Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta REFUGIO DE ANIMALES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta REFUGIO DE ANIMALES. Mostrar todas las entradas

20 de diciembre de 2016

SÁCAME DE PASEO DE NADAL








Comunicado do Refugio de Animales de Cambados

Este sábado 24 teremos o noso xa tradicional "Sácame de Nadal"

Un paseo do Nadal polas rúas de Cambados cos cans do Refuxio!

O paseo empezará ás 11:30 na praza de Fefiñans. 

Ademais a partir desa mesma hora teremos na praza do Concello un posto para que quen queira poida achegar donativos para os peludos do Refuxio (penso, comida húmida,  lixivia, deterxente, xabón líquido...). Instalaremos tamén un photocoll e un posto de mercadillo para recadar fondos para cubrir os gastos veterinarios.

*Quen queira axudarnos a sacar aos cans para dar un paseo previo pola zona do Refuxio e axudarnos a baixalos ao centro de Cambados que nos escriba unha mensaxe privada a esta páxina.

Esperámosvos para pasar unha mañá diferente!








10 de junio de 2016

EVA VILAVERDE RESPOSTA AO REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS











A deputada responsable do CAAN, Eva Vilaverde, manifesta o seu profundo malestar pola falta de responsabilidade da presidenta da protectora de Cambados tras acusar de maltrato animal ao centro de acollida provincial. Vilaverde asegura que "é un xeito gratuíto de crear alarma social, posto que como membro dunha protectora presupóñolle coñecemento dos protocolos e polo tanto está na obriga de saber que o procedemento se realizou correctamente." A deputada lamenta especialmente o dano que estas manifestacións causan na opinión pública e engade que "o único que conseguen é poñer en cuestión o funcionamento dos centros de acollida de animais e as canceiras en xeral". Ademais, Eva Vilaverde aproveita para recomendarlle á presidenta da protectora que "centre os seus esforzos en traballar a prol do benestar real dos animais, e na dirección máis proveitosa para o conxunto da cidadanía, que non é outra que a de promover a educación e sensibilización da sociedade sobre o abandono e a adopción". Precisamente na mañá de hoxe, Eva Vilaverde participou, no CEIP Mallón de Nigrán, nunha sesión didáctica sobre terapias para alumando con necesidades específicas realizadas con un can adoptado no CAAN, para concienciar sobre a necesidade de que os animais do centro de acollida teñan unha segunda oportunidade e sexan valorados pola sociedade.
A deputada realiza estas declaracións despois de que a presidenta da protectora de Cambados asegurase que o CAAN lles entregou un can adulto cunha infección bronquial respiratoria. O que realmente aconteceu, e así está rexistrado e documentado nos informes veterinarios do CAAN, é que o animal foi vacinado no mesmo día no que foi adoptado e isto produce que presente ata tres semanas despois da vacinación anticorpos do que comunmente se coñece como a "enfermidade do moquillo". A data de vacinación foille facilitada documentalmente ao adoptante, un voluntario do refuxio de Cambados. Cabe engadir que o veterinario da propia protectora tamén recolle no seu informe que os síntomas que presenta o can "non son concluíntes xa que podería haber interferencia coa vacina que lle administraron ao can ese mesmo día, segundo consta na documentación que acompaña ao can" [extracto do informe veterinario que a propia protectora colgou no seu blog]
