A Festa do Albariño 2015 bateu todos os datos rexistrados, conseguindo que sexa a edición con máis xente e máis vendas de viño.
Entre 250.000 e 275.000 persoas encheron as rúas de Cambados, case 100.000 persoas máis que en 2014, o que ocasionou un abarrote nos servicios, que se viron desbordados durante o sábado multitudinario.
En canto a limpeza que é algo que está a xenerar críticas, o operativo continúa coas labores de limpeza ainda que serán necesarios uns días máis para volver á normalidade. Nesta edición contratarónse 50 persoas para realizar estas labores e incrementaronse os aseos públicos.O propio goberno municipal asumiu os erros algo moi raro en Cambados.
Esto é algo que acontece todos os anos e alguén debería "coller o touro polos cornos". Ben é certo que as previsións non eran a de aumentar o número de visitantes en tanta cantidade pero non se pode estar a golpe de martes igual que con anteriores gobernos.
Outros que erraron nos seus cálculos foron os membros do Consello Regulador que quedaron sen cataviños.
No tráfico mellor nin falar, porque o afán "disuasorio" detectou unha cantidade moi grande de positivos, pero non foi capaz de facer fluir o tráfico polos accesos e saídas a Cambados nos momentos de máis movemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.