Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta COMPOSTAXE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMPOSTAXE. Mostrar todas las entradas

12 de febrero de 2020

A CARPA INFORMATIVA DO PLAN REVITALIZA ESTIVO HOXE EN CAMBADOS



A carpa do Revitaliza instalouse esta mañá na contorna da Praza de Abastos do concello de Cambados. A Concellería de Medio Ambiente de Cambados e a Deputación organizou esta mañá un acto informativo sobre a compostaxe individual
O persoal da Deputación de Pontevedra repartiu á veciñanza material informativo sobre os beneficios da compostaxe e plantas aromáticas para que os comproben na casa 



As mestras e mestres composteiros explicaron o funcionamento dos composteiros individuais e dos centros de compostaxe comunitaria (CCC).
O crecente interese pola compostaxe reflectiuse no número de cidadáns que se achegaron para recibir a información así coma na repartición de composteiros individuais facilitados pola Deputación de Pontevedra, xa esgotados nestas datas e que provocaron unha listaxe de agarda de medio cento de familias
En canto ás estructuras comunitarias, o Concello dispón de dous centros en funcionamento e hai previsión para instarlar outros catro máis repartidos en diferentes zonas da vila.
Asimesmo, segundo sinala a Concelleira de Medio Ambiente, Cruz Leiro, "dentro desta iniciativa séguese a desenvolver o préstamo de trituradoras eléctricas para que os veciños e veciñas con composteiros poidan desfacer os seus restos de poda e nutrir así o seu composteiro individual, ao tempo que se reducen as queimas e os aportes de vexetais ós contedores verdes'.

https://revitaliza.depo.gal



29 de octubre de 2019

NOVIDADES SOBRE REFUGALLOS, ACCIÓNS REALIZADAS E NOVAS PROPOSTAS


Dende que a finais do pasado mes de Maio se comezara coa recollida selectiva de tóners de impresora e cartuchos de tinta, xa se retiraron catro contedores por parte da empresa xestora (Tragatoner), sen coste algún para concello. 

Situados na planta baixa da propia casa consistorial, no edificio Municipal da rúa Ourense (segundo andar), no centro sociocultural da Merced e no Punto Limpo Municipal, os veciños que teñan ese tipo de refugallos (considerados RAEES perigosos) poderán depositalos segundo as instrucións visibles no pripio contedor. Neste senso, cabe salientar que tamén se subscribiu e ampliou o convenio para a recollida de pilas e baterías coa empresa Ecopilas, que facilitou contedores tanto no Punto Limpo, como no propio consistorio (ó carón do contedor de tóners, na planta baixa).

Así mesmo, tamén se incrementou a dotación de contedores para os aceites de cociña usados e se está a traballar na elaboración dun mapa dixital coas localizacións de todos e cada un dos contedores espallados polo concello. Unha vez concluído, este mapa se colgara na web do concello nun formato similar a “google maps”, estando clasificados segundo a tipoloxía de residuos que neles se poden depositar. Dese modo se espera facilitar ós veciños o coñecemento
das ubicacións mais próximas ó seus domicilios, onde depositar os seus refugallos de forma correcta.
Por último, cabe así mesmo salientar algúns aspectos sobre a compostaxe. Por un lado, dúas actividades terán lugar a vindeira semana no Concello. O vindeiro luns 28, as 20h, se entregarán un novo lote de composteiros individuais, que os veciños que asi o consideraron, foron solicitando ó longo dos últimos meses. Asemade, o Mercores pola mañá, diante do concello se instalará un posto informativo sobre a compostaxe e a xestión dos refugallos orgánicos e as novas instalacións que se pretenden facer na vila. Mestres composteiros da Deputacón e o Mestre Municipal atenderán os veciños que se acheguen e entregaranlles unha serie de agasallos, así como bolsiñas de compost producido nos centros comunitarios de compostaxe xa existentes.


Finalmente, destacar tamén o acordo acadado entre a Deputación Provincial e o Concello para a cesión de maquinaria de trituración de restos de poda. Dentro deste acordo, os veciños que dispoñan dun composteiro poderán, a partir de Outubro, solicitar a cesión gratuíta (durante 48h) dunha potente trituradora que lle permita triturar a ramallada acumulada tras as podas. Deste modo, cóbrense varios obxectivos, por un lado redúcense o número de queimas, que era a
solución adoptada pola maioría de veciños (xunto co abandono no contedor verde), reducíndose tanto o perigo de incendio fortuíto, como as emisións de CO2 que leva aparellado. Por outra banda, estes restos debidamente triturados son moi necesarios para un bo proceso de compostaxe e que ate o de agora moitos veciños recollían nos centros comunitarios de compostaxe, co cal xa non terán que desprazarse.


