a Ordenanza Reguladora da Instalación de Terrazas no Concello de Cambados. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, abriuse un período de información pública por espazo de 30 días para á presentación de reclamacións e suxerencias, sen que no mencionado período se presentase ningunha.
Dita aprobación enténdese definitiva ao non haberse presentado ningunha reclamación ou suxerencia, dentro do prazo de información pública, de acordo co previsto no artigo 49 da LRBRL.
De conformidade co disposto no artigo 70.2 da LRBRL, publícase o seu texto íntegro aos efectos da súa entrada en vigor unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da citada Lei.
Contra o citado acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo, ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Todo elo sen perxuicio de que poida exercitar calquera outro recurso ou acción que estimen pertinente.








9 de enero de 2017

APROBADO DEFINITIVAMENTE O REGULAMENTO DA PRAZA DE ABASTOS DE CAMBADOS












O Pleno do Concello de Cambados, en sesión ordinaria celebrada o 25 de agosto de 2016 acordou aprobar inicialmente o regulamento da praza de abastos do Concello de Cambados. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1885, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, abriuse un período de información pública por espacio de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias. Transcurrido o prazo sen haberse presentado reclamación enténdese definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.
Esta Ordenanza entrará en vigor no prazo de quince días dende a súa publicación no BOPP (hoxe 9 de xaneiro) e contra a mesma únicamente cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (artigos 10.1.b e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-administrativa).






30 de diciembre de 2016

APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DE DIVERSAS ORDENANZAS FISCAIS










Elevados a definitivos os Acordos plenarios iniciais do Concello de Cambados de data 27.10.2016 de modificación de diversas ordenanzas fiscais, fanse públicos os seus textos íntegros en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS
DE TRACCIÓN MECÁNICA
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR OUTORGAMENTO DAS LICENCIAS URBANÍSTICAS ESIXIDAS POLA LEXISLACIÓN DO SOLO E ORDENACIÓN URBANA
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN  DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN 
DO SERVIZO DE SUMIDOIROS



18 de noviembre de 2016

MODIFICACIÓN DE ORDENANZAS FISCAIS REGULADORAS DE VARIAS TAXAS













MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR VISITAS A MUSEOS, MONUMENTOS HISTÓRICOS OU ARTÍSTICOS E CENTROS E LUGARES ANÁLOGOS DO CONCELLO DE CAMBADOS
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional do Concello de Cambados de data 28/07/2016 sobre a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por visitas a museos, monumentos históricos ou artísticos e centros e lugares análogos do Concello de Cambados, cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
ARTIGO 6.—COTA TRIBUTARIA
A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.
TARIFAS
CONCEPTO
IMPORTE EUROS
Entrada normal (Entrada valida para os tres centros)
3,20 €
Entrada Unica (Entrada unica para acceder a un so centro)
1,00 €
Maiores de 65 anos (Entrada valida para os tres centros)
1,60 €
Rapaces de 10 a 18 anos (Entrada valida para os tres centros 50% desconto )
1,60 €
Grupos, a partir de 25 persoas (Entrada valida para os tres centros 20% desconto)
2,55 €
Nenos menores de 10 anos
Gratis
Nota.—Os descontos non serán acumulables, podendo facerse uso só dun dos establecidos.”
DISPOSICIÓN FINAL
A modificación da presente ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.”
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENSINANZAS ESPECIAIS EN ESTABLECEMENTOS DOCENTES DE ENTIDADES LOCAIS (ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E CONSERVATORIO ELEMENTAL)
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional do Concello de Cambados de data 30/06/2016 sobre a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais (Escola Municipal de Música e Conservatorio Elemental), cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Artigo 5.- Cota tributaria
1.- A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.
MATRÍCULA
Os alumnos que se matriculen no Conservatorio ou na Escola de Música pagarán unha taxa de 23,05 €/anual, que será aboada no mes de xuño.
TARIFAS ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
Concepto
€/trimestre/persoa
Música e Movemento (de 4-8 anos)
59,25 €
Instrumento (1/2 h semana)
66,85 €
Instrumento (1 h semana)
133,70 €
Linguaxe Musical
29,75 €
CONSERVATORIO ELEMENTAL
Concepto
€/trimestre/persoa
Curso completo (Instrumento, Linguaxe musical i Educación Auditiva e Vogal)
148,35 €
Instrumento(2ª especialidade)
49,50 €
Probas de acceso a 1º de Grado Elemental(taxa de inscrición)
26,10 €
Probas de acceso a 2º, 3º e 4º de Grado Elemental(taxa de inscrición)
31,25 €
Materia solta 4º curso do grao elemental. Co límite do importe da tarifa por curso completo (148,35 €):
- Linguaxe musical:
29,75 €
- Educación Auditiva e Vogal:
29,75 €
- Instrumento:
133,70 €
2.- Materias soltas e materias pendentes:
a) No caso de estudos na Escola Municipal de Música, o importe total da taxa trimestral será o que resulte da suma de cada unha das materias e instrumentos, segundo as tarifas expresadas no cadro anterior e segundo o tempo de docencia no caso da materia de “Instrumento”.
b) A matrícula no Conservatorio Elemental será por curso completo. Poderase cursar un segundo instrumento de acordo co previsto na normativa xeral de aplicación nas ensinanzas de réxime especial de música. Neste caso non será preciso satisfacer taxa algunha polas materias comúns superadas. Igualmente poderá solicitarse a asistencia como oínte ás materias comúns de calquera dos cursos (superadas ou non) sen custe adicional.
c) No caso de repetir curso, aboarase o importe do curso completo. No caso de que debera cursarse unha materia pendente, aboarase igualmente o curso completo correspondente ao curso máis alto no que se está matriculado, sen que supoña sobrecuste. De acordo co previsto na normativa xeral de aplicación nas ensinanzas de réxime especial de música no seu grao elemental, unicamente se pode cursar unha materia solta e pendente no 4º curso do grao elemental.
3.- Actividades de asistencia gratuíta:
A Escola Municipal de Música organizará actividades de conxunto, tales como orquestra, banda de música, conxuntos, coro, etc, de acordo co previsto na Orde de 11 de marzo de 1993, pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia. A asistencia a estas actividades é gratuíta para todo o alumnado matriculado na Escola Municipal de Música e no Conservatorio Elemental, precisándose unicamente a inscrición nas mesmas aos efectos da organización e xestión académica destas actividades.
Artigo 6.- Beneficios fiscais:
1. Aplicarase unha bonificación do 50% da taxa ás familias numerosas, en virtude do disposto no art. 12.2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás familias numerosas, previa solicitude e xustificación, mediante a achega de fotocopia do carné de familia numerosa en vigor.
2. Estarán exentos do pago da taxa: As Familias numerosas de categoría especial, en virtude do disposto no art. 12.2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás familias numerosas, previa xustificación, mediante a achega de fotocopia do carné de familia numerosa en vigor.
3. Ademais dos recollidos nos apartados anteriores, só se admitirán beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente modificación entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse no curso escolar 2016-2017, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.”
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