O can adoptado polo voluntario do refuxio de Cambados é un can duns 10 anos que foi recollido na Illa de Arousa o 3 de marzo deste ano. Á súa entrada no CAAN fíxoselle unha revisión veterinaria e diagnosticóuselle unha infección de oídos causada por otodectes (un parásito), que foi tratada ata a data da súa curación, o 17 de marzo. O mesmo día 3, tamén foi desparasitado interna e externamente. O día 30 de marzo foi adoptado, sento desparasitado novamente interna e externamente e tamén vacinado. Na saída do centro fíxoselle unha revisión veterinaria e non presentou sintomatoloxía compatible coa enfermidade descrita na denuncia da protectora.
Todo o anterior pon de manifesto que o can foi correctamente vacinado -segundo conforma ademais o pasaporte sanitario entregado ao adoptante -respectando os prazos que establecen os protocolos para a vacinación dun can adulto coma este que estivera tratado días antes dun proceso infeccioso que lle afectaba aos oídos. O equipo técnico do CAAN realiza o seu traballo conforme aos protocolos establecidos na normativa e que son supervisados no propio centro de xeito periódico polos inspectores da Xunta de Galicia, que velan polo benestar dos animais – levando a cabo, entre outras actuacións, protocolos de salubridade e analíticas completas para determinar o seu estado de saúde-.
No caso que nos ocupa, de ser certa a existencia da enfermidade no can adoptado, o propio adoptante tería incumprido de xeito intencionado o contrato de adopción, que o obriga a comunicar calquera incidencia acontecida co animal ou cambio de titularidade. Tampouco podería cualificarse como responsable e profesional a actuación da protectora de Cambados que sospeitando dun brote dunha enfermidade infecciosa altamente contaxiosa -como a propia presidenta declara- decidiu non comunicarllo ao CAAN e aos seus veterinarios para poñelos en sobre aviso e evitar posibles consecuencias sobre os animais e a súa saúde.
Protocolo de medicina preventiva
O Centro de Acollida e Protección Animal de Armenteira conta cun protocolo de atención específico de medicina preventiva, establecendo unha pauta de desparasitación e vacinación completa que permite previr a aparición de enfermidades infecciosas. Dentro deste procedemento inclúese a realización de probas específicas que permitan establecer diagnósticos diferenciais ante a aparición de enfermidades no centro, dirixidas a establecer un diagnóstico concreto e realizar o tratamento específico da enfermidade.
Así, por exemplo, ante a aparición dun proceso respiratorio en cachorros producido durante o mes de marzo realizouse un diagnóstico diferencial que incluía a determinación en laboratorio externo de anticorpos de distemper canino (moquillo), obtendo resultados negativos- xuntamos analítica- así como outras probas clínicas, como cultivos, que permitiron concretar o axente bacteriano causante dos síntomas, así como o antibiótico específico que debería ser  utilizado no seu tratamento. Mostra diso a evolución clínica favorable do grupo de animais.
Neste sentido, cabe aclarar que no CAAN os animais que presenten sintomatoloxía de enfermidade non son susceptibles de adopción, indicando sempre aos interesados que a adopción non se poderá realizar ata a curación e finalización de tratamento. Sinalar, así mesmo, que os pasaportes sanitarios expedidos a todos os animais adoptados no centro indican as pautas de desparasitación e vacinación utilizadas que se corresponden coas que recolle o programa sanitario do centro, aprobado pola Consellería de Medio Ambiente. Ademais dos pasaportes sanitarios, entrégaselles información de relevancia para o propietario e as indicacións para que os animais sexan revisados e controlados polo seu veterinario, tamén unha vez que saen do centro de acollida. 