A todo isto sumanse as iniciativas xa presentadas como son a recollida selectiva de orgánico no sector hosteleiro que se porá en marcha o proximo mes.






10 de junio de 2019

ENTREGA DE COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS

A Concellaría de Medio Ambiente, fará unha nova entrega de composteiros  individuais.
Tras a charla, que contará con persoal técnico especializado, farase entrega dos novos composteiros individuais que cedeu a empresa pública Sogama. Esta entrega será aberta a toda a veciñanza interesada en coñecer esta práctica, co obxecto de extender a autocompostaxe á distintas vivendas unifamiliares do noso municipio, e de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.
Coas accións que se levan implantando ata o momento no noso municipio; entre os centros de compostaxe comunitaria, os composteiros individuais, as áreas de reciclaxe selectivas de RAEE, etc.. tense avanzado na concienciación e na información sobre a reciclaxe e a reutilización. Dende a Concellaría de Medio Ambiente, queremos remarcar que é moi importante a redución  dos residuos, xa que só así se logrará unha adecuada xestión do lixo.
Serán xa, con estes composteiros, 105 composteiros individuais entregados á veciñanza das parroquias dende que chegamos ao Goberno. Neste senso, a Concellaría de Medio Ambiente, seguirá  realizando revisións nos composteiros xa instalados para solventar as posibles dúbidas que se puidesen presentar.




31 de mayo de 2019

NOVOS COMPOSTEIROS E UN CONVENIO DE RECOLLIDA DE TÓNER, FAN DO NOSO CONCELLO LÍDER EN RECICLAXE


Concellaría de Medioambiente: Novidades sobre refugallos,  accións realizadas e novas propostas nos colexios municipais e novo convenio para a recollida de tóners de impresora e fotocopiadora:
O vindeiro luns dia 3 de Xuño, darase a saída a unha serie de actividades ó aveiro do Dia Internacional do Medio Ambiente (5 de Xuño) e que dende a Concellaría de Medio Ambiente se plantexaron desenvolver nos colexios. Obradoiros con materias reciclados e a compostaxe serán os eixos fundamentais das diferentes propostas ofertadas.
Ó longo da semana pasada, rematáronse as instalacións das plataformas sobre as cales se instalaron os novos composteiros nos colexios de Vilariño e Castrelo. Estes novos modelos teñen mais do dobre de capacidade, pasando dos 330L ós 860L e veñen a substituír os previamente instalados. Nestes centros de ensino, e derivado do uso do comedor escolar ademais da horta, prodúcense cantidades semellantes de lixo orgánico ó equivalente a 7 familias, polo que a Concellaría de Medioambiente considerou a ampliación dos sistemas que, dende fai xa dous anos, veñen utilizando para o tratamento da materia orgánica producida in situ, a compostaxe.
Ademais, no colexio Antonio Magariños queda pendente a instalación doutra celosía (sobre a que se sitúa o composteiro) por parte do Mestre Composteiro, dado que o centro está á espera das obras de acondicionamento das súas áreas axardinadas.
Así mesmo, este sistema de tratamento de lixo  vense de implantar tamén no Punto Limpo, situado na parroquia de Oubiña e que en breve acollerá os restos vexetais dos veciños que así o demanden. Como dato curioso, destacar tamén que se está valorando a posibilidade de tratar mediante a compostaxe unha pequena parte dos residuos de algas dunha empresa do polígono polígono industrial.
Así mesmo, para o martes  11, a Concellaría de Medio Ambiente prevé un novo reparto de composteiros individuais. Unha nova remesa de 30 composteiros serán entregados ós veciños/as que o solicitaron previamente e que dispoñen dun pequeno xardín ou horta. Por outro lado, xa se dispón das autorización ambientais pertinentes para a ampliación dos Centros comunitarios de compostaxe que se situarán preto da Casa da Cultura da Merced e no entorno da praza de Beleco.

