Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ABANDONO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ABANDONO. Mostrar todas las entradas

15 de agosto de 2015

O REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS DE NOVO SATURADO






1
De novo debemos difundir a situación do Refuxio e así animar á xente de Cambados a adoptar xa que sen adopcións faise imposible que sigan axudando aos cans e gatos que aparecen abandonados dia tras dia.

3
2
O Refugio está saturado e os voluntarios que colaboran alí xa non poden facer máis. Non queda nin unha soa gaiola libre, ni siquiera para as urxencias. É unha loucura a cantidade de cans que entraron estes últimos días. E de novo teñen un montón de gatiños abandonados que necesitan encontrar unha familia

1 e 2- Nestes colaxes que fixeron os propios voluntarios podemos ver algúns dos cans e gatos que están a esperar por unha familia no Refugio.

3- E os cans que apareceron esta semana, a maioría deles con colar pero todos sen microchip. Por, se alguén os recoñece. Si recoñecedes a algúns dos animais que aparecen poñédevos en contacto co Refugio no seu facebook directamente.







4 de agosto de 2015

ÉXITO DA FESTA PERO ERROS A CORREXIR






A Festa do Albariño 2015 bateu todos os datos rexistrados, conseguindo que sexa a edición con máis xente e máis vendas de viño.

Entre 250.000 e 275.000 persoas encheron as rúas de Cambados, case 100.000 persoas máis que en 2014, o que ocasionou un abarrote nos servicios, que se viron desbordados durante o sábado multitudinario.
En canto a limpeza que é algo que está a xenerar críticas, o operativo continúa coas labores de limpeza ainda que serán necesarios uns días máis para volver á normalidade. Nesta edición contratarónse 50 persoas para realizar estas labores e incrementaronse os aseos públicos.
O propio goberno municipal asumiu os erros algo moi raro  en Cambados.
Esto é algo que acontece todos os anos e alguén debería "coller o touro polos cornos". Ben é certo que as previsións non eran a de aumentar o número de visitantes en tanta cantidade pero non se pode estar a golpe de martes igual que con anteriores gobernos.
Outros que erraron nos seus cálculos foron os membros do Consello Regulador que quedaron sen cataviños.

No tráfico mellor nin falar, porque o afán "disuasorio" detectou unha cantidade moi grande de positivos, pero non foi capaz de facer fluir o tráfico polos accesos e saídas a Cambados nos momentos de máis movemento.







ÉXITO DA FESTA PERO ERROS A CORREXIR






A Festa do Albariño 2015 bateu todos os datos rexistrados, conseguindo que sexa a edición con máis xente e máis vendas de viño.

Entre 250.000 e 275.000 persoas encheron as rúas de Cambados, case 100.000 persoas máis que en 2014, o que ocasionou un abarrote nos servicios, que se viron desbordados durante o sábado multitudinario.
En canto a limpeza que é algo que está a xenerar críticas, o operativo continúa coas labores de limpeza ainda que serán necesarios uns días máis para volver á normalidade. Nesta edición contratarónse 50 persoas para realizar estas labores e incrementaronse os aseos públicos.
Esto é algo que acontece todos os anos e alguén debería "coller o touro polos cornos". Ben é certo que as previsións non eran a de aumentar o número de visitantes en tanta cantidade pero non se pode estar a golpe de martes igual que con anteriores gobernos.
Outros que erraron nos seus cálculos foron os membros do Consello Regulador que quedaron sen cataviños.

No tráfico mellor nin falar, porque o afán "disuasorio" detectou unha cantidade moi grande de positivos, pero non foi capaz de facer fluir o tráfico polos accesos e saídas a Cambados nos momentos de máis movemento.









7 de mayo de 2015

VECIÑOS DA RÚA CURROS ENRÍQUEZ DENUNCIAN A PROLIFERACIÓN DE RATAS





Veciños da rúa Curros Enríquez de Cambados levan uns dias preocupados pola proliferación de ratas que emerxen da rede de sumidoiros desa rúa. 
Un deses veciños púxose en contacto con este blog para denunciar o que está a pasar pois creen que non se trata dun feito aillado.

