Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de marzo de 2015

CLAUSURADO O OBRADOIRO DE EMPREGO





Esta mañá clausurouse o obradoiro de emprego “Turismo Sostible III” de Cambados, coa presenza de Cores Tourís en compaña do alcalde, Luis Aragunde. 
O obradoiro tivo unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta investiu case 169.000 euros, “que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento chegarán ata case os 200.000 euros”, segundo explicou Cores Tourís. O obxectivo destes cursos foi preparar a 19 alumnos, aos que hai que sumar o persoal contratado para dar formación en cantería e forestal: un director, un titor, unha administrativa e dous monitores.
As persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibiron o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que duraron estes proxectos. En Cantería formáronse 10 alumnos e en Forestal outros 9.
O alumnado traballou durante estes meses no acondicionamento e mellora do xardín dos Olmos e na renovación do contorno do lavadoiro de San roque. Tamén leváronse a cabo traballos de mellora da senda fluvial na desembocadura do Río Umia e nos espazos verdes do casco urbano. Finalmente, os alumnos levaron a cabo obras de adecuación sostible do castro de Sete Pías, así como melloras nas áreas recreativas dos centros socioculturais dos núcleos rurais.
Agardemos que estas obras se manteñan por parte do concello e non pase coma sempre que se deixan de lado. Para exemplo o acondicionamento e posterior abandono das beiras do Umia do que xa demos conta no seu momento e do que a imaxes dan fe do estado actual.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.