Ademais, a Concellaría de Medioambiente ven de asinar o convenio de colaboración coa empresa “Traga Tóner”, co obxectivo de recoller e tratar adecuadamente os “tóner” de impresoras e fotocopiadoras de veciños e veciñas. Disporanse de dous puntos de recollida onde os particulares poden achegar os seus “tóner” baleiros, un situado na Casa do Concello e outro no Punto Limpo. Deste modo, estes residuos perigosos, que xa son considerados RAEEs (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos) serán xestionados eficazmente sen supoñer custo algún para ó concello, posto que a empresa que os recolle faino gratuitamente, ó presentar para ela un valioso recurso.




3 de mayo de 2019

ACTO DE DIVULGACIÓN SOBRE A COMPOSTAXE

Mañán sábado, dia 4 de Maio a partires das 9 h, farase un acto de divulgación e entrega de compost ós veciños e veciñas de Cambados. No párquing da praza da abastos se ubicará unha carpa onde o Mestre Composteiro xunto coa Técnica de Medio Ambiente Municipais repartirán bolsiñas de compost producidos nos Centros Comunitarios de Compostaxe que hai espallados polo Concello. No acto, tamén se falará das novas localizacións propostas, así como sobre os refugallos a depositar no punto limpo, o seus horarios e localizacións, un novo proxecto dun punto limpo móbil, etc. Ademais, os cidadáns que así o consideren, poderán anotarse para solicitar un composteiro individual. Este recipiente de plástico reciclado, se cederá gratuitamente á veciñanza que dispoña dun pequeno espazo (xardín ou horta) onde ubicalo, co compromiso de utilizalo para verter alí a materia orgánica producida nos seus fogares.

Despois dun tempo, e contando en todo momento co asesoramento do Mestre
composteiro, o abono ecolóxico producido poderá ser usado por eles mesmos na horta ou xardín, pechando así o circulo e xerando un recurso ambientalmente seguro e gratuíto, a partires dun residuo. Estes actos, xunto con outros xa realizados, como entregas de composteiros individuais o pasado mes de Febreiro, charlas en centros educativos ou nunha cooperativa agrícola, se encadran dentro das obrigas que os veciños e veciñas de Cambados (e de calquera vila de mais de 5000 habitantes) terán que cumprir a partires do próximo mes de Decembro, acorde coa da nova normativa europea en materia de residuos.