Varias veces denunciaron no concello os feitos, pero non dan solucionado o problema. Segundo explica o noso amigo podería tratarse de ratas que proceden la lonxa vella, pois a aparición de estes "bichos" coincide no tempo coa caída do teito desta edificación o desmantelamento da pista deportiva que había alí, e que pronto vai ser derrubada, xunto outros edificios da zona para comenzar coas obras da prometida nova Plaza de Abastos.
Tamén nos relatou que nun dos paseos que acostuma a dar polo entorno da lonxa vella e o paseo marítimo veu estes dias a xente e que podería tratarse, pola pinta, de algunha empresa de plaguicidas e desratización. Desde o Concello non se notificou que se fose a proceder a ningún proceso de desratización nin hai carteis nos arredores que indiquen que se procedese ou se vaia a producir tal manobra.





29 de abril de 2015

O ARMENTEIRA CLUB DE FÚTBOL SIGUE COAS SUAS PROTESTAS









Cada semán, no Campo de Fútbol de O Leixo na Armenteira,  aproximadamente 60 rapaces adestran con ilusión e entrega, dando igual os resultados, e importando máis a súa formación. 
 Hai ben pouco, solicitouse dende o Armenteira Club de Fútbol que se solucionasen as deficiencias que este campo presentaba; o terreo de xogo cheo de regos provocados pola auga das choivas, o cerre perimetral sen facer, polo que os cans abandoados e da canceira que está cercana campan as súas anchas polo campo, supoñendo un gran perigo para os rapaces, os cables da luz dos focos o descuberto, as barandillas soltas e con zonas cortantes...
 Falouse coa oposición e o alcalde de Meis, e este, prometeu que tomaría cartas no asunto. Dende o clube non saben si  creelo, despois de que  onte comprobaran o que alí se fixo. Unha chapuza e que podedes comprobar nas imaxes.
No clube chegan a pensar que, "se están a rir de nós".

Por eso publican esta queixa para que o Sr Alcalde, o Presidente da Deputación, a Federación ou calquer órgano do que poida depender que os rapaces do Armenteira Cf dispoñan dunhas instalación dignas:
 "Señores, se pensades que vos estades a rir dos directivos, dos pais dos rapaces, dos adestradores ou incluso do equipo veterano, estades moi equivocados, xa que, de quen vos estades rindo, e de apróximadamente 60 rapaces ( para o ano que ven contarase con incluso 80) que cada seman entrenan con ilusión e con ganas nunhas instalacións abandoadas por vos. 
 Parece mentira que vos riades así da ilusión destes rapaces. Esta claro que non xogan no Ribadumia, para que se lles conceda o dereito dun campo digno, xa non decimos de cesped artificial, non, tan só un campo digno."


 Sen máis despedímonos de todos vos, que non sabedes máis que mentir, e que incluso ríndose duns nenos que traballan con ilusión. Tíñavos que caer a cara de vergoña.



As duas imaxes inferiores son do "arranxo" que se fixo estes dias, as outras 3 siguen igual tras moito tempo nese estado.


























5 de marzo de 2015

CLAUSURADO O OBRADOIRO DE EMPREGO





Esta mañá clausurouse o obradoiro de emprego “Turismo Sostible III” de Cambados, coa presenza de Cores Tourís en compaña do alcalde, Luis Aragunde. 
O obradoiro tivo unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta investiu case 169.000 euros, “que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento chegarán ata case os 200.000 euros”, segundo explicou Cores Tourís. O obxectivo destes cursos foi preparar a 19 alumnos, aos que hai que sumar o persoal contratado para dar formación en cantería e forestal: un director, un titor, unha administrativa e dous monitores.
As persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibiron o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que duraron estes proxectos. En Cantería formáronse 10 alumnos e en Forestal outros 9.
O alumnado traballou durante estes meses no acondicionamento e mellora do xardín dos Olmos e na renovación do contorno do lavadoiro de San roque. Tamén leváronse a cabo traballos de mellora da senda fluvial na desembocadura do Río Umia e nos espazos verdes do casco urbano. Finalmente, os alumnos levaron a cabo obras de adecuación sostible do castro de Sete Pías, así como melloras nas áreas recreativas dos centros socioculturais dos núcleos rurais.
Agardemos que estas obras se manteñan por parte do concello e non pase coma sempre que se deixan de lado. Para exemplo o acondicionamento e posterior abandono das beiras do Umia do que xa demos conta no seu momento e do que a imaxes dan fe do estado actual.


