
Cada semán, no Campo de Fútbol de O Leixo na Armenteira, aproximadamente 60 rapaces adestran con ilusión e entrega, dando igual os resultados, e importando máis a súa formación.

Falouse coa oposición e o alcalde de Meis, e este, prometeu que tomaría cartas no asunto. Dende o clube non saben si creelo, despois de que onte comprobaran o que alí se fixo. Unha chapuza e que podedes comprobar nas imaxes.
No clube chegan a pensar que, "se están a rir de nós".
Por eso publican esta queixa para que o Sr Alcalde, o Presidente da Deputación, a Federación ou calquer órgano do que poida depender que os rapaces do Armenteira Cf dispoñan dunhas instalación dignas:

Parece mentira que vos riades así da ilusión destes rapaces. Esta claro que non xogan no Ribadumia, para que se lles conceda o dereito dun campo digno, xa non decimos de cesped artificial, non, tan só un campo digno."

Sen máis despedímonos de todos vos, que non sabedes máis que mentir, e que incluso ríndose duns nenos que traballan con ilusión. Tíñavos que caer a cara de vergoña.
As duas imaxes inferiores son do "arranxo" que se fixo estes dias, as outras 3 siguen igual tras moito tempo nese estado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.