28 de diciembre de 2018

COMUNICADO DA CONCELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE


Carta Aberta a cidadanía:
Estimado/a Veciño/a,
A nova Directiva da Unión Europea [Dir (UE) 2018/851], publicada no BOE do 30 de Maio do 2018, comprométenos a implantar unha nova recollida selectiva antes do 31 de Decembro de 2020. Así pois, ademais de separar como xa facemos, os envases de plástico (contentor amarelo), de vidro (iglú verde) e de papel/cartón (contentor azul), teremos que separar tamén o residuo orgánico (ou bioresiduo) dos nosos fogares. Esta fracción representa peso moi considerable no total do lixo que producimos nas casas, representando aproximadamente un 45-50%. Asemade, esta nova regulación nos obriga á recollida separada do téxtil e os residuos urbanos perigosos a cumprimentar nun prazo algo maior, 2024.
Dende o Concello de Cambados hai tempo que estamos a traballar cunha conciencia medioambiental firme e decidida na xestión dos refugallos domiciliarios. Neste sentido, e adiantándonos a lexislación Europea, xa introducimos ó longo do 2016 e  2017 algunha das recomendacións da Economía Circular na xestión dos refugallos urbanos biodegradables, ó tratalos mediante compostaxe en diferentes iniciativas. Por un lado, implantamos composteiros comunitarios nos barrios do Pombal e Os Olmos e repartimos composteiros individuais, e por outro levamos a cabo unha campaña nos colexios con actividades para os rapaces de sensibilización e concienciación ambientais.
Para poder cumprir cos compromisos que dende a Unión Europea se nos impoñen, e seguir traballando con eses obxectivos de concienciación e responsabilidade medioambiental contra o cambio climático, dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Cambados, estamos a promover a adhesión voluntaria dos veciños e veciñas que así o consideren a un plan de autocompostaxe local.
Este plan consta de varias accións, pero basicamente pasa por tres puntos. O traballo nos centros educativos, a compostaxe de proximidade(ben sea na propia finca do veciño ou e centros comunitarios) e a formación e informacion ós veciños e empresas que así o soliciten. Describiremos brevemente agora estas inciativas:
  1. Nos centros educativos, despois dunha evaluación incial do estado da xestión dos refugallos decidiuse por implementar un plan con tres vertentes.
  • Por un lado, continuaránse ofrecendo as actividades coordinadas polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) para os cativos e seguiránse desenvolvendo a autocompostaxe con ampliacións dos composteiros que xa hai instalados nos centros dos CEIP de Castrelo, Corvillon, Enrique Barreiro Piñeiro e Antonio Magariños. Ademais, instalaranse novos composteiros na Gardería Municipal e na Pastora e ampliaráse a oferta a todos aqueles que o soliciten.
  • Por outro, comezaremos a tratar os restos do xardín destes centros coa preparación de novos composteiros para tratar unicamente a fracción vexetal.
  • Finalmente, dotaremos ós centros de papeleiras multifracción para a recollida separada nas zonas comúns e nas aulas, así como contentores de 240L con rodas para facilitar o traslado dos refugallos separados polo centro ate a illa de contenerización máis preta.
  1. Así mesmo, iniciáronse os estudos técnicos encamiñados a aumentar paulatinamente a implantación da autocompostaxe. Neste plan diferénciase moi claramente as zonas densamente poboadas das áreas dispersas. Estas últimas, dado que as vivendas teñen a miudo unha parcela cun chan “vivo”, a instalación de composteiros individuais é tecnicamente viable e moi recomendable ambientalmente, sendo por tanto a iniciativa priotaria. Pola contra, nas áreas mais poboadas, o plantexamento para o tratamento dos residuos orgánicos xerados nos fogares sería a traves de centros de compostaxe comunitaria,  como os xa instalados na zona do Pombal e máis en San Tomé, que en conxunto trataron aproximadamente 35 Tn de residuos ó longo deste 2018.
Mediante estas tecnoloxías de compostaxe (tanto os composteiros individuais como os comunitarios), e contando coa colaboración cidadá,  potencialmente poderíase alcanzar a cubrir case que totalmente a materia organica producida nos fogares do concello. Nembargantes, respecto do total da fracción orgánica producida no Concello  aínda quedarían moitísimo por facer, por exemplo a atención dos denominados productores singulares residuos (sector servicios,  alimentación, establecementos do sector HORECA, industria agroalimentaria, etc.), que debido a cantidade e tipoloxía de residuos orgánicos xerados estamos aínda deseñando unha estratexia que minimice os impactos e reduza os custos e os axuste na medida do posible a taxa municipal de recollida.
  1. Co obxetivo da realización dunha pequena enquisa sobre a producción de lixo nos fogares así como para a exposicón destas medidas que dende o Concello se estan plantexando respecto da produción e a xestión Municipal destes refugallos, nos próximos dias, recibirá no seu domicilio a visita dun Técnico Municipal.
Así pois, para achegar a cidadanía  o máis posible toda esta información, tamén se farán charlas informativas e formativas nas parroquias, comezando pola de Corvillón, no centro socicultural Xacobe Castro, o vindeiro Luns 14 de Xaneiro do 2019.
Estas son algunhas inciativas, entre outras que estamos a traballar, como o tratamento dos restos das limpezas de parques, xardíns e praias e os estos vexetais nos cemiterios, ou a atención ós grandes productores singulares que comentamos anteriormente, tan prominentes no Concello e que , sen dúbida, teremos que abordar máis pronto que tarde para poder cumprir cos novos requerimentos ambientais e sobre a xestión dos residuos urbanos da Union Europea.
Ainda así, quedarían moitísimo por facer, non so respecto a materia orgánica, senón para atender o resto de fraccións dos refugallos municipais, posto que os datos que ano a ano imos recollendo da recollida separada, da xestión do punto limpo ou a eliminación de voluminosos domiciliarios non terminan de ser satisfactorios.
Para poder coordinar todas estas labores relacionadas coa compostaxe e as novas regulacións en materia de residuos, dende o mes de Decembro o Concello de Cambados conta con novo persoal Técnico, un Mestre Composteiro formado pola Deputación de Pontevedra. Así pois, se está interesado en colaborar e recibir un COMPOSTEIRO INDIVIDUAL totalmente gratuito, para instalar na súa propiedade  ou ben participar nos novos Centros Comunitarios de Compostaxe e reducir así a cantidade de lixo que o Concello produce, ou ten calquera dúbida sobre a xestion dos refugallos, por favor chame (986 520 902, Ext 746) ou escriba cambados.composta@gmail.com para concretar unha visita co Mestre Composteiro.
Finalmente, informar á cidadanía dun acto informativo e de consulta para os cidadás, asi como a entrega de Compost producido polos veciños/as o vindeiro sábado día 5 de Xaneiro,  nunha marquesina que estará instalada o carón do mercado Municipal.
Con todas estas iniciativas, de novo poñemos de manifesto o firme compromiso deste concello polo Medio Ambiente e o tratamento dos residuos demostrando que nos preocupamos polo benestar dos noso veciños.
Comecemos ben este 2019, coa colaboración de todos conseguiremos dar un bo exemplo na xestión do lixo.
Cambados a 27 de decembro de 2018
María Xosé Cacabelos Domínguez (Concelleira de Medio Ambiente)