8 de enero de 2015

UN ANO DESPOIS O CEMITERIO SEGUE ABANDONADO





As ruínas de Santa Mariña, en Cambados, incorporábanse hai un ano á rede europea de cemiterios singulares históricos.
Isto supoñia unha posta en valor e unha axuda para a súa preservación e promoción turística.

Pero xa aquel dia publicamos AS INCONGRUENCIAS DE ARAGUNDE no que dábamos conta de certos aspectos desta unión. "A propósito desto haberá que recordarlle ao alcalde que hai cerca dun mes que dixo que o cemiterio non era municipal polo que non se podía facer cargo do seu mantemento.

Agora xurden varias cuestións.....
1/ Si non é municipal con que autoridade preséntase a un proxecto sin a autorización dos donos? Acaso un particular vai a propugnar que a casa dun veciño sea declarada tal ou cual sin a autorización do propio veciño?
2/ Acaso xogamos a duas bandas? Conseguimos cousas pero quen ten que coidalas é o cidadán. Saco peito na foto e rédito electoral.
3/ Que ten que decir a igrexa?. Recordemos que o cemiterio tampouco pertence a igrexa. 
4/ E o que é máis importante. Acaso pretenden separar as ruínas de Santa Mariña do cemiterio. Por moito que queiran todo é un".
Pasado un ano nada se fixo polo cemiterio agás tentar reparae o Cristo da igrexa en ruínas de Santa Mariña.


Álvaro Cunqueiro dixo de Santa Mariña que era o cemiterio máis melancólico do mundo. Gonzalo Torrente Ballester cualificábao como un dos conxuntos pétreos máis románticos da Península...
Os principais escritores galegos do século vinte eloxiaron este camposanto cambadés que rodea as ruínas dunha igrexa do século quince, nos terreos dun antigo convento franciscano.
  




15 de octubre de 2014

VOLVEU A PASAR




NOTA DO REFUGIO DE ANIMALES PUBLICADA NO EN FACEBOOK

Hoxe queremos contarvos unha historia dunha cadela, que apareceu o domingo dentro do refuxio, ao parecer se esta poñendo de moda tirar cans que non chegan aos 3 kg por enriba de portalóns de 3 m de altura, en dous meses dous casos o primeiro foi o de ETNIA, que todos puidestes ver a gravación do vídeo, e o segundo a desta pequena que bautizamos como DOLLY, foi todo gravados polas nosas cámaras e temos algunhas pistas polo cal non imos dicir moito mais, e deixarémolo mais para diante xa que se esta investigando neste caso. Contámosvos como sucedeu todo, o domingo á mañá como todos os domingos, subiu un voluntario a limpar e a dar de comer e non se deu de conta de que había un novo inquilino ata que empezou a abrir gaiola por gaiola e todos os cans estaban soltos e se fixo que todos ían ladrar como tolos a algo que estaba escondido, se achego para ver que era, e resulto ser que era unha cadeliña pequena, morta de medo, intentando esconderse, cando a conseguiu quitar do seu escondedoiro aprecio que estaba todo o corpo sen pelo, en moi mal estado, tenia as mamas da ver parido moitas veces, e unha recentemente. E por ultima terá uns 9 anos, unha avoa.....
En fin. Isto vai dirixido á persoa que a tiro, dá igual as circunstancias que tiveras non hai dereito para tirar a un animal de 9 anos que pesan menos de 3 kg por un portalón de 3 metros de altura, é inhumano, a cadela púidose a ver roto as costelas ou quedar tocada polo golpe, mesmo morrer polo impacto(el domingo cando a recollemos berraba de dor, non a podías tocar do que lle doía o corpo), paréceme incrible, e pensará que fixo o labor do día por tirala por enriba do portalón coma se fose un obxecto, é incrible. E outra seria, que este voluntario non se tivese dado a conta a tempo que estaba a cadela escondida, porque se non sabedes que tería pasado? Os cans teríanllela comido porque é unha intrusa que non coñecen, pero non pasa nada por que a túa fixeches o labor do día tirándoa por enriba do portalón!
ESTAMOS FARTOS, FARTOS DE TANTA XENTE QUE TEN MAIS CARA QUE COSTAS, QUE VEÑEN CON ESIXENCIAS A UNS VOLUNTARIOS QUE NON COBRAN NAAAADA POR AXUDAR AOS ANIMAIS ABANDONADOS, XA ABONDAN, TODO TEN O SEU LIMITE.
Hoxe uns voluntarios bañárona cun xel especial para que lle volva nacer o pelo, e pouco a pouco, con moito amor e dedicación poñerase guapa, agora esta buscando unha familia, se alguén esta interesado nela que se poña en contacto connosco. Tamén podedes facer donativos para axudarnos cos seus tratamentos de pel, e todos os gatos que nos vai levar curala. ( É unha cadela moi boa, só quere mimos).