23 de mayo de 2016

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO REFUGIO DE CAMBADOS









Este vindeiro domingo 29 de maio o Refuxio de Cambados organizá unha 

xornada de portas abertas para todo aquel que queira ir a coñecelos e que 

durante a semana non lle é posible! Estarán de 11:30h a 20h ensinando as 

instalacións e contando a historia de cada animal. Haberá un photocall e un 

posto de mercadillo solidario. Ademáis organizán un sácame de paseo en 

horario de tarde e durante todo o día estarán recollendo doazóns organizada 

por Pelufillos a favor do refuxio!!










5 de mayo de 2016

RECOLLIDA SOLIDARIA A PROL DO REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS









EVENTO SOLIDARIO, para a recollida de:

-Comida para can/gato. Penso (excepto marcas brancas por cuestións veterinarias), comida humeda, tamén para cachorro, leite para lactantes, salchichas (consumo humano) e premios.
Aveños/material:
-Colares isabelinos de distintos tamaños.
-Casetas de madeira ou plástico.
-Artigos de limpeza ( como son lixivia, osíxeno activo, limpa chans, cepillos, escurridores para o chan, escobas, recogedores, xabón deterxente líquido, etc ), -Capachos de distintos tamaños.
-Colares, arneses,correas, boceiras...
-Camitas de plástico.
-Mantas/mantas eléctricas , sabas, alfombras, toallas, edredones...
-Comederos ( a poder ser que non sexan de plástico porque os esnaquizan ao momento )
-Periódicos e area para gatos, areneros...
-Pipetas para cans ou gatos, frontline en spray, sarnacuran, lomper en jarabe, pastillas desparasitadoras...
-Medicamentos e material veterinario, cazitel, luvas estériles e non estériles, xiringas, agullas para as xiringas, suturas reabsorbibles 3.0, 2.0, 0, 1, soro fisiológico, auga osixenada, alcol, tulgrasun, vendas cohesivas, linitul, esparadrapo de tea, previcox, meloxican de 7,5 mg, amoxicilina clavulánico de 500mg ou de 875 mg, doxicilina de 100mg, augmentine pediátrico en jarabe, metronidazol de 250mg (flagyl), colirios antibióticos e colirios con corticoide, dacortin, alopurinol, enalapril de 10mg,
-Latas de i/d, latas a/
Ou tamén material de obra para as distintas melloras que realizan nas instalacións.
-Artigos para os mercadillos:
Todo aquilo que estea en bo estado EXCEPTO roupa:
-Figuritas, libros, cd's de música, colares, pulseiras, bolsos, pañoletas, marcos portafotos, peluches, xoguetes, e todo aquilo que lles poidades doar.

Botámoslles unha man?






17 de diciembre de 2015

SÁCAME DE PASEO ESPECIAL NADAL








Como vén sendo habitual estes anos, o "Sácame de Paseo" deste sábado realizarase polo centro de Cambados, co trineo de Papa Noel arrastrado por algúns dos cans do refuxio. Os demais cans nnecesitan as túas mans para saír de paseo. A saída será ás 11:15 en Fefiñáns debaixo do Arco. Haberá a caseta do mercadillo diante do Concello aberta e o Photocall para lembrar que os Animais non son Xoguetes. Recolleranse doazóms para os "peques". Así que xa sabedes, agardan por vos en Fefiñáns para o Paseo. Dando voz a quen non a ten e por un día a xente non se esqueza dos animais abandonados.









28 de junio de 2015

O REFUGIO DE ANIMAIS ESTÁ SATURADO, PRECISAN DE ADOPCIÓNS






Desde CORES DE CAMBADOS queremos facer un chamamento ante a saturación que está a ter a gateira do Refuxio agora mesmo!! 
Como moitos veciños saben as instalacións do refuxio foron deseñadas para albergar cans pero hai uns catro anos debido ao grande abandono de gatos que hai  tiveron que acondicionar unha das  gaiolas de corentena para albergar gatos que foron abandonados e que necesita unha nova familia. Co cariño, apoio e dedicación de moita xente conseguiuse ter unha mini gateira onde poder darlles a calidade de vida que necesitan, pero é unha gateira moi pequena que só permite ter como máximo catro ou cinco gatos novos ou adultos, pero non cachorros menores de tres meses que polo seu pequeno tamaño teñen que estar en casas de acollida ou na propia clínica do refuxio... 


Agora mesmo están a tope e necesitan axuda e sobre todo adopcións responsables para os gatos. Atópanse con dous gatos adultos na gateira polos que ninguén pregunta xa que son dúas "panteritas" preciosas, pero os gatos negros á xente non lle gustan demasiado, un gatiño e unha gata adulta nunha casa de acollida e 12 gatos na clínica do refuxio, destes gatos 10 deles son cachorros que apenas chegan aos dous meses de vida e unha gata abuelita que necesita saír con urxencia de alí xa que está moi estresada.


Potenciar adopcións e intentar mellorar a situación é o obxectivo a cumprir, xa agora mesmo se aparece unha urxencia de gatiños ou de cans é imposible hospitalizalos...

Podes ver todas as fotos e historias dos gatos aquí: http://refugiocambados.es/es/15-gatos 

Cada pouco é actualizada a páxina.