31 de octubre de 2018

CAMBADOS, O GROVE, A ILLA E SANXENXO TERÁN MESTRES COMPOSTEIROS






Tomiño, Soutomaior, Moaña, O Grove, Illa de Arousa, Cambados, Baiona, Mondariz, Sanxenxo, Ponteareas, As Neves e O Rosal serán os doce concellos adheridos ao Plan Revitaliza que a partires de mediados do vindeiro mes de novembro contarán con mestras e mestres composteiros propios, dentro dos seus planteis municipais, para atender os centros de compostaxe comunitaria e dar asesoramento á veciñanza. Así o anunciou hoxe o vicepresidente César Mosquera logo do acto de adxudicación de destinos ás persoas coas mellores cualificacións do proceso selectivo realizado pola Deputación.
Segundo explicou o vicepresidente Mosquera, hoxe deuse un novo paso en firme para o Plan Revitaliza, xa que ademais do persoal técnico da Deputación, haberá novos profesionais municipais que sumarán esforzos para que a compostaxe sexa o principal modelo de xestión de lixo na provincia. "O de hoxe é un paso decisivo porque a Deputación sempre plantexou botar a andar o Plan Revitaliza cunha perspectiva de futuro de consolidación que só se pode dar se os concellos botan a andar de forma autónoma, aínda que nun primeiro momento sexa con axuda económica provincial", subliñou.
Mosquera indicou que foron 13 as persoas adxudicatarias das prazas interinas nos concellos, se ben quedaron outras tantas nunha lista de reserva para atender novas necesidades. Apuntou que o procedemento para a concesión do persoal a cada municipio seguiu baremos de poboación, do número de unidades modulares de compostaxe e centros de compostaxe comunitaria en funcionamento, e do grao de implantación do Plan Revitaliza.
Podían ter ata un máximo de catro traballadores os concellos adheridos maiores de 20.001 habitantes; tres traballares os concellos de entre 10.001 e 20.000 habitantes; dous traballadores os concellos de entre 5.001 e 10.000 habitantes; e un traballador os concellos de poboación de ata 5.000 habitantes.  Cada concello foi libre para solicitar o número de mestres ou mestras que considerase axeitado para as súas necesidades -dentro dos límites- e o resultado foi que só o Concello de Tomiño requiriu dúas persoas, mentres que o resto dos peticionarios pediu unha. A Deputación, como axuda para esta contratación, farase cargo do 100% do soldo e Seguridade Social destes traballadores e traballadoras durante o que resta de 2018; do 50% no 2019 e do 30% no 2020.



19 de abril de 2018

ALUMNOS DO MAGARIÑOS COÑECEN A COMPOSTAXE



Rapaces e rapazas do CEP Antonio Magariños coñecen de primeira man o centro de compostaxe do Plan Revitaliza en Cambados

Alumnas e alumnos do centro xa realizaron obradoiros e actividades sobre compostaxe promovidas pola Deputación

