Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de abril de 2014

A MERDA CHEGA ATA AS OURELLAS






O Concello de Cambados abre o periodo anual no que non cobrará pola licenza de pintado e limpeza de exteriores. Esta medida busca falicitar que todos os cambadeses poidan arranxar as súas propiedades, e presenten un aspecto máis vistoso
O obxectivo da medida é que Cambados ofreza o mellor aspecto posible cara á tempada de verán, momento no que máis visitantes recibe o municipio.
Aparte de que esta medida está pouco publicitada non sirve para nada.   Como comprobamos en outras ocasións o abandono é xeneralizado e nesta ocasión hai que denunciar o que veciños das rúas Caamaño Bournacell, Beleco e Carballeira veñen padecendo. A proliferación de porquería e herba esta a converter un solar daquela zona nun punto negro en canto a lixo se refire. 
O alcalde debería darse unha volta polo pobo ou mandar a alguén que o fixera e que tomara nota destas cousas. Non so adicarse a usar operarios municipais ou das escolas taller para limpar certas fachadas de propiedades de certos cargos que para eso, si están espertos.
O resto do ano non deben os cambadeses de coidar oa fachadas pois os visitantes pasan de todo e non critican nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.