15 de octubre de 2014

VOLVEU A PASAR




NOTA DO REFUGIO DE ANIMALES PUBLICADA NO EN FACEBOOK

Hoxe queremos contarvos unha historia dunha cadela, que apareceu o domingo dentro do refuxio, ao parecer se esta poñendo de moda tirar cans que non chegan aos 3 kg por enriba de portalóns de 3 m de altura, en dous meses dous casos o primeiro foi o de ETNIA, que todos puidestes ver a gravación do vídeo, e o segundo a desta pequena que bautizamos como DOLLY, foi todo gravados polas nosas cámaras e temos algunhas pistas polo cal non imos dicir moito mais, e deixarémolo mais para diante xa que se esta investigando neste caso. Contámosvos como sucedeu todo, o domingo á mañá como todos os domingos, subiu un voluntario a limpar e a dar de comer e non se deu de conta de que había un novo inquilino ata que empezou a abrir gaiola por gaiola e todos os cans estaban soltos e se fixo que todos ían ladrar como tolos a algo que estaba escondido, se achego para ver que era, e resulto ser que era unha cadeliña pequena, morta de medo, intentando esconderse, cando a conseguiu quitar do seu escondedoiro aprecio que estaba todo o corpo sen pelo, en moi mal estado, tenia as mamas da ver parido moitas veces, e unha recentemente. E por ultima terá uns 9 anos, unha avoa.....
En fin. Isto vai dirixido á persoa que a tiro, dá igual as circunstancias que tiveras non hai dereito para tirar a un animal de 9 anos que pesan menos de 3 kg por un portalón de 3 metros de altura, é inhumano, a cadela púidose a ver roto as costelas ou quedar tocada polo golpe, mesmo morrer polo impacto(el domingo cando a recollemos berraba de dor, non a podías tocar do que lle doía o corpo), paréceme incrible, e pensará que fixo o labor do día por tirala por enriba do portalón coma se fose un obxecto, é incrible. E outra seria, que este voluntario non se tivese dado a conta a tempo que estaba a cadela escondida, porque se non sabedes que tería pasado? Os cans teríanllela comido porque é unha intrusa que non coñecen, pero non pasa nada por que a túa fixeches o labor do día tirándoa por enriba do portalón!
ESTAMOS FARTOS, FARTOS DE TANTA XENTE QUE TEN MAIS CARA QUE COSTAS, QUE VEÑEN CON ESIXENCIAS A UNS VOLUNTARIOS QUE NON COBRAN NAAAADA POR AXUDAR AOS ANIMAIS ABANDONADOS, XA ABONDAN, TODO TEN O SEU LIMITE.
Hoxe uns voluntarios bañárona cun xel especial para que lle volva nacer o pelo, e pouco a pouco, con moito amor e dedicación poñerase guapa, agora esta buscando unha familia, se alguén esta interesado nela que se poña en contacto connosco. Tamén podedes facer donativos para axudarnos cos seus tratamentos de pel, e todos os gatos que nos vai levar curala. ( É unha cadela moi boa, só quere mimos).




19 de agosto de 2014

ABANDONO DE UNHA CADELA POR RIBA DO PORTAL DO REFUXIO






Unha cámara de seguridade rexistrou o 14 de agosto pasado as imaxes que  agora permiten empezar a buscar a un home como o responsable de ter abandonado unha cadela preñada tras tirala a través do enreixado de entrada.
O Refuxio de Animais de Cambados colgou en Youtube o video da cámara de seguridade e pide axuda para localizar o home que o protagoniza. Nas imaxes vese como se achega, escala a través do enreixado e, unha vez arriba, deixa caer a un can. O animal resultou ser femia e estar embarazada.
O colectivo cambadés bautizou a cadela abandonada como Etnia e pide colaboración para intentar recoller pistas e recoñecer o responsable do abandono o ao animal, do que publican imaxes na súa páxina de Facebook. Están convencidos de que o encapuchado se ocultou a propósito porque sabía que nas instalacións hai cámaras de seguridade.

Aínda sendo unha mala solución, pensamos que esto é mellor que abandonar as mascotas en calquer cuneta ou monte.