Os rapaces e rapazas do Colexio Antonio Magariños de Cambados puxeron fin hoxe á súa formación sobre compostaxe dentro das actividades organizadas pola Deputación ao abeiro do Plan Revitaliza. Hoxe realizouse a visita ao centro de compostaxe comunitaria instalado na zona do Pombal, onde o mestre composteiro que se encarga de supervisar o seu funcionamento explicou como se produce o compost a partir dos restos de lixo orgánico que se xeran nas casas.
Os rapaces do CEP Magariños xa veñen participando nas actividades do Plan Revitaliza dende hai semanas, coñeceron cales son os bichos que participan no proceso de produción do fertilizante e grazas tamén aos monitores do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), e asistiron a charlas  tituladas ‘A voltas coa compostaxe', un achegamento lúdico ao tema do lixo doméstico (tipoloxía, volume, precaucións) e a súa xestión e tratamento, facendo fincapé no proceso de compostaxe dos restos de comida e vexetais.
A Deputación de Pontevedra realiza estas actividades co obxectivo de concienciar tanto á comunidade docente como ao alumnado da problemática dos residuos, acadar un cambio de actitudes e responsabilidade na separación do lixo orgánico doméstico, obter un compromiso persoal ante a redución dese lixo e co uso dos composteiros, e informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais.
Nestes momentos son 36 os concellos da provincia que traballan para aplicar a compostaxe nos vindeiros catro anos e cumprir así coa normativa da UE (que esixe que no 2020 o 50% do lixo municipal sexa reciclado),  mellorar o medio ambiente e reducir custes de tratamento e recollida. Deses 36 concellos, 27 teñen xa implantados centros de compostaxe comunitaria, aos que os veciños poden levar os seus residuos orgánicos e obter compost para a súa horta ou plantas. Cambados conta a día de hoxe con composteiros comunitarios que están a funcionar con grande éxito.


11 de enero de 2018

36 CONCELLOS APOSTAN POLO PLAN REVITALIZA DE COMPOSTAXE NA PROVINCIA










A última convocatoria para adherirse ao plan provincial incorporou a sete novos concellos: Gondomar, Illa de Arousa, Lalín, Redondela, Ribadumia, Salceda e Sanxenxo.

O Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación implicará a máis da metade da provincia. Pechado xa o prazo da derradeira convocatoria para a adhesión formal ao programa foron sete os últimos concellos que se incorporaron, facendo un total de 36 municipios que apostan pola compostaxe como modelo de xestión de residuos. O compromiso, segundo asegurou hoxe o vicepresidente César Mosquera, é que traten o 75% do lixo orgánico mediante aproveitamentos naturais nun prazo límite de catro anos.

Os concellos que se veñen de incorporar son Gondomar, Illa de Arousa, Lalín, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas e Sanxenxo. Todos eles, salvo o concello do Deza, xa teñen nestes momentos centros de compostaxe comunitarios da Deputación en funcionamento con moi bos resultados, pero non se adheriran na anterior convocatoria por motivos técnicos, contractuais, políticos e de oportunidade.

Deste xeito, e por comarcas, os concellos definitivamente adheridos ao Plan Revitaliza serán Rodeiro, Silleda e Lalín no Deza Tabeirós; Caldas, Catoira, Cuntis, Valga na comarca de Caldas; no Salnés, O Grove, Cambados, Sanxenxo, Ribadumia, Vilagarcía e Illa de Arousa; na comarca de Pontevedra, a propia capital, Barro, Campo Lameiro e Ponte Caldelas; no Morrazo, Vilaboa, Bueu, Cangas e Moaña; na comarca de Vigo, Soutomaior, O Porriño, Baiona, Redondela, Salceda e Gondomar; no Baixo Miño, Tomiño, Oia, O Rosal e Tui; e no Condado a totalidade dos concellos de As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra.

O vicepresidente provincial asegurou que cos horizontes temporais que está a traballar a Deputación cumpriranse sobradamente os obxectivos marcados no Plan de Residuos de Galicia, que obrigan aos concellos a tratar o 25% dos orgánicos mediante compost no 2020, e da Unión Europea, que establecen que nese ano hai que preparar para reciclar e recuperar o 50% do lixo urbano.

Segundo Mosquera, neste 2018 implantarán totalmente a compostaxe como modelo de lixo os concellos "punteiros" de Vilaboa, Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves, xa que son municipios pequenos que poden instalar os centros de compostaxe comunitarios e repartir os composteiros individuais no prazo de seis ou oito meses.

Pontevedra e O Grove, pola dificultade da aplicación do modelo debido á súa dimensión e características de distribución poboacional, farano en diferentes fases, chegando no caso da capital da provincia a estender o prazo a "dous ou tres anos". O resto dos municipios adheridos estenderán a compostaxe de xeito progresivo, tendo como límite máximo un prazo de catro anos, incluso os de maior número de habitantes (Vilagarcía ou Redondela).

"O Plan Revitaliza vai indo francamente ben", asegurou hoxe o vicepresidente Mosquera. "No anterior mandato Louzán puxo en marcha un plan de residuos baseado no modelo de Córdoba. Tiña pouco sustento técnico, pero non nos opuxemos, e non saíu adiante. Non hai provincia no estado coa cantidade de concellos adheridos voluntariamente como o que temos nós, e iso é moi bo", subliñou.