10 de octubre de 2014

OS CAMPOS DO POMBAL ESTÁN MOI DETERIORADOS




OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN O DETERIORO E ACUSAN AO CONCELLO DE ABANDONO
Son moitos os nenos de Cambados que acoden á Escola de Fútbol do Campo de O Pombal, e son tamén moitos os partidos que se xogan nestas instalacións ás que acoden tamén nenos de fora a enfrentarse cos xogadores do Cambados en diferentes categorías.


Estas instalacións desde hai tempo mostran moitas deficiencias que poñen en perigo a seguridade e hixiene para os nenos.
O Concello debe manter as instalacións nun estado aceptable para o desenrolo da actividade e non se está facendo.
Por iso, os Socialistas de Cambados solicitan o seguinte:
  • Reparación da cuberta da grada do campo dianteiro posto que hai unha canaleta rota e cae a auga a chorro sobre a grada e sobre o propio campo de entreno
  • Retirar os fosos dos xogadores do campo de diante xa que dificultan o paso de persoas
  • Solucionar o feito de que o campo se atope totalmente encharcado por determinados sitios
  • Acondicionamento dos vestuarios posto que algún se atopa incluso sen porta
  • Acondicionamento e limpeza integral dos baños no seu conxunto, incluido o do árbitro que se atopan nun estado lamentable. Cos lavabos completamente cheos de óxido e suciedade
  • Limpeza nas instalacións no seu conxunto pois hai suciedade e basura por todo o recinto ( dentro dos vestuarios, ó lado das gradas, baños, contenedores se vaciar desde hai días, etc).
  • Os vestiarios polo menos o dos árbtros e os adestradores precisan algo de mobiliario, por exemplo unha taquilla, mesa ou sillas...
  • A pista de atletismo, rota por varios sitios, precisa dun valado polo seu perímetro. Tal como está agora non se poden xogar partidos oficiais de ningún tipo porque o árbitro precisa dunha zona de seguridade co público. Este feito se o árbitro o reflexa na acta do partido acarrea unha multa ó clube de forma semanal.
  • Colocación de redes detrás das porterías. Os balóns vanse moi lonxe cando non collen dirección á portería. Acarrea unha gran pérdida de tempo nos partidos e un problema nos adestramentos.
  • Os campos tanto o número 1 coma o número 2, aínda que son de herba artificial, necesitan mantemento: hai que regar de vez en cando e tamén limpar as malas herbas que saen.
  • Non campo 1 non hai marcador e no campo 2 hai un, pero leva avariado desde o primeiro día.
  • Suxeitar con algún medio os fosos dos xogadores do campo traseiro pois son tirados do revés na pista, polo vento de xeito frecuente
  • Cubrir os laterais da grada do campo de atrás, pois doutro xeito é totalmente inservible, xa que chove dentro e está sempre mollada polo q non pode ser utilizada axeitadamente
  • Revisión das chemineas que están enriba dos vestuarios posto que se quentan con frecuencia e chegan a botar fume sen motivo aparente
  • Revisión da zona dos depósitos que está nun estado lamentable.
Pensamos que con todas estas deficiencias os nenos non teñen a seguridade e medidas hixiénicas que deberían ter para poder desenrolar a actividade polo que se prega ó Concello de Cambados solucione estes temas de forma urxente.
Ademáis o clube solicita como medida primordial para a súa subsistencia unha cafetería dentro do recinto, xunto ó campo, para ser utilizada polos afecionados e xogadores, sen ter que saír do recinto como se fai actualmente, xa que este feito fai que a xente entre e saia do campo sen pasar sequera por diante do bar.
Dado as dificultades económicas que atravesa o clube, vese aquí unha posible fonte de ingresos tanto nos días de entreno coma nos días de partido.