´







1 de marzo de 2013

QUE DÍ A DEPUTACIÓN SOBRE A CANCEIRA SUPRAMUNICIPAL




A continuación podedes ler a nota de prensa que enviou a Deputación Provincial de Pontevedra sobre, para nos e moita máis xente, o campo de exterminio de animais e como queda edulcorado.

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación

22 FEBREIRO 2013

• O ministerio de Agricultura autorizou un convenio coa Deputación para que a empresa Tragsa leve a cabo a xestión inicial deste servizo
• O servizo suporá un custe de 250.000 euros para unha poboación de 378.771 habitantes
• Os concellos aboarán polo servizo 30 céntimos por habitante e ano e a Deputación cubrirá os restantes 36 céntimos
O pleno da corporación provincial aprobou hoxe por unanimidade o regulamento do servizo de lacería e do centro de acollida e protección de animais de Armenteira, que entrará en funcionamento o vindeiro mes de marzo e prestará servizo inicialmente a 47 concellos que xa se adheriron ao mesmo.
A empresa Tragsa será a encargada da xestión inicial deste servizo provincial de recollida de animais, despois de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ambiente autorizase a sinatura dun convenio coa Deputación para este fin.
O servizo suporá un custo anual de 250.000 euros e beneficiará a unha poboación de 378.771 habitantes, o que supón que o prezo que se deberá aboar polo mesmo é de 0,66 euros por habitante e ano.
O financiamento do servizo farase entre Deputación e concellos, de forma que os segundos deberán pagar 30 céntimos por habitante e ano (un total de 113.631,13 euros entre todos os concellos), e a Administración provincial cubrirá os 136.368,70 euros restante, achegando 0,36 euros por habitante e ano.
Isto suporá unha notable redución na achega que na actualidade teñen que facer os concellos para poder prestar este servizo, que é competencia municipal e que ata o de agora supoñía un verdadeiro problema para a maioría dos concellos da provincia.

Concienciación
O obxectivo do servizo provincial de recollida de animais é incidir na concienciación e sensibilización da poboación tanto a prol das adopcións como en contra dos abandonos, así como no máximo respecto ás necesidades, ao benestar e aos dereitos dos animais.
Neste sentido, a xestión do centro incluirá medidas de vixilancia para a identificación e rexistro de animais, programas de vacinación e esterilización, campañas para promover a tenza responsable de animais e de sensibilización para erradicar o abandono e os malos tratos, fomentando as adopcións sobre calquera outro destino e colaborando coas asociacións protectoras de animais.
Coa xestión conxunta do servizo búscase unha optimización dos recursos públicos e unha mellora na calidade da prestación, cun aforro que nalgúns casos chegará ao 70% respecto o que pagan na actualidade os concellos.



30 de enero de 2013

O REFUGIO DE ANIMALES PRECISA DE TODOS NOS






O Refugio de Animales de Cambados volve solicitar a axuda de todos e así o fai saber a través da sua páxina no facebook.


Axudádesnos a conseguir o maior número de 'cliks' posibles para este concurso? O premio é unha importante cantidade de diñeiro que nos axudaría a mellorar a vida dos peludos residentes no refuxio....

Para axudar é moi fácil, só tendes/tedes que entrar en leste enlace: https://apps.facebook.com/oneclickdonation/?id_ass=2923&id_c=5
Xa sabedes non costa nada clikcar e axudarás a os animais.

23 de enero de 2013

O REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS SEGUE A BATALLAR CONTRA LOUZÁN





A continuación publicamos a nota que publica o Refugio Animales Cambados publicado no seu perfil de facebook.

Non imos quedar cos brazos cruzados. Creemos na xustiza e creemos que todos e mais os politicos deben de gobernar sen saltarse as leis nin facendo o que lles da gana. Non atacamos a ninguén só pedimos o xusto e o que estipula a lei. Louzan dixo que ía saír a concurso que nós queriamos a adjudicacion sen concurso e o non o ía a permitir... que ía ser claro e transparente... mentira novamente, xa que desde novembro do 2010 que veterinarios que traballan para Tragsa xa o sabian que habia un pacto.. fai un ano dixémolo e Louzan negouno. .Quen mente?....