O vicepresidente tamén aproveitou a oportunidade para lembrar que foi aquel plan de residuos provincial o que levou a Pontevedra a buscar os terreos para a súa planta de compostaxe. "A Deputación pedira ao Concello que buscara os terreos para a planta de compostaxe e o concello buscounos. Logo o concurso provincial quedou  deserto e Pontevedra tivo que buscar unha saída propia. O acordo estaba roto e houbo que replantexar", explicou o nacionalista, que criticou que os ‘populares' teñan "mala memoria" e critiquen o convenio cos comuneiros da Canicouva para a instalación da planta de compostaxe, que vén daquela época.

A Deputación ten instalados a día de hoxe en 21 concellos 54 centros de compostaxe con 377 unidades modulares que funcionan perfectamente. A institución provincial tamén vai mercar outros tres lotes de diferentes composteiros que distribuirá á marxe dos adquiridos polos concellos: individuais, comunitarios e de terraza ou balcón.


Por outra banda, e para dar reforzo de persoal técnico a todos os municipios, a institución provincial realizará unha terceira convocatoria da ‘Facultade da Compostaxe', na que se seleccionarán 30 participantes para finalmente contratar a outros 25 mestres ou mestras composteiras.







30 de noviembre de 2017

REMATAN AS CHARLAS SOBRE A SEPARACIÓN E A RECICLAXE NO CEIP ANTONIO MAGARIÑOS











Rematan as charlas sobre a separación e a reciclaxe no CEIP Antonio Magariños coa presenza da Concelleira de Medio Ambiente, Mª José Cacabelos.
Esta campaña de sensibilización levouse a cabo en tódolos colexios de educación infantil e primaria do Concello. Foron impartidas por persoal especializado da empresa URBASER, encargada da recollida do lixo.
Continuaremos con esta actividade formativa nos centros de educación secundaria ó longo do seguinte trimestre.
Estas accións forman parte da campaña de sensibilización en materia de separación, reciclaxe e compostaxe que se está a realizar dende esta Concellaría, coa fin de informar á cidadanía da importancia da redución dos residuos e da axeitada separación na orixe para a súa posterior reciclaxe.





27 de octubre de 2017

CHARLAS SOBRE A SEPARACIÓN AXEITADA DOS RESIDUOS SOLIDOS ORGÁNICOS E A RECICLAXE












A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Cambados está organizando charlas sobre a separación axeitada dos residuos solidos orgánicos e a reciclaxe, nos centros educativos do Concello. Estas van dirixidas  e adaptadas ós nenos e nenas dende educación infantil ata secundaria.
Comezáronse a impartir onte no C.e.i.p. de Castrelo, coa presenza da Concelleira de Medioambiente, María Xosé Cacabelos, e con persoal especializado da empresa URBASER encargada da recollida do lixo no Concello, e continuarase ó longo do mes de novembro.
Estas accións forman parte da campaña de sensibilización en materia de separación, reciclaxe e compostaxe que se está a realizar dende esta Concellaría, co fin de informar ós cidadáns da importancia da redución dos residuos e da axeitada separación na orixe para a súa posterior reciclaxe.





16 de octubre de 2017

CHARLA DE COMPOSTAXE E REPARTO DE COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS










A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por María José Cacabelos, está organizando unha charla informativa sobre a compostaxe doméstica, que terá lugar en Exposalnés, o vindeiro martes, 17 de outubro ás 19.00h.
Tras a charla, que contará con persoal técnico especializado, farase entrega dos novos composteiros individuais que cedeu a empresa pública Sogama. Esta charla será aberta a toda a veciñanza interesada en coñecer esta práctica, co obxecto de extender a autocompostaxe á distintas vivendas unifamiliares do noso municipio, e de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.
Coas accións que se levan implantando ata o momento no noso municipio; entre os centros de compostaxe comunitaria, os composteiros individuais, as áreas de reciclaxe selectivas de RAEE, etc.. tense avanzado na concienciación e na información sobre a reciclaxe e a reutilización. Dende a Concellaría de Medio Ambiente, queremos remarcar que é moi importante a redución  dos residuos, xa que só así se logrará unha adecuada xestión do lixo.
Serán xa, con estes composteiros, 105 composteiros individuais entregados á veciñanza das parroquias dende que chegamos ao Goberno. Neste senso, a Concellaría de Medio Ambiente, seguirá  realizando revisións nos composteiros xa instalados para solventar as posibles dúbidas que se puidesen presentar.




