Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta VERTEDURAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VERTEDURAS. Mostrar todas las entradas

12 de marzo de 2015

DESPOIS DE 4 MESES UN VERTEDOIRO DE CORVILLÓN SEGUE ALÍ






O 13 de novembro do pasado ano, o BNG denunciou un vertedoiro incontrolado en Corvillón e solicitou ao concello a súa eliminación afirmando, nesa data, que “veciños/as de Corvillón puxéranse  en contacto co noso grupo municipal para trasladarlle información relativa a que en terreos da súa parroquia, concretamente na pista  que vai por detrás da Adega “Don Olegario”, nas proximidades da canceira municipal, existía  un vertedoiro de lixo que estaba  sendo  utilizado, desde había algo máis dun mes,  para verter ilegalmente diferente tipo de residuos e que día a día a acumulación do mesmo ía crecendo”. Ademais naquel momento, o BNG apuntaba que o  concello de Cambados tiña, tristemente, a experiencia de  comprobar como cando o lixo leva xa un tempo depositado nun lugar sen ser eliminado, córrese un maior risco de que outras persoas utilicen igualmente este punto de vertido para seguir depositando lixo nel. 
A día de hoxe esta afirmación queda demostrada pois, ante a desidia e desinterese do concello, o volume de residuos neste vertedoiro incrementouse
considerablemente e semella que non parará de crecer, a non ser que se actúe con celeridade. Ao BNG lle parece lamentable a falta de interese mostrada polo concello por solucionar esta situación e, polo tanto, solicita de novo que sexa, inmediatamente, eliminado o lixo deste vertedoiro ilegal de Corvillón e insiste en que, no futuro, sexan realizados controis periódicos con finalidade preventiva polas zonas máis afastadas das vivendas para tentar evitar que  este tipo de feitos se fagan tan habituais. Igualmente, volve a solicitar, como fixo no pasado e sen que o concello fixera ningún caso, que se realice unha campaña de promoción do Punto Limpo de Cambados (ubicación, horarios de atención ao público, tipos de residuos que almacena) xa que a práctica totalidade dos residuos depositados nos vertedoiros ilegais poderían ser almacenados no Punto Limpo do  Concello de sabelo as persoas que cometen este tipo de infraccións.



28 de agosto de 2014

OS VERTIDOS NAS TOUZAS DE SAN ALBERTO CHEGAN AO PARLAMENTO GALEGO



Montserrat Prado Cores, Ana Belén Pontón Mondelo e Daniel Rodas
Chapela, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), formulan unha interpelación relativa a un vertido tóxico na zona do porto de Tragove, en Cambados.
A mediados do mes de agosto foi detectado un vertido tóxico nos fondos da
zona coñecida coma as Touzas de San Alberto, situada na parte exterior do porto deTragove, no concello de Cambados.
Dous mariñeiros, que se dedican a extracción de navalla mergulláronse nesta
zona o luns 11 de agosto e observaron como unha sustancia branca e densa cubría o fondo a xeito de capa ou película.
Todas as especies que habitaban nesta zona apareceron mortas: navallas, vieiras, peixes de fondo, chocos, lorchos, poliquetos...
Esta é unha zona de importancia e con potencial para o sector do mar en
Cambados, especialmente para o da vieira e o da navalla, sector que máis unha vez asiste con impotencia á destrución do seu medio de vida.
Os vertidos nas nosas rías seguen a ser un problema non resolto e que pon
sistematicamente en risco a riqueza medioambiental, de produció n pesqueira e
marisqueira, de calidade das augas, ademais de supor un constante risco para a saúde das persoas.