5 de octubre de 2014

UN PASEO FLUVIAL FEITO UNHA MERDA POLO ABANDONO DO CONCELLO



Miles de euros gastados i esta é a imaxe que ofrece o paseo fluvial do Umia pola parte de Cambados. Para eso era millor deixalo como estaba. Si non o usa ninguén é normal que esté así. Pero cecáis non o usa ninguén polo pésimo estado no que se atopa.













Ou está así porque era algo innecesario e so se fixo para xustificar gastos e un obradoiro de emprego para nada. Como sabedes os obradoiros de emprego en Cambados so ocupan a xente en xardiñeiría e construcción, mentras que en pobos do noso entorno pódese usar este obradoiro para que a xente estude novas disciplinas.  Creación de páxinas web ou coidado de maiores, por exemplo son saídas laborables. No concello de Cambados interesan outras cousas para non ter que contratar xente e utilizan a xente dos obradoiros para evitar carga de traballo. Mentras as escolas obradoiro están funcionando os xardíns están esplendorosos. Así evítase ter que contratar persoal. Así está a senda
fluvial do Umia no entorno da ponte de Covas de Lovos, ata a desembocadura do Umia.








24 de septiembre de 2014

TINTA A CADELA PROTAGONISTA DA NOVA SECCIÓN DE "EL HORMIGUERO"



ESTA É A HISTORIA DE TINTA

Tinta será hoxe a protagonista da nova sección de "El Hormiguero" que se estrea hoxe.
Foi atopada nunha cuneta tumbada tralo que supoñemos debeu de ser un atropelo. Non tiña movilidad do terzo posterior nin sensibilidade, pero enseguida púxose a tratamento para intentar unha melloría. Entre tanto tivo un sangrado vaxinal que obrigou a operala de urxencia. Finalmente, non vendo melloría co seu tratamento levámola ao Hospital Clínico Veterinario Rof Codina, onde se lle diagnóstico unha lesión medular irreversible, é dicir, Tinta non ía volver a andar. Entre tanto xa os voluntarios inxeniaranselas para facerlle un carriño que lle permitise facer vida normal.







20 de agosto de 2014

NOTA ACLARATORIA DUNHA VOLUNTARIA DO REFUGIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS






Unha voluntaria do Refugio de Animales de Cambados quere  aclarar os comentarios surxidos a raíz da nova que onte publicaron varios medios nas redes sociais, entre eles CORES DE CAMBADOS, na que se vía nun vídeo como alguén abandonaba unha cadela no Refugio.

"Hoxe lin todo tipo de comentarios sobre o ocorrido con Etnia e chamoume a atención a cantidade de xente que a intentado desculpar a actitude deste cobarde: ''fixo o mellor para a cadela, é o seu anxo de gárdaa'', ''bo, polo menos non a deixo tirada no monte ou a mato'', '' vese que é unha boa protectora que ata ten cámaras''. Quero facer unha aclaración, o abandono é ABANDONO sexa da forma que sexa e na situación que sexa. Nesta protectora na que o individuo abandono á cadela tirándoa desde unha altura de case 3 metros, cando alguén chama porque se atopou un animal ou non pode seguir facéndose cargo do seu ofréceselles unha solución véxase traer ao animal ao refuxio, buscarlle unha casa de acolleita ou difundilo en internet ata que apareza unha nova familia. A xente normal e con corazón contacta con dita protectora por medio de teléfono, email, Facebook ou pasándose polas propias instalacións e a xente cobarde e que non vale nada fan o que este individuo.
Non acabarei de entender nunca que alguén xustifique o acto que levou a cabo esta persoa. Quero que a xente que o xustifica párese a pensar un minuto, soamente un minuto, no golpe que se levou ETNIA e no risco que están de saír con vida as súas cachorros, iso porque a día de hoxe Etnia segue viva dado que non había ningún can solto nas gaiolas de diante desta protectora, senón a situación que se atoparían os voluntarios seria horrible e moi dolorosa para todos". 