12 de enero de 2017

REPARTO DE COMPOST EN CAMBADOS















Hoxe dia 12 de xaneiro o concello de Cambados repartirá por primeira vez o compost resultante do centro de compostaxe comunitario de O Pombal, este centro de compostaxe tivo moi boa acollida por parte da veciñanza, co que se fixo necesario solicitar unha ampliación do mesmo, para dita ampliación xa se conta coa autorización por parte de Costas.
Máis de catorce veciños participantes confirmaron a asistencia para a recollida do compost resultante, do que se encargará a Técnico de Diputación dende as 12h ata as 13h e de 17h a 18h.
A forte aposta realizada dende o Concello e a Deputación de Pontevedra polos plans de compostaxe comunitario e individual “ PLAN REVITALIZA” amosa unha vez máis a implicación co Medio Ambiente dende estas institucións.
Por último, cave sinalar, que a vindeira semana se repartirán 20 composteiros individuais, reforzando así o sistema de compostaxe e acadando un total de 65 composteiros instalados no concello.
Dende a Concellería de Medio Ambiente, xestionada por Mª José Cacabelos, dan as grazas aos veciños que colaboran en ambos tipos de compostaxe e recordar que poden seguir solicitando os mesmos no rexistro do Concello.






2 de septiembre de 2016

REUNIÓN URXENTE SOBRE A COMPOSTAXE













AVISO DE REUNIÓN
PLAN DE COMPOSTAXE COMUNITARIA  O POMBAL

O venres día 2 ás 20:00h haberá unha reunión acerca da compostaxe comunitaria no Auditorio da Xuventude.
O centro de compostaxe comezará a funcionar o luns 5 de setembro.
Agradécese a asistencia de todos os veciños que xa están inscritos neste programa, e ademais, invítase a asistir a todos os interesados.











16 de junio de 2016

CHARLA SOBRE COMPOSTAXE EN EXPOSALNÉS


















Mañá as 18h realizarase unha nova Xornada de Compostaxe Doméstica no salón de actos de Exposalnés.
Nesta xornada daranse indicación aos usuarios de como realizar o proceso e entregaráselles un composteiro , dando continuidade así a campaña de Compostaxe doméstica que dou comezo no 2015.

Cabe lembrar que o pasado 17 de decembro Cambados deu un paso adiante na xestión dos residuos adheríndose ao Programa de Compostaxe Doméstica, onde un técnico da empresa adxudicataria por SOGAMA explicou como montar o composteiro e impartiu unha charla formativa dando algúns consellos e resolvendo as dúbidas que xurdiron.

Entregáronse 25 composteiros dos cales, 7 foron para os colexios do municipio e 18 para vivendas unifamiliares con horta ou xardín.
A compostaxe permite tratar os residuos orgánicos para convertelos en abono ecolóxico sen necesidade de usar o contedor verde. O que se lle chamaba “cañeira” ou “esterqueira”, agora chámaselle composteiro porque é máis hixiénico. Si se seguen os consellos que deu o técnico na charla formativa non da cheiros, non hai moisquiñas nin roedores. O que si ten que haber son miñocas e vermes que son os encargados de transformar a materia orgánica en abono.









15 de junio de 2016

PRESENTADA A SEGUNDA FASE DO "PLAN COMPOST REVITALIZA" DA DEPUTACIÓN









O vicepresidente da Deputación presentou a segunda fase do Plan Compost Revitaliza, que contempla a elaboración de plans específicos para os concellos que aposten por implantar a compostaxe. Segundo o estudo realizado pola Deputación, o cambio no sistema de tratamento de residuos supón un abaratamento de máis do 50% dos custes que asumen os concellos.

Na primeira fase do plan, realizada en convocatoria pública, foron aprobadas as solicitudes de 22 concellos, nos que se colocarán arredor de 200 composteiros comunitarios agrupados en 44 centros. Calquera concello que queira tomar a decisión de implantar o sistema de compostaxe de xeito global debe comunicalo canto antes para elaborar o plan pertinente para facelo viable. O vicepresidente manifestou a súa confianza en que a finais de ano exista algunha experiencia en marcha.

Máis información: http://ow.ly/7S75301gYaZ