Trala nota remítennos a o artigo publicado onte martes 22/1/13 no DIARIO DE AROUSA
Para ler o artigo preme aquí

11 de enero de 2013

O "REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS" SOLICITA AXUDA





A Protectora de Animais de Cambados fai un chamamento á cidadanía para que colabore este sábado coa asociación para lograr sacar de paseo a todos os cans do Refuxio co obxectivo de proceder a fumigar as instalacións.

As previsións meteorolóxicas apuntan a que mañá podería chover, polo que desde a Protectora recomendan aos voluntarios que vaian provistos de roupa apropiada para a choiva. Alegan que non poden atrasar máis a fumigación. O colectivo espera contar co apoio cidadán necesario.
A continuación reproducimos a petición tal cual aparece no seu facebook....

..........."NECESITAMOS VUESTRA AYUDA!!!!!!
Este sábado necesitamos muchos voluntarios, tenemos que conseguir sacar a todos los perros del refugio de paseo debido a que tenemos que fumigar las instalaciones.... En un principio para el sábado dan lluvia, pero no podemos retrasar la fumigación más tiempo , así que os pedimos a todos los que podáis venir que traigáis ropa para la lluvia...




9 de enero de 2013

LOCALIZADA A PARELLA QUE BOTOU 7 CANS A O REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS






Foron localizados os supostos responsables de lanzar unha cadela e as sús crías a través dun muro de 2,2 metros ao interior do Refuxio de Animais de Cambados. Trátase dunha parella de Vilanova de Arousa.
Estas dúas persoas foron identificadas por axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona). Son dous veciños do lugar de Ousensa, en Vilanova, e, segundo transcendeu, xustificou a súa forma de actuar alegando que atoparon aos cans nunha leira e non podían deixalos alí, así que optaron por arroxalos ao interior do refuxio.
Os feitos se produjern sobre as 19.00 horas da tarde do sábado 5 de xaneiro e os cans non sufriron danos, pero á vista do procedemento utilizado poderían haber ter importantes lesións. A cadela pesaba catro quilos e as súas crías medio.
Con intención de que os feitos non quedasen impunes, o Refuxio de Animais de Cambados presentou unha denuncia ante a Garda Civil presentando como probas as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade que teñen instaladas. Froito desta denuncia, os responsables foron identificados. Coinciden coas persoas que aparecen nas imaxes.

Os responsables do colectivo non dan credibilidade á versión da parella identificada, xa que lles recorda que existe un teléfono de contacto para chamar ao refuxio e sinala que o feito de que fosen de noite pódese interpretar co argumento de que sabían que non habería ninguén alí.

Ademais, indica que "no caso de que fosen abandonados, deberían chamar ao Concello responsable para a súa recolleita, que é o Concello de Vilanova de Arousa e non o Concello de Cambados" e recórdalles que "somos voluntarios e da mesma forma que nós axudamos e damos acubillo moitas veces nas nosas casas, este matrimonio puido facer o mesmo e esperar ao día seguinte" para levalos ao refuxio."Quen nos axudará a pagar os gastos destes animais? Canto irresponsable hai solto", indican.



7 de enero de 2013

LANZAN 7 CANS POR ENRIBA DUN MURO A O REFUGIO DE CAMBADOS




Sete cans foron botados na tarde do sábado 5 de xaneiro ao interior do Refuxio de Animais de Cambados. Non sufriron danos, pero á vista do procedemento utilizado pola persoa que os deixou nas instalacións, poderían ter sufrido importantes lesións.
Segundo denuncia a Protectora de Animais de Cambados, os feitos producíronse ás 19.00 horas. Unha persoa abandonou unha cadela de catro quilos e as súas seis crías lanzándoos por enriba do muro que bordea as instalacións, que ten unha altura de 2,20 metros.
"Por suerte los siete están bien, pero hay que ser muy perverso para abandonar unos animales con tanta crueldad", sinalan dende a Protectora na súa páxina de facebook.

Con intención de que os feitos non queden impunes, este domingo tiñan prevsito presentar unha denuncia ante a Garda Civil presentando como probas as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade que ten instalado o refuxio.