Veciños da rúa Curros Enríquez de Cambados levan uns dias preocupados pola proliferación de ratas que emerxen da rede de sumidoiros desa rúa. Un deses veciños púxose en contacto con este blog para denunciar o que está a pasar pois creen que non se trata dun feito aillado.
Varias veces denunciaron no concello os feitos, pero non dan solucionado o problema. Segundo explica o noso amigo podería tratarse de ratas que proceden la lonxa vella, pois a aparición de estes "bichos" coincide no tempo coa caída do teito desta edificación o desmantelamento da pista deportiva que había alí, e que pronto vai ser derrubada, xunto outros edificios da zona para comenzar coas obras da prometida nova Plaza de Abastos.
Tamén nos relatou que nun dos paseos que acostuma a dar polo entorno da lonxa vella e o paseo marítimo veu estes dias a xente e que podería tratarse, pola pinta, de algunha empresa de plaguicidas e desratización. Desde o Concello non se notificou que se fose a proceder a ningún proceso de desratización nin hai carteis nos arredores que indiquen que se procedese ou se vaia a producir tal manobra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.