Desgraciadamente non estamos diante dun problema puntual, senón que os
episodios de vertidos son frecuentes, xa que logo, faise preciso que por parte da Xuntade Galiza se proceda non só a realizar actuacións de propaganda, senón a poñer en marcha e a facer efectivas todas as medidas precisas para sanear a Ría e impedir que vertidos coma este se produzan.
O día 13 de agosto @s responsábeis da confraría de Cambados presentaron
denuncia do vertido diante na Garda Civil ao tempo que comunicaron o ocorrido tanto á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas como á do Medio Rural e do Mar.
Por todas as razóns expostas o Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista
Galego, formula as seguintes cuestións:
Cales son as accións que está a acometer o Goberno galego para eliminar
os vertidos contaminantes na ría de Arousa que tantos prexuízos están a causar
ao sector do mar?
Que actuacións foron levadas a cabo para determinar a orixe e @s
responsábeis do vertido detectado en Tragove, Cambados, a mediados do mes de agosto e que supuxo unha mortalidade de importancia nas especies da zona?
Téñense recollido mostras do vertido para determinar de que sustancia se
trata e a súa posíbel procedencia?, de ser así en que data se realizou a toma das
mostras e por que departamento da Xunta?
Montse Prado

Existe algún resultado da análise das mostras?
Tense aberto ou vaise abrir algún expediente sancionador por este
vertido?
Hai realizada unha valoración do dano producido no ecosistema por este
vertido tóxico?
É preciso facer algunha actuación para eliminar os restos do vertido ou
as súas consecuencias? De ser así en que vai consistir?
Cal é o impacto producido por este vertido na calidade das augas e a
repercusión na actividade extractiva?
Ten calculado a Xunta de Galiza o prexuízo económico que supuxo para
o sector do mar de Cambados a mortalidade producida por este vertido?








12 de julio de 2013

FOLE PIDE COLABORACIÓN PARA EVITAR AS VERTEDURAS NO RIO DO CON







As constantes verteduras que sufre o río do Con levaron ao Concello de Vilagarcía a solicitar a colaboración dos veciños para erradicar este tipo de situacións. O último deles produciuse este mércores. Foi un suceso que tinguiu de branco as augas do río desde un desagüe situado nas inmediacións da Praza de Abastos ata a súa desembocadura e que provocou a morte de un bo número de peixes.
Foi, segundo o goberno municipal, unha vertedura provocada por unha avaría nos bombeos da rede de saneamento. E aí entra a petición do Concello. Alertan de que cada vez son máis os residuos non biodegradables que van á rede, "o que provoca os atascos que, á súa vez, derivan nun desbordamento e, en consecuencia, nos vertidos incontrolados ao río", polo que piden que se faga un uso correcto da rede de saneamento.
Nesta ocasión, como noutras anteriores, os técnicos municipais observaron que a presenza de produtos como panos de bebés, compresas e outros non biodegradables está máis presente, ata o punto de que se hai apenas uns meses bastaba con levantar e limpar os cestóns cada dous o tres días, agora é preciso facelo cada día e ás veces en dúas ocasións en cada xornada para evitar que os atascos e os desbordamentos se produzan.
O BNG CRITICA AO GRUPO DE GOBERNO
Pero desde o BNG consideran "inadmisible" que diante dunhas "agresións tan importantes para a nosa cidade", o goberno municipal "mire para outro lado e faga oídos xordos as reclamacións dos veciños na vez de tentar darlle unha solución aos problemas". Aseguran que están máis preocupados "en recortar e privatizar para que poidan facer negocio a conta do público as empresas amigas".
Denuncian os nacionalistas "a deixadez e incapacidade deste bipartito conservador", ao que acusan de non ter política medioambiental, algo que cualifican de "alarmante e moi grave" xa que cren que está a propiciar "tanto a degradación do noso entorno como a posta en risco e perda de postos de traballo".
Dende o BNG esixen do goberno de Tomás Fole "que dunha vez se poña a traballar e tome as medidas necesarias para  sanear esta cidade, medidas que permitan protexer os nosos sectores produtivos, mellorar a nosa calidade de vida e ofrecer unha Vilagarcía de Arousa atractiva aos visitantes". Lémbranlle ao alcalde que isto forma parte das súas obrigas "e se non ten a capacidade necesaria debe dimitir".