TEXTO DEFINITIVO MODIFICACIÓN ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA VENDA DE DIVERSOS PRODUTOS NA REDE DE MUSEOS DO CONCELLO DE CAMBADOS
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional do Concello de Cambados de data 28/07/2016 sobre a modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola venta de diversos produtos na rede de museos do concello de Cambados, cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
ARTIGO 3º.- ACTIVIDADES GRAVADAS
Constitue servicio ou actividade gravada por este Prezo Público a compra dos seguintes productos:
- Libro “MUSEOS DE CAMBADOS”
- Libro “A MEMORIA DE CAMBADOS”
- Libro “A FESTA DO ALBARIÑO”
- Libro “ACTAS FIESTAS DEL VINO ALBARIÑO”
- Libro “MUSEOS DEL VINO DE ESPAÑA”
- Libro “A UVA E O VIÑO”
- Libro “2000 AÑOS DE CULTURA DEL VINO EN LA P.I.”
- Libro “EL ALBARIÑO: ILUSTRACIONES SOBRE LA VARIEDAD DEL ALBARIÑO”
- Libro “EL UMIA, EL COMETA”
- Libro “CARPETAS FICHAS ACAMFE”
- Libro “ROSALÍA E CABANILLAS A TRAVÉS DO VIÑO”
- Libro “GUÍA-MUSEO R. CABANILLAS”
- Libro “CAMBADOS DE EDUARDO BAAMONDE“
CD’S E DVD’S
- “ACTAS CURSOS UNED”
- “R. CABANILLAS: BIOGRAFÍA”
- “R. CABANILLAS NA MÚSICA”
PRODUTOS SERIGRAFIADOS
- TESTER “MUSEO ETNOGRÁFICO E DO VIÑO”
- TIRARROLLAS
- CORTA CÁPSULAS
- CATAVIÑOS
- BOLIGRAFOS MUSEO DO VIÑO
- CATÁLOGOS DE EXPOSICIÓN
- POSTAIS CORREOS CAMBADOS
ARTIGO 4º.- CONTIAS DAS ACTIVIDADES GRAVADAS
1.- O importe do Precio Público fixado cubrirá, como mínimo, o custo de realización dos productos, según os datos que constan na Memoria económica anexa á Ordenanza.
2.- A contía do Prezo Público determinarase aplicando as tarifas seguintes:
- Libro “MUSEOS DE CAMBADOS”: 40,00 €
- Libro “A MEMORIA DE CAMBADOS”: 34,00 €
- Libro “A FESTA DO ALBARIÑO”: 30,00 €
- Libro “ACTAS FIESTAS DEL VINO ALBARIÑO”: 30,00 €
- Libro “MUSEOS DEL VINO DE ESPAÑA”: 20,00 €
- Libro “A UVA E O VIÑO”: 9,30 €
- Libro “2000 AÑOS DE CULTURA DEL VINO EN LA P.I.”: 9,30 €
- Libro “EL ALBARIÑO: ILUSTRACIONES SOBRE LA VARIEDAD DEL ALBARIÑO”: 9,30 €
- Libro “EL UMIA, EL COMETA”: 9,00 €
- Libro “CARPETAS FICHAS ACAMFE”: 9,00 €
- Libro “ROSALÍA E CABANILLAS A TRAVÉS DO VIÑO”: 5,15 €
- “LIBRO GUÍA-MUSEO R. CABANILLAS”: 1,25 €
- LIBRO CAMBADOS DE EDUARDO BAAMONDE: 9,00 €
CD’S E DVD’S
- “ACTAS CURSOS UNED”: 15,00 €
- “R. CABANILLAS: BIOGRAFÍA”: 15,00 €
- “R. CABANILLAS NA MÚSICA”: 10,00 €
PRODUTOS SERIGRAFIADOS
- TESTER “MUSEO ETNOGRÁFICO E DO VIÑO”: 6,00 €
- TIRARROLLAS: 5,00 €
- CORTA CÁPSULAS: 3,00 €
- CATAVIÑOS: 2,00 €
- BOLIGRAFOS MUSEO DO VIÑO: 0,65 €
- CATÁLOGOS DE EXPOSICIÓN: 5,15 €
- POSTAIS CORREOS CAMBADOS: 1,00 €
3.- O Concello de Cambados resérvase o dereito de regalar algún destes productos, con carácter excepcional e para promociona-lo mesmos e aVila de Cambados.”
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.