Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de enero de 2015

UN ANO DESPOIS O CEMITERIO SEGUE ABANDONADO





As ruínas de Santa Mariña, en Cambados, incorporábanse hai un ano á rede europea de cemiterios singulares históricos.
Isto supoñia unha posta en valor e unha axuda para a súa preservación e promoción turística.

Pero xa aquel dia publicamos AS INCONGRUENCIAS DE ARAGUNDE no que dábamos conta de certos aspectos desta unión. "A propósito desto haberá que recordarlle ao alcalde que hai cerca dun mes que dixo que o cemiterio non era municipal polo que non se podía facer cargo do seu mantemento.

Agora xurden varias cuestións.....
1/ Si non é municipal con que autoridade preséntase a un proxecto sin a autorización dos donos? Acaso un particular vai a propugnar que a casa dun veciño sea declarada tal ou cual sin a autorización do propio veciño?
2/ Acaso xogamos a duas bandas? Conseguimos cousas pero quen ten que coidalas é o cidadán. Saco peito na foto e rédito electoral.
3/ Que ten que decir a igrexa?. Recordemos que o cemiterio tampouco pertence a igrexa. 
4/ E o que é máis importante. Acaso pretenden separar as ruínas de Santa Mariña do cemiterio. Por moito que queiran todo é un".
Pasado un ano nada se fixo polo cemiterio agás tentar reparae o Cristo da igrexa en ruínas de Santa Mariña.


Álvaro Cunqueiro dixo de Santa Mariña que era o cemiterio máis melancólico do mundo. Gonzalo Torrente Ballester cualificábao como un dos conxuntos pétreos máis románticos da Península...
Os principais escritores galegos do século vinte eloxiaron este camposanto cambadés que rodea as ruínas dunha igrexa do século quince, nos terreos dun antigo convento franciscano.
  




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.