Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de agosto de 2015

ÉXITO DA FESTA PERO ERROS A CORREXIR






A Festa do Albariño 2015 bateu todos os datos rexistrados, conseguindo que sexa a edición con máis xente e máis vendas de viño.

Entre 250.000 e 275.000 persoas encheron as rúas de Cambados, case 100.000 persoas máis que en 2014, o que ocasionou un abarrote nos servicios, que se viron desbordados durante o sábado multitudinario.
En canto a limpeza que é algo que está a xenerar críticas, o operativo continúa coas labores de limpeza ainda que serán necesarios uns días máis para volver á normalidade. Nesta edición contratarónse 50 persoas para realizar estas labores e incrementaronse os aseos públicos.
Esto é algo que acontece todos os anos e alguén debería "coller o touro polos cornos". Ben é certo que as previsións non eran a de aumentar o número de visitantes en tanta cantidade pero non se pode estar a golpe de martes igual que con anteriores gobernos.
Outros que erraron nos seus cálculos foron os membros do Consello Regulador que quedaron sen cataviños.

No tráfico mellor nin falar, porque o afán "disuasorio" detectou unha cantidade moi grande de positivos, pero non foi capaz de facer fluir o tráfico polos accesos e saídas a Cambados nos momentos de máis movemento.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.