Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de agosto de 2014

ABANDONO DE UNHA CADELA POR RIBA DO PORTAL DO REFUXIO






Unha cámara de seguridade rexistrou o 14 de agosto pasado as imaxes que  agora permiten empezar a buscar a un home como o responsable de ter abandonado unha cadela preñada tras tirala a través do enreixado de entrada.
O Refuxio de Animais de Cambados colgou en Youtube o video da cámara de seguridade e pide axuda para localizar o home que o protagoniza. Nas imaxes vese como se achega, escala a través do enreixado e, unha vez arriba, deixa caer a un can. O animal resultou ser femia e estar embarazada.
O colectivo cambadés bautizou a cadela abandonada como Etnia e pide colaboración para intentar recoller pistas e recoñecer o responsable do abandono o ao animal, do que publican imaxes na súa páxina de Facebook. Están convencidos de que o encapuchado se ocultou a propósito porque sabía que nas instalacións hai cámaras de seguridade.

Aínda sendo unha mala solución, pensamos que esto é mellor que abandonar as mascotas en calquer cuneta ou monte.



´







2 comentarios:

Inácio Lage dijo...

E também este outro.... E aquí um filme que parece que vos pode resultar moi educativo já avanzado o século XXI….. https://www.youtube.com/watch?v=ewVHvDIiZTg

CORES DE CAMBADOS dijo...

Nos so publicamos a nova e ademáis deixo claro que esa opción, sin ser boa, é moito mellor que outras.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.