19 de agosto de 2014

ABANDONO DE UNHA CADELA POR RIBA DO PORTAL DO REFUXIO






Unha cámara de seguridade rexistrou o 14 de agosto pasado as imaxes que  agora permiten empezar a buscar a un home como o responsable de ter abandonado unha cadela preñada tras tirala a través do enreixado de entrada.
O Refuxio de Animais de Cambados colgou en Youtube o video da cámara de seguridade e pide axuda para localizar o home que o protagoniza. Nas imaxes vese como se achega, escala a través do enreixado e, unha vez arriba, deixa caer a un can. O animal resultou ser femia e estar embarazada.
O colectivo cambadés bautizou a cadela abandonada como Etnia e pide colaboración para intentar recoller pistas e recoñecer o responsable do abandono o ao animal, do que publican imaxes na súa páxina de Facebook. Están convencidos de que o encapuchado se ocultou a propósito porque sabía que nas instalacións hai cámaras de seguridade.

Aínda sendo unha mala solución, pensamos que esto é mellor que abandonar as mascotas en calquer cuneta ou monte.



´







12 de junio de 2014

A GARDA CIVIL BUSCA AO DONO DUN CAN ABANDONADO






Tibu está en custodia no refuxio de animais de Cambados.
Este husky, ó que lle botan dous anos, está en tan mal estado que lle custa andar. Ten artrose, unha pata rota e unha luxación de cadeira.

Non se sabe que vai ser del porque no refuxio non poden afrontar os mil ou mil cincocentos euros que custaría a operación que precisa.

O traumatólogo non lle ve moita solución. O can ten dor.  Ten unha luxación de cadeira. E ao manipulalo e camiñar ten dor. A pata é irrecuperable, ten desfeito o nocello e o tarso e non ten solución.
A Tibu atopárono atado na baixo dunha casa en construción nunha aldea de Vilanova de Arousa. Decatáronse os veciños porque o escoitaron ouvear pero non saben como chegou aí.

Cando o recolleron, traboulle a un axente do Seprona. O microchip que leva está rexistrado en Madrid pero aínda non se puido localizar o dono. No refuxio de Cambados alertan de que abundan os microchips con datos erróneos e piden un cambio da lei para que non se poidan vender pola internet e implantar sen control.






28 de abril de 2014

A MERDA CHEGA ATA AS OURELLAS






O Concello de Cambados abre o periodo anual no que non cobrará pola licenza de pintado e limpeza de exteriores. Esta medida busca falicitar que todos os cambadeses poidan arranxar as súas propiedades, e presenten un aspecto máis vistoso
O obxectivo da medida é que Cambados ofreza o mellor aspecto posible cara á tempada de verán, momento no que máis visitantes recibe o municipio.
Aparte de que esta medida está pouco publicitada non sirve para nada.   Como comprobamos en outras ocasións o abandono é xeneralizado e nesta ocasión hai que denunciar o que veciños das rúas Caamaño Bournacell, Beleco e Carballeira veñen padecendo. A proliferación de porquería e herba esta a converter un solar daquela zona nun punto negro en canto a lixo se refire. 
O alcalde debería darse unha volta polo pobo ou mandar a alguén que o fixera e que tomara nota destas cousas. Non so adicarse a usar operarios municipais ou das escolas taller para limpar certas fachadas de propiedades de certos cargos que para eso, si están espertos.
O resto do ano non deben os cambadeses de coidar oa fachadas pois os visitantes pasan de todo e non critican nada.